Camilo Díaz Baliño

Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889[1] e asasinado en Saa, Meixide, Palas de Rei, o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.

Camilo Díaz Baliño
Camilo Díaz Baliño con Isaac Díaz Pardo en 1925
Camilo co seu fillo Isaac
Nacemento14 de xullo de 1889
 Ferrol
Falecemento14 de agosto de 1936
 Saa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, escritor, cartelista, debuxante e escenógrafo
CónxuxeAntonia Pardo Méndez (7/5/1887-4/12/1938)
Fillostres: María, Mercedes e Isaac
IrmánsIndalecio Díaz Baliño, Ramiro Díaz Baliño e Lolita Díaz Baliño
InfluíuMario Granell
Camilo Díaz Baliño sinatura

Traxectoria

Foi fillo de Germán Díaz Teijeiro, natural e veciño de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol. Camilo estudou en Ferrol no Colexio Dequidt e alí compartiu aulas con Francisco Franco. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola Deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. Participou na Exposición Rexional de 1909, na que obtivo medalla de ouro. En 1916 iniciou a súa relación profesional co empresario de cines Isaac Fraga. Participou na Exposición Rexional de Arte Galega celebrada na Coruña en 1917. En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. Participou na Exposición Rexional Galega de Belas Artes de Santiago de 1923. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade. De xaneiro a maio de 1931 a Coral de Ruada fixo unha rolda de concertos por Arxentina, Uruguai e Brasil na que Díaz Baliño foi o escenógrafo. Participou na Exposición de Arte Galega celebrada no Colexio de San Clemente no verán de 1926.

Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918 e do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e militante do Partido Galeguista (1931). Fixo relatos e ocasionalmente poesías que apareceron publicados na prensa galega da época, sobre todo en A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico.[2] Deseñou a capa de varios libros, entre eles as obras publicadas na colección Lar. Da súa imprenta tamén saíu o cartel en prol do 'si' no plebiscito de 28 de xuño de 1936 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[3]

Pertenceu á masonería, que foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da Milicia dos Cabaleiros da Coruña e da Brigada de Investigación e Vixianza.[4]

O galpón da Tumbona
En 1921 no pendello que construíran na horta da Casa da Tumbona, que servía de taller de escenografía. Camilo, axeonllado, ten a Isaac no colo e sentada no chan a carón está a pequena Mercedes.

Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, nos baixos do Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro ilustrou un álbum no que debuxou os seus vinte e seis compañeiros,[5] foi o seu derradeiro traballo. Despois de estar unhas horas no cárcere de Arzúa, tres falanxistas,[6] o Solla, o Xerpe e o Baluxa,[7] asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, cando contaba con corenta e sete anos de idade.[8] O seu cadáver apareceu, canda o de Sixto Aguirre, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide.

Hai obra súa no Museo do Pobo Galego, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, no Museo Provincial de Lugo e no Museo Provincial de Pontevedra.

Vida persoal

Foi irmán dos tamén artistas Indalecio (1896-1952), Ramiro (1902-1972) e María Dolores Díaz Baliño (1905-1963).[3] En 1909 casou con Antonia Pardo Méndez, coa que tivo tres fillos: María del Milagro Antonia "Marujita" (1911-1917)[9][10], Mercedes "Chita" (1916) e Isaac (1920-2012). Antonia, de familia anarquista, compartía o ideario galeguista de Camilo e afiliouse ás Irmandades da Fala. Tralo fusilamento do seu marido, perdeu a consciencia e finou de cancro dous anos despois que o seu marido, en decembro de 1938[11].

