Cambridge

Cambridge é unha cidade inglesa de 123.900 habitantes (2010), centro administrativo do condado de Cambridgeshire, célebre pola súa universidade, que acolleu, entre outros alumnos e profesores a Isaac Newton.

Coordenadas: 52°12′18″N 0°07′08″L / 52.205, 0.119

Cambridge
KingsCollegeChapelWest
Imaxe do Kings College
Localización
Cambridge en Inglaterra

Cambridge
Cambridge
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónLeste de Inglaterra
Condado cerimonialCambridgeshire
Xeografía
Altitude6 msnm
Superficie115,65 km²
Demografía
Poboación122.700 hab. (2011)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postalCB1 – CB5
AlcaldePaul Saunders
Páxina oficial de Cambridge

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antony Hewish

Antony Hewish, nado o 11 de maio de 1924 en Fowey, Cornualles, Inglaterra, é un astrónomo inglés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1974 xunto con Martin Ryle, sendo os primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomia e os púlsares.

Cambridge University Press

Cambridge University Press (CUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Cambridge") é unha editorial universitaria inglesa que recibiu a súa carta real do rei Henrique VIII no ano 1534 e é unha das dúas privileged presses, xunto coa Oxford University Press.

Ernest Rutherford

Ernest Rutherford, Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en Brightwater (Nova Zelandia) o 30 de agosto de 1871 e finado en Cambridge o 19 de outubro de 1937 foi un físico británico.

Está considerado o pai da física nuclear. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ) e achou que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos. Estes descubrimentos, realizados na Universidade McGill, de Montreal, valéronlle o Premio Nobel de Química en 1908.Porén, Rutherford fixo os seus descubrimentos máis célebres despois de trasladarse á Universidade Vitoria de Manchester, no Reino Unido en 1907. En 1911 teorizou a existencia do núcleo atómico, no que se reúne toda a carga positiva e case toda a masa do átomo e deseñou un modelo atómico, ao que chegou para explicar o fenómeno da dispersión de Rutherford. descuberta por Hans Geiger e Ernest Marsden en 1909 baixo a dirección de Rutherford durante o coñecido experimento da lámina de ouro. Ademais, coa colaboración do seu discípulo Frederick Soddy, conseguiu a primeira transmutación artificial.

Se durante a primeira parte da súa vida consagrouse por completo ás súas investigacións, pasou a segunda metade dedicado á docencia e dirixindo os Laboratorios Cavendish de Cambridge, no que se descubriu o neutrón, e no que se formaron Niels Bohr e Oppenheimer. A súa influencia neste terreo da física que descubriu foi pois especialmente relevante.

Ernest Walton

Ernest Thomas Sinton Walton, nado en Dungarvan, Irlanda, en 1903 e finado en Belfast, Irlanda do Norte, en 1995, foi un físico e profesor universitario irlandés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1951.

George Paget Thomson

George Paget Thomson, nado en Cambridge o 3 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1975, foi un físico británico.

Isaac Newton

Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 4 de xaneiro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático e astrónomo inglés. A súa contribución máis notable foi a lei da gravitación universal, sobre a que Lagrange escribiu: "o sistema do mundo descóbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con Leibniz, do cálculo infinitesimal. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a lei da gravidade. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.

James Chadwick

Sir James Chadwick, nado o 20 de outubro de 1891 e finado o 24 de xullo de 1974, foi un físico inglés laureado co Premio Nobel de Física.

John Kendrew

John Cowdery Kendrew, nado o 24 de marzo de 1917 en Oxford (Inglaterra) e finado o 23 de agosto de 1997 en Cambridge, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

John William Strutt

John William Strutt, terceiro Barón de Rayleigh, nado en Langford Grove, Essex, o 12 de novembro de 1842 e finado en Witham, Essex, o 30 de xuño de 1919, foi un físico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1904.

Joseph John Thomson

Sir Joseph John Thomson, nado en Cheetham Hill, Reino Unido, o 18 de decembro de 1856 e finado en Cambridge o 30 de agosto de 1940, foi un físico británico, premio Nobel de Física en 1906.

Lingua inglesa

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés. O inglés é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais de case 60 estados soberanos. É a lingua máis falada no Reino Unido, nos Estados Unidos, no Canadá, en Australia, Irlanda e Nova Zelandia e está moi estendida nalgunhas áreas do Caribe, África e sur de Asia. É a terceira lingua nativa máis falada do mundo, despois do mandarín e do castelán. É tamén a segunda lingua máis aprendida e lingua oficial da Nacións Unidas, da Unión Europea, e de moitas outras organizacións mundiais e rexionais. É a lingua xermánica máis falada, representando polo menos o 70% dos falantes desta póla da familia indoeuropea.

