Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

A capela da Virxe Peregrina é un templo relixioso situado en Pontevedra, declarada Ben de Interese Cultural. Foi construída a partir do 18 de xuño de 1778, seguindo un proxecto de Antonio Souto costeado pola confraría da súa advocación. A primeira misa celebrouse o 2 de agosto de 1794.

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra
Pontevedra-009-2-virgen-peregrina
Fachada da Capela da Peregrina, declarada Monumento histórico-artístico en 1982
Datos xerais
TipoCapela
AdvocaciónVirxe da peregrina (Virxe do Camiño)
LocalizaciónPontevedra, Pontevedra, Galicia
Coordenadas42°25′51″N 8°38′37″O / 42.4308, -8.64361Coordenadas: 42°25′51″N 8°38′37″O / 42.4308, -8.64361
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1778-1792
EstiloBarroco, Neoclásico

Historia

A orixe da capela remóntase a 1753, ano no que se fundou unha congregación dedicada ao culto da Virxe do Camiño, que posteriormente deu lugar na Congregación da nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina.

En 1757 elaborouse un altar para a imaxe da Virxe Peregrina na capela da Virxe do Camiño, o que se traduciu na aparición de problemas propios de ter dúas imaxes con diferente tutela (recollida de esmolas, repique de campás...).

A xustiza e o goberno municipal, por estes e outros motivos, ordena sacar a imaxe e o retablo do templo, que se trasladan a unha nova capela de madeira nun soar extramuros, xunto á Porta de Trabancas. Dous anos máis tarde, ao abrirse unha canteira nun monte propiedade dun dos membros da congregación en Santo Amaro de Moldes ponse a primeira pedra do santuario. A súa construción remata en 1792, ano no que se penduran as campás, a porta, as vidreiras e máis tarde o adro, consagrado dous anos máis tarde.

Cara a 1795, debido a unha treboada que causa graves danos ao templo, derrúbase parte da súa torre norte, e non será arranxada até 80 anos despois (1873), intre no que se instalan tamén dous pararraios. Non só a Capela sufriu mudanzas. A contorna no que nun inicio situouse a capela tamén mudou. A cidade sufriu unha importante remodelación urbanística desde mediados do século XIX, e o adro substituíuse por unha grande escalinata.

Capilla Virgen Peregrina
A capela, coa iluminación nocturna inaugurada despois da súa restauración do ano 2008.

En 1981 lévase a cabo a primeira restauración do Santuario para reparar danos estruturais importantes (había grandes fendas no edificio producidas por un desprazamento dos alicerces). Foi levada a cabo por César Portela e Xosé Bar Boo.

O templo foi sometido a unha profunda rehabilitación entre 2007 e 2008, dado que debido ao peso da construción e a carencia de contrafortes, así como ao impacto de diversos raios, a edificación sufría serios danos. Tamén se restauraron as vidreiras, muros, a pintura e o reloxo da torre entre outros elementos.

No ano 2011 foi declarada Ben de Interese Cultural[1][2].

Arquitectura

Ten planta de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos, con remate en cruz. É de estilo barroco tardío con formas neoclásicas, así como o seu retablo maior, de 1789. A imaxe central da patroa é do século XIX. A fachada, con tres fornelos coas figuras de san Roque, Santiago Apóstolo e santa María, ten dúas torres e unha alegoría da fe.

Na entrada hai unha cuncha, que serve de pía de auga bendita, traída polo mariño Casto Méndez Núñez do océano Pacífico. O reloxo da torre foi instalado en 1896, procedente do Hospital de San Xoán de Deus. O chan de mármore foi instalado en 1964, por unha doazón de Manuel Durán.

No seu adro hai unha fonte cunha estatua de Teucro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da capela da Virxe Peregrina.
Teucrope

Imaxe pétrea de Teucro desquixando o león de Nemea, coma Hércules

Retablo Peregrina

Retablo maior

Cuncha Peregrina

Pía de auga bendita traída por Casto Méndez Núñez

A Pelegrina, Pontevedra

Parte posterior da capela.

Notas

  1. DECRETO 202/2011, do 13 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Santuario da Nosa Señora do Refuxio A Divina Peregrina, no termo municipal de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. DOG. nº 27 do 28/10/2011.
  2. "O Santuario da Peregrina, BIC", artigo na web do concello de Pontevedra.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Arruti, M. C.: La Capilla de Nuestra Señora del Refugio La Divina Peregrina; estudio histórico-artístico. Deputación de Pontevedra, 1988.
Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Galería de imaxes da capela da Virxe Peregrina

Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Papagaio Ravachol

Ravachol, nado cara a 1891 e finado o 24 ou 25 de xaneiro de 1913, era un papagaio, mascota de Perfecto Feijoo, e vivía na botica que este tiña na praza da Peregrina en Pontevedra. Recibiu o seu nome do anarquista francés Ravachol, condenado a morte en 1892.

Era moi apreciado polas xentes da vila polos seus afamados diálogos e expresións, non sempre correctas, pois era moi mal falado. Frases famosas súas eran se collo a vara, aquí non se fía, ou arre, arre.

Valentín Losada Vázquez

Valentín Losada Vázquez, nado en Rianxo en 1874 e finado en Cangas o 19 de decembro de 1937, foi un crego galego.

De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.