Canón de pau

O canón de pau foi un arma tipicamente de guerrilla, usada principalmente durante a Guerra da Independencia española (1808-1814), guerra que enfrontou a españois contra os exércitos napoleónicos.

Escudo de Cotobade
O canón de pau no escudo de Cotobade

Características

A arma en si tratase dun canón realizado mediante a unión de cuñas alongadas de madeira dura, coma carballo ou castiñeiro, unidas entre elas con abrazadeiras, e furadas lonxitudinalmente, realizando un canón de artillería de bastante potencia, pero moi efémero.

Normalmente, estes canóns usábanse en batidas rápidas e defensa de poboamentos onde non había posibilidade de usar artillaría típica, de bronce ou ferro, debido a falta de aparellos, ou por falta de espazo para manobrar.

Estes canóns enchíanse xeralmente de pólvora negra pra realizar o disparo, e metralla coma cravos, pedras, anacos de ferro, madeira etc, a modo de proxectís. Contaban cun alcance medio de 20 metros, onde resultaban letais, e non tiñan un peso de carga típico, xa que eran totalmente artesanais.

Ao cabo duns poucos disparos podían acabar ardendo ou rebentando, polo que non eran moi fiables, nin moi duradeiros.

O escudo do Concello de Cotobade posúe un canón de pau, en honor a defensa do poboamento realizado mediante o uso desa arma de artillería. Un caso documentado de uso destes canóns, foi na batalla de Ponte Sampaio, en xuño de 1809, onde se enfrontaron o exército napoleónico e o exército regular español, xunto ás milicias galegas.

Véxase tamén

Bibliografía

Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Observatorio astronómico de Cotobade

O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cerdedo-Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por Ángel Valverde Pampillón.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.