O inglés desenvolveuse ó longo de máis de 1 400 anos. As formas máis antigas do inglés, unha serie de dialectos anglofrisios, chegaron a Gran Bretaña polos colonos anglosaxóns no século V, son chamadas inglés antigo. O inglés medio desenvolveuse no século XI coa conquista normanda de Inglaterra, nun período no que a lingua foi influída polo francés. O inglés moderno comezou a finais do século XV coa introdución da imprenta en Londres, a Biblia do Rei Xacobe e o comezo da Gran mudanza vocálica. A través da influencia mundial do Imperio Británico, o inglés moderno espallouse por todo o globo dende o século XVII até a metade do século XX. A través dos diversos medios impresos e electrónicos, así como o xurdimento dos Estados Unidos como superpotencia mundial, o inglés converteuse na lingua principal das relacións internacionais e a lingua franca en moitas rexións e en contextos profesionais como a ciencia, a navegación e a lei.O inglés moderno ten pouca flexión en comparanza con outras linguas, e susténtase moito en verbos auxiliares e na orde de palabras para a expresión de tempos complexos, aspectos e modo, así como de construcións pasivas, interrogativas e algunhas negacións. Malia as notables variacións dos acentos e dialectos do inglés empregados en diferentes rexións e países – en termos de fonética e fonoloxía, e ás veces en vocabulario, gramática e deletreo – os falantes de inglés en todo o mundo son quen de comunicarse cos outros con relativa facilidade.

Niels Bohr

Niels (Henrik David) Bohr, nado en Copenhague o 7 de outubro de 1885 e finado na mesma cidade o 18 de novembro de 1962, foi un físico dinamarqués que ideou o modelo atómico precursor do actual e fixo outras contribucións fundamentais para o coñecemento da estrutura atómica e a mecánica cuántica.

Oxford University Press

Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press.

Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.

Esta editora publica varias obras de referencia, entre elas o Oxford English Dictionary, o Oxford Dictionary of English Etymology, o Oxford Advanced Learner's Dictionary, o Concise Oxford Dictionary, os Oxford Worl'd Classics e o Dictionary of National Biography.

Percy Williams Bridgman

Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e falecido en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

Ronald George Wreyford Norrish

Ronald George Wreyford Norrish nado ou 9 de novembro de 1897 en Cambridge (Inglaterra) e finado o 7 de xuño de 1978 na súa residencia de Cambridge, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.

Subrahmanyan Chandrasekhar

Subrahmanyan Chandrasekhar, nado en Lahore (daquela pertencente á India británica actualmente en Paquistán) o 19 de outubro de 1910 e finado en Chicago (Illinois) o 21 de agosto de 1995, foi un físico, astrofísico e matemático indio.

Universidade Harvard

A Universidade Harvard (Harvard University) é unha universidade privada, a máis antiga dos Estados Unidos, localizada en Cambridge, Massachusetts. Fundouna a colonia da baía de Massachusetts o 8 de setembro de 1636. Coñecida ao primeiro como New College, pasou a se denominar Harvard College o 13 de marzo de 1639 por John Harvard, que doara os seus libros e a maioría do seu capital á institución, que se converte en universidade en 1780.

É a universidade con maior orzamento do mundo e unha das máis selectivas. Conta 2.300 profesores, 6.650 estudantes de primeiro ciclo e 13.000 de segundo ciclo, distribuídos en nove facultades [cando?].

Universidade de Cambridge

A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.

Canda á Universidade de Oxford, a Universidade de Cambridge forma a unha gran cantidade dos máis destacados científicos, escritores e políticos de Gran Bretaña. Ambas institucións son coñecidas conxuntamente co nome de Oxbridge e son integrantes do Russell Group.

Universidade de Oxford

A Universidade de Oxford, situada na cidade de Oxford, en Inglaterra, é a máis antiga universidade do mundo anglófono.

A Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge son ás veces referidas colectivamente como "Oxbridge". As dúas universidades manteñen unha longa historia de rivalidade, xa que son as dúas máis antigas e máis coñecidas escolas de Inglaterra.

A Universidade de Oxford é membro do Grupo Russell de entre 19 universidades de investigación intensiva.

Oxford, así como Cambridge e outras, é membro do Grupo Coimbra tamén, unha rede das principais universidades europeas, e do LERU (Liga de Universidades Europeas de Investigación). Tamén forma parte do Europaeum.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.