Canón do Sil

Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]

Estre tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópase os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.

Coordenadas: 42°24′13″N 7°38′09″O / 42.4037247, -7.6357199

Canón do Sil
Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2006
Superficie: 5.914 ha.
Lexislación: LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo e Ourense
Concellos: Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.
Ríos: río Cabe, río Sil, río Miño
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía e xeoloxía

Orografía

A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m). Conta con encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro.

Xeoloxía

O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. No cuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle polo que flúe o río Sil.[Cómpre referencia]

Clima

O seu clima é mediterráneao-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas de nas ladeiras de solaina é mediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa como atlántico-superhúmido.

Flora e Fauna

Flora

As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en socalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son os bidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou as abeleiras (Coryllus avellana).

Fauna

As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e o espiñento (Gasterosteus aculeatus).

Hai varías especies de réptiles e anfibios, entre os que destacan destacando a ra patilonga (Rana iberica), a píntega (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagarta brava (Psammodronus algirus).

Entre as aves, están presentes o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como a aguia caudal (Hieraetus pennatus), a aguia albela (Circaetus gallicus), o miñato abelleiro (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de papuxa (Sylvia) existentes na Galiza.

Destacan entre os mamíferos o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), a xeneta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris).

Patrimonio

Patrimonio cultural

A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros.

Sendeirismo

O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da Rivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir de Santo Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".

O itinerario máis completo (22 km.) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo catamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina.

Galería de imaxes

Canón do Sil

Canón do Sil.

CanondoSil

Vista dende o interior dos canóns do Sil.

Viñedossil

Viñedos da ribeira sacra, dende o interior do canón do Sil.

Galicia.Canon Sil

Vista dende o miradoiro Balcóns de Madrid o canón do Sil.

Notas

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Canóns do Sil".

Véxase tamén

Outros artigos

Canón (xeoloxía)

En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal. Outras orixes dos canóns son:

Canóns kársticos, producidos pola incisión máis a karstificación.

Canóns asociados a fracturas, nas que tamén debe de haber karstificación ou un cambio do nivel de base.

Canóns de carácter estrutural, como as cluses.En xeral, os relevos tabulares favorecen a presenza de canóns profundos asociados a fracturas, por exemplo os karsts.

Galería de imaxes de Sober

Galería de imaxes do concello de Sober na provincia de Lugo.

Parada de Sil

Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).

Pombeiro, Pantón

San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Río Selmo

O río Selmo é un curso fluvial da Península Ibérica, que transcorre entre as provincias de Lugo e León. É afluente do Sil, pola súa beira dereita.

Río Sil

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Serra da Cabeza de Meda

A serra da Cabeza de Meda é unha serra galega de cumes arredondeados considerada decote unha prolongación da serra de San Mamede. No seu alto ten vistas ao Canón do Sil e mais ás depresión de Maceda e Monforte.

O cumio de maior altitude é a homónima Cabeza de Meda, con 1.323 metros sobre o nivel do mar.

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é soberés.

Vendima

A vendima é a acción de recoller a uva para colleitala coma alimento ou materia prima para o viño, así coma a época do ano na que se realiza. A época da vendima coincide co final do verán, en Galicia habitualmente a fins do mes de setembro e primeiros de outubro, pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores de Galicia (Ribeira Sacra, Valdeorras) a colleita faise máis cedo (finais de agosto) debido a que a maior calor estival do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lúa para decidir a data da vendima. Fóra de Galicia existe unha variedade de viño chamada viño de xeo que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do orballo, o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.

Vilachá, A Pobra do Brollón

San Mamede de Vilachá, popularmente chamada tamén Vilachá de Salvadur, é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2011 tiña 64 habitantes (139 habitantes en 1991), agrupados en catro entidades, cunha densidade media de 5,42 hab./km².

Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste. O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan".

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.