Campamento romano

No Imperio Romano, unha castra (a forma plural para castrum, castri, unha fortaleza) era un campo militar romano usado polas lexións romanas. Orixinalmente, un castrum era unha fortificación celta que semella un castelo rodeado dunha muralla circular na cima dun outeiro. Os romanos usaron logo o termo para designar os seus campos militares, que eran rectangulares.

MasadaCastra
Restos dun castrum en Israel

Historia

Roman camp Aquis Querquennis, Baños de Bande, Ourense, Galicia-31
Campamento romano de Aquis Querquennis, nos Baños de Bande

Os campos romanos sempre foron edificados acorde a un certo modelo, con dous pasos principais que se cruzaban: o "Cardo Maximus", estendéndose ao norte e ao sur, e o "Decumanus Maximus" ao leste e ao oeste, dividindo o campo en catro partes iguais. As avenidas acababan en catro portais. O forum situábase na intersección do Cardo Maximus e o Decumanus Maximus.

O resto das rúas e construcións achábanse paralelas ás principais, as cales formaban un patrón de cuadrícula que se utiliza moito nas cidades.

Varios poboados en Europa xurdiron a partir de campos militares romanos e ata o día de hoxe mostran trazos dos seus modelos orixinais (por exemplo Castres en Francia, Barcelona e Lugo en España).

O Castrum foi a base do modelo empregado polos colonos españois en América, o "taboleiro" de 7 mazás de 100m por lado cunha Praza de Armas no centro preto dun río e dun outeiro defendible, seguindo estritas normas impostas pola monarquía española para a fundación de novas cidades no Novo Mundo.

Moitos pobos de Inglaterra aínda manteñen derivados da palabra castra nos seus nomes -- Lancaster, Chester e Manchester, por exemplo.

Véxase tamén

Outros artigos

A Ciadella, Sobrado

Santa María da Ciadella, antigamente Santa María da Ciadella de Curtis (en latín: sanctae Mariae Cidadelie de Curtis), é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Está situada entre as dúas actuais parroquias de Curtis: Curtis, pertencente ó concello de Curtis, e San Vicenzo de Curtis, pertencente ó de Vilasantar. Segundo o IGE en 2009 tiña 83 habitantes (43 mulleres e 40 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Por outra banda, a parroquia eclesiástica da Ciadella está integrada na de Armental (Vilasantar) do arciprestado de Sobrado, xa que foi suprimida en 1867.

Aquis Querquennis

Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por: un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era un hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d. C. No mes de setembro do ano 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.Atravesa o lugar unha ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, coñecida como Ruta da Raíña Santa, nome debido á peregrinación realizada por Isabel de Portugal, no século XIV e seguida nos séculos posteriores por numerosos camiñantes. Tal ruta coincide coa citada calzada romana Vía Nova no seu tramo inicial ata Bande e está a ser reivindicada como "camiño xacobeo" por diversas asociacións da comarca.No lugar atópase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo arqueolóxico.

Asturica Augusta

Asturica Augusta é unha evolución natural do topónimo antigo Asturica. A orixe e significado deste último deu lugar a varias teorías, sendo na actualidade un topónimo moi discutido. En época romana recibiu o sobrenome de Augusta, en honor ao emperador Augusto. Foi o nome romano da actual cidade de Astorga, na provincia de León.

A orixe da cidade parece estar relacionada cun campamento romano que se instalou no lugar no ano 25 a.C., con ocasión das Guerras Cántabras. Co Emperador Vespasiano pasou a ser capital do convento xurídico asturicense.

A estrutura urbana revela o típico plano campamental, común a outras cidades romanas, con rúas cruzadas perpendicularmente. No século III, como outras localidades hispanas, ante o perigo que supuxeran as invasións francas, rodeouse con murallas, das que subsisten bos lenzos. Non se conservaron restos de monumentos romanos.

A consideración legal da cidade é problemática, pois só aparece como res publica, a pesar de que Plinio o Vello, que a debeu visitar, a alcumou de "urbs magnifica". Tampouco se coñecen os típicos cargos municipais.

Aínda que a relixiosidade, a teor dos restos epigráficos coñecidos, mostra a coexistencia de deuses indíxenas e romanos, cabe salientar que o cristianismo estaba xa ben asentado aquí no século III. Para o efecto, unha consulta realizada arredor do ano 255 desde a próxima León (Legio) e dirixida á Igrexa de África. Na resposta evacuada desde Cartago, sinálanse as sés episcopais de Legio, Asturica, Emerita (Mérida) e Caesaraugusta (Zaragoza), o que revela a existencia dun núcleo cristián ben organizado, relacionado co Norte africano.

Bande

Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O seu xentilicio é bandés.

Bugallido, Negreira

San Pedro de Bugallido é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 213 habitantes (95 homes e 128 mulleres) -94 menos ca en 1999-, distribuídos en 9 entidades de poboación.

No lugar do Cornado hai os restos dun campamento romano.

