Cantares gallegos

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel.

Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.

Cantares gallegos
Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf
Texto compelto, en PDF.
Autor/aRosalia de Castro
OrixeGalicia Galicia
Linguagalega
Xénero(s)poesía
EditorialImprenta de Juan Compañel
Data de pub.17 de maio de 1863
Precedido porA mi madre (1863)
Seguido porContos da miña terra I (1864).[1]

Temática

Cantares gallegos 1872 nueva edición corregida y aumentada Rosalía Castro de Murguía.pdf
Nueva edición, corregida y aumentada (1872).

Os textos de Cantares gallegos son clasificables consonte ás seguintes temáticas:

  • Poemas costumistas: Presentan carácter descritivo e narrativo.
  • Poemas amorosos: "Quíxente tanto meniña", "Cantan os galos pró día"...
  • Poesía cívico-social: Poemas reivindicativos referidos frecuentemente á emigración como "Adios ríos, adios fontes" ou "Castellanos de Castilla".
  • Poesía intimista: Só se achega o eu poético de Rosalía en dous poemas, "Campanas de Bastavales" e "Como chove miudiño". Neles avánzase a profundidade que terá a súa obra posterior. Así a todo, tamén se poden observar os sentimentos íntimos de Rosalía en "Un repoludo gaiteiro", cando fal de "... pobres palomas, buscaban a luz que as ía queimar...
Establecimiento Tipográfico de D. J. Compañel
Imprenta de J. Compañel, na rúa Real de Vigo.

Métrica e estilo

Evolución poética

O primeiro poemario de Rosalía, La flor (1857), escrito en castelán, está inscrito na atmosfera romántica esproncediana achegando unha poética que parte, predominantemente, do pesimismo propio do "eu" romántico, rodeado dun ambiente tétrico caracterizado co léxico, os recursos estilísticos (acumulación de adxectivos e participios; abundancia de exclamativos e frases cortadas por "ay",...) e as formas estróficas (tercetos encadeados; oitava real; sextilla de pé quebrado) propias da época

En 1863 escribe Rosalía "Follas marchitas", poema que, inda que con influxo romántico, aproxima o que será posteriormente Cantares gallegos. É un texto breve, de vocabulario reducido, de doce versos divididos en dúas estrofas e de composición simétrica.

Nesa época, á par de composicións esproncedianas, toparemos cunha poesía lapidaria que se caracteriza por:

Álbum de la Caridad.pdf
Álbum de la Caridad, nel aparecen cinco poemas de Rosalía en galego, despois incluídos en Cantares gallegos.[2]
  • Ausencia de verbosidade e grandilocuencia.
  • Brevidade.
  • Concisión.
  • Predominio dos substantivos e dos verbos. Sobriedade e concisión
  • Emprego de procedementos propios da literatura popular: A repetición, a oposición ou antítese, o paralelismo.

Esta mutación estilística (o cantar, a seguidilla, o terceto octosilábico, o romance con versos de cinco a oito sílabas e a muiñeira), con orixe na poesía popular, produce que as formas e técnicas de Cantares gallegos sexan exitosas e moi diferentes das presentes en La Flor. Só permanecen comúns ós dous textos a quintilla e a redondilla.

Co paso do tempo, Rosalía primará un ritmo e unha expresión máis flexible, afastada da rixidez e grandilocuencia esproncediana.

O estilo de Cantares gallegos

Cantares gallegos, 3ª edición, 1909. Obras completas de Rosalía de Castro, tomo II
A 3ª ed. foi o tomo 2º das Obras completas (1909).

En Cantares aparecen dous sistemas métricos diferenciados:

  • O primeiro está baseado na acentuación posibilitando un marcado ritmo de muiñeira grazas a catro acentos tónicos en cada verso e un flutuante número de sílabas (”Has de cantar”;” a vernos, Marica, nantronte viñeras”,...).
  • No outro sistema predominan as formas populares de arte menor (romances sobre todo). O verso de arte maior redúcese ó hendecasílabo.

Unha excepción é o caso da "Alborada", composición polimétrica por esixencia da melodía á que se adapta.

Dous dos procedementos máis importantes utilizados por Rosalía nesta súa obra, amais da antítese, son a repetición e o paralelismo, os cales son de carácter moi variado:

Rosalía de Castro, manuscrito con cantares populares, algúns empregados en Cantares gallegos
Manuscrito de Rosalía, con cantares populares, algúns empregados en Cantares gallegos.
  • Fónicos: Repetición do esquema das vogais tónicas /á....é/:
Canta, si queres
rapaza do demo;
canta, si queres;
Dareiche un mantelo.
  • Repetición léxica:
meiguiño, meiguiño, meigo,
meigo que me namoraste...
  • Anáfora mediante palabras de escaso contido semántico:
Tras da calada visera
que hai uns ollos feridores
que nos miran, se dixera;
que nos din: todo é quimera
neste mundo de dores.
Paralelismos por inversión:
e que chovera ou ventara
e que ventara ou chovera

ou substitución:

camiño do mar salado,
camiño do mar sen fin

Cantares gallegos e o Día das Letras Galegas

Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do poemario a Fernán Caballero, asinada o 17 de maio de 1863.

