Caminha

Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias. O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co océano Atlántico.

Coordenadas: 41°50′N 8°50′O / 41.833, -8.833

Caminha
Pt-cmn1 CMN
Bandeira Escudo
Mapa
LocalCaminha
Información
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Norte
Superficie 129,66 km2
Poboación 17.069 (2001)
Densidade 128,67 h/km²
Alcalde Júlia Costa (PSD)
Igreja Matriz Caminha
Páxina Oficial

Freguesías

O concello de Caminha está formado por vinte freguesias, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.

Poboación

Poboación do concello de Caminha (1801 – 2011)[1]
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011
9 251 12 167 15 288 15 810 16 688 15 883 16 207 17 069 16 684

Vale do Coura e Minho

Formado polas freguesías de:

  • Arga de Baixo
  • Arga de Cima
  • Arga de São João
  • Argela, Azevedo
  • Caminha-Matriz
  • Cristelo
  • Dem
  • Lanhelas
  • Moledo do Minho
  • Seixas
  • Venade
  • Vilar de Mouros
  • Vilarelho

Vale do Âncora

As súas freguesías son:

  • Âncora
  • Gondar
  • Orbacém
  • Riba de Âncora
  • Vila Praia de Âncora
  • Vil

Notas

  1. Instituto Nacional de Estatística
A Pasaxe, Camposancos, A Guarda

A Pasaxe é un lugar da parroquia de Camposancos, no concello pontevedrés da Guarda, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2014 tiña 157 habitantes (80 homes e 77 mulleres).

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Distrito de Viana do Castelo

O distrito de Viana do Castelo é un distrito portugués pertencente á provincia tradicional do Minho. Limita polo Norte e polo Leste con Galiza, polo sur co Distrito de Braga e polo oeste co Océano Atlántico. Área: 2 255 km² (o menor - 18º - dos distritos portugueses). Poboación residente (2001): 250.273 habitantes. Capital de distrito: Viana do Castelo.

O distrito de Viana do Castelo está integrado polos seguintes 10 municipios:

Arcos de Valdevez

Caminha

Melgaço

Monção

Paredes de Coura

Ponte da Barca

Ponte de Lima

Valença

Viana do Castelo

Vila Nova de CerveiraNa actual división principal do país, o distrito forma parte da Rexión Norte, onde constitúe a subrexión do Minho-Lima.

Entre Douro e Miño

Entre Douro e Miño foi unha provincia do Norte Atlántico de Portugal, composta polos actuais distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto e parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Vila Real, no tempo da monarquía portuguesa. A capital, segundo Zwölfter Theil (1824), era Braga. Esta provincia nunca foi oficialmente administrada, foi simplemente unha nomenclatura usada por algúns demógrafos, para referirse ao Noroeste de Portugal (Miño e Douro Litoral). As principais cidades son Porto e Braga, ambas consideradas (alternativamente) como capitais.

Estaba formado polos concellos de:

Distrito de Aveiro: Arouca, Castelo de Paiva, Espinho, Santa Maria da Feira.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito do Porto: Amarante, Baião, Felgueiras, Gondomar, Lousada, Maia, Marco de Canaveses, Matosinhos, Paços de Ferreira, Paredes, Penafiel, Porto, Póvoa de Varzim, Santo Tirso, Valongo, Vila do Conde, Vila Nova de Gaia.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte do Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.

Distrito de Vila Real: parte do actual concello de Montalegre, outrora pertencente ao extinto concelho de Ruivães.

Distrito de Viseu: Cinfães, Resende.Municipios recentemente formados: Vizela (no distrito de Braga) e Trofa (no distrito do Porto).

Foi Rexedor de xustiza Real nesta Comarca Vasco Martins de Resende, que era do consello do rei Afonso IV de Portugal. Foi tamén señor da terra de Resende.

Festival Vilar de Mouros

O Festival de Vilar de Mouros é un festival de música, que se realiza no verán na vila portuguesa de Vilar de Mouros, en Caminha, á beira do río Coura.

É o máis antigo festival de Portugal. A súa primeira edición data de 1971, aínda que non foi celebrado anualmente ata 1982 cando se celebrou o segundo.

