Capela Sistina

A Capela Sistina é unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.

É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais.

A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como veñen descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura.

Despois das obras de restauración entre 1981 e 1994, coas que se recuperou o brillo orixinal dos tempos de Michelangelo, a capela volveu abrirse ao público que visita o Museo do Vaticano. A pintura do teito da Capela Sistina está no filme O tormento e a éxtase.

Creation of Adam
A Creación de Adán, antes da restauración.

Contexto histórico

Artigo principal: Renacemento.

A virada do Quattrocento para o Cinquecento foi un dos momentos máis influentes na Historia da Arte Occidental, quizais mundial. Italia, con epicentro en Florenza, deu ao mundo unha ampla gama de xeniais artistas.

Melozzo da Forlì 001
Sisto IV, por Melozzo da Forlì

A Capela Sistina é un dos locais máis propicios para aquilatar a dimensión desta explosión creativa. Para a súa feitura concorreron os maiores nomes dos que dispuña Italia no momento.

Sisto IV, como parte da política que emprendía para o restablecemento do prestixio e fortalecemento do papado, convocou en Roma os maiores artistas de Italia. Florencia era o centro de excelencia até entón. De alí e de Umbría viñeron os principais artistas, feito que desprazaría a Roma como capitalidade cultural, que atinxiría o cénit algunhas décadas despois, coa elección de Xulio II para ocupar a Cátedra de San Pedro.

Para a historia da cultura o significado do proxecto e construción da Sistina é inmenso, xuntamente coas demais obras encomendadas por Sisto IV. Non só porque marca a perda da capitalidade cultural para Roma, senón por se tratar do ciclo pictórico de maior relevo de Italia no final do século XV, “constituíndo alén diso un documento inapreciable para observar as virtudes e os límites da pintura do Quattrocento”.[1]

Con excepción de Ghirlandaio, os pintores que nela deixaron o seu talento avanzaron coa súa obra ó século seguinte e os xenios que mudaron os rumbos da pintura no período están todos estreitamente relacionados con eles: Ghirlandaio fora mestre de Michelangelo; Rafael aprendiz de Pietro Perugino; e polo taller de Andrea del Verrocchio pasaron Leonardo da Vinci, Perugino e Sandro Botticelli.

Arquitectura e decoración

Baccio Pontelli foi o autor do proxecto arquitectónico para a construción da capela. Este florentino era un dos responsables da reformulación e revitalización urbanística que Sisto IV efectuaba en Roma, tendo realizado decenas de obras públicas.

Cappella Sistina - 2005
Vista externa da Capela Sistina desde o alto da Basílica de San Pedro

No proxecto, construído coa supervisión de Giovannino de Dolci entre 1473 e 1484, participaron Perugino, Botticelli, Ghirlandaio, Rosselli, Signorelli, Pinturicchio, Piero di Cosimo, Bartolomeo della Gatta, Rafael e outros. Coroando este festival, algúns anos despois, un dos maiores xenios artísticos de todos os tempos: Michelangelo Buonarroti.

As dimensións do proxecto de Baccio Pontelli tiveron como inspiración as descricións contidas no Antigo Testamento relativas ao Templo de Salomón. A súa forma é rectangular medindo 40,93 m de lonxitude, 13,41 m de largura e 20,70 m de altura. Os numerosos artistas vestiron o seu interior, esculpindo e pintando as súas paredes, transformándoa nun estupendo e célebre lugar coñecido en todo o mundo polas marabillosas obras de arte que encerra.

Unha finísima transenna de mármore, no que traballaron Mino de Fiesole, Giovanni Dálmata e Andréa Bregno, divide a capela en dúas partes desiguais. Os mesmos artistas levaron a cabo a construción do coro.

