California

California[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

California
State of California
Bandeira de California Selo de California
Bandeira Selo
Lema: Eureka
(Grego: Atopeino)
Mapa dos EUA coa California en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Sacramento
Maior cidade Os Ánxeles
Alcume: The Golden State
(Inglés: O Estado Dourado)
Gobernador Jerry Brown (D)
Área 411 049 km² (3)
 - Terra 404 298 km²
 - Auga 20 047 km² (1,64%)
Poboación (2012)
 - Poboación 38 041 430 (1)
 - Densidade 93,3 /km² (11)
Entrada na Unión
 - Data 9 de setembro de 1850
 - Orde 31º
Xeografía
Fuso horario Pacífico: UTC-8
Latitude 32°30'N - 42°N
Lonxitude 114°8'O - 124°24'O
Largo N-S 1240 km
Ancho E-O 402,5 km
Altitude
 - Altitude media 884 m
 - Máis elevado 4 418 m
 - Menos elevado -86 m
Códigos e abreviacións
 - USPS CA
 - ISO 3166-2 US-CA
Sitio web
www.state.ca.us

Historia

Vancouver-Carlos-mission
Un asentamento misioneiro español, en 1792.

O primeiro europeo en explorar partes da costa californiana foi o portugués João Rodrigues Cabrilho, en 1542. A primeira persoa en explorar toda a costa do actual estado de California foi o inglés Francis Drake, en 1579. A mediados do século XVIII, algúns misioneiros españois instalaron pequenos asentamentos en enormes espazos de terra ao norte do actual estado mexicano de Baixa California. Cando México se tornou independente de España, en 1821, California pasou a ser parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois foron disolvidos e abandonados.

En 1846, durante a Guerra Mexicano-Americana, fundouse a República Californiana, e creouse unha bandeira, a Bandeira do Oso que mostraba un oso dourado e unha estrela. A república chegou a un fin súbito cando o almirante John Sloat da mariña norteamericana entrou na baía de San Francisco, e reivindicou California para os Estados Unidos.

Despois do fin da guerra, California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dúas, Baixa California e Baixa California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California, forma a actual California norteamericana. En 1848, California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 10.000 habitantes. Despois do descubrimento de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O 9 de setembro de 1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.

Durante a Guerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto do 70%) apoiaba aos estados sudistas, mentres que só o 30% apoiaba aos do norte. Mesmo así, California participou activamente na guerra, do lado dos estados do norte, e moitas tropas californianas loitaron do lado da Unión, contra as forzas da Confederación.

Unha conexión ferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en 1869, contribuíu ao crecemento de poboación de California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica da agricultura en xeral.

Actualmente, California é a maior produtora de produtos agropecuario dos Estados Unidos. Descubriuse petróleo no estado no inicio do século XX, o que contribuíu aínda máis ao crecemento de poboación. Entre 1900 e 1965, a poboación medrou ata tal punto que o estado se tornou no máis populoso do país. De 1965 ao presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un polo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.

Xeografía

Map california central valley
Mapa do relevo de California, onde se aprecia claramente o val central.
Basslake goatmountain
Lago Bass, lago artificial en Sierra Nevada.

California limita co océano Pacífico ao oeste, Oregon ao norte, Arizona e Nevada ao leste e co estado mexicano de Baixa California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran val central, altas montañas, desertos quentes e secos e diversas forestas. Cunha superficie de 410.000 km², California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde o clima é lene e confortábel. Sacramento é unha excepción, pois está localizada no val central.

Localizado nunha rexión xeoloxicamente activa, California posúe moitos volcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seus terremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza da Falla de Santo André. Aínda que se rexistraron poderosos terremotos en Alasca e no río Mississippi, os terremotos de California son famosos porque acontecen frecuentemente e atinxen áreas densamente habitadas. Unha lenda popular di que, finalmente, un xigantesco terremoto causará a separación da área costeira de California do continente, que irá afundir no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel desde un punto de vista xeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.

