Calo, Teo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.961 habitantes (2.021 mulleres e 1.190 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación en 15,1[1] km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.758 habitantes.

Calo
A Igrexa, San Xoán de Calo, Teo 14
Igrexa de San Xoán de Calo.
ConcelloTeo
Área15,1 km²
Poboación4.514 hab. (2017)
Densidade298,94 hab./km²
Entidades de poboación31

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Calo, Teo.
A Igrexa, San Xoán de Calo, Teo 01

Igrexa.

Cruceiro en Rúa de Francos, Calo, Teo

Cruceiro en Rúa de Francos.

A Igrexa, San Xoán de Calo, Teo 06

Peto.

Ponte Rúa dos Francos, Calo, Teo

Ponte Rúa dos Francos.

Lugares e parroquias

Parroquias de Teo

Notas

  1. Páxina oficial do concello de Teo Arquivado 31 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., datos das parroquias

Véxase tamén

Outros artigos

A Pedreira, Calo, Teo

A Pedreira é un lugar da parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 118 habitantes (59 homes e 59 mulleres).

Ameneiro, Calo, Teo

Ameneiro é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 321 persoas (166 mulleres e 165 homes).

En Ameneiro naceu Enrique Líster.

Antonio Insua Rey

Antonio Insua Rey, finado en Calo (Teo) o 22 de xaneiro de 1917, foi un agrarista galego.

Balcaide, Calo, Teo

Balcaide é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 390 persoas (192 mulleres e 198 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 290 habitantes.

Benjamín Salgado Uribe

Benjamín Salgado Uribe, nado en Calo (Teo) en 1889 e finado en Santiago de Compostela en 1950, foi un político galego, alcalde republicano de Vila de Cruces.

Constante Liste Forján

Constante Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 30 de xaneiro de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1936, foi un canteiro, sindicalista e político galego.

Enrique Líster

Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.

Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.

Faustino Liste Forján

Faustino Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 18 de marzo de 1911 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.

Folgueiras, Calo, Teo

Folgueiras é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo. Segundo o IGE, en 2009 tiña 111 habitantes (54 homes e 57 mulleres). O centro de saúde do Servizo Galego de Saúde da zona atópase neste núcleo poboacional.

Galería de imaxes de Calo, Teo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo.

Galería de imaxes de Teo

Galería de imaxes de Teo na provincia da Coruña.

Gonzalo Rodríguez Mourullo

Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935, é un escritor, avogado e xurista galego.

La Tribuna (Calo)

La Tribuna foi un periódico editado en Calo (Teo) en 1934.

Manuel Lueiro Edreira

Manuel Lueiro Edreira, nado en Calo (Teo) e finado no mesmo concello en marzo de 1932, foi un agrarista e xornalista galego.

Manuel Viño Gallego

Manuel J. Viño Gallego, finado en Calo (Teo) o 31 de agosto de 1944, foi un agrarista e político galego.

Osebe, Calo, Teo

Osebe é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2012 tiña de 204 habitantes (107 mulleres e 97 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Neste lugar está a estación de Osebe.

Osebe procede do latín uilla eusebius, co significado de lugar de Eusebio.

Pilar Buela

María Pilar Buela Piedra, nada en Calo (Teo) en 1966, é unha escritora e profesora universitaria galega.

Riotinto, Calo, Teo

Riotinto é un lugar da parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).

Rúa de Francos, Calo, Teo

Rúa de Francos é un lugar da parroquia de Calo, no concello coruñés de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE, en 2013 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.