Internamente, as paredes, divididas por cornixas horizontais, presentan 3 niveis:

  • o primeiro nivel, xunto ao chan en mármore - que, nalgúns sectores, presenta o característico marchetado cosmatesco - simula refinadas tapicerías. No lado dereito, próximo á transenna está o coro;
  • o intermedio é onde figuran os frescos narrando os episodios da vida de Cristo e de Moisés. A cronoloxía iníciase a partir da parede do altar, onde se encontraban, antes da creación do Xuízo Final de Michelangelo, as primeiras escenas e un retablo de Perugino representando a Virxe da Asunción, a quen foi dedicada a capela.
  • o andar máis alto, onde están as pilastras que sustentan as pendentes do teito. Encima da cornixa están situadas as lunettes, entre as que foron colocadas as imaxes dos primeiros Papas.

Frescos

Frescos inspirados en escenas do Antigo e Novo Testamento decoran as paredes laterais, así como o teito.

Pietro Perugino 034
A Entrega das Chaves a San Pedro - Perugino

Precisamente, na parede esquerda, a partir do altar, están as escenas do Antigo Testamento, que representan:

  • 1 – Moisés camiño de Exipto e a circuncisión dos seus fillos, obra de Pinturicchio;
  • 2 – Escenas da Vida de Moisés, de Botticelli;
  • 3 – Paso do Mar Vermello, de Cosimo Rosselli;
  • 4 – Moisés no Monte Sinaí e a Adoración do Becerro de Ouro, de Rosselli;
  • 5 – O Castigo de Korah, Natan e Abiram, de Botticelli;
  • 6 – A Morte de Moisés, de Lucas Signorelli.

Na parte dereita, tamén a partir do altar, as escenas do Novo Testamento:

  • 1 – O Bautismo de Xesús, de Pinturicchio;
  • 2 – Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso, de Botticelli;
  • 3 – Vocación dos Apóstolos, de Ghirlandaio;
  • 4 – Sermón da Montaña, de Rosselli,
  • 5 – A Entrega das Chaves a San Pedro, de Perugino;
  • 6 – A Derradeira Cea, de Rosselli.

Entre as xanelas, seis de cada lado, figuran 24 retratos de Papas, pintados por Botticelli, Ghirlandaio e Frai Diamante. Na bóveda están os famosos frescos de Michelangelo, pintados entre 1508 e 1512. O mesmo artista realizaría entre os anos de 1535 e 1541, na parede do altar, o Xuízo Final.

Rafael realizou unha serie de tapicerías que, en ocasións especiais, visten as paredes.

As escenas de Botticelli

Botticelli, o talentoso discípulo de Filippino Lippi, exercía o seu oficio en Florencia. Chamado a Roma por Sisto IV para a decoración da capela, alí executou entre 1481 e 1482 algúns frescos: O Castigo de Korah, Dathan e Abiram; Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso e Escenas da Vida de Moisés.

Escenas da Vida de Moisés, fresco de medidas 348 cm x 558 cm, é a obra máis complexa. Botticelli tivo que se empeñar para entrelazar os diversos episodios que alí figuran nunha narrativa ben articulada. O cadro ten certas irregularidades. É máis apreciado en virtude de detalles illados que polo conxunto. Os episodios están narrados no Libro do Éxodo, capítulos II, III e XIII.

O Castigo de Korah, de 348,5 cm x 570 cm, é a representación da narración contida no Libro dos Números, capítulo XVI, onde Korah, subleva 250.000 hebreos contra a autoridade de Moisés e do seu irmán Aarón.

Tentación de Cristo e a Purificación do Leproso, de 345,5 cm x 555 cm, ilustra as 3 tentacións de Cristo no deserto e a cura do leproso narradas no Evanxeo de Mateo, capítulos IV e VIII. No centro do cadro vese o edificio do Hospital do Santo Espírito mandado construír por Sisto IV.

