Canduas, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Coordenadas: 43°12′59″N 8°57′29″O / 43.21639, -8.95806

Canduas
Canduas
Vista de Canduas desde Cachadiña.
ConcelloCabana de Bergantiños
Poboación917 (443 homes e 474 mulleres) hab. (2018)
Entidades de poboación21

Xeografia

Canduas limita ao norte coa ría de Corme e Laxe e o río Anllóns que a separa da parroquia pontecesán de Cospindo; ao leste coa parroquia de Cesullas, ao sur coa parroquia de Borneiro e ao oeste co concello de Laxe e Océano Atlántico. Esta parroquia é a unica de Cabana de Bergantiños bañada polo mar.

Muiño de ferreiro
Muíño de Ferreiro (rego dos Muíños).

Canduas ten dous tipos de praias. Por unha banda están as bañadas polo océano Atlántico, dentro da ría de Corme e Laxe (Area das Vacas, Piquiti, Rebordelo e San Pedro), e por outra, as que están dentro do estuario do río Anllóns (A Guieira e O Pendón).

Esta parroquia está bañada pola súa cara de nordés polo estuario que forma o río Anllóns e atravesada de oeste a este polo rego dos Muíños, que é afluente do río Anllóns e que recibe este nome polos muíños de auga que ten (arredor duns 20 muíños), que vai recollendo as augas que flúen polos distinto regos que forman as ladeiras do val que forma este río.

Historia

Dende o século XIV hai constancia documentada da existencia do mosteiro de San Martiño de Canduas, convento feminino anexionado posteriormente a San Martiño Pinario de Santiago (Lucas Álvarez, 1999 - T.11:880-883). Despois converteuse en priorado segundo Frei Martín Sarmiento, que fixo noite neste lugar no seu paso pola comarca de Bergantiños (Pensado,1975:74).

Do antigo mosteiro apenas quedan restos. A casa reitoral sufriu grandes reformas, e as pedras do cabazo foron utilizadas como perpiaños para o revestimento da fachada da igrexa, unha idea que se lle ocorreu o párroco Manuel Costa, que foi o quen reformou o resto do templo.

Ao redor do mosteiro foise creando a aldea de Canduas, que aínda conserva a súa estrutura medieval. Cerca da casa parroquial atópase a casa dos Romero, que consta de dous edificios, un máis moderno e reformado con escudo, e outro máis antigo, datado de 1660 como se pode ler nun gravado que se atopa encima da entrada principal. O cruceiro que hai ao seu carón tamén foi mandado construír polos donos desta casa como se pode ler nun gravado que ten no seu pedestal.

Patrimonio

Castro de Sinde: Asentamento fortificado da Idade de Ferro. A súa croa, de forma case circular, posúe unhas medidas de 86 x 70 m de diámetro. Esta bordéase en todo o seu perímetro por un terraplén que a separa do terreo circundante. Contra a banda.Este castro localízase en terreos de cultivo e o seu estado de conservación é bo.

Capela de Fátima, Sinde: foi erguida durante a posguerra. Hoxe, semiderruída, aínda conserva o arco oxival e pinturas nas bóvedas do altar.

Igrexa de San Martiño de Canduas: a súa orientación é distinta á tradicional, xa que mira cara o norte. A nave e a capela lateral están cubertas por unha bóveda de canón lixeiramente apuntada; a capela leste cóbrese con falsas bóvedas de crucería.

Casa do concello da II República: Durante o século XIX e primeiras décadas do XX non existían Casas do Concello. Durante a II República, o alcalde Alejo Varela Centeno levantou estas dependencias municipais que nunca chegaron a cumprir a finalidade para a que foron construídas.

Rutas Turísticas

Estuario do río Anllóns
Vista da senda marítima.
Regos dos muiños
Vistas da senda fluvial do Rego dos Muíños.

