Canibalismo

O canibalismo é o acto ou a práctica de alimentarse de membros da propia especie. O termo aplícase a calquera animal, aínda que se adoita empregar o termo caníbal para referirse ó ser humano que se alimenta ou come a outro ser humano (antropofaxia).

O termo provén da deformación da palabra caribe caniba ou cariba da lingua taína.[1] Para os caribes, significaba «ousado», «audaz»; para os arauacos, «inimigo»; e para os europeos, «comedores de carne humana». Nativos de América que Cristovo Colón atopou na illa de A Española na súa primeira viaxe e que practicaban a antropofaxia, os caribes atacaban ós arauacos para conseguir botíns e de paso capturaban nenos ós cales castraban e criaban para comelos.

Os casos illados nas sociedades occidentais, relaciónanse actualmente con situacións extremas de fame, actos criminais ou persoas con profundos problemas psicolóxicos.

Os Filhos de Pindorama. Cannibalism in Brazil in 1557
Canibalismo en Brasil, descrito por Hans Staden (1557)

Notas

  1. Vignolo, P (2005) «Hic sunt caníbales: El canibalismo del nuevo mundo en el imaginario europeo (1492-1729)». Anuario colombiano de la historia social y de la cultura, núm. 3, p. 151-188
A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos

A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (en castelán: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos) é unha longametraxe galega dirixida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo. Autodenomínase como “posibelmente a película máis noxenta, cutre e divertida de tódolos tempos”. O filme conta coa participación de músicos como Julián Hernández (Siniestro Total), César Strawberry (Def con Dos, Strawberry Hardcore) ou Silvia Superstar (Killer Barbies).

Alive (filme de 1993)

Alive é un filme estadounidense dirixido por Frank Marshall que foi estreado en 1993. Está baseado no libro de Piers Paul Read Alive: The Story of the Andes Survivors (1974), que conta a historia real do equipo de rugby uruguaio cuxo avión se estrelou nos Andes o 13 de outubro de 1972.

Un dos sobreviventes ó accidente, Nando Parrado (interpretado por Ethan Hawke), serviu como conselleiro técnico para o filme. Está protagonizado por Ethan Hawke, Vincent Spano e Josh Hamilton. O filme foi narrado por John Malkovich.

Canibalismo (zooloxía)

En zooloxía, o canibalismo é o acto dun individuo dunha especie que come a todo ou unha parte dun individuo da mesma especie para alimentarse. O canibalismo é común nas interaccións ecolóxicas no reino animal e foi rexistrada en máis de 1 500 especies.O caniblismo non ocorre soamente, como antes se cría, como resultado dunha extrema escaseza de comida ou en condicióis artificiais, senón que tamén é común en condicións naturais en diversas especies. O canibalismo parece ser especialmente frecuente en comunidades acuáticas, nas cales aproximadamente o 90% dos organismos presentan canibalismo nalgún momento do seu ciclo de vida. O canibalismo tampouco está restrinxido ás especies carnívoras, senón que se encontra tamén nalgunhas herbívoras e detritívoras.

Cannibal Holocaust

Cannibal Holocaust é un filme italiano dirixido por Ruggero Deodato que foi estreado en 1980.

Cazadores de testas

En antropoloxía, fálase de cazadores de testas para referirse ós grupos humanos que practicaban o ritual de preservar a testa dunha persoa despois de matala. A caza de cabezas foi practicada en tempos históricos en partes de Oceanía, Asia Meridional e Sueste asiático, África Occidental e Central e en Mesoamérica, así como en certas tribos dos celtas, pobos xermánicos e escitas da Europa antiga. En Europa, produciuse até o remate da Idade Media en Irlanda e na rexión da fronteira anglo-escocesa, e até o século XIX en Montenegro, Croacia, Albania e as partes occidentais de Hercegovina.Esta práctica foi obxecto de intenso estudo dentro da comunidade antropóloga, e os estudosos tentaron definir e interpretar o seu rol social, así como as súas funcións e motivacións. Os escritos de antropólogos achegan temas como a mortificación do rival, a violencia ritual, o equilibro cosmolóxico, o canibalismo, o prestixio de capturar o espírito e poder do rival, e como xeito de conseguir os servizos da vítima como escravo na outra vida.No presente, os estudosos concordan que a función primaria da caza de testas era ritual e cerimonial. Algúns expertos teorizan que a práctica provén da crenza de que a cabeza contén a "alma" ou a forza vital, que podería ser aproveitada a través da súa captura.

Condrictios

Os condrictios (Chondrichthyes, do grego χονδρος chóndros, "cartilaxe", e ιχθύς ichthýs, "peixe") ou peixes cartilaxinosos son unha clase de vertebrados acuáticos caracterizados por teren o esqueleto cartilaxinoso, a diferenza do esqueleto dos peixes óseos (osteíctios), que o teñen osificado.

Comprende os elasmobranquios (tiburóns e raias) e os holocéfalos (quimeras).