O Teito da Capela Sistina

Lightmatter Sistine Chapel ceiling
Vista do teito da Capela Sistina, proxectada por Michelangelo

Na realización desta grandilocuente obra concorreron amor e odio. Michelangelo tería feito este traballo contrariado, convencido que era máis un escultor que un pintor. Encargado polo Papa Xulio II, sobriño de Sisto IV, para pintar o teito da capela, xulgou ser unha conspiración dos seus rivais para desvialo da obra para a cal fora chamado a Roma: o mausoleo do Papa. Mais dedicouse á tarefa e o fixo con tanta mestría que practicamente ofuscou as obras primas de seus antecesores na empresa. Os frescos no teito da Capela Sistina son, de feito, un dos maiores tesouros artísticos da humanidade.

Sistine chapel ceiling diagram of areas
Diagrama

É difícil acreditar que teña sido obra dun só home, pois dispensara os asistentes que contratara inicialmente, insatisfeito coa produción destes, e que mesmo aínda atoparía forzas para retornar ao local, dúas décadas despois, e pintar na parede do altar, sacrificando, inclusive, algúns frescos de Perugino, o Xuízo Final, entre 1535 e 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III.

A superficie da bóveda foi dividida en áreas concibíndose arquitectonicamente o traballo de maneira que resultase nunha articulación do espazo limitado por piares. Nas áreas triangulares colocou as figuras de profetas e sibilas; nas rectangulares, os episodios da Xénese.

  • Deus separando a Luz das Tebras;
  • Deus creando o Sol e a Lúa;
  • Deus separando a Terra das Augas;
  • A Creación de Adán;
  • A Creación de Eva;
  • O Pecado Orixinal e a Expulsión do Paraíso;
  • O Sacrificio de Noé;
  • O Diluvio Universal;
  • Noé Embriagado.

O Xuízo Final

Rome Sistine Chapel 01
O Xuízo Final

A parede do altar foi destinada a conservar a maior pintura na cal Michelangelo dedicou, desde 1534, todo seu enxeño e forza: o Xuízo Final.

O fresco ocupa enteiramente a parede de detrás do altar. Para a súa execución, dúas xanelas foron pechadas e algunhas pinturas da época de Sisto IV apagadas: os primeiros retratos de Papas; a primeira escena da vida de Cristo e a primeira da vida de Moisés, unha imaxe da Virxe da Asunción de Perugino, e os frescos das dúas lunettes, onde o propio Michelangelo pintara os ancestrais de Cristo.

Aquí, o "Pai do Barroco", como queren algúns, xa ispe de forma marcante os novos rumbos que o artista imprimirá na súa arte. A liberdade en relación aos cánones anteriores, da chamada Alta Renascenza, maniféstase na rigorosa maneira coa que trata a figura humana.

Michelangelo expresa vigorosamente o concepto de Xustiza Divina, severa e implacable en relación aos condenados. O Cristo, parte central da composición, é o Xuíz dos elixidos que soben ao Ceo pola súa dereita, en canto os condenados, abaixo á súa esquerda, esperan a Caronte e Minos.

A resurrección dos mortos e os anxos tocando trompetas completan a composición.

A polémica da restauración

No último cuarto do século XX, obras emprendidas no teito da Capela Sistina coa intención de recuperar o brillo orixinal do tempo de Michelangelo foron motivo de innumerables controversias.

A restauración das obras de arte estaban a se facer ao longo dos anos, e desde a década de 1960 xa se traballaba nos frescos máis antigos. O proxecto máis ambicioso, a cargo do restaurador Gianluigi Colalucci, iniciouse en 1979 coa limpeza da parede do altar: o Xuízo Final.

Durante este período a capela estivo fechada ao público que visita o Museo do Vaticano - cerca de 3 000 000 persoas por ano - só voltando a ser reaberta o 8 de abril de 1994.

