Camellia

Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do . A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.

Camelia (xénero Camellia)
Camellia sinensis

Camellia sinensis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Theaceae
Tribo: Theeae
Xénero: Camellia
L.
Especies

Ver texto.

Camellia japonica MHNT.BOT.2010.13.3
Camellia japonica

Características

Todas as especies son arbustos e pequenas árbores que poden acadar os 10 m de altura. A follaxe é perenne, con follas coriáceas, dun verde escuro brillante, enteiras, puntiaguadas e de bordos enteiros ou lixeiramente serrados.

As flores son xeralmente grandes, con cinco sépalos e cinco pétalos (téñense conseguido híbridos con dobre ou múltiple corola e gran cantidade de pétalos), as cores varían do branco ao vermello pasando polo rosa e, ocasionalmente, poden aparecer combinadas no mesmo pé e incluso manchadas nesas tonalidades.

A especie máis estendida en xardinería é C. japónica. Nativa do Xapón e Corea, dela deriva a variedade Adolphe Audusson, indicada para cultivo en interiores. Das follas de C. sinensis obtense .

O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné na súa obra magna Species Plantarum, e bautizado en homenaxe ao misioneiro xesuíta Georg Kamel. Algunhas especies deste xénero pertencían ao xénero Thea, mais este epíteto foi sinonimizado con Camellia cando se observou que Camellia e Thea non presentaban diferenzas significativas entre si.

Historia

Oriente

Todas as especies de Camellia son designadas, na China, pola palabra mandarina "chá" (茶), complementada por algún termo que, xeralmente, caracteriza o seu hábitat ou as súas peculiaridades morfolóxicas. As camelias cultivábanse nos xardíns da China e do Xapón dende hai séculos, moito antes da súa chegada a Europa. O botánico alemán Engelbert Kaempfer informou[1] da "Rosa do Xapón", como el lle chamou, unha planta que medraba brava en fragas, pero que moitas variedades foran seleccionadas para os xardíns orientais. Dixo que a planta tiña 900 nomes no Xapón. As primeiras representacións que os occidentais ollaron das camelias foi nas frecuentes pinturas das porcelanas chinesas.

Occidente

A primeira camelia da que se teñen referencias en Inglaterra, foi cultivada en Essex polo Lord Robert Petre en 1739. O seu xardineiro, James Gordon, foi o primeiro en comercializar camelias en occidente do seu alcouve preto de Londres.

Coa expansión do comercio do té a finais do século XVIII, novas variedades entraron en Inglaterra a través da British East India Company. Contra o 1819, vinte e cinco camelias floreceran en Inglaterra, cando apareceu o primeiro monográfico escrito por Samuel Curtis, A Monograph on the Genus Camellia, onde aparecían ilustracións a toda cora. Pola década de 1840, as camelias estaban moi de moda na Gran Bretaña. Isto inspirou a moitos artistas da época. Alexandre Dumas veuse influenciado pola morte moi ceda da cortesana parisiense Marie Duplessis en 1847, cando escribiu A dama das camelias. Verdi baseouse na obra de Dumas para compor La traviata.

Galicia

Camelia paris
Flor de camellia japonica, común en Galicia.

As camelias máis antigas que se coñecen en Galicia e que aínda sobreviven son as do parque Castrelos (Quiñones de León) en Vigo. O xardín créase en tempos do primeiro marqués de Alcedo, existindo constancia de que o marqués de Loureiro en 1860 cultivara as primeiras camelias provenientes do seu alcouve de Portugal. O cultivo continuou co noveno Marqués de Valladares, a cargo de persoal inglés. Desa época conservamos un impresionante exemplar de C. japonica no xardín de buxos inglés na parte traseira do pazo.[2] Autores coma Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez ou Cunqueiro mencionan á camelia nas súas obras.

A camelia en Galicia hoxe

En Galicia abundan os exemplares de Camellia japonica e, en menor número, os de Camellia sasanqua e Camellia reticulata. Todas estas especies son arboriñas ou arbustos de follas persistentes, opostas, coriáceas e lustrosas. A Camellia saluenensis e maila Camellia oleifera, e outras especies que teñen importancia para a formación de híbridos, non son moi coñecidas en Galicia[3].

