Canela

A canela é unha especia que se tira da codia interna desecada, extraída pelando as pólas da caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum), unha árbore procedente da Sri Lanka. Emprégase en pau ou moída (en po). En Galiza emprégase moito para adubar a típica sobremesa de arroz con leite.

Canelle Cinnamomum burmannii Luc Viatour crop1
Paus de canela e canela en po
Canela
Valor nutricional por 100 g
Enerxía247 kJ (59 kcal)
80.6 g
Azucres2.2 g
Fibra alimentaria53.1 g
1.2 g
4 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
2%
15 μg
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.04 mg
Niacina (B3)
9%
1.33 mg
Vitamina B6
12%
0.16 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
5%
3.8 mg
Vitamina E
15%
2.3 mg
Vitamina K
30%
31.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
100%
1002 mg
Ferro
64%
8.3 mg
Magnesio
17%
60 mg
Fósforo
9%
64 mg
Potasio
9%
431 mg
Sodio
1%
10 mg
Cinc
19%
1.8 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga10.6 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Etimoloxía

O nome científico e o nome vulgar en inglés: cinnamon derivan do vocábulo grego kínamon.

O nome galego canela, vén do francés: canelle (cana pequena).

Localización

Na actualidade cultívase ademais de en Sri Lanka, na India, no sur da China, Madagascar e no Brasil.

Emprego

Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. Non obstante, o seu uso máis estendido está no famoso de canela, producido ao ferver as pólas da canela en auga até obter a infusión, engadindo azucre. O uso do té de canela, está moi estendido en México e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dos Estados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como o café e o chocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.

Tamén é un ingrediente de moitas salsas, curry e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e China, ademais do po e as follas da caneleira.

En Galiza emprégase moito para adubar o arroz con leite, sobremesa moi tradicional.

Beneficios medicinais

A canela é empregada dende a antigüidade na España rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan atrasos na menstruación.

Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións na lingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ficha da canela en Infojardín.com (en castelán)

Améndoa

A améndoa (do latín vulgar amyndula, no latín clásico amygdalum, -i, de orixe grega, que denominaba tanto a árbore coma o froito) é o froito da amendoeira, é unha drupa oblonga, engurrada e de cor verde, dentro contén a semente, branca, oblonga e apatelada, recuberta por unha película de cor canela.

A améndoa verde designa o froito tenro, recollido en xuño e xullo, e de sabor delicado. A améndoa amarga designa á velenosa e a améndoa doce á comestible.

Pódese comer en cru, en turróns, en confeitaría. A esencia de améndoa temén se utiliza en perfumaría.

California é a principal área produtora de améndoa, séguelle España.

Arroz con leite

O arroz con leite ou papas de arroz, o arroz con azucre e mailo arroz doce son sobremesas feitas con arroz cocido con leite azucrado e, ás veces, aromatizado coa pela de cítricos (especialmente limón) e canela. Adóitase comer frío e adubarse con canela en po. Forma parte da gastronomía tradicional galega, porén é unha sobremesa típica de moitos países do mundo.

O arroz entrou en Galiza dende Castela e Portugal cos árabes, que xa tiñan nos seus receitarios receitas de cremas de arroz e de arroz con leite Aparece no século XIII un receitario anónimo na Península Ibérica Cocina Hispanomagrebí, con moitas receitas de arroz, a miúdo combinado con leite, azucre e mel. En 1314 apareece a primeira receita de arroz escrita en catalán no Llibre de Sent Soví.Eladio Rodríguez González fala da gastronomía do arroz doce no seu dicionario enciclopédico:

Malia non cultivarse o arroz en Galiza, o consumo no país e grande e tradicional, pois sempre ten constituído unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas galegas. A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e adubos que son comúns na vida ordinaria, porén que ademais constitúen unha sobremesa de obriga e nutritiva, como as papas de arroz e outros, nas datas máis sinaladas.