Conclaves

Os conclaves que foron realizados na Capela Sistina

Século XV

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
06/08/1492-10/08/1492 4 días Rodrigo Borgia Alexandre VI 10/08/1492-18/08/1503

Século XVI

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
16/08/1503-16/09/1503 1 mes Francesco Todeschini Piccolomini Pío III 16/09/1503-18/10/1503
31/10/1503-01/11/1503 2 días Giuliano della Rovere Xulio II, O.F.M. 01/11/1503-20/02/1513
04/03/1513-19/03/1513 15 días Giovanni di Lorenzo de' Medici León X 19/03/1513-01/12/1521
27/12/1521-09/01/1522 13 días Adriano Floriszoon Boeyens Hadrián VI 09/01/1522-14/09/1523
01/10/1523-19/11/1523 1 mes e 18 días Giulio di Giuliano de' Medici Clemente VII 19/11/1523-25/09/1534
11/10/1534-13/10/1534 3 días Alessandro Farnese Paulo III 13/10/1534-10/11/1549
25/11/1549-29/11/1549 5 días Giovanni Maria Ciocchi Del Monte Xulio III 29/11/1549-25/03/1555
05/04/1555-07/04/1555 3 días Marcelo Cervini Marcelo II 07/04/1555-30/04/1555
15/05/1555-23/05/1555 8 días Gian Petro Carafa Paulo IV 23/05/1555-18/08/1559
05/09/1559-26/12/1559 3 meses e 21 días Giovanni Angelo Medici Pío IV 26/12/1559-09/12/1565
20/12/1565-07/01/1566 18 días Michele Ghislieri Pío V, O.P. 07/01/1566-01/05/1572
12/05/1572-13/05/1572 2 días Ugo Boncompagni Gregorio XIII 13/05/1572-10/04/1585
21/04/1585-24/04/1585 3 días Felici Peretti Sisto V, O.F.M. Conv. 24/04/1585-27/08/1590
07/09/1590-15/09/1590 8 días Giovanni Battista Castagna Urbano VII 15/09/1590-27/09/1590
08/10/1590-05/12/1590 1 mes e 27 días Nicooló Sfrondrati Gregorio XIV 05/12/1590-16/10/1591
27/10/1591-03/11/1591 6 días Giovanni Antonio Facchinetti Inocencio IX 03/11/1591-30/12/1591
10/01/1592-30/01/1592 20 días Ippolito Aldobrandini Clemente VIII 30/01/1592-05/03/1605

Século XVII

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
14/03/160501/04/1605 18 días Alessandro Ottaviano de' Medici León XI 01/04/160527/04/1605
08/05/160516/05/1605 8 días Camilo Borghese Paulo V 16/05/160528/01/1621
08/02/162109/02/1621 2 días Alessandro Ludovici Gregorio XV 09/02/162108/07/1623
19/07/162306/08/1623 18 días Mafeo Barberini Urbano VIII 06/08/162329/07/1644
09/08/164415/09/1644 1 mes e 6 días Giovanni Battista Pamphilj Inocencio X 15/09/164407/01/1655
18/01/165507/04/1655 3 meses e 20 días Fabio Chigi Alexandre VII 07/04/165522/05/1667
02/06/166720/06/1667 18 días Guilio Rospigliosi Clemente IX 20/06/166709/12/1669
20/12/166929/04/1670 4 meses e 9 días Emilio Altieri Clemente X 29/04/167022/07/1676
02/08/167621/09/1676 1 mes e 19 días Benedetto Odescalchi Inocencio XI 21/09/167612/08/1689
23/08/168906/10/1689 1 mes e 13 días Pietro Voti Ottoboni Alexandre VIII 06/10/168901/02/1691
12/02/169121/07/1691 5 meses e 9 días Antonio Pignatelli Inocencio XII 21/07/169127/09/1700
09/10/170023/11/1700 1 mes e 14 días Giovanni Francesco Albani Clemente XI 23/11/170019/03/1721