Canduas ten dúas das rutas turísticas guiadas ofrecidas polo concello de Cabana de Bergantiños. Ademais ten dúas sendas, unha marítima e outra fluvial:

  • Ruta do Rego dos Muíños[1]
  • Senda do Anllóns[2]
  • Ruta 1. De Ponteceso de Cabana a Frexufre pola Carballa[3]
  • Ruta 7. Das Agrelas ó Briño por Fontefría[4]

Puntos de interese

  • Mirador das Grelas: é unha pequena área de descanso situada a dereita da estrada, con vista panorámica sobre A Barra e o Monte Branco. A Barra é unha lingua de area que separa as augas oceánicas da ría de Corme e Laxe das fluviais do esteiro do Anllóns.
  • Monte do Castelo: é o pico máis alto da parroquia de Canduas, dende o que se observa a parroquia e os concellos lindantes, e albíscase a cidade da Coruña.

Festas

Nesta parroquia celébranse as festas de:

Personaxes populares

  • Hermosinda de Tabuído: Cantareira, nada en Tabuído en 1914 e falecida en 1989. Natural dunha terra de importante tradición popular, e instruída nunha escola rural, xa creaba coplas dende moi pequena.[5]
  • Emilio Lema Pérez: cesteiro[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
Vista d canduas

Vista de Canduas dende Semonte.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cabana de Bergantiños

Notas

  1. Páxina do concello de Cabana
  2. Páxina do concello de Cabana
  3. Páxina do concello de Cabana
  4. Páxina do concello de Cabana
  5. Páxina do concello de Cabana
  6. Páxina do concello de Cabana

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Cachadiña, Canduas, Cabana de Bergantiños

A Cachadiña é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 13 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.

A Costa, Canduas, Cabana de Bergantiños

A Costa é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña tres habitantes (tres mulleres).

A Cruz do Cabalo, Canduas, Cabana de Bergantiños

A Cruz do Cabalo é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña tres habitantes (dous homes e unha muller).

A Telleira, Canduas, Cabana de Bergantiños

A Telleira é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 72 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 36 homes e 36 mulleres.

Arnela, Canduas, Cabana de Bergantiños

Arnela é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 33 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 15 eran homes e 18 mulleres.

As Carballas, Canduas, Cabana de Bergantiños

As Carballas é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños). Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 3 habitantes (2 homes e 1 muller).

As Grelas, Canduas, Cabana de Bergantiños

As Grelas é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 136 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 64 homes e 72 mulleres.

As Revoltas, Canduas, Cabana de Bergantiños

As Revoltas é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 58 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 34 eran homes e 24 eran mulleres.

Augarrei, Canduas, Cabana de Bergantiños

Augarrei é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 2 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 1 era home e 1 era muller.

Canduas, Canduas, Cabana de Bergantiños

Canduas é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 130 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 61 eran homes e 69 mulleres.

Monelos, Canduas, Cabana de Bergantiños

Monelos é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 63 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 30 homes e 33 mulleres.

O Buzaco, Canduas, Cabana de Bergantiños

O Buzaco é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 26 habitantes (11 homes e 15 mulleres).

O Cabo de Area, Canduas, Cabana de Bergantiños

O Cabo de Area é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños). Tiña 10 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 5 eran homes e 5 mulleres.

Rebordelo, Canduas, Cabana de Bergantiños

Rebordelo é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 5 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística que eran 4 homes e 1 muller.

No lugar de Rebordelo destaca a súa praia.

San Pedro, Canduas, Cabana de Bergantiños

San Pedro é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 habitantes (5 homes e 5 mulleres).

Sinde, Canduas, Cabana de Bergantiños

Sinde é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 102 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 50 eran homes e 52 mulleres.

Somonte, Canduas, Cabana de Bergantiños

Somonte é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 11 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 5 homes e 6 mulleres.

Taboído, Canduas, Cabana de Bergantiños

Taboído é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 121 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 57 eran homes e 64 mulleres.

Tras da Agra, Canduas, Cabana de Bergantiños

Tras da Agra é un lugar da parroquia de Canduas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 72 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 37 eran homes e 35 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.