Canaán

Canaán[1] (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן , kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da faixa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Faixa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

CanaanMap
Mapa da rexión de Canaán.

Uso do termo

O marco temporal para a utilización do termo Canaán soe estar comprendido dende o ano 3000 a. C. até que os romanos, durante a súa extensa dominación, mudáronlle o nome polo de Palestina como represalia inmediata contra os hebreos tras sufocar a súa rebelión dos anos 132 a 135.

Canaán era o nome do fillo de Cam, e neto de Noé. Canaán recibiría a maldición de seu avó cando Cam, seu pai, viu a Noé bébedo e espido.[2]

No Dicionario hebreo Strong, «cananeo» recibe o significado de ‘mercador’, ‘comerciante’. «Cananeo» chega a ser símbolo de ‘mercador’ (véxase Proverbios 31:24 e Xob 41:6).

O pobo cananeo era adorador de deuses tales como El (Dagan), Baal e Asera,[3] e iso implicaba un xeito de vida repudiada polos hebreos, o que pode verse nas prohibicións do Antigo Testamento sobre render culto a ditos deuses, especialmente a Asera.

Existen outras denominacións para se referir á mesma rexión, ou partes dela, porén asociadas ás mesmas entidades xeográficas e históricas, tales como Terra de Israel, Xudá, Fenicia, Aram, Siria, etcétera. Tamén eran cananeos os fenicios e importantes cidades que fundaron no Mediterráneo occidental, como o caso de Cartago.

A Biblia , nos evanxeos de Mateo e Marcos, salienta a Simón o Cananeo, refiríndose ao apóstolo Simón (tamén coñecido coma «o celote»), un dos 12 discípulos directos de Xesús Cisto.

Historia e cultura

Canaán é unha zona cunha longa historia, que remonta a súa ocupación ás fases neolíticas máis cedas, con importantes asentamentos ao longo do tempo, coma Xericó, Ugarit, Xerusalén, iro, Sidón, Biblos, Damasco ou Gaza. Foi habitada por pobos moi diversos, como amorreos, xebuseos, hicsos, filisteos, fenicios, arameos, hebreos que por último, conquistaron a varios destes pobos para tomar posesión desta terra.

Canaán salienta pola súa cultura escrita e maila súa literatura. Nas escavacións téñense achado documentos, practicamente contemporáneos, escritos en exipcio, acadio, e dialectos semitas cananeos en distintos sistemas de escritura. Estes últimos procedementos caracterízanse por simplificar os complexos métodos estranxeiros, o xeroglífico exipcio e o silábico cuneiforme que teñen un e dous milleiros de signos, respectivamente, e con frecuencia diversas lecturas para un signo. A primeira simplificación no silabario de Biblos, que totaliza un centenar aproximado de signos diferentes.

Notas

  1. Canaán na definición de cananeo no Portal das palabras da RAG.[Ligazón morta]
  2. Xénese 9:20-27
  3. Grande Enciclopedia Rialp, artigo «Ugarit»)
Abraham

Abraham é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro do Xénese e no Corán, pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C.

O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem. Aínda que a súa muller era estéril, Deus prometeulle que da súa descendencia fariase unha gran nación, razón pola que cambiou o seu nome por "Abraham", que significa pai de multitudes. O truncado sacrificio de Isaac é unha das escenas máis representadas da súa vida nas artes, que é un dos pasaxes bíblicos máis coñecidos.

Na Xénese, o libro do Antigo Testamento que rexistra a vida de Abraham, presenta o seu papel como un individuo que debe cumprir un pacto monoteísta establecido entre el e Deus (Xehová o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh"). O Corán presenta historias sobre Abraham e os seus descendentes que son similares ás que hai na Biblia.

Aha

Aha foi o segundo faraón da I dinastía exipcia, c. 3007-2975 a. C. (segundo von Beckerath).

Chamado Atotis por Manetón, segundo Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, Teti na lista Real de Abidos e it(t) no Canon de Turín.

Manetón outórgalle 57 anos de reinado (Africano), ou 27 anos segundo (Eusebio).

Fillo de Menes, segundo Africano. Proviniente do Alto Exipto, casou coa princesa Neithotep do Baixo Exipto, a súa esposa principal, aínda que o seu fillo e sucesor, Djer, nacería dunha concubina.

Na Pedra de Palermo indícase que durante o seu reinado mantivéronse relacións comerciais con Canaán e que fixo a guerra en Nubia e Libia.

