Camiño Inglés

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela.

Ponte Baxoi
O camiño inglés ao seu paso pola Ponte Baxoi, no concello de Miño.
Camiño de Santiago
Ways of St. James in Europe
Camiños de Santiago
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísGaliza Galiza
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición1993 (17ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador669

Trazado da ruta

Ruta dende Ferrol

Albergue Betanzos
Albergue de peregrinos de Betanzos na Casa da Pescadería.

A ruta dende Ferrol pode dividirse en cinco etapas:[1]

  • 1ª etapa: Ferrol - Neda
  • 2ª etapa: Neda - Miño
  • 3ª etapa: Miño - Bruma
  • 4ª etapa: Bruma - Sigüeiro
  • 5ª etapa: Sigüeiro - Compostela
Poboación Provincia A Santiago
(km)
Ferrol A Coruña 110
Narón 102
Neda 96
Fene 93
Cabanas 85
Pontedeume 82
Miño 71
San Pantaleón das Viñas, Paderne 66
Betanzos 59
Abegondo 48
Bruma, Mesía 37
Ordes 26
Sigüeiro (Oroso) 14
Santiago de Compostela 0

Ruta dende A Coruña

2165-Igrexa de Santiago na Cidade Vella da Coruña
Igrexa de Santiago na Coruña
Igrexa de Santiago de Sigrás, Cambre
Igrexa de Santiago de Sigrás

A ruta dende A Coruña pode dividirse en tres etapas:

A pesar de que a ruta entre A Coruña e Compostela é menor de 100 km o cabido compostelán concedeu en decembro de 2016 a posibilidade de recibir a Compostela aos peregrinos que realicen este percorrido.[3][4]

O camiño parte da igrexa de Santiago na Cidade Vella e atravesa logo A Pescadería pola rúa Real e Os Cantóns. Atravesa logo cara a Catro Camiños e abandona a cidade por Eirís de Arriba, Pedralonga e a estrada N-550.[5] A continuación atravesa o concello de Culleredo polo paseo marítimo do Burgo, pasando polos muíños de Acea de Ama ata a igrexa de Santiago, preto da ponte do Burgo[6]. Bordea logo o castro de Alvedro e cruza o río Valiñas pola ponte da Xira.[7] Segue logo ata o antigo cruceiro de Sigrás e diríxese ao peto de ánimas de santo Antón e á igrexa de Santiago, onde existía un hospital de peregrinos, hoxe casa reitoral. Continúa bordeando os pazos de Loriga, Drozo e Anceis para entrar no concello de Carral,[8] onde se atopa o albergue de Sergude, inaugurado no 2014.[9] Despois de cruzar Sarandós únese ao camiño que procede de Ferrol nas Travesas.[10]

Poboación Provincia A Santiago
(km)[11]
A Coruña A Coruña 74,9
O Burgo, Culleredo 64,9
Sigrás 60,4
Bruma, Mesía 41,3
A Calle 29,5
Sigüeiro (Oroso) 16,5
Santiago de Compostela 0

Galería de imaxes

Iglesia de San Francisco de Betanzos

Igrexa de San Francisco en Betanzos.

Cambre Galicia 070330 13

Ponte románica do Burgo.

SantCompostela85

Praza de Praterías en Santiago de Compostela.

AM-R01-CaminoSantiagoIngleses

Bosquexo do Camiño de Santiago dos Ingleses en Galicia.

Iglesia de Santiago do Burgo

Igrexa de Santiago do Burgo.

Notas

  1. "Camiño Inglés - Camiño de Santiago en Galicia: web oficial". www.caminodesantiago.gal. Consultado o 2019-02-01.
  2. "El Camino de Santiago - Camino Inglés - La Coruña a Hospital de Bruma". www.caminosantiago.org. Consultado o 2019-02-01.
  3. "Respuesta del Cabildo de la Catedral de Santiago a la petición para conceder la Compostela a los peregrinos que vienen al sepulcro del Apóstol Santiago desde A Coruña. Pastoral Santiago" (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
  4. "O Goberno local saúda que as e os peregrinos que viaxen desde A Coruña reciban a compostela, unha medida que impulsará o Camiño Inglés e promocionará a cidade". Concello da Coruña. Consultado o 2019-02-01.
  5. "Oficina del Peregrino". Ayuntamiento de A Coruña (en castelán). Consultado o 2019-02-01.
  6. "Etapa 7 del Camino Inglés: A Coruña - Hospital de Bruma. Guía del Camino de Santiago". EROSKI CONSUMER (en castelán). --. Consultado o 2019-02-01.
  7. "O Camiño Inglés, Concello de Culleredo". www.culleredo.es. Consultado o 2019-02-01.
  8. "Camiño Inglés, Concello de Cambre". Consultado o 2019-02-01.
  9. El Camino Inglés incrementa un 93% su oferta de alojamiento, nova en El Correo Gallego (en castelán)
  10. "O Albergue – Camiño de Santiago,Concello de Carral". www.carral.es. Consultado o 2019-02-01.
  11. "Camino Inglés. Guía del Camino de Santiago". EROSKI CONSUMER (en castelán). --. Consultado o 2019-02-01.