California está dividida en oito distintas rexións xeográficas:

  • As Montañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, inclúen moitas paisaxes forestais, situadas en altas altitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude ao sur das Montañas Klamath e ao longo da costa do Océano Pacífico
  • As Cadeas Litorais, ao sur das Montañas Klamath, caracterízanse pola presenza da Falla de Santo André.
  • As Montañas Cascada, ao norte e leste das Montañas Klamath, están marcadas por numerosas montañas, formadas por erupcións volcánicas.
  • A Basin and Range Region, ao leste das Montañas Castada e no nordeste do estado, son unha rexión montañosa creada polo choque das dúas placas tectónicas.
  • O Val Central, ou Gran Val, localízase no centro do estado, onde se sitúan as dúas grandes bacías hidrográficas, en torno dos ríos máis longos do estado, o río Sacramento e o río San Joaquín. Esta rexión é moi fértil, e produce os tres cuartos da produción agraria de California.
  • A Sierra Nevada, localizada a leste do Val Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de ancho. Aquí está localizado o punto máis alto dos Estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), o Monte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vales. O maior e máis marcado é o Val de Yosemite.
  • A Cadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras esténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, neste estado, as serras esténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no suroeste do estado, e a cidade dos Ánxeles está situada aquí.
  • A Cadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo suroeste do estado, onde está localizada o condado de San Diego.
  • Por fin, a Basin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde se localizan o Deserto de Mojave e o famoso Val da Morte. O Val da Morte está localizado nunha depresión xeográfica, a 86 metros por debaixo do nivel do mar. O Parque Nacional de Yosemite posúe moitas das cataratas máis altas da América do Norte.
Mammoth lakes town
A rexión de Sierra Nevada.
Yosemite Half Dom10
O Parque Nacional de Yosemite.
DeathValley oasis
Vista dun oasis no medio do Val da Morte.

Clima

North California Precipitations
Media de precipitacións no norte de California.
Southern California Precipitations
Media de precipitacións no sur de California.

Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, California posúe unha gran variedade de climas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo coa latitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un clima temperado mediterráneo, con só dúas estacións ben definidas, invernos chuviosos e veráns secos, especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade do Océano Pacífico determina veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.

A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0 °C. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11 °C. A temperatura máis baixa rexistrada é de -43 °C, o 20 de xaneiro de 1937. As mínimas varían entre -45 °C e 10 °C, e as máximas entre -40 °C e 18 °C.

A temperatura media no verán é de 25 °C. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20 °C. Estas rexións posúen mínimas que varían entre 6 °C e 18 °C, e máximas entre 20 °C e 34 °C. No leste e particularmente no sueste posúen altas temperaturas medias no verán, superiores a 33 °C. As mínimas poden chegar ata 2 °C, e as máximas poden superar facilmente os 50 °C nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta rexistrada foi de 57 °C, no Val da Morte, o 10 de xullo de 1913.

As precipitacións caen case sempre en forma de choiva, maiores ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén, Tamarack, en Serra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve. As Cadeas Transversais, Peninsulares e a Serra Nevada impiden o fluxo de aire húmido ao interior do sueste de California, creando unha grande área de clima desértico, o Deserto de Mojave, onde está localizado o Val da Morte.

Temperaturas medias altas e baixas de algunhas cidades de California
Cidade Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Bakersfield 13/4 18/6 20/8 24/10 29/14 33/18 36/21 35/20 32/18 27/13 18/7 13/3
Fresno 12/3 16/5 19/7 23/9 28/13 33/16 36/19 35/18 32/16 25/11 17/6 12/3
Os Ánxeles 18/9 19/9 20/10 21/12 23/13 24/14 28/17 28/17 27/16 25/14 23/12 20/10
Sacramento 12/4 16/6 18/7 22/8 27/11 31/13 33/14 33/14 31/13 24/11 17/6 12/3
San Francisco 13/6 15/8 16/8 18/9 19/10 21/12 22/12 22/13 23/13 21/11 17/9 13/6
San Diego 19/10 19/11 19/12 21/13 21/12 22/17 24/19 26/19 25/19 23/16 21/12 19/9
US Travel Weather

Política

California State Capitol p1080924
Capitolio do Estado de California en Sacramento.
California county map (labeled and colored)
Mapa dos condados de California.

