Camille Pissarro

Jacob Abraham Camille Pissarro, nado en Charlotte Amalie, San Tomé, Illas Virxes, o 10 de xullo de 1830 e finado en París o 13 de novembro de 1903, foi un pintor impresionista francés.

Camille Pissarro
Camille Pissaro et sa femme Julie Vellay en 1877 à Pontoise
Pissarro coa sùa muller no ano 1877.
NomeCamille Pissarro
Nacemento10 de xullo de 1830
 Charlotte Amalie
Falecemento13 de novembro de 1903
 París
NacionalidadeFrancia e Dinamarca
Cónxuxe(s)Julie Vellay
FillosLucien Pissarro, Félix Pissarro, Georges Manzana-Pissarro, Paul-Émile Pissarro, Ludovic-Rodo Pissarro e Jeanne Bonin-Pissarro
Eidopintura
Movementoimpresionismo
Deux femmes causant au bord de la mer, Saint Thomas (Camille Pissarro) – NGA 1985.64.30 – Signature

Biografía

Camille Pissarro naceu o 10 de xullo de 1830 na illa San Tomé, unha das Illas Virxes Estadounidenses, entón posesión danesa, onde os seus pais posuían unha empresa de ferraxería no porto de Charlotte Amalie (capital das Illas Virxes), o que lle confire a nacionalidade danesa que gardará toda a súa vida [1]. O seu pai Frédéric, de orixe portuguesa pero nado en Bordeos, é de nacionalidade francesa [2]. En 1842, aos doce anos, sae estudar a Francia en Passy (cidade que pasou a ser parte de París), na pensión Savary, despois volve no ano 1847 á súa illa natal onde quedará cinco anos traballando no comercio familiar.

En 1852, vaise a Caracas, en Venezuela, cun amigo, Fritz Melbye, artista danés que deixou unha pegada importante no seu destino. Queda alí ata 1854 a pintar e debuxar, logo volta a San Tomé un ano á empresa familiar.

A mediados de setembro do ano 1855, ano da Exposición Universal en París, desembarca na capital francesa para estudar. Nunca máis volverá ás Américas. En París, enfrontouse coa complexidade do mundo artístico, cos seus salóns, as súas exposicións, as súas academias, as súas eleccións e as súas contradicións. A súa situación económica é difícil. Pinta letreiros para sustentar a súa familia.

Traxectoria

Impressionism pissaro
Pissarro

Antes de establecerse en Francia, viaxou a Caracas (1852), acompañado do seu mestre o pintor dinamarqués Fritz Melbye, adicándose plenamente á pintura, realizando paisaxes e escenas de costumes.

En 1855 trasladouse a París, onde asistiu á Escola de Belas Artes e á Academia de Jules Suisse. Alí estuda co paisaxista francés Camille Corot e traba amizade con Claude Monet, Cézanne e Guillaumin. Claude Monet e Pisarro coincidiron en Londres, onde coñeceron a Durand-Ruel (1831-1922), quen se converteu a partir dese intre no marchante "oficial" do grupo. Pisarro e Monet fixeron en Londres estudos de edificios envolvidos en néboas.

O seu estilo nesta época é bastante tradicional. Asóciaselle coa Escola de Barbizon, aínda que pasado algún tempo decide integrarse no impresionismo. Ao volver a Francia logo da súa estancia en Londres participa plenamente no movemento impresionista, sendo cofundador del e o único que participa nas oito exposicións do grupo (1874-1886).

Durante a Guerra franco-prusiana, (1870-1871), volve residir en Inglaterra, onde estuda a arte inglesa e en especial as paisaxes de William Turner. Nos anos 80 experimenta co Puntillismo influenciado polos neoimpresionistas Seurat e Signac, cos que se atopa en 1885, pero abandona esta técnica a partir de 1889 por considerar que require investir unha grande cantidade de tempo na realización de cada lenzo [3]. Produce escenas rurais de ríos e paisaxes; escenas de rúa en París como A rúa Saint-Honoré despois do mediodía. Efecto de choiva [4].

Atraído pola terra e influenciado por Degas e polos seus retratos de obreiras parisinas [3], pintou a vida rural francesa, en particular paisaxes e escenas representando persoas traballando no campo, aínda que sen se preocupar tanto por describir os xestos nin as poses relacionadas coas tarefas [3]. Do período chamado de Pontoise (1872-1884, aproximadamente) datan as súas mellores obras inspiradas en Monet e Cézanne: A sega en Montfoucault (1876), Os tellados vermellos (1877), Primavera en Pontoise (1877). Tras un período neoimpresionista, volve ao lirismo e ao esplendor cromático do impresionismo. Tamén son famosas as súas escenas de Montmartre.

