Cances, Carballo

San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 597 habitantes, sendo 292 homes e 305 mulleres.

Coordenadas: 43°14′46.1″N 8°44′27.9″O / 43.246139, -8.741083

Cances
Cances Grande
Vista do lugar de Cances Grande.
ConcelloCarballo
Poboación597 hab. (2014)
Entidades de poboación7

Xeografía

Na paisaxe destaca o monte Neme. No lugar houbo unha mina de volframio que foi explotada durante a II Guerra Mundial. No cume do monte hai un círculo lítico coñecido como a Eira das Meigas.

Historia

Existen varios restos prehistóricos, como a mámoa da Agra da Moa e o recinto castrexo do Bico do Castro. Hai varias casas nobres en Cances Grande. En Cances da Vila está a igrexa parroquial cun cruceiro e un peto de ánimas.

En Cances da Vila houbo unha importante feira, xa citada no Catastro de Ensenada, que se celebraba o terceiro sábado de mes. Lucas Labrada tamén a cita, igual que Carré Aldao, que di que vén de moi antigo, e que nela se vende gando vacún e porcino. O campo da feira pertencía á familia dos Montáns de Cances Grande. Descendentes desta familia establecéronse nas inmediacións do campo e fundaron o lugar da feira. A feira máis importante celebrábase nos meses de marzo e abril, a denominada Feira dos Bois Gordos.

Galería de imaxes

O campo de San Pedro 1, Cances

Lugar do Campo de San Pedro.

O campo de San Pedro 3, Cances

Igrexa de San Martiño de Cances.

O campo de San Pedro 5, Cances

Cruceiro no Campo de San Pedro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cances Grande, Cances, Carballo

Cances Grande é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños). Tiña 349 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 173 homes e 176 mulleres.

Cances da Vila, Cances, Carballo

Cances da Vila é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 112 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 51 homes e 61 mulleres.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Leiloio, Malpica de Bergantiños

Santa María de Leiloio é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 547 habitantes (266 homes e 281 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 757 habitantes.

Liñeiro, Cances, Carballo

Liñeiro é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 85 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 47 homes e 38 mulleres.

Minas de Varilongo

As minas de Varilongo é un conxunto de explotacións mineiras situadas en Varilongo (Santa Sabiña, Santa Comba)

O Campo de San Pedro, Cances, Carballo

O Campo de San Pedro é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 29 habitantes (11 homes e 18 mulleres).

Vilanova, Cances, Carballo

Vilanova é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 8 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 4 homes e 4 mulleres.

Vilariño, Cances, Carballo

Vilariño é un lugar da parroquia de Cances no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 53 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 23 homes e 30 mulleres.

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.