Segundo Manetón, Atotis, mandou edificar un palacio en Menfis e practicou a arte do medicamento, escribindo tratados sobre a técnica de abrir os corpos.

Alfabeto arameo

O primeiro alfabeto arameo estaba baseado no alfabeto fenicio. Progresivamente, o arameo desenvolveu o seu propio estilo de escritura máis «cadrada». Os antigos israelitas e outro pobos de Canaán utilizaron este alfabeto para escribiren as súas propias linguas. Co tempo converteuse no que hoxe coñecemos como alfabeto hebreo

A outra principal escritura do arameo desenvolveuse máis tarde: trátase do alfabeto siríaco (no que está escrito o libro da foto).

Unha versión moi modificada do alfabeto arameo, o alfabeto mandeo, foi empregada polos mandeos.

Ademais destas escrituras, usábanse moitas variantes deste alfabeto: o Nabateo en Petra, o Palmireno en Palmira.

Alto Exipto

Chámase Alto Exipto á zona sur do país, que se estende desde o sur da antiga rexión de Menfis (próxima a O Cairo), ata a primeira catarata do río Nilo (en Asuán). O nome árabe é al-Sa'īd (الصعيد), pero durante a época faraónica chamouse schmau «terra da cebada». Con todo, a rexión do delta do Nilo recibe a denominación de Baixo Exipto.

Durante o período predinástico de Exipto xurdiron dous reinos independentes: o Alto e o Baixo Exipto. Foron reunidos polo faraón Menes, do Alto Exipto, baixo o seu mando, comezando con este acontecemento a historia dinástica de Exipto.

O Alto Exipto tiña unha contorna excepcional: comprendía unha chaira moi fértil grazas aos aluvións do Nilo, e producía excedentes alimenticios. A pouca distancia, no deserto lindeiro, había oasis desde os que se organizaban expedicións aos xacementos mineiros do deserto e ás montañas do Sinaí, para obter metais e pedras preciosas.

Esta riqueza converteu o país nun punto de concentración de rutas comerciais, tanto por terra desde Nubia ao sur e o mar Vermello ao leste, a chamada ruta Uadi Hammamat, comercio que está confirmado polo achado en Abidos de ánforas de viño procedentes de Canaán. Evidentemente, tamén existía a ruta fluvial do Nilo cara ao Delta. Esta riqueza do país reflectíase na dos seus gobernantes, que empregaron parte destas riquezas nas súas tumbas.

Amurru

Os amorreos (hebreo’emōrî, exipcio Amar, acadio Amurrū (correspondente ao sumerio MAR.TU ou Martu)) foron un pobo de orixe semita constituído por tribos nómades moi belicosas que ocupou a rexión ao oeste do río Éufrates, Siria e Canaán desde a segunda metade do terceiro milenio a.n.e. No curso das súas correrías chegaron a conquistar en dúas ocasións a cidade de Babilonia. Parece ser que o rei Hammurabi pertenceu a unha dinastía de orixe amorrita.

Beirut

Beirut (en árabe بيروت Bayrūt) é a capital, cidade principal e maior porto do Líbano. Algunhas veces é chamada por seu nome en francés, Beyrouth. A cidade ten unha poboación de 1,8 millón de persoas na propia cidade e 2,1 millóns de persoas na súa rexión metropolitana. O seu nome é de orixe fenícia, Bêrūt, que significa "os pozos".

É o principal centro de comercio da rexión e algunhas veces foi chamada de a París do Leste, por súa atmosfera cosmopolita, anterior à guerra civil libanesa. Beirut pasou pola maior reconstrución dos anos recentes e irá hospedar os Xogos Francófonos (Jeux de la Francophonie) en 2009.

Hebreos

Os hebreos (do latín Hebraei e do grego antigo Hebraioi [Ἑϐραῖοι], e ambos á súa vez do hebreo ‘Ivrīm [עברים]) son un antigo pobo semita do Levante mediterráneo (Próximo Oriente) establecidos no ano 616 a. C, tamén son devanceiros dos israelitas e do pobo xudeu.A tradicional fonte de referencia para os hebreos é a Biblia, cuxo contido tamén se atopa nas escrituras hebreas da Tora. Segundo estas fontes os hebreos constitúen o grupo monoteísta inicial, que é descendente dos patriarcas posdiluvianos Abraham, Isaac e Xacob.