En 1895, un empeoramento da enfermidade ocular que padecía obrígalle a pintar paisaxes urbanas de París desde a fiestra da súa casa: Avenida da Ópera, Xardín das Tullerías e Efecto de neve.

A obra de Pissarro, que abarca todos os xéneros, está representada no Museo de Orsay de París e en case todos os museos de arte moderna do mundo. Como profesor tivo como alumnos a Paul Gauguin, Paul Cézanne, o seu fillo Lucien Pissarro e a pintora impresionista estadounidense Mary Cassatt.

Galería de obras

Camille Pissarro - Dans le jardin des Mathurins, Pontoise - 503

O xardín de Pontoise (1877)

Camille Pissarro - Rue Saint-Honoré, dans l'après-midi. Effet de pluie

A rúa Saint-Honoré despois do mediodía. Efecto de choiva

The Artist's Daughter by Camille Pissarro 1872.jpeg

A sùa filla

Pissarro Self portrait DMA 1985-R-44

Autorretrato (1897-1898)

Camille-Pissarro-La Charrue

litografía (1901)

Camille Pissarro 033

Retrato de Félix Pissarro (1881)

Notas e referencias

  1. Ficha do museo de Orsay : [1]
  2. Pissarro é descendente dunha familia orixinaria de Braganza en Portugal, preto da fronteira española. Os seus antecesores son marranos, é dicir xudeus sefardí obrigados de converterse ao catolicismo. Esta dobre pertenza relixiosa aínda perdura co seu pai, e conducirao a declararse ateo (casará civilmente coa súa muller católica) e mesmo librepensador. Despois de ter ideas conservadoras, volverase nos anos 1880 un fervente adepto ao anarquismo libertario predicado por Pierre Joseph Proudhon.
  3. 3,0 3,1 3,2 ["Entender mejor la pintura en Orsay", Artlys 2001, ISBN 2-85495-186-7]
  4. A rúa Saint-Honoré despois do mediodía. Efecto de choiva (1897, Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid), Lle Havre e Londres

Véxase tamén

Outros artigos

10 de xullo

O 10 de xullo é o 191º día do ano do calendario gregoriano e o 192º nos anos bisestos. Quedan 174 días para finalizar o ano.

13 de novembro

O 13 de novembro é o tricentesimo decimoseptimo (317) día do ano no Calendario Gregoriano e número 318 nos anos bisestos. Quedan 48 días para rematar o ano.

Ambroise Vollard

Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés.

Armand Guillaumin

Jean-Baptiste Armand Guillaumin, nado en París o 16 de febreiro de 1841 e finado en Orly o 26 de xuño de 1927, foi un pintor impresionista e litógrafo francés. Mentres outros mestres do seu círculo (como Renoir e Cézanne) abandonaron axiña o impresionismo puro conformando estilos de seu, Guillaumin mantívose fiel aos trazos máis recoñecibles de dita corrente, sendo considerado un dos impresionista máis fieis xunto a Morisot, Pissarro e Monet.

Berthe Morisot

Berthe Morisot, nada en Bourges o 14 de xaneiro de 1841 e finada en París o 2 de marzo de 1895, foi unha pintora francesa do movemento impresionista.

Claude Monet

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento.

As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.

Frédéric Bazille

Jean Frédéric Bazille, nado o 6 de decembro de 1841 e finado o 28 de novembro de 1870, foi un pintor impresionista francés.

Gustave Caillebotte

Gustave Caillebotte, nado en París o 19 de agosto de 1848 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 1894, foi un pintor impresionista, coleccionista, mecenas e organizador de exposicións francés.

Impresionismo

O impresionismo é considerado o movemento máis importante na pintura das últimas décadas do século XIX. Nestas datas, o marco artístico, dominado por un eclecticismo que se estaba movendo xa nunha calexa sen saída, era forzosamente pouco satisfactorio para calquera espírito creador e empezou a fomentar o que se chamou a xeración das rupturas estilísticas, unha serie de rupturas que darán personalidade propia á arte contemporánea. A primeira delas ou, se se prefire, o seu preámbulo, é o Impresionismo, un movemento, resultado dunha prolongada evolución, que coloca definitivamente ao século XIX baixo o signo da paisaxe e que busca unha linguaxe nova baseada nun naturalismo extremo.

(Á dereita: Impresión, sol nacente (Impression, soleil levant) do pintor Claude Monet)

Jean-François Millet

Jean-François Millet (4 de outubro de 1814 - 20 de xaneiro de 1875) foi un pintor francés e un dos fundadores da Escola de Barbizon. É célebre por pintar escenas da vida do campo do século XIX.

Naceu en Normandía pero mudouse a París en 1839. Recibiu o seu ensino académico con Paul Dumouchel, e con Jérome Langlois en Cherbourg. Logo de 1840 afastouse do estilo da pintura oficial e caeu baixo a infuencia de Honoré Daumier, de quen aprendeu o sentido do contraste de luces e sombras, así como a construción do corpo humano, con sinxeleza de volumes.

