Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

A determinación do canon

Un criterio tan pouco preciso como o da inspiración non ofrece moitas pistas sólidas para facer unha lista pechada de libros polo que as relixións que teñen a Biblia como libro sagrado: samaritana, xudía, cristiá seguen unha serie de criterios más concretos á hora de establecer o seu propio canon:

  • A importancia que se lle dá en cada relixión ao contido do libro: os grandes libros, como o Pentateuco ou os Evanxeos nunca tiveron discusión, libros menores, como as Cartas Católicas ou Macabeos, entran e saen do canon segundo as épocas e os autores.
  • A autoría, real ou atribuída, do libro: libros que se alongan da corrente principal da ortodoxia, como o Eclesiastés, viron reforzada a súa posición polo feito de seren atribuídos ao rei Salomón.
  • A consideración tradicional que recibiu o libro.
  • O feito de que o libro xustifique as propias posturas: no debate teolóxico entre fe e obras propio da Reforma protestante, Martiño Lutero, que fai fincapé na fe como imprescindible para a salvación, desprezaba a Carta de Santiago que fai insistencia nas obras chamándoa ‘carta de palla’.
  • O desexo de distanciarse doutras relixións ou ramas da mesma relixión: O Concilio de Trento adoptou un canon longo en contraposición a Lutero e ás igrexas reformadas que optaron por un canon curto.

Distintos canons bíblicos

Canon samaritano

Os samaritanos, comunidade relixiosa de orixe xudeu, que actualmente se atopa no norte de Israel, ten o canon máis curto de todas as relixións bíblicas. Só acepta como inspirada por Iavé e, polo tanto, canónica a Torá, o que coñecemos como Pentateuco: Xénese, Éxodo, Números, Levítico e Deuteronomio.

Canon xudeu

O canon xudeu foi fixado definitivamente no Concilio de Iamnia.

Para fixalo utilizouse un dobre criterio que pode ser sintetizado na expresión: lingua sagrada e terra sagrada.

  • Lingua sagrada: só son canónicos os libros escritos en lingua hebrea, o que deixa fora os engadidos aramaicos e gregos do Libro de Daniel ou de Esther
  • Terra sagrada: só son canónicos, ademais, os libros escritos en Palestina.

Este canon daba cabida a menos libros dos que había, por exemplo, na versión grega da Biblia que se usaba na diáspora xudía. Por isto, os libros que abrangue son chamados libros protocanónicos (que podemos interpretar como canónicos de primeira), en contraposición aos libros deuterocanónicos, que serían uns libros de segunda clase.

Dividían os escritos canónicos en tres grupos: Torá (Lei), Profetas anteriores e profetas posteriores.

Torá

Xénese, Éxodo, Números, Levítico e Deuteronomio.

Profetas ou Nevim

Primeiros profetas:

Últimos profetas:

Os 12 profetas menores:

  1. Libro de Oseas
  2. Libro de Xoel
  3. Libro de Amós
  4. Libro de Abdías
  5. Libro de Xonás
  6. Libro de Miqueas
  7. Libro de Nahum
  8. Libro de Habacuc
  9. Libro de Sofonías
  10. Libro de Axeo
  11. Libro de Zacarías e
  12. Libro de Malaquías.

Escritos

Canon católico

Fixado definitivamente na Sesión IV (8 de abril de 1546) do Concilio de Trento, en parte como reacción ao canon das igrexas reformadas. É un canon longo, que abrangue todo o canon xudeu máis os engadidos aramaicos e gregos, tamén os chamados deuterocanónicos, e o catálogo máis amplo de escritos cristiáns.

Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Biblia hebrea

As expresións Biblia hebrea ou Biblia hebraica (latín: Biblia hebraica) son usadas para referirse de modo xenérico ós libros da Biblia escritos orixinalmente en hebreo e arameo antigos e que forman parte do canon xudeu chamado Tanak. Tamén pode referirse ó conxunto de libros chamado de antigo testamento, usado por algunhas denominacións cristiáns evanxélicas, mais que non inclúen as partes deuterocanónicas do Antigo Testamento e o Anagignoskomena ortodoxo). O termo non implica ningún xénero de denominación, numeración ou ordenación de libros, que é moi variable. (Véxase Canon bíblico).No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por Rudolf Kittel. Neste contexto é frecuente a abreviatura BH, ou BHK (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), BH1, BH2 e BH3. As primeiras dúas edicións apareceron entre 1906 e 1913, respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden extractos da Tora samaritana, da Septuaxinta, da Vulgata e da Peshitta. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no Códice de Leningrado, o cal é o mesmo que serviu de fonte para a Biblia Hebraica Stuttgartensia.Ó lado da tradición, algúns estudos apuntan que os libros que compoñen a Biblia hebrea desenvolveranse ó longo de aproximadamente un milenio, e os textos máis antigos parecen vir do século XI a.e.c. ou do século X a.e.c., restando que os demais parecen ter orixe un pouco máis nova. Esas obras foron compostas pola compilación de escrituras intricadas e coidadosamente postas en conxunto e secuencia.Dende o século XIX, a maioría dos estudosos coinciden afirmar que o Pentateuco ou Torá, os cinco primeiros libros, foi composto por catro fontes, J (Iavista), D (Deuteronomista), E (Eloísta) e P (Sacerdotal), que foron combinados para formar tal grupo nalgún período ó redor do século VI a.e.c. Esta teoría é agora coñecida como a hipótese documentaría, e foi a teoría dominante nos últimos douscentos anos. Do autor deuteronomista queda acreditada a autoría do libro de Deuteronomio, e tamén díxose que é o autor ou fonte dos libros de Xosué, Xuíces, Samuel e Reis (a historia deuteronomista, ou DtrH) e tamén no libro de Xeremías.

Canon

Canon, termo de orixe grego (κανών kanón, que significa "regra" ou "modelo") pode referirse a:

Estética, arte e literaturaCanon, en belas artes, e máis especificamente en escultura e música, conxunto das relacións que regulan as diferentes proporcións das partes dunha obra. Por exemplo, o Canon de Policleto.

Canon literario, é é un conxunto de obras dotadas de autoridade dentro da literatura.

Canon, composición polifónica baseada na imitación estrita entre dúas ou máis voces, separadas por un intervalo temporal.Canon en re maior de Pachelbel, ou Canon de Pachelbel, a obra máis coñecida do compositor alemán Johann Pachelbel.Canon como lista canónica ou "corpus"Lista canónica, recompilación ou corpus:Canon Real de Turín, unha lista de faraóns da época de Ramsés II.

Canon de Tolomeo, unha lista de reis publicada por Claudio Tolomeo, útil para fixar a cronoloxía absoluta do antigo oriente.

Canon da Medicina (ou al-Qanun), enciclopedia médica escrita por Avicena no século XI.

Canon occidental, o corpus de obras de arte e literarias que formaron a denominada alta cultura na civilización occidental.

Canon, as novelas, historias ou películas consideradas "oficiais" no universo da ficción.Artes gráficasCanon, caracteres grosos equivalentes ao corpo de vinte e catro puntos.RelixiónCristianismo

Canon, cada unha das normas que conforman o Código de Dereito Canónico e o Código dos Canons das Igrexas Orientais.

Canon bíblico, conxunto de libros que a tradición xudeocristiá considera inspirados por Deus.

Canon, rango ou grao honorífico dentro da Igrexa anglicana

Canon Episcopi, documento eclesiástico medieval con abundantes referencias sobre bruxaría.

Outras relixións

Canon taoísta, conxunto de textos de varios mestres taoístas.

Canon Pali, ou Tipitaka, antigos textos budistas que constitúen o corpo doutrinal e fundacional do budismo.Canon como taxa ou impostoCanon dixital, taxa aplicada a diversos medios de gravación.

