Camilo de Dios Fernández

Camilo de Dios Fernández, nado en Sandiás en 1933, é un antigo guerrilleiro antifranquista, sindicalista e político galego.

Camilo de Dios Fernández
Nacemento1933
 Sandiás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

A súa nai Carmen Fernández Seguín actuaba de enlace para a oposición antifranquista logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 contra o goberno da II República, o seu pai estivo fuxido no monte, e o propio Camilo comezou a actuar tamén de enlace aos 13 anos. En 1948 incorporouse á loita armada contra o réxime no seo da 2ª Agrupación Guerrilleira, participou no ataque á fábrica de armas da Coruña. En xullo de 1948 formou nun grupo ao mando de Juan Sorga que intentou liberar aos líderes guerrilleiros condenados a morte que agardaban na cadea coruñesa, mais a captura de dous enlaces levou ao fracaso da operación. O 18 de marzo de 1949 foi ferido nun enfrontamento coa Garda civil en Ourense, detido e condenado a morte nun consello de guerra que se celebrou na Coruña, pero as autoridades conmutáronlle a pena pola de 30 anos pola súa pouca idade. Pasou a maior parte da súa condena en El Dueso e en 1959 as autoridades liberárono. Nos anos sesenta participou na organización das Comisións Campesiñas na comarca da Limia e na reorganización do PCE na provincia de Ourense. Foi detido en maio de 1971 acusado de propaganda ilegal[1]. Foi concelleiro en Sandiás e Xinzo de Limia.

O seu testemuño aparece nos documentais A cidade da selva de Pilar Faxil e Helena Villares, Bandoleiros ou guerrilleiros de José Sanmartín e Alfredo García Pinal e en Camilo: o último guerrilleiro de Galicia.

Notas

  1. La Vanguardia, 26-5-1971, p. 11.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais.
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 56. ISBN 84-8485-231-8.

Ligazóns externas

Amador Barcia

Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas) en 1917 e finado o 23 de febreiro de 2007 na cidade da Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Antonio Ulloa Regueiro

Antonio Ulloa Regueiro, coñecido como Torallo, nado en Torallo (parroquia de Agüeira, Becerreá) en 1905 e finado en 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Arturo López Delgado

Arturo López Delgado, Arturín, nado en Correxais (Vilamartín de Valdeorras) e finado o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Benjamín García Diéguez

Benjamín García Diéguez, O Largo, nado en Barbeitos (Negrelos, Rodeiro) en 1916 e finado en Pontevedra en 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Eduardo Pérez Vega

Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Francisco Martínez Leira

Francisco Martínez Leira, Pancho, nado en Bufarda (Ombre, Pontedeume) o 21 de decembro de 1916 e finado en Ombre o 31 de decembro de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Doldán

José Doldán Don, coñecido como Daniel, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 18 de agosto de 1912, e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José María Díaz Pan

José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Oleiros e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Neira Fernández

José Neira Fernández, O Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) en 1909, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Juan Sorga

Juan Sorga Rodríguez, nado en Cortegada (Sarreaus), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lisardo Freixo

Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Agrasar Cajaraville

Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, nado en Padrón e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Castro Tellado

Manuel Castro Tellado, nado en Mosteiro (Pol) e finado en Castro de Rei o 13 de xaneiro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Díaz Pan

Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Manuel García Rodríguez

Manuel García Rodríguez, Porco, nado en Langullo (parroquia de Cesuris, Manzaneda) e finado en Ourense o 3 de setembro de 1959, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Pena Camino

Manuel Pena Camino, coñecido como Flores, nado en Castro (Mesía) en 1909 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Simón Campos

Manuel Simón Campos, Xanote, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Salvador Valcárcel Montenegro

Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Segundo Vilaboy Martínez

Segundo Vilaboy Martínez, nado en Ferrol o 28 de novembro de 1918 e falecido na mesma cidade o 19 de decembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Guerrilleiros
antifranquistas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.