California está constituída como unha república, co que posúe os tres principais poderes gobernamentais: o poder executivo, constituído polo Gobernador e outros oficiais electos; o poder lexislativo, constituído polo Senado e a Asemblea, e o poder xudicial, constituído pola Corte Suprema. O estado tamén permite a participación directa do electorado, a través de referendos e votacións, en decisións gobernamentais.

A actual constitución do Estado foi creada en 1879, aínda que a primeira xa fora adoptada en 1849. As emendas á constitución son propostas xeralmente polo poder lexislativo e, nese caso, precisan ser aprobadas por dous terzos dos membros. As emendas tamén se poden propor por medio de sinaturas, e dicir, directamente pola poboación e, neste caso, as sinaturas precisan conter ao menos o 8% dos votos dos electores que elixiran ao Gobernador na última elección estatal. E finalmente, as novas emendas poden ser propostas a través de Convencións Constitucionais, que precisan ser aprobadas por dous terzos do poder lexislativo. Nos tres casos, se a emenda en cuestión é aprobada, precisa recibir a aprobación dos dous terzos da poboación californiana para entrar en vixencia.

A capital do Estado é a cidade de Sacramento. Ao longo da historia do estado, outras cidades que serviron por algún tempo como capital foron Monterey, entre 1775 a 1849; San Jose, entre 1849 e 1851; Vallejo; entre 1852 e 1853; Benicia, entre 1853 e 1854, e San Francisco, en 1862. A capital mudouse a Sacramento en 1852, con carácter temporal, cando a construción dun Centro de Goberno non puido ser completada a tempo en Vallejo. Fnalmente, Sacramento converteuse oficialmente na capital o 25 de febreiro de 1854, excepto por un curto período en 1862, cando severas inundacións en Sacramento obrigaron unha mudanza temporal a San Francisco.

O Poder executivo está centralizado no Gobernador e noutros oficiais constitucionais, que son elixidos pola poboación por mandatos de catro anos, e poden ser reelixidos unha vez. O Poder lexislativo constitúeno o Senado (formado por corenta senadores) e mais a Asemblea, esta con oitenta membros. Os senadores posúen mandatos de catro anos de duración e os membros da Asemblea de dous anos. A 29 de xaneiro de 2010, son 49 Demócratas, 29 Republicanos, un independente e unha cadeira vacante na Asemblea.

O actual gobernador é Arnold Schwarzenegger, que foi a segunda persoa en substituír un gobernador de estado norteamericano nunha elección de recall, isto é, unha elección onde os electores votan por remover un gobernador aínda en exercicio. Schwarzenegger substituíu a Gray Davis, que gobernou entre 1999 a 2003, retirado do seu oficio a través dos resultados desta elección estatal de recall en outubro de 2003.

O sistema xudicial está supervisado polas sete Casas de Xustiza da Corte Suprema de California. Alén diso, cada condado posúe súa propia Corte Suprema. Os xuíces do sistema son sempre nomeados polo gobernador para mandatos de doce anos de duración, mais eles precisan ser regulamente reconfirmados polo electorado. O sistema legal está explicitamente baseado no sistema legal inglés, mais posúe tamén algunhas características das leis civís españolas.

A nivel nacional, o estado de California está representado por dous senadores e 53 representantes. A pesar de que é un dos estados máis liberais dos Estados Unidos, e de que a poboación apoiou tradicionalmente máis ao Partido Demócrata, algunhas áreas do Estado son politicamente moi conservadoras e habitualmente apoian máis ao Partido Republicano, especialmente os condados de San Diego e Orange. O republicano George W. Bush perdeu en California nas eleccións nacionais de 2004, por 9%, co demócrata John Kerry, ao igual que nas eleccións de 2008, nas que o republicano John McCain perdeu fronte o demócrata Barack Obama, esta vez por un 24%.