Segundo a Biblia e as tradicións hebraicas (orais e escritas), os hebreos foron orixinarios de Mesopotamia. Eran nómades, vivían en tendas, posuían rabaños de cabras e ovellas, utilizando asnos, mulas e camelos como portadores. Seguindo a Abraham, os hebreos emigraron cara a Canaán, a terra prometida por Deus aos descendentes do primeiro patriarca. Varias táboas descubertas en Mari certifican frecuentes migracións a través do Crecente Fértil.

Abraham é considerado o primeiro hebreo por deixar o seu Caldea natal, e atravesar "do outro lado do río" Éufrates. O patriarca e os seus asíntanse en Canaán: en Siquem (actual Nablus), Beerseba ou Hebrón. Aos poucos, mestúranse cos poboadores locais e convértense en agricultores sedentarios. O pobo de Israel era veciño doutros, como os edomitas, moabitas, amonitas e ismaelitas. O trazo distintivo dos hebreos foi a súa convicción na existencia dun único Deus (Yavé). Segundo os textos do Tanak, o pobo de Israel é elixido por Deus para a revelación de principios fundamentais (tales como o Dez Mandamentos contidos na Tora) e é co primeiro patriarca do pobo hebreo que Deus establece a súa Alianza ou Pacto, tamén coñecido como Convenio Abrahámico:

Na Biblia, Israel é o nome nacional dos hebreos. Inicialmente e na súa condición tribal, os hebreos non posuían un nome que os distinguise historicamente como grupo. O cambio do nome do terceiro patriarca, quen de "Xacob" pasa a chamarse "Israel" (Xénese 32:24 e 32:28) é reflexo o feito histórico coñecido como unión das tribos hebreas iniciais e do seu triunfo sobre os cananeos. Ou, dito doutro xeito, "hebreos" eran antes da conquista da terra de Canaán e "israelitas" chamarallos a partir de devandito acontecemento (século VI a.C.).Na actualidade, "hebreo" emprégase para designar a todo aquel que sexa membro ou descendente do pobo de Abraham, Isaac, e Xacob. Hebreo é hoxe ademais sinónimo de israelita e xudeu.Nalgúns idiomas modernos, entre eles o grego, italiano, romanés e moitas linguas eslavas, "hebreos" é empregado como etnónimo estándar de xudeus.

II milenio a. C.

O segundo milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 2000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 1001 a. C.

Idrimi

Idrimi foi rei de Alalakh sobre o -1480

Idrimi era fillo do rei Ilimilimma de Iamkhad (Khalap ou Alepo) e dunha raíña que era princesa da cidade de Emar. O reino de Ilimilimma abrazaba Alepo, e os estados vasalos de Mukish (Alalakh), Niya e Amae. Algunha cousa que pasou en Alepo ("un feito malvado" di o rei na súa biografía) obrigouno a fuxir a Emar. Os feitos non son explicados, pero é preciso supoñer que se tratou da revolta do seu pai contra o rei Barattarna de Mitanni, que pouco antes lle impoñería a soberanía; o mesmo Idrimi di que os seus antepasados fixeran tratados cos reis hurritas; a súa expulsión implicaría que a revolta foi derrotada e os hurritas se impuxeron. Unhas fontes supoñen a Idrimi e ao seu pai príncipes hurritas rebeldes, pero outros pola contra pensan que xustamente a dinastía foi derrubada pola súa oposición aos hurritas.

Finalmente logrou ser recoñecido como rei de Alalakh como vasalo. O seu reino recibiu o nome de Mushki e dominaba a zona da desembocadura do río Orontes. A capital era Alalakh. Participou nas loitas contra Kizzuwatna.