A camelia é a árbore de xardinaría por excelencia nas Rías Baixas. Aparece en moitísimos xardíns privados e públicos, e é común atopala coma especie de alineación das rúas, sendo moi frecuente en Vigo, onde incluso ten unha rúa co seu nome (Avenida das Camelias). Hai en Galicia un circuíto de xardíns, vencellados á cultura da camelia, de interese histórico e artístico. A ruta é[4]:

  1. Pazo-Museo Quiñones de León de Vigo.
  2. Parque do Castro de Vigo.
  3. Castelo de Soutomaior.[5]
  4. Pazo de Lourizán de Pontevedra.
  5. Pazo da Saleta de Nogueira, Meis.
  6. Pazo de Quinteiro da Cruz de Ribadumia.
  7. Pazo de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa.
  8. Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón
  9. Pazo de Oca, na Estrada
  10. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra.
  11. Pazo de Mariñán de Bergondo.

Algunhas especies

Camelia 3
Imaxe dunha camelia
  • Camellia assimilis
  • Camellia brevistyla
  • Camellia caudata
  • Camellia chekiangoleosa
  • Camellia chrysantha
  • Camellia connata
  • Camellia crapnelliana
  • Camellia cuspidata
  • Camellia euryoides
  • Camellia forrestii
  • Camellia fraterna
  • Camellia furfuracea
  • Camellia granthamiana
  • Camellia grijsii
  • Camellia honkongensis
  • Camellia irrawadiensis
  • Camellia japonica, Camelia do Xapón.
  • Camellia kissii
  • Camellia lutchuensis
  • Camellia miyagii
  • Camellia nokoensis
  • Camellia oleifera
  • Camellia parviflora
  • Camellia pitardii
  • Camellia polyodonta
  • Camellia reticulata
  • Camellia rosiflora
  • Camellia rusticana
  • Camellia salicifolia
  • Camellia saluenensis
  • Camellia sasanqua
  • Camellia semiserrata
  • Camellia sinensis
  • Camellia taliensis
  • Camellia transnokoensis
  • Camellia tsaii
  • Camellia vietnamensis T.C.Huang
  • Camellia yunnanensis Cohen-Stuart

Imaxes de camelias en Galicia

Artigo principal: Galería de imaxes de camelias de Galicia.
Camelia branca, Galiza
Camelia de Galiza (Spain)
Camelia rosa. Galiza (España)
Camelia, Galiza

Notas

  1. Kaemfer, Amoenitates exoticae, 1712, noted by Alice M. Coats, Garden Shrubs and Their Histories (1964) 1992, s.v. "Camellia".
  2. [1]
  3. Camelias en Galicia - http://www.camelias.net/textesp.htm
  4. Turgalicia (2012). "Ruta da Camelia". Consultado o 3 de xuño de 2013.
  5. "...algúns dos exemplares máis antigos de camelia japonica da comunidade ... ata chegar aos 500 exemplares..."

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Camelia do Xapón

A camelia do Xapón ou xapoeiro (Camellia japonica) é a especie más coñecida do xénero Camellia. Chamada simplemente camelia ou roseira de inverno, é un arbusto procedente de oriente pertencente á familia Theaceae. Moi común nos xardíns de Galicia, tense chamado a flor das Rías Baixas. É tamén a flor oficial do estado de Alabama nos Estados Unidos.

Camellia reticulata

Camellia reticulata, a camelia reticulada, é unha especie de Camellia nativa do suroeste da China, na provincia de Yunnan. A poboación silvestre está restrinxida aos bosques de montaña no oeste e centro de Yunnan. Atopámola en Galiza coma ornamental nalgúns arboredos, malia non ser tan abundante coma a camelia do Xapón.

Camellia sasanqua

Camellia sasanqua é unha especie botánica de Camellia nativa dos bosques sempreverdes costeiros do sur do Xapón, en Shikoku, Kyūshū e moitas outras illas menores, tan ao sur coma Okinawa. Atópase usualmente medrando en altitudes duns 900 msnm. En Galiza atopámola coma ornamental, acadando algúns exemplares bos tamaño, con todo é máis pequena ca camelia común, con follas miúdas, flores sinxelas e recendentes, adoita rosear antes ca Camellia japonica, polo outono.

Estufa Fría de Lisboa

A Estufa Fría é un xardín invernadoiro que se atopa no Parque Eduardo VII, entre a Alameda Engenheiro Edgar Cardoso e a Alameda Cardeal Cerejeira, en Lisboa.