Un gran problema do estado son os gastos do Goberno Estatal. California gasta máis anualmente do que recibe a través do goberno ou de impostos estatais. Con isto, a débeda interna estatal continúa a medrar, e actualmente, está na orde das decenas de miles de millóns de dólares.

Subdivisións e orzamento

Artigo principal: Condados de California.

California está dividida nun total de 58 condados. O maior deles é o condado dos Ánxeles, o máis populoso de tódolos Estados Unidos de América, que posúe aproximadamente 10,5 millóns de habitantes, o que supón aproximadamente un terzo da poboación do estado. A maior parte dos condados está administrada por un Consello de cinco membros supervisores e outros oficiais electos pola poboación do condado. Os impostos representan o 60% do orzamento, o resto provén de fondos fornecidos polo goberno americano.

Economía

Hollywood Sign close up 2006
O letreiro de Hollywood, símbolo da importante industria do entretemento californiana.

California é responsable aproximadamente do 14% do produto interior bruto dos Estados Unidos. O PIB foi de 1.400 millóns de dólares en 2004, o maior do país. A renda per cápita é de 33.415 dólares (dato de 2003), a número 12 do país. O índice de desemprego do estado en 2002 era de 6,7%.

O sector primario representa o 2% do PIB de California. A agricultura e a gandaría representan xuntas o 1,95% do PIB, e empregan a preto de 750 000 persoas. O valor total dos produtos producidos por estes dous sectores é o maior de tódolos Estados Unidos. O estado posúe unhas 89 000 facendas, e moitas delas dependen do rego artificial para o cultivo de plantacións. California é o líder nacional na produción de leite, carne de vacún, tomates, amorodos, melóns, pexegos e sandías, e produce a maior parte dos kiwis americanos. Alén diso, California é o segundo maior produtor de laranxas dos Estados Unidos, só por detrás de Florida. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,05% do PIB e empregan preto de 5.000 persoas.

O sector secundario representa o 18% do PIB. A industria manufactureira representa o 14%, e emprega preto de 2,1 millóns de persoas. O valor total dos produtos industrializados é o maior de todos os Estados Unidos, de 211.000 millóns de dólares en 2000. Os principais produtos industrializados fabricados son computadoras, alimentos industrializados, equipamentos de transporte, maquinaria e produtos químicos. A industria da computación e da electrónica en California, unha industria de alta tecnoloxía, é a maior de todo o país, sendo o valor total dos produtos producidos por este sector de case 52.000 millóns de dólares, maior que o valor total de tódolos produtos industrializados de corenta estados americanos. O 40% da electricidade consumida no estado é xerada en hidroeléctricas, o 30% en reactores nucleares e o 25% en centrais de gas natural. California é tamén líder nacional na xeración de electricidade usando fontes renovables de enerxía. Ningún estado produce máis electricidade a través do uso da enerxía eólica e solar, ademais das nomeadas hidroeléctricas. Porén, o crecemento da cantidade de electricidade producida no estado non acompañou, nos últimos anos, o inmenso crecemento de poboación, xerando varios cortes de enerxía. A industria de construción representa o 3,6% do PIB, e emprega a case 915 000. A minería representa case o 0,4% do PIB, e emprega a case 42 000. Os principais recursos naturais extraidos no estado son petróleo, gas natural, ouro e tungsteno.

O sector terciario representa o 80% do PIB. Os servizos persoais, comerciais e comunitarios son responsables do 23% do PIB, e preto de 6,3 millóns de persoas traballan neste sector. Empresas financeiras son responsables do 22% do PIB, traballando 1,48 millóns de persoas neste sector. O comercio emprega a 3,8 millóns de persoas e produce o 16% do PIB. Os servizos gobernamentais empregan a case 2,4 millóns de persoas e producen case o 11% do PIB. Os transportes e telecomunicacións empregan a 818.000 persoas e producen preto do 8% do PIB.

