Caloría

En física, unha caloría, símbolo cal, é a cantidade de calor (enerxía) necesaria para elevar en 1 grao Celsius a temperatura de 1 gramo de auga (a calor específica da auga é 1).

Unha caloría é equivalente, polo tanto, a 4,18 Joule.

Uso equívoco

Cando se usa caloría para referirse ao valor enerxético dos alimentos, en realidade expresa a cantidade de calor necesaria para elevar en 1 grao Celsius a temperatura de 1 quilogramo (equivalente a 1 litro) de auga. O correcto neste caso sería utilizar kcal (quilocaloría), porén o uso constante en nutrición fixo que se modificase a medida. Así, cando se di que unha persoa precisa de 2.500 calorías, en verdade son 2 500 000 calorías.

A modo de exemplo, un gramo de glicosa proporciona 4 kcal (16,7 kJ).

Véxase tamén

Outros artigos

  • caloría baldeira
  • táboa de calorías
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cal (homónimos)

Cal pode referirse a:

Cal, composto químico de hidróxido de calcio, de cor branca, cáustico e alcalino, que se obtén por calcinación de rochas calcarias e que en contacto coa auga reacciona desprendendo calor;

cal, símbolo da unidade de enerxía caloría;

canle, vía no terreo, ben natural ou artificial, pola que discorre a auga;Como topónimo pode referirse a:

En Galicia

Cal, lugar da parroquia de Bexán, no concello de Cospeito;

Cal da Ortiga, lugar da parroquia de Seixas, no concello das Somozas;

Cal da Pena, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba;

Cal de Abelleira, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba;

Cal de Gaián, lugar da parroquia de Tardade, no concello de Vilalba;

Cal de Moreiras, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña;

Cal de Mourelle, lugar da parroquia de Ansar, no concello de Taboada;

Cal de Mourelle, lugar da parroquia de Cerdeda, no concello de Taboada;

Cal de Peón, lugar da parroquia de Orbazai, no concello de Lugo;

Cal do Baño, lugar da parroquia do Burgo, no concello de Muras;

Cal do Outeiro, lugar da parroquia de Saiáns, no concello de Vigo;

Cal do Pazo, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo;

Cal do Sapo, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro;Fóra de Galicia

Praia de Cal, no municipio brasileiro de Torres;Como apelido, pode referise a:

David Cal, piragüista galego (n. 1982);

Calor

A calor é unha transmisión de enerxía dun sistema a outro como consecuencia dunha diferenza de temperatura entre ambos sistemas. Este fluxo sempre ocorre desde o corpo de maior temperatura cara ao corpo de menor temperatura, existindo transferencia de calor até que ambos corpos se encontren en equilibrio térmico.

A enerxía pode ser transferida por diferentes mecanismos, entre os que cabe destacar a radiación, a condución e a convección, aínda que na maioría dos procesos reais, todos se encontran presentes en maior ou menor grao.

A enerxía que pode intercambiar un corpo coa súa contorna depende do tipo de transformación que se efectúe sobre ese corpo e polo tanto depende do camiño. Nótese que os corpos non teñen calor, senón enerxía interna. A calor é parte de dita enerxía interna (enerxía calorífica) transferida dun sistema a outro, o que sucede coa condición de que haxa diferenza de temperatura.

Tradicionalmente a cantidade de enerxía transmitida por este medio mídese en calorías. Para a súa conversión ó Sistema Internacional, unha caloría equivale a 4,186 J.

Calor específica

A calor específica é unha magnitude física que se define como a cantidade de calor que hai que subministrar á unidade de masa dunha substancia ou sistema termodinámico para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). En xeral, o valor da calor específica depende da temperatura inicial. Represéntase coa letra .

De forma análoga, defínese a capacidade calorífica como a cantidade de calor que hai que subministrar a toda a masa dunha substancia para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). Represéntase coa letra .

Polo tanto, a calor específica é a capacidade calorífica específica, isto é onde é a masa da substancia.

Calor latente

A calor de cambio de estado é a enerxía requirida por unha substancia para cambiar de fase, de sólido a líquido (calor de fusión) ou de líquido a gasoso (calor de vaporización). Nótese que esta enerxía en forma de calor emprégase para o cambio de estado e non para un aumento de temperatura. Durante a mudanza de fase a temperatura da substancia non varía, aínda que si se modifica o seu estado de agregación.

Por exemplo, cando se lle aplica calor ao xeo, este vai aumentado a súa temperatura até que chega a 0 °C (temperatura de cambio de fase), a partir da cal, aínda que lle siga aplicando calor, a temperatura non cambia até que se funda de todo. Isto débese a que a calor emprégase na fusión do xeo.

Unha vez fundido o xeo a temperatura volverá a subir até chegar a 100 °C; cando se manterá estable a temperatura até que se evapore toda a agua.

