Campo Lameiro

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014[4]. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán[5].

Coordenadas: 42°32′32″N 8°32′34″O / 42.54222, -8.54278

Campo Lameiro
Escudo de Campo Lameiro
P1070626 Casa concello Campo Lameiro
Casa do concello.
Situacion Campo Lameiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación1.806 hab. (2018)
Área63,8 km²
Densidade28,31 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloA Lagoa
Política (2019[2])
AlcaldeJulio Sayáns Bugallo (PP)
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Outros: PorVir 2
Eleccións municipais en Campo Lameiro
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes87,81%
Na rede
http://www.campolameiro.com/
alcaldia@campolameiro.com

Poboación

Censo total 2014 1.962 habitantes
Menores de 15 anos 186 (9.48 %)
Entre 15 e 64 anos 1.146 (58.41 %)
Maiores de 65 anos 630 (32.11 %)
Evolución da poboación de Campo Lameiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.952 3.329 3.350 2.554 2.178 2.084 2.036 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Até 1916 recibía simplemente o nome de Campo, pero nese ano pasou a ser chamado Campo Lameiro para distinguilo do doutros concellos de España (o cacereño Campo, modificado nese decreto por Campo de Alcántara e Campo de Huesca, que non foi alterado).[6].

Patrimonio histórico e artístico

Campo Lameiro, Parque arqueolóxico 05-08
Laxe dos Carballos

O concello é sobre todo coñecido polos seus petróglifos. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona ao redor do ano 3200 a.n.e.. Nas terras do concello téñense atopado gran cantidade de pedras gravadas, con motivos moi diversos. A Idade de Bronce e a do Ferro que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa.

Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. Lugares como Chan de Batalla e Mal Paso lembran escenas da batalla librada contra os franceses en 1809.

Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras significativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de San Miguel do Campo, a de Santa María de Moimenta ou a de Santa Mariña de Fragas, que conserva a fachada da súa fábrica románica.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Campo Lameiro
Fragas 01-2

Fachada da igrexa de Fragas

Fragas 01-timpano

Tímpano da portada de Fragas

Fragas 01-detalle

Detalle dos capiteis de Fragas

Lugares de Campo Lameiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Campo Lameiro vexa: Lugares de Campo Lameiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. IGE
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Comarca de Pontevedra

A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2012 tiña 124.094 habitantes.

Concello de Cerdedo

Cerdedo foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. No ano 2016 fusionouse co municipio de Cotobade, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1828 habitantes (2333 en 2005). Limitaba cos concellos de Forcarei, Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cerdedense.

Fragas, Campo Lameiro

Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Julio Sayáns

Julio Gonzalo Sayáns Bugallo, nado en Moimenta (Campo Lameiro) en 1950, é un político galego do PPdeG.

Lugares de Campo Lameiro

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Campo Lameiro

Moimenta, Campo Lameiro

Santa María de Moimenta é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Campo Lameiro. Segundo o IGE de 2009 tiña 276 habitantes (154 mulleres e 122 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 328 habitantes.

Montes, Campo Lameiro

San Isidro de Montes é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 154 habitantes (80 mulleres e 74 homes), 24 menos ca en 2004. Ten tres entidades de poboación.

Morillas, Campo Lameiro

Santiago de Morillas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 51 habitantes (27 mulleres e 24 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, os mesmos que no ano 2004.

O Campo, Campo Lameiro

San Miguel do Campo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 694 habitantes (364 mulleres e 330 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 718 habitantes.

O Couso, Campo Lameiro

San Cristovo do Couso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Campo Lameiro. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (138 mulleres e 118 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 327 habitantes.

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Tenorio, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes era unha comarca histórica galega situada entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencían a esta comarca os concellos de Cerdedo e Forcarei na provincia de Pontevedra e Beariz na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca estaba integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín. Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.