O seu nome provén de ter sido pensada como unha zona de abrigo de plantas diversas e de non ser usado un sistema de quecemento (na zona fría).

Galería de imaxes de camelias de Galicia

Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae.

Milgrandeira

A milgrandeira ou miligrandeira (Punica granatum) é un arbusto ou pequena árbore froiteira caducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remota Antigüidade polos seus froitos comestíbeis, as milgrandas.Orixinaria da zona dos actuais Irán e Iraq, a milgranda cultívase no Cáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.

Na actualidade é amplamente cultivada en toda Turquía, Irán, Siria, Acerbaixán, Armenia, Afganistán, India, Paquistán, Bangladesh, Iraq, Líbano, Exipto, a China, o Xapón, Birmania, Arabia Saudita, Israel, Xordania, as partes máis secas do sueste de Asia, a rexión mediterránea do sur de Europa e a África tropical. Introducida en América Latina e en California polos colonizadores españois en 1769, cultívase tamén en partes de California e Arizona para a produción de zume.No hemisferio norte a granada é froita de temporada normalmente desde setembro até febreiro. No Hemisferio Sur está en temporada desde marzo até maio.

A milgranda aparece mencionada en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo, nos Himnos homéricos e no Corán.

Nos últimos anos alcanzou un protagonismo principal nos mercados comerciais de todo o hemisferio occidental.

Pazo de Oca

O pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. De estilo barroco, pertence actualmente aos duques de Medinaceli. Foi declarada unha das propiedades de interese cultural da herdanza española.

Tamén é coñecido coma o Xeralife do Norte ou o Versalles galego debido á gran beleza dos seus xardíns, que ocupan 8 hectáreas de terreo e pódense visitar durante todo o ano.

Pazo de Torres Agrelo

O pazo de Torres Agrelo é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda.

Pomo (froito)

En botánica, un pomo (do latín pomum, "mazá") é un tipo de froito complexo de forma arredondada ou piriforme co mesocarpo carnoso e o endocarpo que contén as sementes, producido por plantas da especie vexetal da subfamilia Maloideae da familia Rosaceae.

O pomo é un pseudofroito composto dun ou máis carpelos cercado polo pseudotecido. O pseudotecido é interpretado por algúns especialistas como unha extensión do recipiente polo que se refire coma "córtex" froita, e por outros coma un hipanto fundido ou "toro", é a parte máis comestíbel do froito.

Agás o exocarpo, o mesocarpo, o endocarpo e algúns tipos de froitos que se parecen moito ao exocarpo, a carne, e o núcleo, respectivamente, dunha mazá, son partes do carpelo. O exocarpo e mesocarpo dunha mazá poden ser carnosos e difíciles de distinguir un do outro e do tecido hipantodía. O endocarpo constitúe un caso de coiro ou de pedra en torno da semente, e corresponde ao que é comunmente chamado núcleo. Os restos secos dos sépalos, estames e carpelos ás veces poden verse no final dunha mazá fronte ao tronco, e do ovario, pois, moitas veces descrita como inferior, estas flores.

Teobromina

A teobromina, anteriormente chamada xanteosa, é un alcaloide amargo presente na planta do cacao, coa fórmula química C7H8N4O2. Encóntrse no chocolate, así como noutros alimentos, como as follas de té e a noz de cola. Clasifícase como un alcaloide de xantina, grupo ao que tamén pertencen a teofilina e a cafeína. Estes compostos diferéncianse en que a cafeína ten un grupo metilo extra (ver o capítulo Farmacoloxía).

Malia o seu nome, o composto non contén bromina, xa que o nome teobromina deriva de Theobroma, o nome do xénero da planta do cacao (que en grego significa 'alimento dos deuses')) co sufixo -ina que utilizan outros alcaloides e compostos nitroxenados básicos.A teobromina é un po lixeiramente soluble en auga (330 mg/L), cristalino e amargo. Ten cor branca ou é incolora, pero as mostras comerciais poden ser amareladas. Ten un efecto similar pero menor que a cafeína sobre o sistema nervioso humnano, polo que pode considerarse un homólogo menor. A teobromina é un isómero da teofilina e da paraxantina e clasifícase como unha xantina dimetilo.A teobromina descubriuse en 1841 nos grans de cacao grazas aos traballos do químico ruso Aleksandr Voskresensky. A síntese de teobromina a partir de xantina foi publicada por primeira vez en 1882 por Hermann Emil Fischer.