Forte da Ínsua

O Forte da Ínsua é unha fortificación situada na freguesía de Moledo, no concello de Caminha, no distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

A insua de Santo Isidro está situada no esteiro do río Miño, a douscentos metros da costa.

Foz (xeografía)

Unha foz é un accidente xeográfico natural. É un esteiro pechado case en forma de ría onde se atopan as augas fluviais e marítimas.

As máis mencionadas na literatura galega son a do río Miño entre A Guarda e Caminha, a de Mugardos, a que lle dá nome á vila e ó concello de Foz ou a do río Támese.

Tamén significa paso estreito entre montañas, val estreito.

Gondar

O topónimo galego Gondar pode referirse a:

En GaliciaGondar, parroquia do concello de Lugo;

Gondar, lugar de dita parroquia;

Gondar, parroquia do concello de Sanxenxo;

Gondar de Abaixo, lugar de dita parroquia;

Gondar de Arriba, lugar de dita parroquia;

Gondar, lugar da parroquia de Dimo, no concello de Catoira;

Gondar, lugar da parroquia de Aldosende, no concello de Paradela;

Gondar, lugar da parroquia do Monte, no concello de Xove;En PortugalGondar, freguesía do concello de Amarante;

Gondar, freguesía do concello de Caminha;

Gondar, freguesía do concello de Guimarães;

Gondar, freguesía do concello de Vila Nova de Cerveira.En EtiopíaGondar, cidade de Etiopía.Amais, como apelido pode referirse a:

Marcial Gondar, antropólogo galego (n. 1948).

Hostias para todos

Hostias para todos é o segundo álbum de estudio da banda galega de garage punk Terbutalina, publicado en 2012. E considerabelmente máis curto co anterior disco, con tan só 7 pistas.

Foi gravado en Hertzcontrol Studios (Caminha, Portugal) e mesturado por Manelson Studios.

Illa Ínsua

A Ínsua é unha insua portuguesa, que se atopa na desembocadura do río Miño, na fronteira norte entre Portugal e España, na praia de Moledo no condado de Caminha distrito de Viana do Castelo.

É unha illa de granito cunha área de aproximadamente 400 metros de norte a sur. Está situada máis precisamente no lado sur da desembocadura do río Miño, a 3´2 km (O.SO.) de Caminha e a 350 metros da costa. Periodicamente é posible pasar a pé á Ínsua desde a beira portuguesa.

A Ínsua estivo repetidamente unida a terra, datando de 1575 a primeira conexión documentada, repetida en 1582, 1629, 1708, 1895 e 1947.

Ocupando a maior parte, nela atópase o Forte da Ínsua, clasificado polo IPPAR como Monumento Nacional. Dentro da fortaleza, había varias fontes e existe un pozo de auga doce.

Minho-Lima

O Minho-Lima é unha subrexión portuguesa que forma parte da Rexión Norte, e corresponde integramente ao Distrito de Viana do Castelo. Limita ao norte con Galiza, ao sur co Cávado e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 2255 km² e conta cunha poboación (2001) de 250.273 individuos.

Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, tal vez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.

Ponte de Lima

Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Provincia de Miño

O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.

Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.

Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.

Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.

Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).

Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.

Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.

Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Viana do Castelo

Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias. O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia. Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo. No século XX foi un dos máis importantes portos da pesca de bacallau.As freguesías de Viana do Castelo son: Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.

É tamén sé da Associação Juventude de Viana de hóckey a patíns.

Forma parte do Camiño Portugués e foi o lugar de nacemento de Cláudio Basto e Quim Barreiros.

Vila Nova de Cerveira

Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.

É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías. O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

As freguesías de Vila Nova de Cerveira son:

Campos

Candemil

Cornes

Covas

Gondar

Gondarém

Loivo

Lovelhe

Mentrestido

Nogueira

Reboreda

Sapardos

Sopo

Vila Meã

Vila Nova de Cerveira

Vilar de Mouros, Portugal

Vilar de Mouros é unha freguesía portuguesa do concello de Caminha, con 9 km² de área e 753 habitantes (2011). Está atravesada polo río Coura.

Desde 1971 celébrase nela o Festival de Vilar de Mouros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.