Homo antecessor

Homo antecessor é unha especie humana, ou subespecie, que data de hai 1.2 millóns de anos a 800 mil anos. Foi descuberta por Eudald Carbonell, Juan Luis Arsuaga e J. M. Bermúdez de Castro. H. antecessor é unha das especies humanas que máis pronto colonizaron Europa.

Estivo en debate por arqueólogos e antropólogos cal é a relación de H. antecessor con outras especies de Homo de Europa e estímase que é un paso evolutivo entre o Homo ergaster e Homo heidelbergensis, inda que hai propostas de que unha especie que diverxeu de H. ergaster. Outros suxiren que H. antecessor é a mesma especie que H. heidelbergensis, que tiña habitado Europa desde hai 600 mil a 250 mil anos atrás, no Plistoceno.

O fósil que está mellor conservado é unha maxila que pertence a un individuo desde 10 anos de idade e que se levantou dun sitio arqueolóxico de España. As medidas paleomagnéticas estiman que é un resto máis vello ca 780–857 miles de anos. A media do volume cerebral é de 1,000 cm3. No 1994 e 1995 levantáronse sitios arqueolóxicos en Atapuerca e recolléronse 80 fósiles. Obtivéronse multitude de exemplos de cortes en fresco de ósos e que indicaría que H. antecessor practicaba o canibalismoOs sitios arqueolóxicos de H. antecessor que se atoparon foron en España na Gran Dolina e na Sima del Elefante en Atapuerca, en Suffolk e Norfolk en Inglaterra e en Lézignan-la-Cèbe en Francia.

Illa de Nova Guinea

Nova Guinea (tok pisin: Niugini; holandés: Nieuw-Guinea; indonesio: Papua), coñecido historicamente como Irian ou Irian Jaya, é unha illa situada ao norte de Australia. É a segunda illa máis grande do mundo. Papúa refírese a toda ou unha parte da illa. A illa esta divida politicamente de oeste a este en dúas metades aproximadamente iguais.

A metade oriental é Papúa Nova Guinea, país independente desde 1975.

A metade occidental está incorporada a Indonesia, cas provincias de Papúa (anteriormente coñecida como Irian occidental ou Irian Jaya) e a nova provincia de Papúa Occidental.

Debido á antigüidade do seu poboamento e a súa paisaxe moi fracturada, na illa fálanse un número inusualmente alto de idiomas, unhas 1.000 linguas (unha cifra superior á da maioría dos continentes) foron catalogadas sobre un total estimado en todo o mundo de 6.000 idiomas humanos. A maioría están clasificados como linguas papúas, un término xeográfico xeralmente aceptado. Numerosas linguas austronesias fálanse na costa e nas illas do litoral.

Latrodectus

Latrodectus é un xénero de araña aranomorfa , pertencente á familia Theridiidae, que contén 32 especies recoñecidas. O nome común "araña viúva" ás veces aplícase aos membros do xénero debido ao comportamento observado nalgunhas especies, nas que a femia come ao macho despois do apareamiento. A araña viúva negra é quizais o membro máis coñecido do xénero. A súa picadura é perigosa debido ás neurotoxinas de latrotoxina, que causan a condición latrodéctica , ambas nomeadas polo xénero. A viúva negra ten inusualmente grandes glándulas venenosas ea súa mordida é especialmente prexudicial para os seres humanos. Non obstante, as mordidas de Latrodectus raramente matan aos humanos se se proporciona un tratamento médico axeitado. A prevalencia do canibalismo sexual nalgunhas especies de Latrodectus inspirou o nome común de "araña viúva negra". O veneno da femia é polo menos tres veces máis potente que o dos machos, facendo ineficaz a mordida de auto-defensa dos machos. Unha investigación na Universidade de Hamburgo en Alemania suxire que esta estratexia de abate foi desenvolvida para promover as posibilidades de supervivencia dos descendentes; Non obstante, ao contrario da crenza popular, as femias dalgunhas especies raramente comen os seus socios despois do apareamiento, e gran parte da evidencia documentada do canibalismo soado produciuse en gaiolas de laboratorio onde os machos non puideron escapar.

Mantodeos

Os mantodeos (Mantodea) son unha orde de insectos que comprende unhas 2.400 especies clasificadas nuns 430 xéneros e 15 familias, chamadas comunmente barbantesas, barbatesas, parraguesas, carballesas e galbanas. A maior das familias é a dos mántidos (Mantidae), e a especie máis coñecida é Mantis religiosa. As barbantesas están distribuídas por todo o mundo en hábitats temperados e tropicais. Teñen cabezas triangulares con ollos que sobresaen e pescozos flexibles. Os seus corpos alongados poden ter ás ou non, pero todos os mantodeos teñen un par de patas anterior modificado e agrandado, adaptado para capturar e agarrar presas; a súa postura ergueita, permanecendo estática e cos antebrazos dianteiros dobrados, fai que pareza que están en postura de rezar.

