Cantón

Un cantón é unha división administrativa empregada polos estados de moi diverso xeito. Así, na Bolivia refírese a grandes parroquias e en Suíza, os cantóns son os estados que conforman a confederación.

Estados con cantóns

  • Bélxica, existen cantóns electorais e cantóns xudiciais, que non sempre coinciden, e que agrupan varias comunas e acaban formando un arrondissement.
  • Os cantóns de Bolivia son as subdivisións dos concellos, e conta con 1.384.
  • Na Bosnia e Hercegovina, os cantóns son unha división que agrupa varios municipios.
  • No Canadá, un cantón ou township era unha división catastral de cen millas cadradas que se empregaba para a colonización do territorio. Nas provincias canadenses do Quebec e Ontario, os cantóns son coma concellos dividindo as veciñas provincias do Canadá.
  • Na Costa Rica é a división administrativa da provincia.
  • No Ecuador é unha subdivisións das provincias ecuatorianas.
  • Na Francia, é unha divisións administrativa e unha circunscrición electoral.
  • Luxemburgo tamén se subdivide en cantóns.
  • Na Suíza refírese a un estado da confederación.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bandeira de Abkhazia

A bandeira de Abkhazia (en abkhazo: Аҧсуа абыраҟ) foi adoptada polo goberno separatista de dito territorio o 23 de xullo de 1992. Esta bandeira consta de catro franxas verdes e tres franxas brancas. No cantón atópase un rectángulo vermello que contén a palma dunha man rodeada parcialmente por sete estrelas de cinco puntas.

Berna

A cidade de Berna (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 142.479 habitantes (390.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zúric, Xenebra, Basilea e Lausana).

O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.

Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.

Bordeos

Bordeos (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Nova Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.É un porto accesible para os barcos de altura. Pero os máis atracan augas abaixo do Gironde, principalmente en Verdon. Posúe a derradeira ponte da embocadura do Gironda, a ponte de Aquitania. Máis alá, o Garona, e despois o Gironde, non son franqueables máis que por algúns barcos.

Charles Edouard Guillaume

Charles-Edouard Guillaume, nado en Fleurier, (Suíza) o 15 de febreiro de 1861 e finado o 13 de maio do 1938, foi un físico suízo.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Francisco Javier Sánchez Cantón

Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

Grisóns

O Cantón dos Grisóns (alemán: Graubünden, francés: Grisons, italiano: Grigioni, romanche: Grischun) é un cantón de Suíza. É o máis grande e máis oriental dos vinte e seis cantóns. É ademais o único cantón que ten tres linguas oficiais: alemán, italiano e romanche.

Heinrich Rohrer

Heinrich Rohrer, nado en Buchs o 6 de xuño de 1933 e finado en Wollerau o 16 de maio de 2013, foi un físico suízo.

Kurt Wüthrich

Kurt Wüthrich, nado o 4 de outubro de 1938 en Aarberg, Suíza é un químico galardoado co premio Nobel de Química no ano 2002.

Lausana

Lausana (en francés e oficialmente: Lausanne; en arpitano: Losena) é unha cidade suíza de 137.810 habitantes (2016), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.

Lugano

Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraídas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza". Con 55.060 habitantes, 130.000 na súa aglomeración urbana, é a novena cidade de Suíza por poboación.

A orixe do nome probablemente proveña do latín Lucus, que significa bosque sagrado, ao igual que a cidade galega de Lugo.

Salavre

Salavre é unha comuna francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes. Forma parte do cantón de Saint-Étienne-du-Bois e da mancomunidade de Bassin de Bourg-en-Bresse.

Salavre está situado no Revermont, a uns 15 km ó norte de Bourg-en-Bresse, preto de 40 quilómetros ó sur de Lons-le-Saunier e na beira do Departamento de Jura. A comuna consta da vila e de 4 aldeas: Dingier, Capettes, Cleyriat e St Rémy du Mont. O último censo o 1 de xaneiro de 2012 di que a comuna alberga 292 habitantes. O municipio abrangue 777 hectáreas e está situado a unha altitude media de 212 metros .

Sonthonnax-la-Montagne

Sonthonnax-la-Montagne é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes no distrito de Nantua e cantón de Izernore.

Suíza

Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Tesino

O cantón do Tesino (en lombardo: Tisín, en italiano: Ticino. En alemán, francés e romanche: Tessin) é o cantón máis meridional de Suíza, sobre a vertente sur dos Alpes. O nome deriva do río homónimo que atravesa subindo polo Passo della Novena até o Lago Maior. O cantón do Tesino é case enteiramente de lingua italiana (a excepción do municipio de Bosco/Gurin). O cantón forma xunto con algunhas rexións do cantón dos Grisóns a chamada Suíza Italiana.

Valais

Valais (en alemán: Wallis, en arpitano: Valês, en francés: Valais, italiano: Vallese e romanche: Vallais) é un cantón de Suíza, arredor do Val do Ródano. As súas linguas oficiais son o francés e o alemán, aínda que tamén se fala o arpitano.

Vaud

Vaud (en arpitano: Vôd, en alemán: Waadt, en italiano: Vaud, en romanche: Vad) é un cantón francófono do leste suízo. Foi adherido á confederación Suíza o 14 de abril de 1803. No ano 2005 vivían nel 647.382 persoas.

Formaba parte orixinalmente das terras de Savoia, conquistadas por Berna, que levou adiante a reforma iniciada por Pierre Viret. Independizouse o 24 de xaneiro de 1798 de man de Napoleón.

Limita ó oeste con Francia; ó norte con Francia e co lago de Neuchâtel; ó sur co lago de Xenebra e o cantón do Valés; ao leste co cantón de Friburgo.

Componse de 381 concellos repartidos en 19 distritos. O concello máis pequeno é o de Rivaz (0,32 km²), e o máis grande o de Château-d'Oex (113,76 km²).

Xenebra, Suíza

Xenebra (en francés Genève [ʒəˈnɛv], en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra. En total, 201.813 persoas habitan no concello de Xenebra (2017). A lingua oficial é o francés.

Zürich

Zürich, ou Zúric, (en alemán: Zürich, en latín Turicum) é unha cidade suíza de 402.762 habitantes, segundo datos de decembro de 2016 (1,3 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande do país, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.