Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.[4]

Coordenadas: 43°17′33″N 8°20′38″O / 43.29250, -8.34389

Cambre
Bandeira de Cambre
---
Escudo de Cambre
Casa Concello Cambre
Situacion Cambre
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación24.603 hab. (2018)
Área40,7 km²
Densidade604,5 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloCambre
Política (2019[2])
AlcaldeÓscar García Patiño (Unión por Cambre)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: UxC 8, Alternativa dos Veciños 2, Eu Son En Común 1, Xuntos por Cambre 1, C's 1
Eleccións municipais en Cambre
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes23,02%
Na rede
cambre.org
cambre@cambre.org

Xeografía

O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.

O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila,con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.

Demografía

Censo total 2014 24.029 habitantes
Menores de 15 anos 3.828 (15.93 %)
Entre 15 e 64 anos 16.600 (69.08 %)
Maiores de 65 anos 3.601 (14.99 %)
Evolución da poboación de Cambre   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.722 7.805 8.011 9.181 20.919 23.621 23.649 23.879 23.999 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo. Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.

Patrimonio

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.
Cambre Galicia 070330 10

Ponte da ría do Burgo.

Muller mariscadora

Muller mariscadora de Xabier Correa Corredoira, Ría do Burgo.

Cambre Galicia 070330 14

O Paraugas, escultura ó lado da ponte do Burgo.

Cambre Galicia 070330 13

Ponte da ría do Burgo.

Placa altimétrica concello Cambre

Placa altimétrica da casa do concello.

Parroquias

Parroquias do concello de Cambre
As doce parroquias que conforman o concello de Cambre.

Lugares de Cambre

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amador Domínguez Pan

Amador Domínguez Pan, coñecido como Jaime Pimentel, nado en Pravio (Cambre) en 1916 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Anceis, Cambre

San Xoán de Anceis é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.286 habitantes (632 homes e 654 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior. Ten 10 lugares.

Andeiro, Cambre

San Martiño de Andeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 296 habitantes (149 homes e 147 mulleres). A parroquia ten 9 lugares.

Apeadoiro de Cambre

Cambre é un apeadoiro (anteriomente estación) ferroviario de Adif situado no concello de Cambre, na provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Cecebre

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Brexo, Cambre

San Paio de Brexo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 949 habitantes (480 homes e 469 mulleres), o que supón unha diminución en 10 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia ten 15 lugares.

Bribes, Cambre

San Cibrán de Bribes é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 793 habitantes (392 homes e 401 mulleres). A parroquia ten 20 lugares.

Cambre, Cambre

Santa María de Cambre é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 6.956 habitantes (3.414 homes e 3.532 mulleres). A parroquia ten 24 lugares.

Cambre, Malpica de Bergantiños

San Martiño de Cambre é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 228 habitantes (104 mulleres e 124 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Cecebre, Cambre

San Salvador de Cecebre é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2016 tiña 1.314 habitantes (648 homes e 666 mulleres), 29 menos ca en 2015. Ten 16 lugares.

Cela, Cambre

San Xulián de Cela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambre. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 511 habitantes (241 homes e 270 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Dani Mallo

Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un ex-futbolista galego. Xogaba de porteiro.

Meixigo, Cambre

San Lourenzo de Meixigo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 221 habitantes (112 homes e 109 mulleres). A parroquia ten 6 lugares.

O Temple, Cambre

Santa María do Temple é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 9.177 habitantes (4.474 homes e 4.703 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.

Pravio, Cambre

San Xoán de Pravio é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 873 habitantes (441 homes e 432 mulleres). A parroquia ten 14 lugares.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Sigrás, Cambre

Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.482 habitantes (726 homes e 756 mulleres). A parroquia ten 17 lugares.

Vigo, Cambre

Santa María de Vigo é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 293 habitantes (144 homes e 149 mulleres). A parroquia ten 23 lugares.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.