Véxase tamén

Bibliografía

  • El Camino de Santiago. Antón Pombo. Ed. Anaya Touring. 2004.
  • El Camino Inglés. Ed. Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. 1999.
  • Itinerario de la Ruta Jacobea Camino Inglés. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago. Ed. Deputación da Coruña. 1999.

Ligazóns externas

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Bruma, Mesía

San Lourenzo de Bruma é unha parroquia exclave do concello de Mesía, que linda con Ardemil (Ordes), Beira (Carral) e Vizoño, (Abegondo). A súa única aldea é o Hospital, que se lle chama así xa que nel se atopaba unha pousada e hospital de peregrinos. A Bruma chega o camiño inglés de Santiago, xusto cando as súas dúas variantes da Coruña e Ferrol e Neda se unen. O antigo hospital é agora un albergue do camiño. Bruma, segundo o padrón municipal de 2017, tiña 41 habitantes (19 homes e 22 mulleres) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 54 habitantes.

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Camiño

Un camiño ( pronunciación ) é unha vía trazada para ir dun lugar a outro.

Como topónimo pode referirse a:

O Camiño, parroquia do concello de Sarria;

O Camiño, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

O Camiño, lugar da parroquia de San Xoán de Moeche, no concello de Moeche;

O Camiño, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón;

O Camiño, lugar da parroquia de Lesta, no concello de Ordes;

O Camiño, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;

O Camiño, lugar da parroquia de Boizán, no concello de Vilalba;

O Camiño, lugar da parroquia de Xermade, no concello de Xermade;

O Camiño Ancho, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal;

Camiño Branco, lugar da parroquia de Randufe, no concello de Tui;

O Camiño Branco, lugar da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros, no concello do Corgo;

O Camiño Branco, lugar da parroquia de Morgadáns, no concello de Gondomar;

O Camiño da Barcia, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón;

Camiño da Mercé, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;

Camiño da Ponte Grande, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;

O Camiño da Poza, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros;

O Camiño de Pedrós, lugar da parroquia de Ares, no concello de Ares;

O Camiño de Vieiro, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

O Camiño do Pinar, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña;

Camiño do Raposo, lugar da parroquia de Dexo, no concello de Oleiros;

O Camiño do Río, lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello de Malpica de Bergantiños;

Camiño do Santo, lugar da parroquia de Santo André de Castro, no concello de Lugo;

Camiño do Vilar, lugar da parroquia de Santo André de Castro, no concello de Lugo;

Camiño Grande, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Mugardos;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao;

O Camiño Grande, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Viascón, no concello de Cerdedo-Cotobade;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Moimenta, no concello de Lalín;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón;

O Camiño Novo, lugar da parroquia de Tomiño, no concello de Tomiño;

Camiño Real, lugar da parroquia de Bermés, no concello de Lalín;

O Camiño Real, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira;

O Camiño Real, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte;

O Camiño Real, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba;

O Camiño Vello, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda.Como vía de comunicación, pode referirse a:

Camiño do Cid, itinerario turístico cultural.

Camiño Neocatecumenal, itinerario católico.

Camiño de Santiago, conxunto de vías de acceso de peregrinación a Santiago de Compostela:

Camiño Francés, a principal vía do camiño de Santiago, desde Francia.

Camiño Portugués, unha vía do camiño de Santiago desde Portugal.

Camiño do Norte, unha vía do camiño de Santiago pola costa cantábrica.

Camiño Primitivo, unha vía do camiño de Santiago desde Oviedo.

Camiño Inglés, unha vía do camiño de Santiago.

Camiño de Pequena Polonia, unha vía do camiño de Santiago.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Carral

Carral é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca homónima. Segundo o IGE a súa poboación en 2014 era de 6.118 habitantes (5.770 no 2009, 5.647 no 2007, 5.579 no 2006, 5.527 no 2005, 5.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carralés.

Cañás, Carral

Santa Baia de Cañás é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2017 tiña 377 habitantes (188 mulleres e 189 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 353 habitantes.

Colexiata de Santa María do Campo

A Real Colexiata de Santa María do Campo é un templo católico situado na Coruña. Tamén foi coñecida cos apelativos do Mar e do Portal. Foi declarada Ben de Interese Cultural o 3 de xuño de 1931.

Manuel Pazos Gómez

Manuel Pazos Gómez, nado en Marzoa (Oroso) en 1962, é un historiador galego.

Miño

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñense».

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

O Burgo, Culleredo

Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

Oroso

Oroso é un concello da comarca de Ordes, pertencente á provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.400 habitantes (6.987 no 2009, 6.526 no 2006, 6.345 no 2005, 6.155 no 2004, 5.933 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orosán.

Pontedeume

Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,3 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km).

A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa o Camiño de Santiago, o Camiño Inglés.

Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela)

A rúa da Acibechería é unha rúa da cidade de Santiago de Compostela, situada ao norte da súa améndoa histórica. É a última rúa que se atravesa antes de chegar á catedral para os peregrinos dos Camiño Francés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte e Camiño Inglés.

Tiobre, Betanzos

San Martiño de Tiobre é unha parroquia que se localiza no concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 583 habitantes (303 mulleres e 280 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 607 habitantes.

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Na península Ibérica
En Francia
Noutros países

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.