Camille Claudel

Camille Claudel, nada en Fère-en-Tardenois (Aisne) o 8 de decembro de 1864 e finada en Montdevergues (Vaucluse) o 19 de outubro de 1943, foi unha escultora francesa.

Camille Claudel
Camille Claudel
Nacemento8 de decembro de 1864
 Fère-en-Tardenois
Falecemento19 de outubro de 1943
 Aviñón
Soterradacemiterio de Montfavet
NacionalidadeFrancia
Alma máterAcademia Colarossi
Ocupaciónpintora, modelo e escultora
IrmánsPaul Claudel
PremiosSalón de París

Traxectoria

Dende a súa infancia en Champagne, Camille foi unha persoa moi apaixonada pola escultura: xogaba co barro e esculpía as persoas que a rodeaban, como o seu irmán Paul e a súa servente Hélène. Naceu no seo dunha familia acomodada que se trasladou, sendo Camille aínda unha meniña, a Villeneuve-sur-Fère onde naceu o seu irmán, o poeta e diplomático Paul Claudel, en 1868. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os veráns sempre os pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasladouse a París. Camille tentou entrar na École des Beaux-Arts, pero non a admitiron por ser muller, polo que alugou un estudio que compartiu con dúas americanas, entre as que estaba Jessie Lipscomb, e onde lles daba clase un profesor da École, ata que en 1883 este marchou a Roma pedíndolle a Auguste Rodin que o substituíse. Tras algunhas vacilacións este aceptou, coa condición de que Camille fose ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixase a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.

Auguste Rodin

Camille Claudel atelier
Camille Claudel no taller de Rodin, ca. 1899

Ten o seu encontro con Auguste Rodin en 1883, e o ano seguinte empeza a traballar no seu taller. Camille posa para el e colabora na realización das figuras da monumental As Portas do Inferno. A obra da escultora, a pesar de ser moi próxima á do seu mestre, ten o seu temperamento, sen ser nunca unha copia; por iso, Octave Mirbeau proclamou o seu xenio. Ademais de ser unha das súas principais colaboradoras, foi tamén a súa amante e compañeira durante algúns anos; converteuse no seu modelo e a súa musa, inspirando obras como La danaie o Fugit Amor.

Produciuse entre ambos un clima de colaboración e enfrontamento que enriqueceu o labor mutuo. A pesar da paixón, a relación entre Rodin e Camille é complicada, conflitiva e con interrupcións e crises[1].

Frecuentaron xuntos os ambientes artísticos e culturais máis importantes do París da época e pasaron xuntos longos períodos fóra da cidade, pero Rodin está unido sentimentalmente a outra muller, Rose Beuret, á que non ten intención de abandonar para casar con Camille. Esta situación será a inspiración dunha das obras máis importantes de Camille: A Idade Madura[2]. Nesta escultura vemos representada a escena de Camille de xeonllos e suplicante, dirixindo as súas mans cara a Rodin, quen lle dá as costas mentres unha muller medio anxo-medio meiga, que representa a Rose Beuret, lévao.

Unha vez rota a súa relación co escultor, entra na súa vida Claude Debussy, pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. Nesta época de crise emocional, Camille péchase no seu taller e afástase do mundo. En decembro de 1905, Camille realizou a súa última exposición.

A partir de 1905 a saúde mental de Camille comezou a degradarse, desaparecía por longos períodos de tempo, destruíu gran parte da súa obra e tiña crises de paranoia. Acusou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, viviu practicamente confinada no seu estudio.

Declive

A partir de aí, sufriu sucesivas crises nerviosas que agudizarán cada vez máis e comezou a destruír as súas obras. Non tivo apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá seguían sendo hostís á súa forma de vida e o seu irmán Paul estaba lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negou reiteradamente a internar a súa filla como lle pedían os seus familiares directos.

O 3 de marzo de 1913 morreu o seu pai. O 10 de marzo a súa nai decidiu internala no sanatorio de Ville-Evrard e en xullo en Montdevergues, manicomio do cal, a pesar da súa recuperación e os seus lúcidos e desgarrados rogos ó seu irmán Paul, nunca saíu. Pechada pasou os derradeiros trinta anos da súa vida. A familia prohibiu que recibise visitas e nunca foron vela. Faleceu en 1943 e foi enterrada nunha tumba sen nome, só cos números 1943 -n392, no pequeno cemiterio da institución mental de Montdevergues. Á morte de Paul Claudel en 1955, ergueuse o veto que existía na familia sobre Camille e os descendentes quixeron dar unha tumba digna a Camille Claudel. Escribiron a Montdevergues solicitando a situación da tumba e a exhumación para o seu traslado. A institución contestou que a tumba desaparecera, xa que a institución necesitara unha serie de ampliacións e se utilizaran os terreos do pequeno cemiterio onde se enterraban os pacientes esquecidos polas súas familias[3].

En 1988 estreouse a película francesa Camille Claudel, dirixida por Bruno Nuytten e con Isabelle Adjani e Gérard Depardieu nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.

Notas

  1. Museo Rodin. «Cronología de Auguste Rodin». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  2. Museo de Orsay. «Camille Claudel, La edad madura». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  3. Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

19 de outubro

O 19 de outubro é o 292º día do ano do calendario gregoriano (293º nos anos bisestos). Quedan 73 días para finalizar o ano.