A súa biografía é coñecida por unha inscrición nunha estatua atopada nas escavacións de Alalakh (hoxe na colección do Museo Británico), que explica que foi expulsado de Alepo (supostamente por Barattarna) coa súa familia. Idrimi foi máis ambicioso que os seus irmáns máis vellos e deixou á familia en seguridade en Emar, colleu o seu cabalo e o carro e saíu para o territorio nómades suteos onde pasou unha noite, e desde alí dirixiuse a Ammia ou Ammija en Canaán, habitada polos habiru (os hebreos ?) onde atopou "nativos do reino do seu pai" que o recoñeceron como o "fillo da súa señor" e convertéronse nos seus servidores. Durante uns sete anos estivo en Ammnia, reunindo experiencia persoal e forzas ao seu carón. Ao ningún de sete anos presaxio ningún de paxaros e ovellas lle fixeron saber que chegara a hora do retorno; construíu algúns barcos nos que concentrou as súas forzas e saíu para Mukish (na desembocadura do Orontes), terra que fora de seu pai. Ao desembarcar atopou xente disposta a unirse á súa causa e que lle ofreceu agasallos e tributos. Sen loita Idrimi apoderouse de Niya, Amae, Mukish e Alalakh. Cando os seus irmáns se decataron, renovaron a amizade con Idrimi (que por causas que non se mencionan na biografía se rompera) e foron residir ao novo reino. Durante sete anos Idrimi combateu con Barattarnas, intentando recuperar Khalap, pero, ao non logralo, enviou un mensaxeiro de nome Anuanda ao rei de Mitanni no cal se chama "rei en cargo de Alalakh" e lembra os servizos anteriores da súa dinastía aos hurritas, pedindo a paz e o recoñecemento do seu dereito a ser rei. Unha vez lle foi recoñecido, foi un leal súbdito do rei hurrita. Fixo un tratado con Pilliya de Kizzuwatna, e entrou a terras hititas, que saqueou: segundo explica destruíu sete cidades Pasahe, Damarut-re'i, Hulakhkhan, Zise, Ie, Uluzina e Zaruna, sen reacción da parte do rei hitita ("o país de Hatti non foi contra min e eu podía facer o que quería"); o botín foi repartido entre os soldados e auxiliares, e entre os seus irmáns e amigos, e el mesmo recibiu unha parte; despois entrou triunfante en Alalakh. O rei coas riquezas saqueadas aumentou o seu rango e o dos seus (irmáns, familia, garda...); chamou ao país aos nómades suteos e estableceunos alí e embeleceu as cidades e non se descoidou de facer xenerosas ofrendas aos deuses. Reinou uns trinta anos e deixou no trono ao seu fillo Niq-mepa (Addunirari)

Segundo esta historia algúns quixeron ver nos habiru aos hurritas, xa que Idrimi era dunha casa de Emar, cidade gobernada por un hurrita, e, cando foi a Canaán, os habiru (que serían hurritas emigrados ao sur) recoñecérono como o fillo do seu rei.

Isaac

Isaac, segundo a Biblia, foi un fillo de Abraham e Sara. Estivo a piques de ser sacrificado a Deus polo seu pai (Áqueda, sacrificio). Tivo dous fillos, Esaú e Xacob (tamén coñecido como Israel).

Letra

Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica. Os nomes das letras son masculinos en galego. As letras divídense en vogais e consoantes segundo o tipo de son que representan.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Moisés

Moisés, (hebreo: מֹשֶׁה Moshe; árabe: موسى, Mūsā); foi un antigo bíblico líder relixioso hebreo, lexislador, profeta e historiador.

Para as relixións monoteístas Moisés é á vez o autor e principal personaxe da Biblia. Foi el, quen, baixo ditado divino, tería escrito o Pentateuco (os cinco primeiros libros da Biblia: o Xénese, o Éxodo, o Levítico, o libro dos Números e o Deuteronomio) (tería contado a súa propia historia, a dos Patriarcas, os seus antepasados, e a do pobo de Israel). É o profeta e a guía que conduce os Fillos de Israel fóra de Exipto, onde estaban reducidos á escravitude, e é pola súa man que os « prodixios divinos » (as Dez pragas de Exipto) ocorrerán para permitir a liberación do seu pobo e conducilo cara ao país de Canaán. Recibe de Deus os Dez Mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentarias (Torá escrita e Torá oral; en hebreo Toráh).

Moisés, fillo de Amram é tamén citado no Corán, co nome de Mūsā como profeta e mensaxeiro de Allah. A azora 3 do Corán titúlase A familia de Amram.

É considerado tamén un profeta pola fe Bahá'í.

Segundo a Biblia, tería nacido en Exipto de nai hebrea que o abandonou cando un Faraón ordenou que todos os recentemente nados hebreos debían ser matados; porén acabou sendo adoptado pola familia real exipcia. Xa maior, despois de matar el a un amo de escravos exipcio, escapou e viviu como pastor. Máis tarde foi enviado por Deus para librar os hebreos da escravitude. Logo das "Dez Pragas" foron soltados, e Moisés conduciunos fóra de Exipto, a través do Mar Vermello e do deserto nunha viaxe de 40 anos. A pesar de vivir 120 anos, non puido entrar na Terra de Israel (cfr. Números 20:11-12).

