Cantil

Un cantil ou acantilado é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do mar, sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nas montañas, fallas e beiras dos ríos (cárcavas ou cavorcos).

Os cantís acostuman estar formados de rochas resistentes á erosión e ao desgaste pola acción da atmosfera, xeralmente rochas sedimentarias coma limonitaa, arenitaa, calcariaa ou dolomíaa, malia aparecer tamén rochas magmáticas coma basaltos ou granitos, coma no caso das formacións galegas.

Unha escarpa é un caso particular de cantil, formada polo movemento dunha falla tectónica ou un derrbamento. A meirande parte dos cantís rematan a xeito de pendente no seu baseamento; en áreas áridas ou baixo grandes cantís, o noiro é polo xeral un amoreamento de rochas desprendidas, mentres que nas áreas de maior humidade, as rochas do talude fican cubertas por unha camada de terra compactada pola humidade, formando un solo.

Moitos cantís presentan tamén fervenzas e espenucas ou furnas escavadas no baseamento. Ás veces os cantís morren ao final dunha crista, creando estruturas pétreas senlleiras.

Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia
Os cantís máis altos de Europa. Santo André de Teixido
Acantilados-los-gigantes
Acantilado de los Gigantes, Tenerife (España).
TalusConesIsfjorden
Isfjorden, Svalbard.

Exemplos

Galicia

En Galicia hai varios ben coñecidos, como os de Fisterra, e en xeral na Costa da Morte, os da Praia das Catedrais, ou os da comarca do Ortegal (Costa Ártabra), onde salientan os de Herbeira, preto de Santo André de Teixido, en Cedeira, con 613 m sobre o nivel do mar, sendo os máis altos da Europa continental.

Estranxeiro

Entre os cantís costeiros máis altos do mundo áchanse o Thumbnail (ao sur de Groenlandia, con preto de 1500 metros sobre o mar), o Risco de Faneque na illa de Gran Canaria (Illas Canarias) con 1027 m ou un situado en Kaulapapa (Hawai, con 1010 metros). No Brasil salientan os da cidade de Torres, no Río Grande do Sur.

Entre os cantís interiores máis grandes do mundo atópanse a cara Rupal do Nanga Parbat, no Paquistán, con 4600 metros sobre o baseamento, a parede oriental das Torres do Trango (no cordal do Karakorum, Paquistán, con 1340 m de altura de parede case vertical) e o monte Thor (Illa de Baffin, no Canadá, con 1250 metros de parede vertical con zonas extrachumbadas.

Véxase tamén

Outros artigos

Accidente xeográfico

Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros. Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo.

Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos. Factores biolóxicos tamén poden influír neles, como é o caso das plantas no desenvolvemento das dunas e os saladares, e dos corais e algas na formación de arrecifes.

Amorgos

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 126´346 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.973 habitantes en 2011. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Bandeira Azul

A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.

Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía. A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, e a Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.

No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.

Branta

Branta é un xénero de aves anseriformes da familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos.

O hábitat propio destas aves corresponde principalmente ás costas marítimas do Hemisferio Norte, en latitudes polares e subpolares, sendo en Europa os seus límites máis meridionais as costas de Bélxica e Inglaterra, aínda que nalgúns invernos crus algunhas especies poden chegar como divagantes até a península Ibérica (incluíndo Galicia).[Cómpre referencia]Branta canadensis tamén aniña nas beiras dos grandes lagos.

A súa morfoloxía é semellante á dos patos e, en particular, á dos gansos, cos que comparten subfamilia. Así mesmo, son especies nidífugas; isto é, os pitos apenas nacen saen do niño, tendo os neonatos de Branta leucopsis, a dicir de moitos, o récord animal en salto de altura desde o niño.[Cómpre referencia]Un destes gansos case acabado de nacer, cuxo niño adoita estar nunha fenda dun cantil ao abeiro do vento, lánzase case verticalmente uns 25 m cara á unha praia de duros croios en busca de comida.[Cómpre referencia]O xénero foi descrito por primeira vez en 1769 polo médico, entomólogo e naturalista de cultura italiana nacido nunha rexión do Tirol de fala italiana, baixo o dominio daquela do Imperio Austríaco, Giovanni Antonio Scopoli (1723-1788).

Cantís de Loiba

Os cantís de Loiba son uns cantís singulares de interese turístico da costa galega que se encontran na parroquia de Loiba, no municipio de Ortigueira, provincia da Coruña.

Cervo, Cedeira

Santalla de Cervo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Darwin, Australia

Darwin é a capital e cidade máis poboada do Territorio do Norte, Australia. Atópase na costa setentrional do país e conta cunha poboación de 146 245 habitantes (estimación de 2014). Na cidade localízase unha base naval da armada australiana. Darwin ten un clima tropical que inclúe tormentas tropicais e ciclóns. É asemade a máis setentrional das capitais australianas e funciona como o centro rexional do coñecido como Top End.Co paso do tempo, Darwin pasou de ser un enclave pioneiro e pequeno porto de Australia a unha das cidades máis modernas e multiculturais de Australia. A súa proximidade con Asia fai da cidade unha importante porta de entrada a Australia de países como Indonesia e Timor Leste. A autoestrada Stuart comeza en Darwin e remata en Port Augusta, Australia Meridional. A cidade conta cunha base naval da mariña australiana.