Arroz con sucre, arroz con leite e arroz doce, tres sobremesas case idénticas que son o arroz cocido en leite con máis ou menos sucre e unhas rodeliñas de limón que xa se lle botan ao pólo a ferver. Déitase despois nunha fonte cha, e despois se aduba con canela. Adóitase tamén torrar a tona, pasando por riba dela unha espátula roxada.

Augardente de herbas

A augardente de herbas, é unha bebida de alta graduación (aínda que menor cá da augardente branca), típica de Galiza, e tamén Cantabria e León, que se obtén a partir da destilación do bagazo (residuo da uva despois de espremela e tirarlle o mosto) xunto con herbas aromáticas , obtendo un licor dun ton intenso amarelo averdado característico.

Ten denominación de orixe local amparada na Denominación Xeográfica Augardente de Galicia no que tamén aparece a augardente branca, o licor café e o licor de herbas. Segundo a devandita denominación, o seu contido en azucres debe ser inferior a 100 g/L. As herbas empregadas na súa elaboración adoitan ser menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, flor de laranxeira, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Ayamonte

Ayamonte é un concello e cidade española da provincia de Huelva, en Andalucía, situada xunto á desembocadura do río Guadiana. Ten unha poboación de 20.597 habitantes (2010) e unha superficie de 142 km², cunha densidade de 143'2 hab/km².

Polo oeste limita con Portugal.

O concello está formado por catro núcleos de poboación diferenciados entre sí: Ayamonte, cidade que lle dá nome; Punta del Moral, situado na praia oriental de Isla Canela; Pozo del Camino, situado ao leste xunto a Isla Cristina, e a Barriada de Canela, na zona norte de Isla Canela.

Bananas Foster

O Bananas Foster é unha sobremesa feita con bananas e xeado de vainilla, cunha salsa feita de manteiga, azucre moreno, canela, ron e licor de banana. A manteiga, o azucre e os plátanos cocíñanse e logo engádese o alcol e flaméase.

Caneleira

A caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum) é unha árbore tropical da familia das lauráceas. Ten a folla perenne, duns 10–15 m; é orixinaria da Sri Lanka (antiga Ceilán). Aprovéitase como especia a súa codia interna desecada, chamada canela verdadeira, extraída pelando as pólas e se emprega en rama ou moída (en po).

Chabuca Granda

María Isabel Granda Larco, máis coñecida como Chabuca Granda, nada en Cotabambas en 1920 e finada en Miami en 1983, foi unha cantautora e folclorista peruana. Creou e interpretou un gran número de valses crioulos e valeuse para tal efecto dos ritmos afroperuanos. O seu tema máis coñecido no mundo é "La flor de la canela", reversionada entre outros artistas por María Dolores Pradera.

Coiote

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

O coiote (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; desde Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da verba náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.

A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.

O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a ras do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.

Crema pasteleira

A crema pasteleira ou simplemente crema é unha crema elaborada con xemas de ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada con vainilla, canela ou rela de limón, que se emprega para reencher ou decorar tortas e pasteis.

É a base de moitas cremas tradicionais como:

a crema catalá

a crème brûlée

a crema de ovo

a custard británicaEmprégase a miúdo como recheo de pasteis.

Curry

O curry é unha mestura de especias que se emprega na India para guisos ou estufados con mollo, comercializadas orixinalmente na Inglaterra e nos Países Baixos. Así mesmo, refírese ós pratos preparados con este mollo. A palabra curry deriva de kari, que significa "mollo" en támil.

As especias que a miúdo adoitan incluírse na mestura do curry son: chile, alfábega, carvea, sasafrán, canela, cardamomo, cebola seca, apio, coandro, comiño, cúrcuma, alforfa, xenxibre, mostaza, noz moscada, pementa de caiena, pementa, tamarindo. O curry varía de rexión en rexión e a súa cor depende da mestura de ingredientes.

