Calvos de Randín

Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é calvense ou randinense[5].

Coordenadas: 41°54′17″N 7°52′32″O / 41.90472, -7.87556

Calvos de Randín
Escudo de Calvos de Randín
Casa consistorial de Calvos de Randín
Casa consistorial
Situacion Calvos de Randín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación779 hab. (2018)
Área97,7 km²
Densidade7,97 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloCalvos
Política (2019[2])
AlcaldeAquilino Valencia Salgado (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Calvos de Randín
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes90,42%
Na rede
http://www.calvosderandin.com/gl

Demografía

Censo total 922 (2015)
Menores de 15 anos 33 (3,58 %)
Entre 15 e 64 anos 395 (42,84 %)
Maiores de 65 anos 494 (53,58 %)
Evolución da poboación de Calvos de Randín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3650 3676 3429 2074 1212 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.

É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.

Historia

A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.

Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.

O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Patrimonio

Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).

Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).

A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.

O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.

Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.

Calvos de Randín na literatura popular

  • A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [6].
  • As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [7].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [8].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [8].
  • As mociñas, as de Calvos,/ gastan dous pares de medias/ pra que lle digan os homes/ que gordas teñen as pernas [8].
  • As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [9].
  • Desde o Outeiro ás Nogueiras/ hai unha tranca no chau;/ a Antonia caiu nela/ i o Francisco deulle a mau [10].
  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [11].
  • Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [12].
  • No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [13]
  • O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [14].
  • Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [15].
  • Viva Calvos, viva Calvos,/ Viva Calvos de Randín,/ viva Calvos, viva Calvos,/ terriña donde eu nacín [16].

Goberno municipal

Artigo principal: Eleccións municipais en Calvos de Randín.

En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura ao alcalde Aquilino Valencia. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Calvos de Randín.
Igreja Santiago Rubias

Igrexa de Santiago de Rubiás

Capela de Santo Antón de Randín

Capela de Santo Antón, en Randín.

Peto de ánimas Calvos de Randín

Peto de ánimas en Calvos.

Inscrición peto Calvos de Randín

Inscrición no peto de ánimas de Calvos.

Lugares de Calvos de Randín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: Lugares de Calvos de Randín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). -de- randín "Calvos de Randín" |url= incorrecto (Axuda). www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
  8. 8,0 8,1 8,2 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. Nogueiras é lugar da parroquia de Santiago de Calvos, no concello de Calvos de Randín; na mesma parroquia hai o lugar de Outeiro.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
  13. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Tampouco se identifica a que Ribas se refire.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirise a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Accidente de Monteagudo

O accidente de Monteagudo foi un accidente de aviación que tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 no concello de Calvos de Randín.

Calvos, Calvos de Randín

Santiago de Calvos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 184 habitantes (89 homes e 95 mulleres), 25 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Castelaus, Calvos de Randín

San Martiño de Castelaus é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 101 habitantes (45 homes e 56 mulleres), 29 máis ca en 2010. En 2007 tiña 75 habitantes (34 homes e 41 mulleres), 32 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Castelo da Picoña

O castelo da Picoña é unha fortaleza situada no outeiro da Almena, no municipio de Calvos de Randín, no camiño que une Randín con Vilar e Vilariño. Está situado ó leste da actual freguesía portuguesa de Tourém. Situado na Raia, na marxe esquerda do río Salas, era a cabeza das Terras da Picoña, defendendo o chamado Couto Mixto, que pasou ó reino de España polo Tratado de Lisboa de 1864. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Feás, Calvos de Randín

San Miguel de Feás é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 78 habitantes (32 homes e 46 mulleres), o mesmo número ca en 2010. En 2007 tiña 81 habitantes (38 homes e 43 mulleres), 11 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Golpellás, Calvos de Randín

San Xoán de Golpellás é unha das nove parroquias do concello ourensán de Calvos de Randín. En 2017 tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres). Segundo o INE e o IGE 2011 tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres), catro máis ca en 2010 (23 homes e 20 mulleres). Na temporada estival aumenta a poboación.

Lobás, Calvos de Randín

San Vicente de Lobás é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 185 habitantes (92 homes e 93 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Calvos de Randín

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Calvos de Randín

Muíños

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Paradela, Randín, Calvos de Randín

Paradela é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Tiña 41 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 19 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (22 homes e 22 mulleres).

Randín, Calvos de Randín

San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Rioseco, Calvos de Randín

Santa Mariña de Rioseco é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres), 10 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Rubiás, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín

Rubiás é un lugar da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín.

Tiña 94 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 45 eran homes e 49 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 95 habitantes (45 homes e 50 mulleres).

Segundo o INE no ano 2007 tiña 97 habitantes (47 homes e 50 mulleres), o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Xunto con Santiago e As Maus conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín

Santiago de Rubiás dos Mixtos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

A parroquia de Rubiás dos Mixtos xunto co lugar das Maus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Santiago, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín

Santiago é un lugar da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín.

Tiña 80 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 43 eran homes e 37 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (39 homes e 28 mulleres).

Serra da Pena

A serra da Pena é unha das serras do sur de Galiza, localizada no extremo meridional do concello de Calvos de Randín. Ten unha grande área de migmatitas e algúns gneis "ollo de sapo", unha intrusión de granito de dúas micas e diques de aplita e pegmatita.

Na vexetación destacan os bosques de cerquiños así como os bidueiros, salgueiros, acivros, castiñeiros ou escambróns. Forma parte do espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais "Baixa Limia-Serra do Xurés".

O punto de maior altitude é o Alto do Candal, con 1.424 metros sobre o nivel do mar.

Vila, Calvos de Randín

Santa María de Vila é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 66 habitantes (32 homes e 34 mulleres), 26 máis ca en 2010 (21 homes e 19 mulleres). En 2007 tiña 38 habitantes (22 homes e 16 mulleres), un máis ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.