A cidade en si está construída sobre un cantil con vistas ó peirao. Os seus arrabaldes comezan en Lee Point no norte e esténdese a Berrimah no leste. Xunto a Berrimah atópase a autoestrada Stuart, que conecta a cidade satélite de Darwin, Palmerston e os arrabaldes.

A rexión, coma o resto do Top End, posúe un clima tropical con tempadas diferenciadas entre estacións chuviosas e secas. Recibe unha importante cantidade de precipitacións durante a estación chuviosa e a zona é coñecida polos seus espectaculares raios.Os habitantes orixinais da área do Gran Darwin son o pobo indíxena larrakia. O 9 de setembro de 1839, o HMS Beagle chegou ó porto de Darwin durante o seu estudo da zona. O oficial John Clements Wickham chamou á rexión "Porto de Darwin" na honra a Charles Darwin.

A cidade foi reconstruída por completo en dúas ocasións, a primeira por mor do bombardeo de Darwin por parte do Imperio xaponés durante a Segunda Guerra Mundial e a outra tralo paso do Ciclón Tracy en 1974. Na actualidade é unha das máis modernas cidades a escala nacional.

Elffin ap Gwyddno

Na mitoloxía galesa, Elffin ap Gwyddno (en galés, tamén pode escribirse Elphin) era fillo de Gwyddno Garanhir, 'Señor de Ceredigion'. A aparición máis antiga do nome está nalgúns dos poemas mitolóxicos atribuídos a Taliesin no Libro de Taliesin. A data da súa composición é insegura pero probabelmente é anterior á conquista normanda. Composicións medievais posteriores refírense a Elffin e Taliesin con maior detalle.

O nome de Elffin/Elphin podería ser cognado de dúas palabras irlandesas "Aill Fion" que significan "Cantil Brillante" ou "Rocha Brillante".

Hen Wlad Fy Nhadau

Hen Wlad Fy Nhadau (pronunciado /Hen ulad ven hadai/, habitualmente traducido ao galego como A terra dos meus pais, mais literalmente significa O vello país dos meus pais). É, actualmente, o himno nacional do País de Gales. Foi escrito por Evan James e a melodía composta polo seu fillo, James James, ambos veciños de Pontypridd, Glamorgan, en xaneiro de 1856. O manuscrito máis antigo aínda é conservado e forma parte da colección da Biblioteca Nacional de Gales.

Illas Caimán

As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.

Le Castellet

Le Castellet (en occitano Lo Castelet) é comuna francesa, que se atopa na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, departamento de Var, no distrito de Toulon e cantón de Le Beausset no sueste de Francia. O núcleo de Le Castellet é sobre todo unha pequena vila feudal construída sobre un cantil. As outras entidades de poboación son Brulat (Brutlat), Plan du Castellet (Plan dau Castelet) e Sainte-Anne du Castellet (Santa Anna dau Castelet).

Está situado ao noroeste de Toulon, xunto á La Cadière-d'Azur e Le Beausset. Está rodeado por viñedos e forma parte da Côtes de Provence Appellation d'Origine Contrôlée (AOC) of Bandol.

O Circuíto Paul Ricard atópase preto deste municipio.

Luzes

Luzes é unha revista mensual en lingua galega. Comezou a publicarse en papel e en dixital no ano 2013. Está dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.No seu manifesto Prendamos as luzes defínese como situacionista, inconformista e disidente. O 22 de decembro de 2016 organizou o debate arredor do feminismo A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal, producido por Nós televisión no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu as catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández Gómez, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.

Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

Nós Televisión

Nós Televisión, antigamente Canal Deza e DEZTV, é unha canle de televisión galega impulsada por Isidro Barco. Desde o 14 de marzo de 2019 emite exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R, deixando de transmitir en TDT nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago o día 18 de marzo do mesmo mes. Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia, pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka e Galaxia ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo, e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.

Praia de Sacido

A praia de Sacido, é unha praia de 282 metros de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e dunha ocupación media na tempada estival, sendo as súas augas tranquilas. Está rodeada por un alto cantil.

Régoa, Cedeira

Santa María de Régoa é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 398 habitantes (201 homes e 197 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 442 habitantes.

Seljalandsfoss

Seljalandsfoss é unha fervenza de Islandia, considerada a máis famosa da illa. A fervenza do río Seljalandsá, ou 'río líquido', cae preto de 60 metros no que anterirmente era un cantil sobre o océano, xa que agora atópase a varios quilómetros, e que marca o límite entre as Terras Altas e o resto do país. É posible subir a costa da cascada e contemplar o panorama desde detrás do punto en que a auga cae ao baleiro.

Seljalandsfoss atópase na zona sur da illa entre a cidade de Selfoss e a fervenza de Skógafoss, no percorrido do río Skógá onde a Ruta 1 (a estrada de circunvalación) atópase coa pista que vai a Þórsmörk.

Tangata Manu

O Tangata manu (Home-Paxaro), era o gañador dunha competición tradicional na Illa de Pascua (Rapa Nui). O ritual era unha competición anual para obter o primeiro ovo da estación do paxaro Onychoprion fuscata (manu tara) no illote de Motu Nui (illa dos Homes-paxaro), nadar de regreso a Rapa Nui e rubir o cantil de Rano Kau ata o cumio preto do poboado de Orongo. Esta cerimonia de primavera era en honor de Makemake (deus creador), e comezaba coa chegada do primeiro ovo e remataba coa investidura do Tangata Manu, o sagrado "Home-Paxaro" da illa de Pascua.

Tarragona

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.