Nabateos

Os nabateos (en árabe : الأنباط Al-Anbaat) eran un pobo comerciante, que ocupaban o sur de Xordania e de Canaán, e o norte de Arabia, cuxas poboacións nos oasis, na época de Flavio Xosefo, deron o nome de Nabatea á rexión entre Siria e Arabia e entre o río Éufrates e o mar Vermello.

A súa capital era a cidade troglodítica de Petra, cuxas ruínas se encontran hoxe localizadas en territorio xordano.

O seu comercio desenvolvíase, principalmente, entre os oasis, nos cales practicaban unha agricultura intensiva. Eses oasis eran etapas das rutas comerciais. As fronteiras de tal conxunto son difíciles de precisar.

O emperador romano Traxano someteu aos nabateos definitivamente, incorporándoos ao Imperio, dentro do cal a súa cultura se foi difuminando e acabou por desaparecer.

Palestina (rexión)

Palestina (en Latín: Syria Palæstina, en árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do Mar Mediterráneo ata ao interior. O seu estatuto político é disputado acesamente.

A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Faixa de Gaza, a de Cisxordania, e Xerusalén Leste. Algunhas partes dispersas desta área árabe pasaron hai algúns anos a ser administradas por unha entidade autónoma, a Autoridade Palestina, mais Israel mantén o control das fronteiras .

Semitas

Os semitas forman un conxunto de numerosos pobos e culturas estendidos desde a antigüidade nun gran territorio do Próximo e Medio Oriente e o norte da Península Arábiga, que desenvolveron importantes civilizacións.

O termo semita foi utilizado por primeira vez cara a finais do século XVIII, para referirse a pobos citados na Biblia descendentes de Sem, fillo primoxénito de Noé. Na Biblia, no libro do Xénese atópase a narración do diluvio e nela está a xenealoxía na táboa dos pobos onde se fai referencia aos semitas. O termo semita, desde entón, fai referencia aos pobos de lingua semítica. Os antigos pobos de fala semítica inclúen aos habitantes de Aram, Asiria, Babilonia, Canaán (incluídos os hebreos) e Fenicia. As poboacións actuais que teñen linguas semíticas inclúen aos árabes, os xudeus, os etíopes e os arameos.

A semellanza entre os pobos semitas débese á súa orixe lingüística e cultural, xa que non se pode falar dunha raza semita. Estaban constituídos por un conxunto heteroxéneo de tipos raciais, todos eles pertencentes á antiga familia lingüística semita.

Suppiluliumas I

Suppiluliumas I foi rei dos hititas entre o 1358 a.C. e o 1323 a.C.). Acadou fama de gran guerreiro e home de estado, desafiando con éxito o daquela dominante Imperio Exipcio polo control das terras de entre o Mediterráneo e o río Éufrates.

Tahsi

Tahsi é un lugar, probabelmente unha cidade de Fenicia ou da rexión do moderno Líbano, mencionada nas cartas de Amarna. No século -XV foi dependente de Exipto, pero, a finais do século, intentou a revolta, instigada por Shuttarna II de Mitanni, sen éxito.

Xacob

Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase Santiago (nome).Xacob foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da Xénese (ou Bereshit en hebreo). Ten como nome alternativo Israel.

A súa historia comeza coa inimizade co seu irmán, Esaú. Xacob consegue que el sexa o bendicido polo seu pai, Isaac. Xacob ten que fuxir e, tras uns estraños soños, cambia o seu nome polo de Israel, ou "o que loita con Deus". Xacob acaba facendo as paces co seu irmán, o cal interprétase como o respecto das fronteiras entre as tribos de Edom e de Israel, algo que se confirmará máis tarde cando os israelitas chegan á terra prometida.

Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas tribos de Israel. Esta estirpe organizouse por Hebrón e Nablús en cooperativas agrarias. Adicándose principalmente ó pastoreo de ovellas. A seguinte historia na que o patriarca participa é a que conta como o seu fillo Xosé foi vendido polos seus irmáns como escravo a Exipto. Xosé consegue facerse co cargo de vicerrei no goberno do rei de Exipto, perdoa aos seus irmáns e trae a súa familia para Exipto, para fuxir da fame de Canaán, o cal constitúe o final do libro da Xénese.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.