California como nación independente

USA-World Nominal GDP
California en comparación con outros países. PIB no mesmo rango que China, España e Italia.

A miúdo fálase de como sería a economía de California se fose un Estado independente e a súa comparación con outras economías mundiais. Con todo, as estatísticas citadas varían notablemente, aínda que colocan a California entre o sétimo e o décimo lugar mundial dependendo da fonte, e tamén dependendo do ano. Estimacións do ano 2008 poñen a California no posto número oito.[3]

  1. Flag of the United States.svg Estados Unidos (sen California)
  2. Flag of Japan.svg Xapón
  3. Flag of the People's Republic of China.svg China
  4. Alemaña Alemaña
  5. Francia Francia
  6. Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
  7. Italia Italia
  8. Flag of California.svg California
  9. Flag of Brazil.svg Brasil
  10. Flag of Russia.svg Rusia

Demografía

A poboación de California é de 33 871 648 habitantes, segundo o censo nacional de 2000. O crecemento entre 1990 e 2000 foi do 14%. A estimación oficial para a poboación en 2003 foi de 35 484 453 habitantes. California é o estado máis habitado dos estados Unidos, e concentra ela soa ao 12% da poboación norteamericana. Da poboación de California, 9 400 000 (o 26,5% da poboación do estado) naceron fóra do país e estimase que 2 209 000 deles son inmigrantes ilegais, que representan o 6,2 % da poboación do estado.

Etnias e sexo

Crecemento de poboación de California
Ano Habitantes
1850 92.597
1860 379.994
1870 560.247
1880 864.694
1890 1 213 398
1900 1 485 053
1910 2 377 549
1920 3 426 861
Ano Habitantes
1930 5 677 251
1940 6 907 387
1950 10 586 223
1960 15 717 204
1970 19 971 069
1980 23 667 826
1990 29 839 250
2000 33 871 648

Da poboación californiana:

California non posúe un grupo étnico maioritario. Os brancos anglosaxóns aínda son o maior grupo étnico do estado, mais xa non son o grupo maioritario, debido ás altas taxas de inmigración hispana en anos recentes. Os hispanos compoñen un terzo da poboación. Alén diso, o estado posúe a maior porcentaxe de asiáticos dos Estados Unidos, só Hawai posúe unha porcentaxe maior.

Por causa das altas taxas de inmigración hispana, provenientes da América Latina (especialmente México), e maiores taxas de natalidade entre a poboación hispana, prevese que os hispanos se converterán no grupo maioritario da poboación californiana no 2040. Os maiores grupos étnicos son mexicanos (que compoñen preto do 25% da poboación), asiáticos en xeral, alemáns e Británicos. Unha considerable poboación amerindia, 350 000 nativos indíxenas, tamén vive en California. O estado posúe a maior poboación indíxena dos estados Unidos.

Por sexos, o 50,2% son persoas de sexo feminino e o 49,8% son persoas de sexo masculino

Relixión

As afiliacións relixiosas da poboación californiana son as seguintes:

Principais cidades

California é un estado altamente urbanizado. A súas catro maiores rexións urbanas son Os Ánxeles, San Diego, San Jose e San Francisco, todas entre as 20 maiores cidades dos Estados Unidos. O 97% da poboación vive en rexións metropolitanas, e o 93% da poboación viven en áreas urbanas. O estado posúe varias grandes cidades, moitas delas foran parte de algunha das seguintes rexións metropolitanas:

