Camerún

Camerún[2] (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República de Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Coordenadas: 6°N 12°L / 6, -12

República de Camerún
République du Cameroun
Republic of Cameroon
Bandeira de Camerún
Escudo de Camerún
BandeiraEscudo
Cameroon (orthographic projection)
Himno: Chant de Ralliement
Capital
 • Poboación
Yaoundé
1 430 000 (2004)
Cidade máis poboadaDouala
Linguas oficiaisFrancés, inglés
Forma de gobernoRepública
Paul Biya
Joseph Dion Ngute
Independencia De Francia e do Reino Unido1 de xaneiro de 1960
SuperficiePosto 53º
 • Total475 440 km²
 • % auga1,3
Fronteiras4 591 km
Costas402 km
PoboaciónPosto 58º
 • Total (2013[1])20 549 221 hab.
 • Densidade34 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 96º
 • Total (2012)50 320 millóns US$[1]
 • per cápita2 300 US$[1]
MoedaFranco CFA (XAF)
IDH (2007)0,532 (144º) – Medio
XentilicioCamerunés, camerunesa[2]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.cm
Prefixo telefónico+237
Prefixo radiofónicoTJA-TJZ
Código ISO120 / CMR / CM
Membro de: ONU, Commonwealth, UA

Historia

Artigo principal: Historia de Camerún.

Os primeiros habitantes do que hoxe é Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política de Camerún.
Paul Biya at US Embassy 2006
O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventual secesión, chegando a declarar a independencia da rexión o 1 de outubro de 2017. Segundo a ONU, Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos[3].

Organización político-administrativa

Artigo principal: Organización territorial de Camerún.

O Camerún dividense en dez provincias, respectivamente:

Provincias
1 Adamaoua
2 Centro
3 Este
4 Extremo-Norte
5 Litoral
6 Norte
7 Nor-Oeste
8 Oeste
9 Sur
10 Sur-Oeste.
Cameroon Provinces numbered 300px

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Camerún.
Cameroon-CIA WFB Map
Mapa de Camerún.

Camerún atópase situado no golfo da Guinea.

Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e coa Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa de Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte de Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía

Artigo principal: Economía de Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial de Camerún.

Demografía

Maison obus
Cabanas musgum de lama no norte de Camerún.
Artigo principal: Demografía de Camerún.

Ao ano 2007, Camerún ten unha poboación de 18 000 000 habitantes. O 99% é negra e o restante 1% é branca (europeos ou descendentes). Os dous idiomas oficiais son o inglés e o francés. A esperanza de vida é de 52 anos. A media de fillos por muller é de 4,49. O 79% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 7% da poboación está infectada co VIH (virus da sida).

Cultura e educación

Artigo principal: Cultura de Camerún.

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, Camerún do Oeste uso o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes en Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Deportes

A mellor participación de Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol de Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Consultado o 6 de agosto de 2013.
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camerunés.
  3. L’1 d’octubre camerunès, Diari Ara, 25 de agosto de 2018 (en catalán).
.cm

.cm é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Camerún.

Bandeira de Camerún

A bandeira nacional de Camerún foi adoptada despois da unificación do territorio camerunés o 30 de maio de 1975. Consta de tres franxas verticais do mesmo ancho e cores consecutivas verde, vermello e amarelo, sendo a franxa verde a máis preto do mastro, cunha estrela amarela no centro da franxa vermella. Esta combinación de cores provén das cores do panafricanismo, e o deseño está adaptado da bandeira de Francia.

Chad

O Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.

Gabón

Gabón (en francés: Gabon), oficialmente República Gabonesa (en francés: République Gabonaise) é un país da África limitado ó norte co enclave de Mbini, da Guinea Ecuatorial e Camerún; ó este e sur coa República do Congo (tamén chamada Congo-Brazaville para distinguila da República Democrática do Congo ou Congo-Kinshasa), e ó oeste co Océano Atlántico. Conseguiu a independencia de Francia en 1960. Dende 1967 ata o 7 de xuño de 2009 o seu presidente foi El Hadj Omar Bongo Ondimba.

Guinea Ecuatorial

A Guinea Ecuatorial (en francés: Guinée équatoriale; en portugués: Guiné Equatorial) é un país da África central, e un dos países máis pequenos da África continental, cunha área de 28 000 km2. Antigamente foi unha colonia española coñecida como Guinea Española, e obtivo a súa independencia o 12 de outubro de 1968. O nome que adoptou o país tras obter a súa independencia débese á proximidade co Ecuador e a estar situado no golfo da Guinea. Guinea Ecuatorial é o único estado soberano africano no que o castelán é a lingua oficial. No ano 2015, o país tiña unha poboación estimada de 1 222 245 persoas.Guinea Ecuatorial componse de dúas partes, unha insular e outra continental. A rexión insultar componse das illas de Bioko (antiga Fernando Pó) no Golfo de Guinea e Annobón, unha pequena illa volcánica que é a única zona do país situada ó sur do ecuador. A illa de Bioko é a zona máis setentrional de Guinea Ecuatorial e é onde se atopa a capital do país, Malabo. A nación lusófona de San Tomé e Príncipe atópase entre Bioko e Annobón. A rexión continental, Río Muni, limita con Camerún polo norte e con Gabón polo sur e leste. No continente atópase Bata, a meirande cidade do país, e Ciudad de la Paz, a futura capital do país. Río Muni tamén inclúe numerosas illas pequenas, como Corisco, Elobey Grande e Elobey Chico. O país é membro da Unión Africana, da Francofonía, da OPEC e da CPLP.