Obra bibliográfica

Outros libros ilustrados por Camilo Díaz Baliño

Oro de la amanecida de Manuel Fuentes Jorge, 1920
A tentación, ensaio de poema representabre en dúas xeiras, Euxenio Carré Alvarellos, Litografía e Imprenta Roel, Coruña, 1921
Céltiga Antón Villar Ponte Almas Mortas facsímile
Quiso robar una estrella de Manuel Ortiz Novo, 1923
Lubicán de Armando Cotarelo Valledor, Santiago, El Eco, 1924
La tumba del Apóstol Santiago de Manuel Vidal Rodríguez, Santiago, 1924
01 A miña muller. Wenceslao Fernández Flórez. Lar. 1924
Galicia, voto en cortes de Manuel Silva Ferreiro, Santiago, 1925
Paisaxes de Manuel Posse Rodríguez, Santiago, El Eco Franciscano, 1925
O fidalgo, drama en tres autos, verso galego por Xesús San Luís Romero, 1925
Da vella roseira de Victoriano Taibo, 1925
Santiago de Compostela El Sol ca 1925
El Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago, M. Vidal Rodríguez, 1926
El Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago, M. Vidal Rodríguez, 1926, album de fotografías
Nubes y sombras de Salvador García-Bodaño, La Coruña, Moret, 1927
Hojas del corazón de Salvador García-Bodaño, La Coruña, Moret, 1928
A volta do bergantiñán de Xesús San Luis Romero, A Cruña, Editorial Nós, 1928
Vagalumes, verso galego. Xosé Manuel Cabada Vázquez. 1931
Como los pájaros cantan de Luciano García Rodríguez, Santiago, 1931
Estatuto de Galicia, Camilo Díaz Baliño, Litografía e Imprenta Roel, Coruña, 1932
O poema da Cruña de Xosé Rubinos Ramos, Santiago de Compostela, Editorial Nós, 1933
Santiago de Compostela Guia del peregrino y del turista-5a ed R Lopez 1933
Fiestas Patronales Santiago de Compostela Julio 1947

Legado

O seu fillo, Isaac Díaz Pardo, que tiña quince anos cando mataron o pai, reuniu parte da súa obra no Instituto Galego de Información, fundado en 1977 e pertencente ao Grupo Sargadelos. O fondo foi cedido despois, para a súa clasificación, custodia e difusión, á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia[13] e pode consultarse na biblioteca virtual Galiciana.[5] Está composto por arredor de 200 fotografías, relatos, unha pequena biblioteca e 10 álbums que recollen toda a súa actividade profesional en América, ademais dun centenar de cartas e documentos persoais. Destacan tamén os debuxos realizados na cadea.

Recoñecementos

A cidade de Ferrol fíxolle unha homenaxe en 1959, colocando o seu busto en bronce no Cantón de Molíns. Unha praza de Santiago de Compostela, diante da estación de autobuses, e unha rúa de Oleiros, levan o seu nome.

O escritor Manuel Rivas evocou a estadía dos represaliados no cárcere do Pazo de Raxoi no seu libro O lapis do carpinteiro (1998, Xerais), novela da que se faría a película homónima, estreada en 2003, dirixida por Antón Reixa, na que Carlos Blanco Vila interpreta a Gonzalo Rincón, o pintor.

En 2018 dedicóuselle o Día da ilustración a Camilo Díaz Baliño.[14]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Camilo Díaz Baliño.
Camilo Díaz Baliño 1930

Camilo Díaz Baliño, retrato en Vida Gallega, 1930.

Cartel Coral de Ruada por Camilo Díaz

Cartel da Coral de Ruada, 1931.

Camilo Díaz Baliño Estatuto de Galicia, sí

Cartel a prol do Estatuto de Galicia de 1936.

Sixto de Rianxo por Camilo Díaz Baliño

Retrato de Sixto Aguirre cando estivo no cárcere de Santiago.

Ferrol - Cantón de Molíns y Alameda de Suanzes 06

Busto en Ferrol.