Canon televisivo, imposto indirecto para o financiamento dalgunhas televisións públicas.Outros usosCanon de beleza, conxunto de aquelas características consideradas como agradábeis esteticamente.

Canon Inc., compañía xaponesa fabricante de gran variedade de produtos ópticos (tales como cámaras fotográficas, impresoras, fotocopiadoras e lentes).

Canon Fronsac, un viño tinto da rexión de Bordeos, Francia.

Canon, película de 2012.

Canon literario

Un canon literario é un conxunto de obras dotadas de autoridade dentro da literatura. Así, cada lingua ten o seu propio canon, pero existe tamén un canon literario universal.

Concilio de Trento

O Concilio de Trento foi o XIX Concilio ecuménico da Igrexa católica, celebrado en períodos descontinuos entre 1545 e 1563. Tivo lugar en Trento, unha cidade do norte da Italia actual que por aquel entón era unha cidade libre rexida por un príncipe-bispo.

Cristianismo

O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión monoteísta baseada na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como aparecen nos evanxeos canónicos e noutros escritos do Novo Testamento. Actualmente é a relixión, se contamos tódalas súas ramas, que conta con maior número de practicantes, coñecidos como cristiáns.

Os cristiáns cren que Xesús é o Fillo de Deus, Deus feito home, e o salvador da humanidade. Por mor disto, refírense a Xesús como Cristo, o Mesías profetizado nos textos xudeus que compoñen o Antigo Testamento. A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade.

Evanxeos apócrifos

Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas. Estes escritos non foron recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Etíope Tewahedo e a Igrexa Católica nin polo protestantismo como expresión da fe.

Igrexa adventista do sétimo día

A Igrexa adventista do sétimo día é unha denominación cristiá protestante, distinguida pola súa observancia do sábado como día de repouso e pola súa énfase na crenza dunha inminente segunda chegada de Xesucristo. A denominación xurdiu do movemento Millerista en Estados Unidos a mediados do século XIX, e foi establecida formalmente en 1863. Entre os seus fundadores destaca Ellen G. White, cuxos extensos escritos continúan sendo altamente valorados pola Igrexa.Gran parte da teoloxía adventista corresponde a ensinos protestantes comúns, como a autoridade infalible das Sacras Escrituras, a Trindade e a salvación por graza. Con todo, presentan importantes crenzas distintivas, como o estado inconsciente dos mortos, o xuízo investigador e a observancia do sábado como día de repouso. A igrexa é coñecida pola súa énfase na saúde e a alimentación -promovendo activamente o vexetarianismo-, a educación, a protección da liberdade relixiosa, e os seus principios e estilos de vida conservadores.A igrexa mundial réxese dunha maneira democrática; isto significa que os seus membros escollen delegados cada cinco anos para a elección de novos líderes, forman a Asociación Xeral dos Adventistas do Sétimo Día, con rexións máis pequenas administradas por divisións, unións, misións/asociacións e distritos. Actualmente conta con máis de 20 millóns de membros, ten unha presenza misioneira en máis de 200 países e territorios e diversifícase étnica e culturalmente. A igrexa administra numerosas escolas, universidades, hospitais, clínicas, institutos e casas editoriais en todo o mundo, así como unha destacada organización humanitaria coñecida como ADRA, a Axencia Adventista de Desenvolvemento e Recursos Asistenciais.

Igrexa etíope tewahedo

A Igrexa etíope tewahedo é unha Igrexa non caldedoniana de confesión monofisita, cuxas orixes remóntanse aos primeiros séculos do cristianismo. Conta con arredor de 40 millóns de fieis.

Libro de Daniel

O Libro de Daniel, é considerado tradicionalmente como un libro profético da Biblia, aínda que é unha obra que abrangue diversos xéneros literarios: a historia, a literatura apocalíptica, o relato con fondo moral, moitas veces próximo á caricatura do estranxeiro.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.