Campamento romano da Ciadella

O campamento romano da Ciadella (ás veces chamado A Cidadela de xeito erróneo) foi un asentamento militar activo entre os séculos II e IV, sito no tramo viario entre Brigantium e Lucus Augusti, entre as actuais parroquia galegas da Ciadella (Sobrado) e Vilariño (Vilasantar). Nel mantíñanse entre 500 e 600 militares da Cohors I Celtiberorum Equitata civium romanorum, que tiña a súa sede en Lucus Augusti. Esta unidade auxiliar do exército imperial romano tivo como función a vixilancia da Vía XX, traballo que desempeñou entre os anos 123 e 395.

Campamento romano da Recacha

O campamento romano da Recacha (catálogo da Xunta GA27034121) é un campamento romano ou castellum, un recinto fortificado situado no alto dun esporón na serra de Penamarela, parroquia de Rao no concello de Navia de Suarna a 1250 metros de altitude controlando o val do río Balouta e o oriente galego. Fai de límite entre Galicia, Asturias e Castela e León. Está situado a 1700 metros en liña recta cara ao leste o campamento romano da Granda das Xarras, situado entre o concello leonés de Candín e o asturiano de Ibias. En 2011 foi identificado como campamento romano.

Ten forma irregular, adaptada ás formas do cumio do monte, cunha orientación SO-NL no eixe maior de 160 metros e no eixe menor de NL-SO duns 80 metros, cunha hectárea de superficie. Foron atopadas piquetas, tachuelas e unha pedra de asentar filos nunha escavación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Castro de Castromao, Celanova

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.

Colonia, Alemaña

Colonia (en alemán: Köln, en kölsch: Kölle) é a cuarta cidade máis grande de Alemaña despois de Berlín, Hamburgo e Múnic, e é a maior cidade no Estado Federal de Renania do Norte-Westfalia. Posúe 995.420 habitantes (2008). É unha das máis antigas cidades de Alemaña, sendo fundada polos romanos no ano 30 AC. Colonia recibiu o status de "cidade" romana no ano 50 DC.

Colonia está bañada polo Rhin. Na súa coñecida catedral, de estilo neogótico, (Kölner Dom) ten a súa sede o Arcebispado de Colonia. A Universidade de Colonia (Universität zu Köln) é unha das máis antigas de Europa e é internacionalmente recoñecida polo seu departamento de económicas. Tamén é importante para a cidade a cervexa Kölsch.

Condado de Présaras

O condado de Présaras foi un condado situado nos territorios que hoxe ocupan os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado, terras próximas ao campamento romano da Ciadella. Ten a súa orixe nas "pressurae" ou "pressura" romanas: terras desertas que se ofrecían a colonos para que fosen poboadas e traballadas. Nas orixes estas terras non dependían máis que do rei, pero foron transformándose en "comisio", pasando posteriormente a ser condados.

Fortaleza (arquitectura militar)

Unha fortaleza ou forte é un tipo de fortificación de carácter permanente deseñada per a defensa en tempos de guerra e como base militar. O termo deriva do latín fortis ("forte") igual que fortificación.A diferenza doutras fortificacións que complementan as funcións dunha construción (castelos como protección da residencia feudal, ou igrexas fortificadas per ter un lugar de abrigo da comunidade), as fortalezas teñen unha marcada función militar ó servir como base permanente dun destacamento militar.

Por outra banda, cando se fala de fortaleza, enténdese como un lugar inexpugnable e inaccesible coa tecnoloxía militar do momento. Iso fai que un campamento romano, o un castelo medieval fosen considerados fortalezas no seu tempo e perdesen esta consideración cando a tecnoloxía militar evoluciona.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

Galería de imaxes de Aquis Querquennis

Galería de imaxes de Aquis Querquennis.

Aquis Querquennis foi un campamento romano situado na parroquia dos Baños no concello ourensán de Bande, na Galiza

Lexión romana

A lexión romana (do latín legio, "leva") era a división fundamental do exército romano e estaba formada xeralmente por entre 5000 e 6000 soldados de infantaría (posteriormente 8000) e varios centos de cabaleiros e tropas auxiliares. As lexións tiñan un nome e un número e coñécense unhas 50. Habitualmente había 28 lexións máis os auxiliares.

O Cornado, Bugallido, Negreira

O Cornado é un lugar da parroquia de Bugallido no concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2015 tiña 29 habitantes (13 homes e 16 mulleres), tres menos ca en 2010 e sete menos ca en 2005.

No lugar atópanse os restos dun campamento romano.

Reserva da biosfera Gerês-Xurés

A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xerés, do Quinxo e da Santa Eufemia. Parte súa está en concellos galegos da Limia e Baixa Limia e en autarquías de Viana do Castelo, Braga e Vila Real das provincias portuguesas do Minho e Trás-os-Montes. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.

San Vicenzo de Curtis, Vilasantar

San Vicenzo de Curtis é unha parroquia que se localiza no nordés do concello de Vilasantar. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 230 habitantes (135 homes e 95 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 340 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Turín

Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.