A principios dos anos sesenta, Francisco Fernández del Riego propuxo a institución dunha celebración anual que potenciase a lingua galega, ó modo do Día del Libro que se celebraba en España co gallo do aniversario da morte de Cervantes, o 23 de abril. Inmediatamente pensou situala na data da publicación de Cantares gallegos, polo seu significado no rexurdimento da literatura galega. Trala súa proposta, a Real Academia Galega aprobou en 1963 convoca-lo Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, celebrándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.

Traducións

  • Ao portugués por Ecléa Bosi co título de Poesias unha antoloxía publicada en 1966 pola Editora Nós Publicaçoes Galicia Ceibe[4].

No ano 1981 sae outra tradución de Mauro Armiño co título de Cantares Gallegos en edición bilingüe publicada por Ediciones Akal, Serie clásicos[6].

No ano 1985 sae outra edición bilingüe -reprodución orixinal da segunda edición en galego e tradución de Juan Barja de Quiroga Losada- co título de Cantares Gallegos publicada por Ediciones Akal[7].

E en 1997 publícase en Arxentina Airiños, airiños aires. Antología bilingüe de sus mejores poemas en gallego traducida por Rodolfo Alonso[8].

  • Ao inglés por Michael Smith co título de Selected Poems unha antoloxía publicada en 2007 por Shearsman Books[9].

No ano 2012 sae a tradución ao inglés do libro completo, feita por Erín Moure co título de Galician Songs publicada por Small Station Press, Col. Galician Classis[10].

  • Ao xaponés por Takekazu Asaka co título de Garisia no uta publicado en 2009 por DTP Publishing[11]. Esta edición recolle a case totalidade de poemas de Cantares Gallegos; anteriormente, en 2002, xa publicara unha antoloxía de 21 poemas.
  • Ao ruso por Elena Zernova co título de Cantares gallegos publicado en 2013 polo Centro de Estudos Galegos[12].
  • Ao búlgaro por Tsvetanka Elenkova co título de ГАЛИСИЙСКИ ПЕСНИ publicado en 2014 por Small Stations Press[13].

Galería de imaxes

Unha primeira edición exposta na Cidade da Cultura.
Unha primeira edición exposta na Cidade da Cultura
Poesies gallègues. Tradución de Joan Martí y Trenchs. 1917.
Poesies gallègues. Tradución de Joan Martí y Trenchs. 1917. 
En xaponés (2002).
En xaponés (2002). 
I As de cantar - IV Cantart' ei, Galicia, nun monumento en Pontevedra.
I As de cantar - IV Cantart' ei, Galicia, nun monumento en Pontevedra
A Ferradura. Santiago de Compostela.
A Ferradura. Santiago de Compostela. 

Notas

  1. Publicado en 1923 no Almanaque Gallego, como Conto gallego.
  2. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  3. Ficha en BiTraGa.
  4. Ficha en BiTraGa.
  5. Ficha en BiTraGa.
  6. Ficha en BiTraGa.
  7. Ficha en BiTraGa.
  8. Ficha en BiTraGa.
  9. Ficha en BiTraGa.
  10. Ficha en BiTraGa.
  11. Ficha en BiTraGa.
  12. Ficha en BiTraGa.
  13. Ficha en BiTraGa.

Véxase tamén

Bibliografía

Vídeos externos
Documental Cantares gallegos TVG.

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Interveñen: Román Raña, Antía Otero, Luís González Tosar, Xulio López Valcárcel, Carmen Blanco García, Manuel Darriba, Susana Sánchez Aríns, Lino Braxe, Luz Pozo Garza, Anxo Angueira, Marga Romero, Arturo Casas, Oriana Méndez, Xavier Queipo, María do Cebreiro, Cesáreo Sánchez, Olalla Cociña, Miro Villar, María Xosé Queizán, Gonzalo Hermo, Eva Veiga, Claudio Rodríguez Fer, Elvira Riveiro Tobío, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Manuel Forcadela
17 de maio

O 17 de maio é o 137º día do ano do calendario gregoriano e o 138º nos anos bisestos. Quedan 228 días para finalizar o ano.

