Camilo Seira

Camilo Rodríguez Vidal, coñecido no eido da arte como Camilo Seira,[1] nado o 8 de decembro de 1974 en Seira (Rois), é un escultor, entallador e pintor galego.

Camilo Seira
Camilo Seira
en abril de 2015
Nacemento8 de decembro de 1974
 Seira, Seira, Rois
NacionalidadeEspaña
EidoEscultura, pintura e talla de madeira
Influenciado porFernando García Blanco
InfluenciadoFrancisco Asorey

Traxectoria

Entre os anos 1993 e 1994 empezou como aprendiz e axudante no taller do escultor compostelán Fernando García Blanco, discípulo de Francisco Asorey.

Graduouse en Artes Aplicadas, na especialidade de Técnicas de Volume, na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela.[2] Licenciouse en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Entre os anos 2004 e 2006 exerce como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio.

Ten paixón e unha especial sensibilidade pola natureza e os animais, este sentimento aparece plasmado de forma patente na súa obra.[1][3]

Ten vinte e cinco monumentos distribuídos por Galicia.[4]

Galería de imaxes

A sementeira, en Padrón.
A sementeira, en Padrón
O farmacéutico Manuel Baltar, en Padrón.
O farmacéutico Manuel Baltar, en Padrón. 
Monumento ó peregrino, en Padrón.
Monumento ó peregrino, en Padrón. 
O carro, na praza da Leña, Padrón.
O carro, na praza da Leña, Padrón. 
Homenaxe ó ciclista, en Estramundi, Padrón.
Homenaxe ó ciclista, en Estramundi, Padrón. 
Homenaxe á traiñeira Manuela, en Rianxo.
Homenaxe á traiñeira Manuela, en Rianxo. 
A Bela Otero, en Valga.
A Bela Otero, en Valga

Notas

  1. 1,0 1,1 Breve biografía do escultor, no blog de Camilo Seira (en castelán).
  2. Logo chamada Escola de Arte e Superior de Deseño
  3. Camilo Seira expone en Madrid sus últimas creaciones, en El Correo Gallego (en castelán).
  4. Esculturas realizadas con bosta de vaca, en El Mundo (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Bela Otero

Agustina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como a Bela Otero ou Carolina Otero, nada na parroquia de San Miguel de Valga do concello pontevedrés de Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega afincada en Francia e un dos personaxes máis destacados da Belle Époque francesa nos círculos artísticos e na vida galante de París.

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Galería de imaxes de Antón Fraguas

Galería de imaxes de Antón Fraguas.

Lista de artigos de Antón Fraguas

Esta é unha lista de artigos de Antón Fraguas publicados en xornais e revistas especializadas. Antón Fraguas publicou máis de 1.300 artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra, Logos, Lar, Vida Gallega, Dorna, Outeiro, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, O Correo Galego etc.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.