Na gastronomía da China emprégase un curry chamado po dos cinco sabores ou po de cinco especias, que mestura cinco ingredientes (cúrcuma, comiño, pemento, canela e cardamomo). É coñecido como "Um Gion Fan"(cinco sabores) e é moi utilizado na preparación de diversos pratos, achegando moito sabor e arrecendo.

El Bruc

El Bruc é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca de Anoia.

Especia

Especia é o nome xenérico dado a certas plantas que se empregan para preservar ou sazonar os alimentos ou para aromatizar bebidas; tamén reciben a denominación de condimentos aromáticos. Tecnicamente considéranse especias as partes duras, como as sementes ou codias, de certas plantas aromáticas (árbores, plantas herbáceas ou outras), así como, noutros casos, as raíces ou os froitos, en tódolos casos tralo desecamento, mentres que baixo o nome de herbas aromáticas se clasifican as follas e talos dalgunhas plantas herbáceas; ademais, estas poden utilizarse en fresco. Na práctica, especias e herbas aromáticas tenden a considerarse sinónimos.

As especias eran procedentes das rexións tropicais de Asia e das illas Molucas na Indonesia, tamén coñecidas como as Illas das Especias. As especias empregábanse xa na Antigüidade, e as utilizadas na actualidade son practicamente as mesmas.

Etimoloxicamente, a palabra especia provén da palabra latina species. En principio esta palabra servía para designar calquera cousa unitaria da que se falase, resaltando as características que a facían única. Co paso do tempo foi derivando ao significado de "bens" ou "mercancías", sobre todo para referirse a aquelas que proviñan de países afastados, que habitualmente eran sementes, raíces, gromos ou bagas.

Galleta

Unha galleta (chamada tamén biscoito tradicionalmente) é un alimento que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de fariña, azucre e outros ingredientes, como ovos, manteiga etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma noces moídas, chocolate, coco relado, canela etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de queixos, marmeladas, especias e/ou patés.

O sinónimo biscoito (coma no inglés biscuit) caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no século XIX Varios autores coma Luís Aguirre del Río, Francisco Javier Rodríguez, Juan Cuveiro Piñol ou mesmo a Real Academia Galega definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso.

Lucha Reyes

Lucila Justina Sarcines Reyes de Henry, coñecida como Lucha Reyes, nada en Lima o 19 de xullo de 1936 e finada o 31 de outubro de 1973, foi unha cantante peruana tamén coñecida polo pseudónimo La Morena de Oro del Perú. Acadou unha enorme popularidade tanto dentro do seu país coma no conxunto de países hispanos.

Río Grande do Sur

O Río Grande do Sur é o estado máis meridional do Brasil. Limita ó norte co estado de Santa Catarina, ó leste co Océano Atlántico, ó sur coa República Oriental do Uruguai e ó oeste coa República Arxentina. A súa capital é Porto Alegre.

Salgadura

Denomínase salgadura ou salga a un método destinado a preservar os alimentos, mediante a adición de sal, de forma que se atopen dispoñibles para o consumo durante un maior tempo. O efecto da salgadura é a deshidratación parcial dos alimentos, o reforzo do sabor e a inhibición dalgunhas bacterias.

Existe a posibilidade de salgar froitas e vexetais, aínda que o frecuente é aplicar o método en alimentos tales como carnes ou peixes.

A miúdo adóitase empregar para a salgadura unha mestura de sal procedente dalgunha salina acompañando con nitrato sódico e nitrito. É moi habitual tamén durante as fases finais acompañar o sal con condimentos tales como pemento, canela, sementes de aneto ou mostaza.

Sarral

Sarral é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Conca de Barberà.

Serra do Canizo

A serra do Canizo é unha serra galega unida á serra Segundeira, arrodeada polo val do río Bibei na orientación norte e leste, e polo río Canela no oeste, no límite entre os concellos da Gudiña e Viana do Bolo.

O cumio de maior altitude é O Testeiro, con 1.446 metros sobre o nivel do mar.

Tibia

A tibia é un óso humano longo que ocupa a parte interna da perna. Recibe o nome vulgar de canela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.