Camilo Veiga Prego

Camilo Veiga Prego, nado o 25 de novembro de 1905 en Bouzas, Vigo, e finado o 2 de setembro de 1978, perito mercantil, foi un filántropo galego.[1]

Camilo Veiga Prego
Nacemento25 de novembro de 1905.
 Vigo.
Falecemento2 de setembro de 1978 (72 anos).
NacionalidadeGalega.
OcupaciónPerito mercantil.

Traxectoria

Fundou e presidiu a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo e foi presidente do Círculo Mercantil de Vigo dende 1957 ata 1979.[2]

O seu concello adicoulle o nome dunha rúa en Bouzas en 1983.[3]

Notas

  1. "Don Camilo, entre el Mercantil y la ópera " Faro de Vigo (en castelán).
  2. Retrato de Camilo Veiga no Círculo Mercantil de Vigo.
  3. 42°13′21.1″N 8°45′5.7″O / 42.222528, -8.751583

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Movemento esperantista en Vigo

Vigo ten destacado entre as cidades de Galiza polo seu movemento esperantista. O seu grupo de esperanto mantívose durante máis tempo que calquera outro de Galiza. En Vigo tiveron lugar dous Congresos Españois de Esperanto, en 1972 e 1986, e a cidade posúe nunha parte bastante céntrica unha Rúa do Esperanto inaugurada en ocasión do Día de Zamenhof en 1987. Na historia do seu movemento esperantista destacou Xulio Bueno Cortés (1903-1988), auténtica alma do grupo local Paco kaj Amo. Este grupo mantivo longas relacións coa comunidade esperantófona do Porto.

Na actualidade o grupo Paco kaj Amo xa non existe, aínda que as e os esperantistas vigueses permanecen en contacto e reúnense con certa frecuencia. Na cidade teñen lugar cursos de esperanto de varios niveis.

Onomástica do rueiro de Vigo

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.