Século XVIII

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
31/03/172108/05/1721 1 mes e 8 días Michelangelo dei Conti Inocencio XIII 08/05/172107/03/1724
20/03/172429/05/1724 2 meses e 9 días Pietro Francesco Orsini Bieito XIII, O.P. 29/05/172421/02/1730
05/03/173007/04/1730 1mes e 2 días Lorenzo Corsini Clemente XII 07/04/173006/02/1740
18/02/174017/08/1740 5 meses e 31 días Prospero Lorenzo Lambertini Bieito XIV 17/08/174003/05/1758
15/05/1758-06/07/1758 1 mes e 22días Carlo Della Torre Rezzonico Clemente XIII 06/07/1758-02/02/1769
15/02/176919/05/1769 3 meses e 4 días Giovanni Vicenzo Antonio Ganganelli Clemente XIV, O.F.M. Conv. 19/05/176922/09/1774
05/10/177415/02/1775 4 meses e 10 dias Giovanni Angelo Brachi Pío VI 15/02/177529/08/1799

Século XIX

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
02/09/182328/09/1823 26 días Annibale Sermatti della Genga León XII 28/09/182310/02/1829
24/02/182931/03/1829 1 mes e 7 días Francesco Severino Castiglione Pío VIII 31/03/182930/11/1830
14/12/183002/02/1831 1mes e 19 días Bartolomeu Albert Cappellari Gregorio XVI, O.S.B. Cam. 02/02/183101/06/1846
14/06/184616/06/1846 3 días Giovanni Maria Mastai-Ferretti Pío IX, O.P. 16/06/184607/02/1878
18/02/187820/02/1878 3 días Gioacchino Vicenzo Raffaele Luigi Pecci León XIII 20/02/187820/07/1903

Século XX

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
31/07/190304/08/1903 5 días Giuseppe Melchiore Sarto Pío X 04/08/190320/08/1914
31/08/191403/09/1914 4 días Giacomo della Chiesa Bieito XV 03/09/191422/01/1922
02/02/192206/02/1922 4 días Achille Ratti Pío XI 06/02/192210/02/1939
01/03/193902/03/1939 2 días Eugenio Pacelli Pío XII 02/03/193909/10/1958
25/10/195828/10/1958 3 días Angelo Giuseppe Roncalli Xoán XXIII, T.O.R. 28/10/195803/06/1963
19/06/196321/06/1963 3 días Giovanni Battista Montini Paulo VI 21/06/196306/08/1978
25/08/197826/08/1978 2 días Albino Luciani Xoán Paulo I 26/08/197828/09/1978
14/10/197816/10/1978 3 días Karol Jozef Wojtyla Xoán Paulo II 16/10/197802/04/2005

Século XXI

Conclave Duración Cardeal electo Papa Pontificado
18/04/200519/04/2005 2 días Joseph Alois Ratzinger Bieito XVI 19/04/200528/02/2013
12/03/201313/03/2013 1 día Jorge Mario Bergoglio Francisco 13/03/2013 – presente

Notas

  1. História Geral da Arte, Pintura I. Rio de Janeiro: Ed. del Prado, pg. 124s.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

18 de novembro

O 18 de novembro é o 322º día do ano no Calendario Gregoriano e o 323º nos anos bisestos. Quedan 43 días para rematar o ano.

1 de novembro

O 1 de novembro é o 305º día do ano do calendario gregoriano (306º nos anos bisestos). Quedan 60 días para finalizar o ano.

A creación do home

A creación do home ou A creación de Adán é un fresco na cúpula da capela Sistina, no Vaticano, pintado por Michelangelo arredor de 1511. Ilustra o episodio bíblico da Xénese no cal Deus infunde a vida en Adán, o primeiro home segundo a tradición bíblica.

Cronoloxicamente é o cuarto panel da serie que ilustra os episodios da Xénese sobre o teito da capela, e foi un dos últimos en rematarse.

Bieito XV, papa

Bieito XV (en latín: Benedictus PP. XV), nado en Xénova o 21 de novembro de 1854 e finado no Vaticano o 22 de xaneiro de 1922, foi un relixioso italiano, Papa número 258 da Igrexa católica. O seu nome de nacemento era Giacomo Della Chiesa.