Jacques Songo'o

Jacques Celestin Songo'o, nado en Sakbayenne o 17 de marzo de 1964, é un ex futbolista camerunés. Xogaba de porteiro e estivo vinculado maiormente ao Deportivo da Coruña.

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Luc Mbah a Moute

Luc Richard Mbah a Moute, nado o 9 de setembro de 1986 en Yaoundé, é un xogador profesional camerunés de baloncesto que actualmente xoga nos Clippers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,03 metros de altura e xoga na posición de ala ou ala-pivote. Ten status de príncipe na vila no que naceu, Bia Messe, preto de Yaoundé, sendo fillo do xefe electo, Camille Moute à Bidias, o cal é un alto cargo do goberno oficial, dirixindo o Fondo Nacional de Emprego de Camerún.

Mundial de Fútbol de 1994

A Copa Mundial da FIFA 1994 (en inglés: World Cup USA '94) foi a edición número quince do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado polos Estados Unidos, sendo esta a primeira vez que se celebraba fóra de Europa e Sudamérica, comezou o 17 de xuño e rematou un mes despois, o 17 de xullo coa vitoria da selección de Brasil sobre Italia, nun final decidida nos penaltis.

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Pobos bantús

Os bantús son un conxunto de preto de 400 grupos étnicos diferentes de África, esténdense dende o Camerún ata Suráfrica, e pertencen á mesma familia lingüística, a familia bantú, e partillan en moitos casos costumes comúns.

O termo definiuno pola primeira vez Wilhelm Bleek no libro A Comparative Grammar of South African Languages (1862). Os negros de Suráfrica foron ás veces chamados oficialmente "bantús" polo réxime do Apartheid, aínda que na actualidade xa non se emprega en ningún caso, xa que resulta ofensivo.

República Centroafricana

A República Centroafricana (en francés: République centrafricaine) é un país situado no centro de África. Limita co Chad ao norte, con Camerún ao oeste, coa República do Congo e a República Democrática do Congo ao sur, e con Sudán ao leste.

República do Congo

A República do Congo (en francés: République du Congo; en congo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte con Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur con Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.

Samuel Eto'o

Samuel Eto'o Fils, nado o 10 de marzo de 1981 en Douala, é un futbolista camerunés. Xoga de dianteiro e actualmente xoga no UC Sampdoria. Ten tamén pasaporte español, permitíndolle xogar na Unión Europea sen contar coma xogador estranxeiro.

Eto'o marcou máis de 100 goles en cinco tempadas co FC Barcelona, e é ademais o xogador africano con maior número de partidos xogados na Primeira división española de fútbol. No ano 2010, converteuse no primeiro xogador en conseguir dous tripletes consecutivos en Europa, co Barcelona e co Inter de Milán. É o segundo xogador en anotar en dúas finais da Liga de Campións da UEFA, e o cuarto xogador, tras Marcel Desailly, Paulo Sousa e Gerard Piqué, en gañar dúas Ligas de Campións consecutivas con diferentes equipos. Conseguiu o premio ó mellor xogador africano do ano en catro ocasións: 2003, 2004, 2005 e 2010.

Coma membro da selección de Camerún, foi parte do equipo que gañou o torneo olímpico de Sidney 2000. Participou ademais en tres mundiais de fútbol e en seis copas de África, sendo campión dúas veces. É ademais o máximo anotador da historia da Copa de África, con 18 goles.

Selección de fútbol de Camerún

A selección nacional de fútbol de Camerún é un dos equipos de fútbol máis destacados de África: é o segundo país con máis títulos da Copa de África (catro), logo de Exipto, e a selección africana con máis participacións nos mundiais de fútbol, con cinco.

Serge Leuko

Serge Sidoine Tchaha Leuko, coñecido como Serge Leuko, nado o 4 de agosto de 1993 en Douala, é un futbolista profesional internacional camerunés, que xoga como lateral no Club Deportivo Lugo de La Liga 2.

Yaoundé

Yaoundé ou Iaundé, alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital de Camerún desde 1922. Poboada por 1.728.900 habitantes (2002), mais é tras Douala, a segunda cidade máis poboada do país. Tamén é a cabeza da provincia do Centro e máis do departamento du Mfoundi. Yaoundé acolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaoundé é Ongola[Cómpre referencia].

África Occidental

África Occidental é unha rexión xeográfica que abrangue o oeste de África. Adoita incluírse nela os seguintes países:

Benín

Burkina Faso

Camerún

Cabo Verde

Costa do Marfil

Gabón

Gambia

Ghana

Guinea

Guinea-Bissau

Liberia

Mali

Níxer

Nixeria

República do Congo (Congo-Brazzaville)

Senegal

Serra Leoa

TogoChad, e parte do Magreb (Mauritania e Sahara Occidental, pero tamén Marrocos, Tunisia e Alxeria) son, en ocasións, tamén considerados como parte de África occidental.

África occidental é unha área con gran diversidade de paisaxes, biorrexións e culturas. Limita ao oeste e ao sur co Océano Atlántico e ao norte co deserto do Sahara. Ao leste o límite é menos preciso; xeralmente considérase a liña entre o monte Camerún e o lago Chad.

Os límites coloniais transformáronse nos límites de países contemporáneos da rexión. Nalgúns casos estes límites dividen grupos étnicos entre diferentes países.

Países
Países con parte africana
Outros territorios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.