Camilo Gonsar

Camilo González Suárez-Llanos, chamado artisticamente Camilo Gonsar, nado en Sarria o 12 de agosto de 1931 e finado en Vigo o 9 de novembro de 2008, foi un escritor galego.

Camilo Gonsar
Nacemento12 de agosto de 1931
 Sarria
Falecemento9 de novembro de 2008
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor

Traxectoria

Despois de estudar o bacharelato en Vigo, cursou as carreiras de Filosofía e Dereito en Madrid, experiencia que retratou na súa primeira novela, Como calquera outro día, publicada en 1962.Escribiu o seu primeiro relato, Lonxe de nós e dentro, un ano antes de publicar esta obra, viviu un tempo en Londres, onde realizou distintos traballos, algúns deles na hostalaría, e despois na Universidade de Syracusa (Nova York). Dende 1964 traballou como profesor de instituto (de filosofía) en Lugo, Barcelona, Cangas, Pola de Siero ou finalmente Vigo, onde residiu ata a súa xubilación e posteriormente.

O 14 de decembro de 2002 ingresou na Real Academia Galega, cun discurso titulado "Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo", que foi respondido por Xosé Luís Franco Grande.

Obra en galego

Gonsar foi incluído na corrente experimentalista e renovadora da Nova Narrativa Galega, en especial a partir da súa obra máis coñecida, Cara a Times Square (1980), onde o narrador conta o seu camiñar sen rumbo pola cidade de Nova York á noite.

Narrativa

  • Lonxe de nós e dentro, 1961, Galaxia (relatos).
  • Como calquer outro día, 1963, Galaxia (ed. revisada 2005 co título de Como calquera outro día) (novela).
  • Cara a Times Square, 1980, Galaxia (novela).
  • A desfeita (semirreportaxe), 1983, Xerais (novela). Premio da Crítica Española. Publicado en castelán como Debacle por Trea (Xixón) no 2003, traducida por Xavier Rodríguez Baixeras.
  • Cemento e outras escenas, 1994, Nigra (narrativa). Traducida ao castelán polo propio autor en 1999.[1]
  • Arredor do non, 1995, Edicións do Cumio (narrativa).
  • A noite da aurora, 2003, Galaxia (novela).
  • Relatos completos 1961-1995, 2008, Galaxia (reúne a obra curta anterior, con limiar de Manuel Forcadela).

Ensaio

  • Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo, 2002, Real Academia Galega.

Obras colectivas

Obra en castelán

Narrativa

  • Luz del Príncipe-Sol (cuatro relatos de segundo grado), 1996, Nigra.

Notas

  1. "Hacia Times Square". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2008

2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

Foi designado:

O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.

Ano Internacional das Linguas.

Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.

Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU.

Ano Europeo do Dialogo Intercultural.

Ano Internacional do Saneamento.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Cara a Times Square

Cara a Times Square é unha novela de Camilo Gonsar publicada en 1980. O autor nesta obra recorre ó artificio do "relato atopado" que el só se limita a editar (neste caso despois de traducilo do inglés). Na novela tece un discurso ambiguo, alucinado, con sentido de alegoría aberta que procura a reflexión do lector.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Nova narrativa galega

A etiqueta nova narrativa galega designa a produción dun grupo de narradores galegos que publican dende a década de 1950 e durante as seguintes dos 60 e dos 70, ata 1980, ano de publicación de Cara Times Square de Camilo Gonsar; segundo analiza Manuel Forcadela . Porén, moitos persoeiros consideran que en realidade o movemento remata xa no ano 1971 coa publicación de Adiós, María por Xohana Torres.Adoitan considerarse integrantes seus tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, Gonzalo Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán e Xohán Casal, aínda que algún expertos engaden máis autores. Carlos Casares, Xavier Alcalá e Lois Diéguez tamén contarán cunha primeira etapa creativa cuxa estética e procedementos encaixarán na Nova Narrativa Galega.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.