Canaval, Sober

San Pedro de Canaval é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2010 tiña unha poboación de 190 habitantes, 90 eran homes e 100 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 225 habitantes.

Coordenadas: 42°28′53″N 7°35′14″O / 42.4813, -7.5871

Canaval
Igrexa de San Pedro de Canabal, Sober, Galiza
Igrexa de San Pedro de Canaval
Canaval Sober Lugo
ConcelloSober
Poboación156 hab. (2017)
Entidades de poboación8

Lugares e parroquias

Parroquias de Sober

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Pérez García

Antonio Pérez García, coñecido como Rey, nado en Canaval (Sober) o 25 de febreiro de 1899 e finado na Habana o 5 de abril de 1965, foi un músico e político galego.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Zona especial de conservación do Río Cabe

O río Cabe é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe boa parte do treito das ribeiras dos ríos Mao e Cabe do val de Lemos, con algún otro afluente destes, así como as cabeceiras destes ríos arredor do encoro de Vilasouto. Esta área de conservación ocupa 1.787 ha. das comarcas lucenses de Sarria e Terra de Lemos; isto é, nos concellos Incio, Bóveda, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. Destaca pola vexetación de ribeira en bo estado de conservación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.