Listaxe Cidade Condado Pob. Listaxe Cidade Condado Pob.
DowntownLosAngeles

Os Ánxeles
San Diego skyline01.JPEG

San Diego
1 Os Ánxeles Os Ánxeles (condado) 4.065.585 11 Bakersfield Kern 333.719
2 San Diego San Diego (condado) 1.353.998 12 Riverside Riverside 300.430
3 San Jose Santa Clara 1.007.223 13 Stockton San Joaquin 290.409
4 San Francisco San Francisco 845.559 14 Chula Vista San Diego 233.108
5 Fresno Fresno 495.913 15 Fremont Alameda 215.636
6 Long Beach Os Ánxeles (condado) 492.682 16 Irvine Orange 212.793
7 Sacramento Sacramento (condado) 502.062 17 Modesto Stanislaus 210.088
8 Oakland Alameda 425.068 18 Glendale Os Ánxeles (condado) 207.303
9 Santa Ana Orange 355.662 19 San Bernardino San Bernardino (condado) 204.483
10 Anaheim Orange 348.467 20 Huntington Beach Orange 202.480
Estimado 2009

Educación

O sistema educativo está amparado por unha emenda constitucional que fai que o 40% da renda anual do goberno se gaste en educación.

Escolas

Royce Hall, University of California, Los Angeles (23-09-2003)
Universidade de California, edificio principal no campus dos Ánxeles.

As primeiras escolas públicas foron inauguradas en San Francisco, en 1850. Dous anos despois, California ordenou que todos os condados e as cidades con máis de 5 mil habitantes fixesen o mesmo, e pasou a fornecer fondos a estes condados e cidades. Actualmente, as regras e normas dítaos o Consello de Educación de California, que está composto por 11 membros escollidos polo gobernador, e aprobados polo Senado do estado. Cada cidade posúe a responsabilidade de administrar o seu propio sistema escolar público. En cidades con menos de 10 mil habitantes e en rexións máis illadas, son os condados os que asumen a responsabilidade de administrar o sistema escolar da rexión. Estes sistemas escolares son financiados a través de impostos municipais e de fondos fornecidos polo goberno estatal.

As escolas do ensino primario (6 - 12 anos) posúen calidades diferentes, dependendo basicamente dos impostos recadados na rexión onde a escola está instalada e do tamaño da administración local. Nalgunhas rexións, os custos administrativos drenan boa parte das fondos destinados ás escolas locais. Nas rexións pobres, a taxa de analfabetismo chega ao 30% ou máis. Unha cousa que todas as escolas posúen en común é que o ensino sobre a historia de California é obrigatorio a todos os estudantes da cuarta serie. Todos os cativos con máis de 6 anos de idade teñen que ir á escola, polo menos ata a graduación na décima segunda ou na décima terceira serie (varía de cidade a cidade), ou ata cumprir 18 anos.

Universidades

Stanford University view of the Oval
Universidade Stanford.

Unha das principais universidades é a Universidade de California, que posúe dez campus, e emprega máis Premios Nobel que calquera outra institución de ensino superior do mundo, e é considerada unha das mellores institucións de ensino superior público do país. Oito campus primarios están localizados en Berkeley, Os Ánxeles, Davis, Santa Cruz, Santa Bárbara, Irvine, Riverside e San Diego. Un noveno campus, localizado en San Francisco, ensina só ciencias, e un décimo campus, en Merced, ensina só lei e dereito.

Con máis de 400 000 estudantes, a Universidade do estado de California é a maior universidade dos Estados Unidos. As facultades comunitarias proporcionan educación vocacional, así como programas de educación continuada (educación para adultos). Cerca de 109 facultades espalladas en 72 distritos diferentes atenden a preto de 2,9 millóns de estudantes. Algunhas institucións privadas de educación superior, internacionalmente re4coñecidas, están tamén localizadas no estado. Entre elas, están a Universidade Stanford, Universidade do Sur de California e o Instituto Tecnolóxico de California (ou simplemente Caltech).

Transportes

ThemeBuildingLAX2
Los Angeles International Airport.
Interstate15 Ivanpah Valley
Unha estrada californiana.