Antigamente usábase a expresión calor latente para referirse á calor de fusión ou de vaporización. Latente en latín quere dicir escondido, e denomínase así porque, ao non notarse un cambio de temperatura mentres se produce o cambio de fase (a pesar de engadir calor), este quedaba como escondido. A idea provén da época na que se cría que a calor era unha substancia fluída denominada calórico.

Esta cualidade utilízase na cociña, en refrixeración, en bombas de calor e é o principio polo que a suor arrefría o corpo.

Comida rápida

A comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.

Enerxía renovable

Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos. Algúns exemplos son a calor solar, o vento, as mareas e a calor dentro da terra.

En xeral son fontes de enerxía dispersa ou moi pouco concentrada, por exemplo só un 5% da irradiación solar é absorbida polo chan e menos aínda, un 0'3 %, o é polas plantas. Moitas dependen da xeografía e do clima, de modo que non todos os sistemas de calquera tipo de enerxías renovables pódense instalar en calquera lugar. Outra característica bastante xeral é que é aleatoria, é dicir variable e non controlable no tempo e tamén no espazo. Isto fai que sexa imprescindible o uso de sistemas de almacenamento de enerxía, que a gardan a medida que se xera, por un tempo máis ou menos limitado, para que sexa usada segundo a demanda do seu consumo.

No ano 2006, aproximadamente o 18% do consumo mundial de enerxía fora xerado por fontes renovables.

As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

Historia da electricidade

A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.

O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía. Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución.

James Prescott Joule

James Prescott Joule, nado en Salford o 24 de decembro de 1818 e finado en Sale o 11 de outubro de 1889, foi un físico e cervexeiro inglés. Joule estudou a natureza da calor, e descubriu a súa relación co traballo mecánico (véxase enerxía). Isto levouno á teoría da conservación da enerxía o que o levou o desenvolvemento da primeira lei da termodinámica. A unidade de enerxía do SI, o joule (J), débelle o seu nome. Traballou con Lord Kelvin (1824-1907) para desenvolver a escala absoluta de temperatura kelvin-Analizando as variacións de temperatura dun gas non perfecto o expandirse-, fixo observacións sobre a magnetostrición, e descubriu a relación entre o fluxo dunha corrente por unha resistencia e a calor disipada, e chegou a formular a lei que leva o seu nome, a chamada lei de Joule, sobre a calor orixinada polo paso dunha corrente eléctrica. Logo de numerosos experimentos, obtivo o valor numérico do equivalente mecánico da calor. Contribuíu a explicar a teoría cinética dos gases.

Kwashiorkor

O Kwashiorkor é a desnutrición de quen non inxire dabondo proteínas, pero que recibe algunha caloría na forma de fariñas de baixo poder nutricional. O nome, de orixe africana, refírese ao feito de que a doenza sófrea o fillo máis vello despois do seu desmame precoz co nacemento dun irmán máis novo. Como o máis vello pasa a recibir unha dieta pobre en proteínas, el mantén o peso mais tende ao edema. Ao contrario do marasmo, coñécese como desnutrición húmida. O tratamento consiste nunha dieta equilibrada de proteínas e calorías.

Libra (masa)

A libra (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.

Onza (masa)

A onza (símbolo: oz) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma para pesar con maior precisión as mercadorías e outros artigos, especialmente se o seu peso era menor que unha libra romana. A onza aínda se usa frecuentemente nos países anglosaxóns, e antigamente o seu uso era máis estendido en toda Europa.

Ordes de magnitude (enerxía)

Esta lista compara enerxías en Xulios (J), ordenadas por orde de magnitude.

Potencia

En Física, potencia (de símbolo P) é a cantidade de traballo efectuado por unidade de tempo. Isto é equivalente á velocidade de cambio de enerxía nun sistema ou á rapidez en realizar un traballo, segundo queda definido por:

,

onde:

A potencia pódese considerar en función da intensidade e a superficie:

P = I · S

A unidade de potencia no Sistema internacional (SI) é o watt, o cal é equivalente a un joule por segundo.

Fóra do SI tamén se utilizan o Cabalo de Vapor (CV) equivalente a 736 W ou o Horse Power (HP) que son aproximadamente 746 W

Quilovatio hora

O quilovatio-hora, simbolizado kWh, é unha unidade de enerxía. Equivale á enerxía correspondente a unha potencia dun quilovatio (kW) durante unha hora, que corresponde a 3,6 millóns de joules.

O quilovatio hora úsase xeralmente para a facturación da enerxía eléctrica, dado que é máis práctico de utilizar que a unidade de enerxía do Sistema Internacional de Unidades, o joule, o cal corresponde a un vatio por segundo (W·s), que sendo como é unha unidade pequena, obrigaría a empregar cifras grandes.

Refrixeración por compresión

A refrigeración por compresión consiste en forzar mecanicamente a circulación dun fluído por un circuíto pechado creando zonas de alta e baixa presión co propósito de que o fluído absorba calor nun lugar e a disipe noutro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.