62ª edición dos Óscar

A 62.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 26 de marzo de 1990 no Dorothy Chandler Pavillion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Billy Cristal.

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Auguste Rodin

François-Auguste-René Rodin foi un escultor francés, nado o 12 de novembro de 1840 en París (Francia) e morto en Meudon (Illa-de-Francia, Francia) o 17 de novembro de 1917.

Bruno Nuytten

Bruno Nuytten, nado en Melun (Sena e Marne) o 28 de agosto de 1945 é un director de fotografía francés convertido en director de cinema.

Cinema de Francia

O cinema de Francia refírese á industria cinematográfica establecida en Francia. O cinema francés comprende os filmes realizados en Francia ou realizados no estranxeiro por parte de cineastas franceses.

Francia foi o lugar de nacemento do cinema e de moitos dos seus pioneiros.Con 206,5 millóns de entradas vendidas no 2010 e 215,6 no 2011, Francia é o terceiro maior mercado do mundo en canto ao número de entradas (tralos Estados Unidos e a India) e en canto aos ingresos (tralos Estados Unidos e Xapón). É a industria cinematográfica de maior éxito de Europa por número de filmes producidos anualmente, cunha marca de 261 en 2010 é tamén un dos países onde as producións non estadounidenses teñen maior cota, pois os filmes estadounidenses supuxeron só o 47,7% das entradas no 2010. En 2013 foi o segundo país do mundo por exportación dos seus filmes.

Gérard Depardieu

Gérard Xavier Marcel Depardieu nado en Châteauroux (Indre) o 27 de decembro de 1948 en Châteauroux, Indre, é un actor francés con nacionalidade rusa. Ademais é produtor de cinema, home de negocios e ocasionalmente realizador.

Acadou numerosos recoñecementos ó longo da súa traxectoria como actor, entre os que destacan un nomeamento ó Oscar e un Premio César como mellor actor no filme Cyrano de Bergerac en 1991, un Premio César polo filme Le Dernier Métro en 1981 e un Globo de Ouro como mellor actor en Green Card no ano 1990. Asemade, Depardieu é Chevalier da Légion d'honneur e da Ordre national du Mérite.

Isabelle Adjani

Isabelle Yasmina Adjani, nada en París o 27 de xuño de 1955 é unha actriz e cantante francesa.

Jessie Lipscomb

Jessie Lipscomb, nada en Grantham o 13 de xuño de 1861 e finada o 12 de xaneiro de 1952, foi unha escultora inglesa.

Juliette Binoche

Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia. Despois de participar en numerosas producións de teatro, saltou ó cine da man de Jean-Luc Godard (Je vous salue, Marie, 1985), Jacques Doillon (La Vie de Famille, 1985) e André Téchiné, que fixo dela unha estrela en Francia polo seu papel protagonista en Rendez-vous. A súa sensual interpretación no seu debut no cine anglófono, The Unbearable Lightness of Being (1988), dirixido por Philip Kaufman, lanzou a súa carreira internacionalmente.

Chamou a ateción de Steven Spielberg, que lle ofreceu varios papeis, como en Parque Xurásico, que ela rexeitou por unirse ó elenco de actores de Trois couleurs: Bleu (1993), dirixido por Krzysztof Kieślowski. Por esta interpretación, gañou o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cine de Venecia e un Premio César. Tres anos despois, Binoche conseguiu un novo éxito no filme de Anthony Minghella O paciente inglés (1996), polo cal gañou un Oscar e un BAFTA á mellor actriz secundaria, así como o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Berlín. Pola súa actuación na comedia romántica de Lasse Hallström Chocolat (2000) Binoche foi nomeada ó Oscar á mellor actriz.

Octave Mirbeau

Octave Mirbeau, nado o 16 de febreiro de 1848 en Trévières (Calvados) e finado o 16 de febreiro de 1917 en París, foi un escritor francés, xornalista, novelista, dramaturgo, autor de novelas, comedias e contos.

Como xornalista, Mirbeau exerceu unha grande influencia na vida social, política e artística do seu tempo. Caracterizado polo seu compromiso coa verdade e a xustiza, foi ademais un novelista e autor de teatro de grande sona a nivel europeo, que conseguiu seducir ás vangardas artísticas e literarias.

Paul Claudel

Paul Claudel, nado en Villeneuve-sur-Fère (Aisne) o 6 de agosto de 1868 e finado en París o 23 de febreiro de 1955, foi diplomático e escritor francés, membro da Academia francesa. Era irmán da escultora Camille Claudel.

Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa

O Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa é un dos Premios da Academia, popularmente coñecidos como Oscars, entregados anualmente pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). Este galardón entrégaselle ós filmes producidos fóra dos Estados Unidos co diálogo predominante non inglés.Cando se celebrou a primeira cerimonia dos Óscar o 16 de maio de 1929, non existía unha categoría separada para filmes estranxeiros. Entre 1947 e 1955, a Academia presentou o Oscar especial/honorífico ós mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. Porén, eses premios non se entregaron de forma regular (non houbo premio en 1953), e non eran competitivos xa que non había candidatos, senón simplemente un filme premiado por ano. Para a 29ª edición dos Óscar (1956), foi creado un Premio Oscar ó Mérito de carácter competitivo para os filmes en lingua non inglesa que foi entregado anualmente dende entón.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.