Os parentes máis próximos dos mantodeos son as térmites e cascudas (Blattodea), e todos están incluídos na superorde Dictyoptera. Os mantodeos son ás veces confundidos cos insectos pau (Phasmatodea), ou con outros insectos alongados como certos saltóns (Orthoptera) ou mesmo con outros insectos con patas dianteiras raptoras como os neurópteros Mantispidae. Os mantodeos son principalmente predadores de emboscada, mais existen unhas poucas especies que viven no chan que perseguen activamente as súas presas. Normalmente viven un ano. Nos climas máis fríos, os adultos poñen ovos en outono e despois morren. Os ovos están protexidos por duras cápsulas e eclosionan en primavera. As femias practican ás veces o canibalismo sexual, comendo as súas parellas despois da copulación.

Algunhas das primeiras civilizaciós consideraban que as barbantesas tiñan poderes sobrenaturais, como se pensaba na Antiga Grecia, Antigo Exipto e Asiria. Un tropo cultural popular en debuxos humorísticos representa a barbantesa como unha muller fatal. As barbantesas están entre os insectos que con máis frecuencia se teñen como mascotas.

Marcos Abalde

Marcos Abalde Covelo, nado en Vigo en 1982, é un dramaturgo galego.

Musteriense

Musteriense é unha cultura que se desenvolve no Paleolítico Medio. Debe o seu nome ao sitio arqueolóxico de Le Moustier, un acubillo rochoso na rexión de Dordoña en Francia descuberto en 1860 por Gabriel de Mortillet. Ferramentas de pedra similares atopáronse por toda a Europa subártica e tamén no Oriente Medio e norte da África.

Necrófago (bioloxía)

Un necrófago ou preeiro é un animal carnívoro que se alimenta parcial ou totalmente de cadáveres matados por outros animais, normalmente depredadores.

Etimoloxicamente, a palabra necrófago provén do grego νεκροφάγος nekrophágos, onde nekro significa "morto" e phagos "comer". No caso de nutrirse tamén de plantas mortas denomínase saprófito. Se o cadáver é da súa mesma especie, chámase caníbal.

O silencio dos cordeiros

O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que foi estreado en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Está baseado na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.

No filme, Clarice Starling, unha estudante do FBI, busca o consello do Dr. Lecter encarcerado para capturar a outro asasino en serie, coñecido como "Buffalo Bill".

O silencio dos cordeiros foi estreado o 14 de febreiro de 1991, e recadou $272,7 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $19 millóns. Foi o terceiro filme, despois de It Happened One Night e Alguén voou sobre o niño do cuco, en gañar cinco Premios Óscar nas cinco grandes categorías: mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz e mellor guión adaptado, ademais de ser candidata a outros dous. É o primeiro (e único) filme de terror en gañar o premio ó mellor filme do xénero de terror, habendo só tres nomeados na historia, O exorcista en 1973 e Tiburón en 1975. O filme está considerado "cultural, histórica e esteticamente" significativo pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e foi seleccionada para a súa conservación no National Film Registry no 2011.Estreouse en galego na TVG o 18 de xaneiro de 2011.

Pobo caribe

Os caribes, tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.

A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.

Red Dragon

Red Dragon é un filme estadounidense dirixido por Brett Ratner que foi estreado no 2002. Precuela do filme O silencio dos cordeiros, baseada na novela Red Dragon de Thomas Harris.

The 13th Warrior

The 13th Warrior (O décimo terceiro guerreiro) é un filme realizado en 1999, baseado no libro Eaters of the Dead de Michael Crichton, escritor de outras coñecidas obras como Parque Xurásico e O Mundo Perdido. As linguas do filme en versión orixinal son o inglés, latín, grego, árabe, sueco, noruegués e danés.

The 13th Warrior foi un fracaso económico. Os custos de produción e mercadotecnia ascenderon a $160 millóns e só recadou $61 698 899 nos cines.

The Road (filme de 2009)

The Road é un filme dirixido por John Hillcoat e escrito por Joe Penhall. Está baseado na novela homónima de Cormac McCarthy publicada no 2006. Está protagonizado por Viggo Mortensen e Kodi Smit-McPhee como un pai e o seu fillo nun páramo postapocalíptico. A rodaxe realizouse en Pensilvania, Luisiana e Oregón. Foi estreado o 25 de novembro de 2009 nos cines dos Estados Unidos, e o 4 de xaneiro de 2010 nos do Reino Unido.

Wendigo

No folclore algonquino, o wendigo ou windigo, é un monstro mitolóxico caníbal ou un espírito do mal que habita nos bosques da Costa Atlántica e a Rexión dos Lagos Grandes dos Estados Unidos e o Canadá. O wendigo pode aparecer como un monstro con algunhas características de humano, ou como un espírito que posuíu un ser humano e o converteu en monstro. É historicamente asociado co canibalismo, o asasinato, a cobiza insaciable e os tabús culturais contra tales comportamentos.A lenda presta o seu nome a un controvertido termo médico, a psicose wendigo, descrito polos psiquiatras como unha síndrome cultural con síntomas como unha arela intensa pola carne humana e o medo a converterse nun caníbal. Nalgunhas comunidades indíxenas, a destrución ambiental e a cobiza insaciable tamén se ve como unha manifestación de psicose wendigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.