En 1849 chegou a Barbizon (pobo da rexión de París), entrando no círculo da escola que toma o nome desta localidade (Escola de Barbizon).

Millet, posuía un profundo sentido da natureza, do mesmo xeito que Théodore Rousseau, interpretando a natureza, máis que reflectíndoa, comprendendo as voces da terra, as árbores ou os carreiros. Millet afirmaba sentir na natureza máis do que os sentidos lle daban. Millet e Rousseau pronto intimaron e Rousseau, con máis recursos económicos axudaba ao pobre Millet.

Millet esta considerado como pintor realista, aínda que tivo unha grande influencia sobre os impresionistas como Claude Monet, Camille Pissarro e sobre todo Vincent van Gogh. Van Gogh reproduciu ao seu xeito case todas as escenas campestres de Millet.

Morreu en Barbizon con poucos anos de diferenza de Théodore Rousseau. Ámbolos dous atópanse enterrados a moi pouca distancia un do outro.

A súa casa natal no lugar de Gruchy, municipio de Gréville-Hague en Normandía foi reconstruída e amoblada como unha casa de campesiños do século XIX, e engadíronselle copias de moitos dos seus cadros.

Literatura impresionista

A literatura impresionista foi un movemento literario nado en Francia na segunda metade do século XIX. Corresponde ao impresionismo pictórico inaugurado por Manet en 1863. O impresionismo xurdiu como unha reacción contra o realismo e propúxose no terreo literario, o mesmo que na pintura, rexistrar primariamente as sensacións, restaurando ao mesmo tempo unha nova era imaxinativa. Tentou suprimir o elemento intelectualista e reflexivo na literatura, facendo que o escritor identificásese coas calidades do obxecto observado. Unha novela impresionista presenta aos seus personaxes nunha serie de detalles, palabras, reaccións, gustos e preferencias que terminan por caracterizalos para o lector.

O impresionismo literario foi iniciado en Francia polos irmáns Goncourt, quen publicaron numerosas novelas deste tipo, e fundaron a súa famosa Revista en 1856. Octave Mirbeau é o mellor exemplo da novela impresionista do fin de século. A obra de Marcel Proust, pola súa constante tendencia á evocación e a captación do mundo dos sentidos pode considerarse dentro desta tendencia. Igualmente o teatro de Chejov, no que a historia e as motivacións dos personaxes vanse revelando fragmentariamente e a trama divídese en varias subtramas, foi considerado por algúns críticos dentro deste estilo.

En España poden considerarse como escritores impresionistas Juan Ramón Jiménez e Azorín, de comezos do século XX.

Mary Cassatt

Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.

Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.

Paul Gauguin

Paul Eugéne-Henri Gauguin, nado en París o 7 de xuño de 1848 e finado en Atuona o 9 de maio de 1903, foi un pintor postimpresionista francés, que contribuíu a dar forma á arte moderna coas súa cores exuberantes, formas bidimensionais planas e temática e foi ademais precursor do Fauvismo.

Pierre-Auguste Renoir

Pierre Auguste Renoir, nado en 1841 e finado en 1919, é un dos pintores franceses de maior sona. Non é doado clasificalo, pertenceu á escola impresionista, pero separouse dela rapidamente polo seu interese pola pintura de corpos femininos sobre as paisaxes, o pintor Rafael tivo unha grande influencia nel.

Río Marne

O Marne é un río de Francia, afluente do Sena que rega unha rexión ao leste e sueste de París. O seu curso é duns 525 km. O río dá nome ao departamento de Marne; durante a primeira guerra mundial disputáronse dúas importantes batallas ao longo do río.

O Marne nace na meseta de Langres, segue o seu curso cara ao norte ata que xira ao oeste entre Saint-Dizier e Châlons-en-Champagne, uníndose ao Sena en Charenton-le-Pont preto de París.

Xenaro Carrero

Xenaro Carrero Fernández, nado en Noia o 30 de marzo de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1902, foi un pintor galego, pertence á chamada Xeración Doente.

Édouard Manet

Édouard Manet, nado en París o 23 de xaneiro de 1832 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1883, foi un pintor francés. Foi un dos primeiros artistas do século XIX a presentar temas cotiáns. A súa arte fixo de ponte entre o Realismo e o Impresionismo.

Orixinario dunha familia burguesa, Manet, quen se sentía fondamente un artista, rexeitou estudar Dereito, como estaba predestinado polo seu pai que era xuíz, fracasou na súa admisión na Mariña e, en troques, viuse moi influído polo seu tío, Charles Fournier, que o apoiou para ser pintor e que, de neno, o levaba sempre a visitar o Louvre.

Creadores
Mecenas
Comerciantes
Outros artistas
Noutras artes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.