Callos

Por extensión, denóminanse callos os anacos de estómago de becerra que con diversos condimentos e acompañados doutros produtos constitúen un prato moi típico da gastronomía galega, aínda que non único de Galicia.

ZCallos Primera
Callos
Tripa lavada crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía355 kJ (85 kcal)
0 g
Azucres 0 g
0 g
Fibra alimentaria0 g
3.69 g
Saturadas1.291 g
Monoinsaturadas1.533 g
Poliinsaturadas.180 g
12.07 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Tiamina (B1)
0%
0 mg
Riboflavina (B2)
5%
.064 mg
Niacina (B3)
6%
0.881 mg
Ácido pantoteico (B5)
2%
0.1 mg
Vitamina B6
1%
.014 mg
Ácido fólico (B9)
1%
5 μg
Vitamina B12
58%
1.39 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina D
0%
0 μg
Vitamina E
1%
.09 mg
Vitamina K
0%
0 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
7%
69 mg
Ferro
5%
.59 mg
Magnesio
4%
13 mg
Manganeso
4%
.085 mg
Fósforo
9%
64 mg
Potasio
1%
67 mg
Sodio
6%
97 mg
Cinc
15%
1.42 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga84.16 g
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Denominación

Callos con garbanzos
Callos cociñados con garavanzos

Son chamados así polo seu uso como callantes do leite na elaboración do queixo, conservan o seu nome cando son cociñados para obter un dos pratos máis populares da cociña galega e doutras cociñas como a madrileña.

Receitas

É un prato moi espallado polo norte da Península Ibérica, con distintos xeitos de preparación. Así, por exemplo, o xeito máis habitual de preparalos en Galicia é cocidos con chourizo, pata de vaca e garavanzos e condimentados con pemento e comiño, mentres que os callos á asturiana son aqueles cortados moi pequenos e cociñados con chourizo, patas de porco e pemento, os callos á madrileña son cociñados con chourizo, xamón e patas de año e as chamadas tripas á moda do Porto son preparados con feixóns e comiño, constituíndo un prato tan popular nesa cidade que os seus habitantes son coñecidos como tripeiros[1].

Notas

  1. Lenda dos tripeiros (en portugués)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Callo

O callo é unha substancia empregada para calla-lo leite na fabricación do queixo. Pode ter orixe vexetal (plantas callaleite, entre as que destacan certas especies de cardos), animal (o estómago glandular dos animais lactantes: porco ou becerro) ou sintético.

(Deste uso como callante dado ao estómago de becerro provén o nome de callos para o prato cociñado con anacos do mesmo)

Carnés, Vimianzo

San Cristovo de Carnés é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Accédese a través da estrada que leva ao concello de Camariñas e cruzando a ponte do Porto, a 3 km desta vila porteña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 733 habitantes (397 mulleres e 336 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 808 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 590 habitantes, sendo 283 homes e 307 mulleres.

A festa principal celébrase do 9 ó 12 de xullo, celebrando a festividade de San Cristovo o día 10 e precedido o día 9 da festa gastronómica popular dos callos.

Coloide

Un coloide, unha suspensión coloidal ou unha dispersión coloidal é un sistema fisicoquímico composto por dúas fases: unha continua, normalmente fluída, e outra dispersa a xeito de partículas.

Adoita estar en estado sólido, de tamaño mesoscópico (a medio camiño entre os mundos macroscópico e microscópico). Son partículas non apreciábeis a simple vista, pero moito máis grandes que calquera molécula.

O nome de coloide provén da raíz grega "kolas" que significa "que pode colar ou pegar". Este nome fai referencia a unha das principais propiedades dos coloides: a súa tendencia espontánea a se agregar ou formar callos.

Malia que o coloide por excelencia é aquel no que a fase continua é un líquido e a fase dispersa componse de partículas sólidas, poden atoparse coloides cuxos compoñentes se atopan noutros estados de agregación.

Distintos tipos de coloides segundo o estado das súas fases continua e dispersa:

Brétema, neboeiro, fume, po en suspensión, escuma de barbear, leite, mollos (maionesa), crema de mans, sangue, tinturas, tinta chinesa, pedra Pómez, aeroxeles, xel, xelatina, queixo, cristal de Rubí... Moitas macromoléculas en solución forman coloides, como por exemplo, proteínas globulares en solución. O citosol da célula é un coloide complexo.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Garavanzo

O garavanzo (Cicer arietinum) é unha planta da familia das leguminosas, igual que o chícharo. Cultívase nas rexións mediterráneas e produce un gran comestíbel. Presenta unha dobre vantaxe: alto contido de glícidos asimilábeis e unha porcentaxe elevada en proteínas vexetais.

A planta do garavanzo mide de 20 a 50 cm de altura. O gran, tamén chamado de garavanzo, é redondo e acaba nunha punta. Ao cociñalo (sobre unha hora) conserva a súa forma.

Os seus principais constituíntes son: lípidos, amidón, azucres, sales minerais (fósforo, potasio, magnesio, calcio, sodio, silicio, ferro), arsénico, asparaxina e vitaminas C e B.

A produción mundial de garavanzo está cerca dos oito millóns de toneladas. O garavanzo está ben adaptado aos climas de tipo mediterráneo, como España, Turquía, o Magreb e o sur da Francia. En Galicia pode cultivarse mais non é tan común coma en zonas máis secas coma Castela e o mediterráneo español. O seu cultivo mellora os solos secos e é excelente en rotación, principalmente ao terceiro ano despois do trigo duro.