Bóveda da Capela Sistina

A bóveda da capela Sistina é coñecida pola decoración pictórica que o papa Xulio II lle encargou a Michelangelo no ano 1508. Debía substituír a pintura que xa había na parte da bóveda da capela Sistina, na Cidade do Vaticano, que consistía nun fondo azul con estrelas douradas, obra realizada por Piero Matteo d'Amelia, que seguía a tradición dos templos paleocristiáns.Na bóveda de canón rebaixada, o artista deseñou unha complexa arquitectura, onde incluíu o desenvolvemento das historias da Xénese narradas dende o cabo do altar até a porta de entrada da capela, nunha superficie de máis de cincocentos metros cadrados. Michelangelo traballou nela dende 1508 até o outono de 1512, e fíxoo el só, sen axudantes. O 1 de novembro de 1512, coa bóveda rematada, celebrouse a primeira misa.

Cidade do Vaticano

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.

A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.

Conclave

O conclave é a reunión que celebra o Colexio Cardinalicio da Igrexa católica para elixir a un novo Bispo de Roma, cargo que leva aparellados o de Papa (Sumo Pontífice e Pastor Supremo da Igrexa Católica) e o de Xefe do Estado Vaticano.

O termo conclave procede do latín “cum clave” ("baixo chave"), polas condicións de reclusión e máximo illamento do mundo exterior en que debe desenvolverse a elección, co fin de evitar intromisións de calquera tipo. Este draconiano sistema de encerrar os electores do Papa, vixente polo menos dende o II Concilio de Lyon (1274), foi mitigado por Xoán Paulo II na Constitución Apostólica Universi Dominici Gregis (UDG), sobre a Vacante Apostólica e a elección do novo Pontífice (22 de febreiro de 1996). Establécese nela que os electores poden residir, mentres dura o conclave, na recentemente construída Casa de Santa Marta, unha residencia para o efecto no propio Vaticano, pero mantendo a rigorosa prohibición de calquera clase de contacto co mundo exterior.

Dende fai séculos, os conclaves teñen lugar na Capela Sistina, dentro do complexo Vaticano.

Cova de Lascaux

A cova de Lascaux é unha das máis importantes grutas ornamentadas paleolíticas polo número e a calidade estética das súas obras. É denominada ás veces como "a Capela Sistina da arte parietal". As pinturas e as gravuras que garda non se poden datar con total precisión: a súa antigüidade é estimada arredor de 18.000 e 15.000 anos antes do presente, datación que se apoia nos estudos realizados sobre os obxectos descubertos na caverna, estando asociados ao Magdaleniano antigo, mais as últimas análises mostran que poderían remontar ao Solutreano, período que o precede.

Década de 1540

A década de 1540 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1540 e remata o 31 de decembro de 1549.

Enciclopedia Universal Micronet

A Enciclopedia Universal Micronet é unha enciclopedia en castelán, de temática universal, en soporte dixital (DVD) para sistemas operativos Windows, editada pola compañía española de software Micronet.

Escravo moribundo

Escravo moribundo, é unha escultura de mármore branco creada cara a 1513 polo escultor renacentista Michelangelo. Xunto con outra do mesmo autor, chamada Escravo rebelde, atópase no Museo do Louvre en París. Ten unhas medidas de 229 centímetros de altura.

Michelangelo comezou esta escultura despois da realización da pintura para a bóveda da Capela Sistina. Estaba destinada para formar parte do grupo escultórico da tumba do papa Xulio II, que había de colocarse na parte inferior do monumento.

Fresco

En pintura, fresco aplícase á pintura realizada sobre un muro con revoque de cal húmida e coas cores disoltas en auga de cal.