Alejandro Zabala

Alejandro Zabala Landa, nado en Azkoitia o 10 de setembro de 1954, é un pianista vasco.

Aliteración

A aliteración é un recurso estilístico do compoñente métrico-fonolóxico.

Consiste na repetición no plano fónico, dado pola combinación repetida e expresiva de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema. Segundo o fonema repetido pode ser consonántica ou vocálica. Ao mesmo tempo, pode ser eufónica se o resultado da repetición é harmónica e cacafónica cando o resultado é desagradábel. A retórica clásica sinalou os seguintes tipos de aliteración: iotacismo, repetición de /i/, lambadacismo, repetición de /l/, mitacismo, repetición de /m/ e polisigma cando son repetido é /s/.

Cantares gallegos (homónimos)

Polo título de Cantares gallegos coñecemos:

Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro (1837-1885) publicada no 17 de maio de 1863, día que logo se escollería para celebrar as letras galegas.

Os Cantares gallegos de Manuel Leiras Pulpeiro publicada no ano 1911.

A Colección de cantares gallegos, de Xosé Casal e Lois, publicada en 1880.

Contos da miña terra

Contos da miña terra é un relato breve de Rosalía de Castro., publicado en 1864. É a única prosa en galego da autora, alén dos prólogos dos poemarios Cantares gallegos (1863, anterior a Contos da miña terra) e Follas novas (1880, posterior).

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Follas novas

Follas novas é un poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado por vez primeira en 1880, editado por La Propaganda Literaria de Alejandro Chao na Habana, Cuba, e impreso en Madrid.Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 50% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863,[Cómpre referencia] mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser:

En todo estás e ti es todo

pra min e en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras.

Galería de imaxes de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a máis salientable figura do Rexurdimento.

Juan Compañel

Juan Compañel Rivas, nado en Santiago de Compostela en 1829 e finado en La Catalina (Cuba) en 1897, foi un editor e impresor galego.

Laíño, Dodro

San Xián de Laíño é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 735 habitantes (352 homes e 383 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 801 habitantes.

Literatura galega do Rexurdimento

O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.

Maio

Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.

Octosílabo

O octosílabo identifica un enunciado de oito sílabas. Pode aplicarse a unha palabra, un verso, unha oración ou un texto.

Rexurdimento

Rexurdimento (do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer') é o nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.

Rima

A rima, en poesía, é o feito da concordancia total ou parcial dos fonemas dunha ou máis palabras a partir da última vogal acentuada. Isto produce unha igualdade total ou parcial de certos sons entre dous ou máis versos.

Hai dúas clases de rimas:

A rima consonante ou total dáse cando a partir da última vogal tónica de cada verso son iguais os sons vocálicos e consonánticos.

Mais dorme, Rosalía, mentras tanto

N-as almas mingoa a fe y-a duda medra

¡Quén sabe si d'este recinto santo

Non quedará maña pedra con pedra!

Manuel Curros Enríquez, "N-a tumba de Rosalía".A rima asonante ou parcial dáse cando a partir da última vogal tónica son iguais soamente os sons vocálicos.

Nasin cand' as prantas nasen,

No mes das froles nasin,

Nunh' alborada mainíña,

Nunh' alborada d' abril.

Rosalía de Castro, Cantares gallegos.

Rosalía de Castro

Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Ruta rosaliana

A Ruta rosaliana é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose de forma patente na obra poética de Rosalía.

Avelino Abuín de Tembra, escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa.

Silepse

A silepse, ou construción ad sensum é unha figura sintáctica consistente en quebrar a concordancia gramatical mantendo o sentido semántico: dous ou máis elementos da frase concordan loxicamente ou semanticamente e non de acordo coas regras gramaticais. Tamén se chama diloxía.

Zorza

A zorza, xorza ou amoado é a carne, xeralmente de porco, picada e adubada, fundamentalmente con pemento, allo e sal, coa que se fan os chourizos.

A zorza ademais adoita frixirse en aceite e servirse coma tapa no noroeste peninsular.

É un prato típico galego, mais tamén asturiano, leonés, soriano, segoviano, abulense, palentino, vallisoletano e burgalés, onde se coñece co nome castelán de picadillo. Sérvese como tapa ] quente en pratos acompañado de patacas e dun cacho de pan, viño, sidra ou cervexa.

Rosalía de Castro xa falaba da zorza en 1863 nos seus Cantares gallegos:

...frixolada! Fígado con cebola ben frixida i unha folliña de laurel cheirosa, qu'inda a un morto ben morto dera vida de tan rica, tan tenra e tan sabrosa; Raxo en sorsa cun cheiro que convida, i a sangre das morcillas sustanciosa en fregada caldeira rebotando, a que fagan morcillas convidando..

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.