Candidatura d'Unitat Popular

A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá.[1] Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.[2]

Candidatura d'Unitat Popular (CUP)
Confederación de asembleas locais
CUP
Dirixentes e organización
LíderNúria Gibert e Quim Arrufat (voceiros)
Historia
Fundación1986
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán
Pancatalanismo
Anticapitalismo
Socialismo
Ecoloxía
Feminismo
Representación
Representación3 deputados (Parlamento catalán)
Outros datos
SedePlaça de Gispert, 4, 1r Manresa
PublicaciónInfoCUP
Páxina webcup.cat

Ideoloxía

Defenden a conversión dos chamados Países Cataláns (Països Catalans) nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e a cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política).[3] Agrupa militantes procedentes de diversas entidade e plataformas de esquerda, como por exemplo Poble Lliure[4], Endevant e Arran.

A CUP defende tamén a saída dunha hipotética Cataluña independente tanto da Unión Europea como da OTAN.

Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.[5][6]

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2012.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
  3. http://issuu.com/cupnacional/docs/cup-programa_politic_2012
  4. Poble Lliure emet un comunicat criticant amb duresa el vet de la CUP a Mas, nova en Wilaweb.cat o 6 de xaneiro de 2016.
  5. http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/3-politica/17-politica/415440-els-resultats-de-la-cup-els-apropen-a-lesco-al-parlament.html
  6. http://elecciones.mir.es/resultados2011/99MU/DMU09999CM_L1.htm

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Baños

Antonio Baños i Boncompain, nado en 1967 en Barcelona, é un xornalista, activista social, escritor e político catalán.

CUP

As siglas CUP poden facer referencia a:

Candidatura d'Unitat Popular, un partido político independentista catalán.

Cambridge University Press, unha editorial universitaria inglesa.

O peso cubano, unha moneda de curso legal de Cuba.

Carles Puigdemont

Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2015 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia. O 10 de xaneiro de 2016 foi investido presidente da Generalitat de Cataluña (o cento trinta) polo Parlamento de Cataluña grazas ó acordo levado a cabo o día antes entre Junts pel Sí e a CUP e no cal se anunciou que substituiría a Artur Mas como presidente da Generalitat en troques de garantir a estabilidade parlamentaria no Goberno. O 14 de xaneiro do mesmo ano presentou o seu novo Goberno da Generalitat. Asociouse ó Partit Demòcrata o 10 de xullo de 2016.

O seu goberno promoveu un referendo sobre a independencia o 1 de outubro de 2017. O 28 de outubro do mesmo ano o goberno español, coa aplicación do artigo 155 da Constitución española de 1978, destituíuno do seu cargo, conxuntamente cos conselleiros do seu goberno, unha decisión que non aceptaron nin el nin os membros do Goberno. O mesmo día, o Parlamento declarara formalmente a independencia. O 30 de outubro de 2017 Puigdemont marchou a Bruxelas xunto con catro conselleiros do seu goberno, Clara Ponsatí, Antoni Comín, Lluís Puig e Meritxell Serret. O 25 de marzo de 2018 foi retido en Alemaña cando se dirixía cara a Bélxica despois de que se activase unha orde europea de detención contra el. Despois de doce días en prisión provisional, foi posto en liberdade o 6 de abril en medidas cautelares. O 10 de maio de 2018 suxeriu como candidato á Presidencia Generalitat de Cataluña ó editor Joaquim Torra. Dous meses despois presentou o proxecto de Crida Nacional per la República.

Carles Riera i Albert

Carles Riera i Albert, nado en 1960, é un sociólogo, psicoterapeuta e activista político catalán.

Consulta sobre a independencia de Cataluña

A consulta sobre o futuro político de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014.

A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».

O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamente de Cataluña.

A data e a pregunta da consulta foron anunciades polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.

David Fernàndez

David Fernàndez Ramos, nado en Barcelona o 24 de setembro de 1974, é un xornalista e político catalán, de ideoloxía independentista, así como activista social. O 25 de novembro de 2012 converteuse en deputado electo da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) grazas á obtención de 3 escanos para a súa formación nas eleccións ao Parlamento de Cataluña celebradas ese mesmo día.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á XI lexislatura celebráronse o 27 de setembro de 2015, adiantándose catorce meses da súa data límite (25 de decembro de 2016). Este anuncio foi feito polo presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Mas, o 14 de xaneiro de 2015, pouco tempo despois que as institucións españolas suspendesen a consulta sobre a independencia de Cataluña e intentasen evitar a celebración do proceso participativo que a substituíu. Por mor disto, estas eleccións son plebiscitarias sobre a independencia de Cataluña. De feito, Artur Mas definiu estas eleccións como a «consulta definitiva».

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017

As eleccións ao Parlamento de Cataluña, correspondentes á formación da xii lexislatura, celebráronse o xoves 21 de decembro de 2017. Foron convocadas polo presidente do Goberno Mariano Rajoy como unha medida da aplicación en Cataluña do artigo 155 da Constitución española.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Junts pel Sí

Junts pel Sí (JxSí, en galego: Xuntos polo Sí) é unha coalición electoral independentista formada para concorrer ás eleccions ao Parlamento de Cataluña de 2015. Está formada principalmente por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e o seu obxectivo é a independencia de Cataluña.

Tamén conta coa participación de Demòcrates de Catalunya, Moviment d'Esquerres, Avancem e Reagrupament Independentista, e o apoio de Catalunya Sí, Solidaritat Catalana per la Independència e Estat Català.

Moviment d'Unificació Marxista

O Moviment d'Unificació Marxista foi un patido catalán independentista de esquerdas formado en 1976 por ex-militantes do Partit Socialista d'Alliberament Nacional dels Països Catalans e unha escisión do Front Nacional de Catalunya chamada col.lectiu Combat. Partidario de participar nas primeiras eleccións xerais españolas formou con outros grupos da esquerda a Candidatura d'Unitat Popular cap el Socialisme. En 1978 uniuse co Partit del Treball de Catalunya para formar o Bloc Català dels Treballadors. A pesar de reclarmarse unha organización dos países cataláns carecía de infraestrutura fóra de Cataluña.

Os Pobos Deciden

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG), e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP). Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións, así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu, seguido de Ana Miranda como representante do BNG. Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independiente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns, e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular, que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.

Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado actualmente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

O actual presidente do Parlament é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.

Partidos políticos de España inscritos de 1991 a 1995

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1991 a 1995.

Poble Lliure

Poble Lliure (PL) é unha organización independentista e socialista catalá. Forma parte de Esquerra Independentista dels Països Catalans, espazo dende o que defende unha estratexia de unidade popular coas restante organizacións que integrantes.

Referendo estatutario de Cataluña de 2006

O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006.

O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006. A pregunta, redactada nas dúas linguas oficiais do país (catalán e castelán) era: «Aprova o proxecto de Estatuto de autonomía de Cataluña?».

Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017. Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.