O termo provén do italiano buon fresco ("moi fresco"), en contraposición a in secco ("sobre seco"). Para crear un fresco auténtico, ou buon fresco, prepárase o muro cun revoque de cal húmida ou escaiola e píntase inmediatamente. Como a intensidade das cores diminúe rapidamente a medida que se absorbe a cal, é preciso aplicar novas capas para obter tons vivos. Ao secar, fórmase unha película de carbonato de calcio que une indisolubelmente as cores á parede. Isto fai que a obra sexa moi duradeira; se se destrúe a parede non resulta difícil reconstruíla debido ás dimensións dos anacos.

A pintura in secco é a que usa a témpera. Con frecuencia resulta necesario retocar os frescos desta maneira. Algunhas veces tamén se lle chama buon fresco á pintura que non foi retocada despois e fresco seco á que si foi retocada.

A pintura ao fresco require unha planificación coidadosa, xa que esta técnica non permite experimentacións ou modificacións sobre a marcha. Ten a dificultade engadida de que se traballa en circunstancias de luz que non son as do estudio, co que as cores non se perciben igual; por outra parte, a iluminación que recibirá a obra será a mesma sempre, ao contrario doutras técnicas en que a obra pintada non se expón coa mesma luz coa que foi creada.

O tempo que tarda en secar unha sección varía entre dúas e doce horas e coñécese como giornata, durante a que o artista aplica os pigmentos en po que vai disolvendo na auga de cal. Esta faise con cal (óxido de calcio) e un agregado de mármore ou area (para dar textura e forza, e homoxeneizar o secado). Aplícanse varias camadas durante varios días, cada vez con menos agregado.

O deseño trazábase antigamente sobre a parede fresca; na Italia renacentista introducíronse os cartóns, desde os que o deseño se transfería á parede mediante punzóns ou, estando o cartón perforado, usando carbón; actualmente úsanse tamén proxectores de diapositivas.

A técnica do fresco coñécese desde a primeira metade do II Milenio a.C., durante a Idade de Bronce, en que se usou nos palacios da civilización minoica. Os etruscos e romanos utilizárono tamén, como na Vila dos Misterios, en Pompeia. Tamén se coñecen frescos na India a mediados do I Milenio a.C. e na China da dinastía Han (século I). O fresco foi moi popular durante a Idade Media e rexurdiu con forza no Renacemento italiano, con artistas como Cimabue, Giotto, Fra Angelico,...

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Michelangelo

Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo, un pequeno pobo da Toscana, e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos.

Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído, e a Vita de Michelangelo Buonarroti, escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti. Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".

O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle:

Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo. A escultura, segundo declarara, era a súa arte predilecta e a primeira á que se dedicou. Entre as súas moitas esculturas cóntanse a Piedade e o David, tamén elas sublimes obras mestras, e maila Virxe, o Baco, o Moisés, a Raquel, a Lea, e estatuas de membros da familia Medici.

A continuación, a pintura, case como unha imposición por parte do papa Xulio II, e que se concretou nunha obra excepcional e magnífica: os frescos da bóveda da capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental; e tamén polo Xuízo final, e o A crucifixión de San Pedro e a Conversión de San Paulo na capela Paulina do Vaticano.

Xa nos seus últimos anos dedicouse a diversos proxectos arquitectónicos entre os que destaca a continuación dos traballos da Basílica de San Pedro do Vaticano e foi el quen concibiu a súa maxestuosa cúpula.

Paulo III, papa

Paulo III, nacido Alessandro Farnese, nado en Canino o 29 de febreiro de 1468 e finado en Roma o 10 de novembro de 1549, foi Papa o 13 de outubro de 1534 ata a data da súa morte.

Sisto IV, papa

Sisto IV, nado en Albisola, Savona o 21 de xullo de 1414 e finado en Roma o 12 de agosto de 1484, foi un Papa da Igrexa católica entre 1471 e 1484.

Xuízo Final (Michelangelo)

O Xuízo Final ou O Xuízo Universal é o mural realizado ao fresco por Michelangelo para decorar a ábsida da Capela Sistina (Cidade do Vaticano, Roma). Michelangelo empezou a pintalo 25 anos logo de acabar de pintar a bóveda da capela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.