Caneliñas, A Ameixenda, Cee

Caneliñas é un lugar da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Tiña 4 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

Na década de 1940 a empresa Massó instalou neste lugar unha factoría baleeira.

Coordenadas: 42°54′52″N 9°09′22″O / 42.9145673, -9.1560099

Caneliñas
Factoría baleeira de caneliñas
Antiga factoría baleeira.
ParroquiaA Ameixenda
ConcelloCee
Poboación4 hab. (2016)

Lugares e parroquias

Cachalote

O cachalote, Physeter macrocephalus, Linnaeus 1758, é un cetáceo odontoceto da superfamilia dos fiseteroideos, e o único integrante da familia dos fisetéridos. Trátase do máis grande dos cetáceos con dentes.Ríos Panisse só atopou a denominación cachalote na enquisa que realizou en toda a costa galega, sedo este nome recollido por ela en Panxón, Bouzas, Cangas, Portonovo, Cambados, Escarabote, Malpica, Mugardos, Espasante, Bares, Viveiro, Foz, Ribadeo, Noia, Sardiñeiro, Lira, Abelleira, Rianxo, Carril, Portosín, As Figueiras, Ézaro, Muxía, Camariñas, Corme, Caión, Mera, Pontedeume, Mogor, Rinlo, Miño, Sada, Laxe, Muros, Ribeira, Vilanova de Arousa, A Guardia, Bueu, San Ciprián e Cedeira.A única sinonimia, en galego, que se coñece é o nome de cabrote, que cita Penas Patiño, pero sen localizar.

O dicionario etimolóxico de Corominas afirma que se trata dunha palabra de orixe incerta, e suxire que vén do latín vulgar cappula, plural de cappulum, empuñadura de espada. Outra hipótese é que derive do francés arcaico dente, similar a cachau en gascón; Fernández Casado propón a orixe no vasco cachau, grandes dentes. Non se pode deixar de observar a relación con cachola, termo coloquial usado para designar a cabeza . O nome en inglés, sperm whale, é unha contracción de spermaceti whale (balea de esperma). Esta substancia que se extraía da cabeza do animal foi chamada esperma pola súa semellanza co líquido seminal e, de feito, críase que se trataba realmente do esperma do cachalote.

O nome científico é descritivo. Procede do grego φυσάω physáō, "soprar", termo utilizado por Aristóteles para designar as vías respiratorias dos cetáceos, e o nome específico, macrocephalus, alude ó desproporcionado tamaño da cabeza. Canto ó sinónimo catodon, este vén do grego κατά katá, "abaixo", e οδούσ, οδόντοσ odoús, odóntos, "dente", e indica a presenza de dentes só na mandíbula inferior.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.