O inmenso territorio californiano está cruzado por un sistema extensivo de estradas, autoestradas e autovías. Todo este sistema é administrado polo Departamento de Transportes de California. A maioría dos californianos usan as vías públicas para se desprazaren ao traballo, compras, lecer e turismo. Moitas das grandes cidades californianas son famosas polos seus grandes conxestionamentos, especialmente Os Ánxeles e San Francisco/Oakville. Só a cidade de Nova York posúe unha reputación similar.

En California están localizadas dous dos aeroportos con máis movemento do mundo: o Aeroporto Internacional de Los Angeles e o Aeroporto Internacional de San Francisco. Son os principais centros aeroportuarios do oeste de América do Norte. Outra ducia de importantes aeroportos comerciais e moitos aeroportos da aviación xeral están espallados ao longo dos cincuenta e oito condados de California.

Posúe tamén moitos grandes centros portuarios. O xigantesco complexo portuario formado polo Porto de Los Angeles e o Porto de Long Beach, no sur do estado, é o de máis movemento do país, responsábel do manexo de aproximadamente un cuarto de todo o tráfico de contedores dos Estados Unidos. Este complexo portuario é tamén un dos de máis movementos do mundo.

O sistema de transporte ferroviario californiano é administrada pola Amtrak. San Francisco e Os Ánxeles posúen sistemas de metro e de metro lixeiro, e San Diego e Sacramento posúen un sistema de light rail. O Metrolink é un método ferroviario de transporte interurbano, e que conecta moitas das grandes cidades do sur de California, conectando San Jose con San Francisco. Case todos os condados operan liñas de ómnibus, e moitas cidades operan os seus propios sistemas de transporte público.

O rápido crecemento de poboación está conxestionando cada vez máis todos os sistemas de transporte do estado. Un crecente problema na política californiana é se o estado debería expandir o seu sistema de autoestradas e estradas, ou incentivar seus condados e cidades a melloraren seus sistemas de transporte público.

Deporte

JT-OSullivan-8-16-08-Packers
O'Sullivan, xogador dos San Francisco 49ers.

California foi sede dos dos Xogos Olímpicos de Os Ánxeles 1932 e Os Ánxeles 1984, dos Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley 1960 así como do Mundial de fútbol de 1994. California ten quince franquías nas Grandes Ligas de deportes profesionais, moitas máis que calquera outro estado. A Área da Baía de San Francisco ten seis equipos nas Grandes Ligas en tres cidades, San Francisco, Oakland e San Jose. Outros tantos ten a Área Metropolitana dos Ánxeles, aínda sendo durante anos a maior área metropolitana que non dispoñia dun equipo na National Football League. Por otra banda, a capital Sacramento posúe un.

Sede dalgunhas das máis prominentes universidades dos Estados Unidos, California ten desde hai moito tempo respectados programas de deportes universitarios. En particular, os programas atléticos de Berkeley, USC, UCLA, Stanford e Fresno State a miúdo clasifícanse a nivel nacional en varios deportes universitarios. California tamén é sede do máis antigo dos títulos universitarios denominados "bowl", a anual Rose Bowl, e a Holiday Bowl, entre outras.

Numerosos circuítos de carreiras de Estados Unidos áchanse en California. Os principais son o California Speedway de Fontana, o circuíto urbano de Long Beach e os autódromos de Laguna Seca e Sears Point, así como os desaparecidos Riverside e Ontario. Ademais de albergar os principais certames norteamericanos de automobilismo e motociclismo, o Gran Premio de Long Beach foi unha proba válida para o Campionato Mundial de Fórmula 1, en tanto que Laguna Seca albergou probas do Campionato Mundial de Motociclismo e o Campionato Mundial de Superbikes. A continuación móstrase unha lista dos principais equipos das Grandes Ligas de deporte profesional de California:

