Campo Municipal de Santa Mariña

O Campo Municipal de Santa Mariña é un campo de fútbol situado na vila de Redondela, nel exerce como local o Club Deportivo Choco e o seu propietario é o Concello de Redondela.

Ten un terreo de xogo de herba artificial cunhas dimensións de 101 x 64 metros[1]. Conta con bancadas cubertas e unha capacidade total de 1.000 persoas[2]. Ademais, existe un segundo campo anexo de herba sintética.[3]

Coordenadas: 42°17′29.88″N 8°36′32.88″O / 42.2916333, -8.6091333

Santa Mariña
Campo do Choco
Datos
LocalizaciónEstrada do Campo de Fútbol 35, 36800 Redondela, Galicia
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións101 x 64
Capacidade1.000
PropietarioConcello de Redondela
LocalíaClub Deportivo Choco

Notas

  1. "Federación Gallega de Fútbol - Consulta de Campos". www.futgal.es. Consultado o 2016-04-09.
  2. "Club Deportivo Choco". Wikipedia, la enciclopedia libre (en castelán).
  3. Redondela mellora con herba artificial o campo anexo a Santa Mariña. Faro de Vigo
Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Club Deportivo Choco

O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.

Participa na cuarta categoría do fútbol estatal, militando no Grupo I da Terceira División e conta con arredor de 500 socios. Disputa os seus enfrontamentos coma local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva. Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.

A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo, sendo un reflexo da importancia da pesca nesta vila. Neste sentido, este animal non só da nome ao equipo senón que tamén conta cunha festa propia na localidade.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.