Intestino

O intestino é unha víscera do aparello dixestivo, de forma tubular, que se estende desde o estómago ata o ano. Alóxase na cavidade abdominal e cumpre unha función de secreción (propia e maila procedente de glándulas anexas como o páncreas ou o fígado) e de absorción dos nutrientes contidos nos alimentos inxeridos.

Presenta formas e estruturas diferentes segundo a especie animal, pero en xeral adopta a forma dun longo tubo con numerosas curvaturas ou asas intestinais. Nos vertebrados superiores (réptiles, aves e mamíferos) divídese en dúas estruturas morfolóxica e funcionalmente diferenciadas que, á súa vez, subdivídense en segmentos ou tramos con funcións específicas:

Intestino delgado: desde o estómago ata a válvula ileocecal.

Duodeno

Xexuno

Íleo

Intestino groso:

cego, no que se atopa o apéndice vermiforme ou apéndice cecal

Colon, con tres porcións: ascendente, tranverso e descendente, máis un colon sigmoide

Recto (ou intestino cular)

José Cornide Saavedra

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

Libro (anatomía)

O libro ou, tecnicamente, omaso , é o terceiro dos preestómagos dos animais ruminantes, caracterizado polas longas láminas que tapizan a súa mucosa interna, que semellan as follas dun libro.

Marinera

A marinera é un ritmo e un baile de parella solto, o máis coñecido da costa do Perú. O baile representa o asedio amoroso a unha muller por parte dun home e caracterízase polo uso de panos que van trazando figuras no ar mentres se baila, estes son normalmente en forma de oitos (8). Este é un baile mostra do mestizaxe hispano-amerindio-africano, entre outros.

A súa orixe atribúese a un baile colonial chamado zamacueca, que era moi popular no século XIX. De todos os xeitos, existen diversas teorías ou correntes sobre a súa orixe e evolución.

O 30 de xaneiro de 1986, as formas coreográficas e musicais da marinera en todas as súas variantes rexionais foron declaradas Patrimonio cultural da nación peruana polo Instituto Nacional de Cultura do Perú, sendo esta a primeira declaratoria desta orde outorgada polo estado peruano.

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Parga, Guitiriz

Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Piñeiro, Mugardos

San Xoán de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mugardos. Segundo o INE en 2016 tiña 458 habitantes (239 mulleres e 219 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 621 habitantes.

Ten unha extensión de 1,28 km², cunha densidade poboacional de 357,81 hab./km². Limita polo leste coa parroquia de Limodre (Fene) polo oeste coa parroquia de Franza, polo norte coa vila do Seixo, e polo sur coa vila de Barracido (Ares).

Queixo Gouda

O gouda é un queixo amarelado neerlandés, chamado así pola cidade de Gouda. O termo "gouda" é hoxe en día un nome xenérico, non estando limitado aos queixos de orixe neerlandesa. O termo "Noord-Hollandse Gouda" ("gouda de Holanda Setentrional") está rexistrado nos EEUU como unha denominación de orixe protexida. O curioso disto é que a cidade de Gouda está situada na provincia de Holanda Meridional; con todo, os queixos do tipo gouda de Holanda Setentrional teñen mellor reputación pola súa calidade.

Retículo

O retículo é o segundo dos preestómagos dos animais ruminantes, unha víscera máis ou menos esférica, duns 8-10 litros de capacidade na vaca adulta, que se caracteriza polos pregos ou laminiñas que forma a súa mucosa debuxando unha retícula de campos cadrados, pentagonais e, maiormente, hexagonais, a modo das celas dun favo.

Rume

O rume ou, popularmente, bandullo é o primeiro e máis voluminoso dos preestómagos dos ruminantes, situado na metade esquerda da cavidade abdominal, entre o diafragma e a cavidade pelviana. Comunica por diante co esófago, que se abre no saco dorsal, e co retículo.

Nos animais lactantes está moi pouco desenvolvido xa que a súa alimentación só precisa do estómago glandular, o calleiro, para a súa dixestión. Nestas idades, o seu tamaño é inferior á metade do volume do calleiro. Segundo vai medrando o animal e comeza a consumir herba, o rume -e os outros preestómagos- comezan a desenvolverse de modo que ó cabo dunhas oito semanas alcanza un tamaño semellante ó do calleiro; ós tres meses alcanza un tamaño do dobre có calleiro e, cando chega ó estado adulto, o volume do rume é unhas nove veces maior có do calleiro, cunha capacidade que pode alcanza-los 200-250 litros no vacún; na ovella, a capacidade do rume é duns 12 litros.

O continuo intercambio dos contidos do retículo e do rume leva a considerar ámbalas vísceras dunha forma unitaria, denominada complexo "retículo-rume".

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro».

Torneiros, O Porriño

San Salvador de Torneiros é unha parroquia do concello do Porriño. Segundo o IGE en 2014 tiña 3889 habitantes (1925 homes e 1964 mulleres), 130 menos ca en 2004 (2048 mulleres e 1971 homes) e 123 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.

Actualmente o arcebispado distingue, e só con carácter eclesiástico, entre San Salvador de Torneiros e San Rosendo de Torneiros. Esta última está formada polos polígonos residenciais presentes na parroquia, construídos no lugar da Relva.

Tripas à moda do Porto

Tripas à moda do Porto é un prato tradicional portugués orixinario da cidade do Porto, e que, segundo unha lenda, se remonta ó período dos Descubrimentos portugueses.O prato é confeccionado con varios tipos de carne, callos, embutidos e feixóns brancos. Este prato foi un dos candidatos finalistas ás 7 Marabillas da Gastronomía portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.