Theaceae

Theaceae, as Teáceas, son unha familia de plantas con flores pertencente á orde Ericales. É orixinaria de países subtropicais e intertropicais de América e Asia. A esta familia pertencen plantas tan coñecidas coma as camelias ou as plantas do té.

O té é unha infusión estimulante preparada coas follas e rebentos da planta do té, un arbusto da familia Theaceae (Camellia sinensis) A popularidade desta bebida é soamente superada pola auga.. O seu sabor é fresco, lixeiramente amargo e adstrinxente; este gusto é agradábel para moita xente.

Arguméntase que o consumo de té (especialmente verde) é benéfico para a saúde por conter antioxidantes, flavonois, flavonoides, catequinos e polifenois. Debido aos seus catequinos, o té ten propiedades anti-inflamatorias e neuroprotectoras; pode axudar na regulación do apetito e pola súa afinidade cos receptores cannabinoides pode diminuír a dor e maila naúsea, servindo tamén como calmante.O consumo do té verde está asociado cunha diminución do risco de problemas de saúde entre os adultos maiores tales como: infartos, deterioración cognitiva e osteoporose.O té contén L-teanina substancia relacionada cun estado mental calmado en humanos. Un estado semellante ao que se atopa entre os practicantes de meditación.O termo "té herbal" refírese comunmente a infusións de froitas ou herbas que non inclúen a planta do té tales como o mate, a macela, a tila, o poexo entre outros.

A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para preparar o té. Esta norma foi producida no ano 1980 polo comité técnico ISO 34 (alimentos), subcomité 8 (té).

Té (planta)

A planta do té non ten nada que ver coa árbore do té

A planta do té é un arbusto da familia Theaceae, o seu nome científico e Camellia sinensis. Foi orixinalmente descrita por Linné como Thea sinensis, mais este nome caeu en desuso cando se notou que os xéneros Thea e Camellia non presentaban diferenzas significativas entre si. A infusión preparada coas súas follas tamén recibe o nome de Té.

Té bravo

O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides, é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.

Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América.

Té verde

O té verde é un té verdadeiro (feito con Camellia sinensis) que sofre pouca oxidación durante o seu procesamento.

Moi popular na China e no Xapón, hai pouco tempo comezou a consumirse con maior frecuencia no occidente, tradicional consumidor de té negro, debido tanto a unha tendencia orientalista, como ás propiedades antioxidantes que se lle atribúen.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Xardinaxe

A xardinaxe ou xardinaría é a práctica, arte ou actividade de cultivar ou coidar plantas como parte da horticultura. Dáse principalmente en xardíns con plantas ornamentais que se cultivan polas flores, a follaxe ou pola aparencia xeral. As plantas útiles, como as hortalizas de raíz, as de folla, as froitas, as herbas, cultívanse para alimentación, como colorantes, ou para uso medicinal ou cosmético. Porén en lingua galega, e en xeral nas linguas latinas, o termo xardinaxe só designa o eido ornamental, deixando o eido do cultivo de especies útiles e comestíbeis á olericultura, pomoloxía, fruticultura, ou horticultura en xeral.

Un xardineiro, é aquel que practica a xardinaxe, xa sexa de xeito profesional coma por hobby.

A xardinaxe vai logo dende os pomares e bulevares, cun ou máis tipos diferentes de árbores, arbustos, ou herbáceas, até os xardíns residenciais, incluíndo céspedes, plantas en vasos e contedores, tanto de exterior coma interior. A xardinaría pode ser moi especializada, centrándose nunha soa especie ou cultivo, ou acoller un gran número de especies vexetais en plantacións mixtas. Ademais se envolve moito no cultivo intensivo das plantas, de xeito que se diferenza da agricultura ou do sector forestal.

Galicia salienta polos xardíns históricos dos pazos, influenciados pola xardinaxe moderna inglesa. Tamén polos xardíns, pomares e hortas nos eidos privados característicos do espallamento territorial do país onde se mesturan especies autóctonas e foráneas, froiteiras e ornamentais.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.