Canteiro

Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.

Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas pola pechazón da sociedade e eran recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza, entre outras razóns pola súa sona de mullereiros. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas.

  • Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
  • En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
  • Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.

Na literatura popular queda reflectida a sona dos canteiros da comarca de Pontevedra:

  • Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra [1]
  • Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña [2]
Mosteiro 1 Feira Labrega canteiro 01
Un canteiro traballando na pedra

Galería de imaxes

Mosteiro 1 Feira Labrega canteiro 03

Algunhas ferramentas do canteiro

Armenteira (aldea en pedra) capela detalle capitel 01

Canteiros nun capitel moderno na "Aldea en pedra" (Armenteira, Meis, Pontevedra

Canteiro

Estatua ao Canteiro en Verducido (Pontevedra)

Canteiro en Berres, A Estrada

Canteiro en Berres, A Estrada.

Escultura canteiro O Porriño

Escultura de Suso Balado no Porriño.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. La Coruña 1913-1928.

Notas

  1. RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, 457-507, px. 502.
  2. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972, px. 49.
12 de setembro

O 12 de setembro é o 255º día do ano do calendario gregoriano e o 256º nos anos bisestos. Quedan 110 días para finalizar o ano.

23 de maio

O 23 de maio é o 143º día do ano do calendario gregoriano e o 144º nos anos bisestos. Quedan (222) días para finalizar o ano.

5 de maio

O 5 de maio é o 125º día do ano do calendario gregoriano e o 126º nos anos bisestos. Quedan 240 días para finalizar o ano.

6 de novembro

O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

Alemparte, Lalín

Santa María de Alemparte é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 35 habitantes (17 mulleres e 18 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes.

Nesta parroquia naceu Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor.

Cantaría

A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.

O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.

Codesido, Vilalba

San Martiño de Codesido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 339 habitantes (162 mulleres e 177 homes), distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 378 habitantes.

Igrexa de Hejnum

A igrexa de Hejnum (sueco: Hejnums kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejnum, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Marca de canteiro

As marcas de canteiro son símbolos gravado por un canteiro nunha pedra tallada por el.

O Canteiro, Codesido, Vilalba

O Canteiro é un lugar da parroquia de Codesido, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá.

O Canteiro, Lago, Valdoviño

O Canteiro é un lugar da parroquia de Lago no concello coruñés de Valdoviño na comarca de Ferrol. Tiña 35 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 16 homes e 19 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 37 habitantes.

O Canteiro, San Pedro de Benquerencia, Barreiros

O Canteiro é un lugar da parroquia de San Pedro de Benquerencia no concello lugués de Barreiros na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2011 tiña 37 habitantes (14 homes e 23 mulleres).

Perpiaño

Un perpiaño é unha pedra regular para a construción xeralmente en forma de paralelepípedo (máis longa que ancha e de forma rectangular), coas caras sen tallar, e que forma parte das obras de cantaría.

A diferenza dos cachotes (cachotaría), o perpiaño está labrado por varias das súas caras para darlle a forma rectangular. Por extensión coñécese por perpiaño a parede feita cos bloques regulares ou perpiaños (técnica que se coñece coma cantaría).

Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.

Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ao ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden presentar pequenos sucos gravados. Estas marcas coñécense como marcas de canteiro.

É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega, romana e nas arquitecturas románica e gótica.

En Galicia atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma pontes, pazos, casas grandes e urbanas, igrexas... Moitas veces estas construcións levan muros de fábrica de cachotaría reservando o perpiaño para esquinais e vans.

Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonaría, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.

Cómpre non confundir o significado de perpiaño en castelán, que sería en galego forra ou tizón, pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala.

Román, Vilalba

Santalla de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011, segundo o IGE, tiña 441 habitantes (234 homes e 207 mulleres).

San Marino

San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, encravada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa á Cidade do Vaticano e a Mónaco. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa. Con todo, non pertence á Unión Europea.

A República de San Marino é a república soberana constitucional máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o 3 de setembro de 301 por un canteiro chamado Mariño, o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa dálmata, naquel entón colonia romana, no ano 257 cando o futuro emperador Diocleciano emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de Rimini destruídas por piratas libúrnios, refuxiándose no Monte Titano. A súa capital é a cidade de San Marino.

A Constitución de San Marino, promulgada no ano 1600, é a máis vella do mundo aínda en exercicio. Estabelece unha forma parlamentar de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamado Consello Grande e Xeral, presidido por dous Capitáns Rexentes, que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

Tomeza, Pontevedra

San Pedro de Tomeza é unha parroquia situada no suroeste do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.000 habitantes (472 homes e 528 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminuación en relación ao ano 1999 cando tiña 1.104 habitantes.

Verme

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.

Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.

Con nome de verme desígnanse habitualmente:

Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas.

As larvas vermiformes de insectos.

As eirugas.

As miñocas.Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).

Xaneiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.