Notas

  1. A Colección Lar está composta por 40 títulos, coa mesma cuberta, mudando a cor.
  2. Probablemente a edición correspondese á tenda de obxectos de escritorio El Sol, propiedade de Román López López. O libro é un álbum de fotografías de 29x23 cm, en ocogravado, de 40 páxinas máis unha páxina dobre, con imaxes de Compostela.
  3. Editouse en dous volumes, o segundo é un álbum con 29 láminas fotográficas en b/n.
  4. A portada foi impresa por Roel, pero as páxinas interiores, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía «El Eco de Santiago».
  5. A portada contén un debuxo de Camilo Díaz de 1915 (segundo pon baixo a súa sinatura), que foi impreso orixinalmente por Ferrer, aínda que a portada do 47 foi impresa na "Imprenta Paredes", en Santiago. Este mesmo debuxo aparece publicado en El Ideal Gallego do 25 de xullo de 1923 cunha breve explicación (Galiciana).
Referencias
  1. Certificado de nacemento
  2. Vilavedra 1995, p. 173.
  3. 3,0 3,1 Mogo, Arturo (10/2/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5.
  4. Mera Costas, Pilar (2014). Perseguidos en el limbo. La primera represión de la masonería gallega (1936-1939) (en castelán). Historia Actual Online. pp. 93–105. ISSN 1696-2060.
  5. 5,0 5,1 Obras de Camilo Díaz Baliño en Galiciana.
  6. Gómez, Joel (30/1/2018). "Luís Pasín: «As ilustracións de Camilo Díaz Baliño no cárcere evidencian un gran artista»". La Voz de Galicia.
  7. Montero, Tamara (30/1/2018). "Camilo Díaz Baliño: o ilustrador da simboloxía de Galicia". La Voz de Galicia.
  8. "Camilo Díaz Baliño" Ficha en Nomes e Voces.
  9. "Ecos de Sociedad. Bautizo". El Eco de Galicia (en castelán) (A Coruña). 25/4/1911. p. 1.
  10. "Esta madrugada subió al cielo...". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 11/4/1917. p. 3. Esta mañana subió al cielo, a los seis años de edad, la niña Marujita Díaz, hija de nuestro querido compañero, el redactor artístico, Don Camilo Díaz Valiño
  11. "Necrolóxica de Antonia Pardo Méndez". Hoja Oficial del Lunes (en castelán) (A Coruña). 5/12/1938. p. 3.
  12. Iglesias, Xabier: Conto de guerra en Os libros de Ánxel Casal, 1/4/2016.
  13. Alvarellos, Quique (22/1/2017). "O galpón da Tumbona". La Voz de Galicia (en castelán).
  14. "Día da Ilustración 2018" Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

14 de agosto

O 14 de agosto é o 226º día do ano do calendario gregoriano e o 227º nos anos bisestos. Quedan 139 días para finalizar o ano.

14 de xullo

O 14 de xullo é o 195º día do ano do calendario gregoriano e o 196º nos anos bisestos. Quedan 170 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Díaz Baliño

O apelido Díaz Baliño pode referirse a algún dos oito fillos de Germán Díaz Teijeiro (Ortigueira, 04/12/1858 - A Coruña, marzo de 1929) e Camila Melitona Baliño López (Ferrol, 12/02/1865 - A Coruña, xaneiro de 1929), dos que varios se dedicaron a diferentes manifestacións artísticas, entre eles:

Camilo Díaz Baliño (1889-1936), escritor, pintor, escenógrafo e artista gráfico;

Indalecio Díaz Baliño (1896-1952), delineante e escultor;

Ramiro Díaz Baliño (1902-1972), comerciante e siluetista;

Lolita Díaz Baliño (1905-1963), pintora e profesora.

Galería de imaxes de Camilo Díaz Baliño

Galería de imaxes de Camilo Díaz Baliño (Ferrol 1889 - Palas de Rei 1936), escritor, pintor, escenógrafo e artista gráfico galego.

Galería de imaxes de Isaac Díaz Pardo

Galería de imaxes de Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920 - A Coruña 2012), intelectual, escritor e artista galeguista.

Gráfica (A Coruña)

Gráfica foi unha revista editada na Coruña en 1922.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Lar (editorial)

Lar foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño.

Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.

Manuel Vidal Rodríguez

Manuel Carlos Vidal Rodríguez, nado en Maceda en 1871 e finado en Compostela o 3 de maio de 1941, foi un sacerdote, docente, escritor e investigador galego.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Modesto Pasín Noya

Modesto Pasín Noya, nado en Pontevedra o 17 de outubro de 1903 e executado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político e sindicalista galego.

O anarquista

O anarquista (novela orixinal e inédita) é unha novela de Leandro Pita Romero, escrita por Pita en castelán e traducida ao galego por Leandro Carré Alvarellos para a súa publicación, o 20 de decembro de 1924, na revista-editorial Lar. Levou a capa propia de toda a colección, deseñada por Camilo Díaz Baliño e saíu das prensas de Moret, A Coruña.

Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Ramiro Díaz Baliño

Ramiro Díaz Baliño, nado na Coruña o 15 de maio de 1902 e falecido o 18 de abril de 1972, foi un comerciante e siluetista galego, irmán de Camilo Díaz Baliño.

Ser (revista)

Ser foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1935 e 1936.

Sixto Aguirre

Sixto de Aguirre Garín, nado en Rianxo o 1 de setembro de 1901 e finado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, foi un médico e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.