Equipo Deporte Liga Cidade
Oakland Raiders Fútbol americano National Football League Oakland
Los Angeles Chargers Fútbol americano National Football League Os Ánxeles
Los Angeles Rams Fútbol americano National Football League Os Ánxeles
San Francisco 49ers Fútbol americano National Football League San Francisco
Los Angeles Angels of Anaheim Béisbol Major League Baseball Anaheim
Los Angeles Dodgers Béisbol Major League Baseball Os Ánxeles
Oakland Athletics Béisbol Major League Baseball Oakland
San Diego Padres Béisbol Major League Baseball San Diego
San Francisco Giants Béisbol Major League Baseball San Francisco
Golden State Warriors Baloncesto National Basketball Association Oakland
Los Angeles Clippers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Los Angeles Lakers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Sacramento Kings Baloncesto National Basketball Association Sacramento
Anaheim Ducks Hóckey sobre xeo National Hockey League Anaheim
Los Angeles Kings Hóckey sobre xeo National Hockey League Os Ánxeles
San Jose Sharks Hóckey sobre xeo National Hockey League San Jose

Notas

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.
  3. "California economy". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arizona

Arizona é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona, repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.

Carl David Anderson

Carl David Anderson, nado en Nova York o 3 de setembro de 1905 e finado en San Marino (California) o 11 de xaneiro de 1991, foi un físico estadounidense.

Charles Townes

Charles Hard Townes, nado en Greenville (Carolina do Sur) o 28 de xullo de 1915 e finado en Oakland (California) o 27 de xaneiro de 2015, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964, polos seus traballos sobre o láser.

Eric Allin Cornell

Eric Allin Cornell, nado o 19 de decembro de 1961 en Palo Alto (California), é un físico que, xunto con Carl E. Wieman, sintetizaron o primeiro condensado de Bose-Einstein en 1995. Por este avance, Cornell, Wieman, e Wolfgang Ketterle compartiron o Premio Nobel de Física en 2001.

Golfo de California

O golfo de California, tamén chamado mar de Cortés é unha extensión do océano Pacífico situada entre a península de California e os estados de Sonora e Sinaloa, ao noroeste de México.

Ten unha lonxitude de 1203 km e a súa anchura varía entre os 92 e os 222 km.

No seu extremo norte encóntrase a desembocadura do río Colorado.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

James Rainwater

Leo James Rainwater, nado o 9 de decembro de 1917 en Council (Idaho, Estados Unidos) e finado en Nova York o 31 de maio de 1986, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1975.

México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).

Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Oakland

Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Open Library

Open Library é un proxecto en liña cuxo principal obxectivo é a creación dunha base de datos de contido aberto de libros. Foi creado en 2006 por Aaron Swartz e Brewster Kahle, entre outros. Open Library é un proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Archive e foi parcialmente financiado pola Biblioteca Estatal de California e a Fundación Kahle/Austin. Tamén proporciona acceso a libros de dominio público, que poden ser lidos en liña.

En decembro de 2015 tiñan arredor de 20 millóns de libros rexistrados.

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Richard Nixon

Richard Milhous Nixon, nado en Yorba Linda (California) o 9 de xaneiro de 1913 e finado en Nova York o 22 de abril de 1994, foi presidente dos Estados Unidos de 1968 a 1974, e vicepresidente de 1953 a 1961.

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie

Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web. O obxectivo principal da institución é recoller, clasificar, e facer investigación da arte, especialmente na pintura barroca nos Países Baixos.

Grazas á disposición de bases de datos, o visitante pode investigar a vida de moitos artistas dos séculos pasados. A biblioteca dispón de preto de 450.000 títulos, dos cales preto de 150.000 son catálogos de poxa. Hai ó redor de 3.000 revistas. Aínda que moito do catálogo está en neerlandés, o formato de rexistro estándar inclúe unha ligazón a entradas de biblioteca e imaxes de obras coñecidas, que inclúen títulos tanto en inglés como en neerlandés.

O RKD tamén xestiona a versión neerlandesa de Art & Architecture Thesaurus, unha enciclopedia de termos para a xestión da información en arte e arquitectura. A versión orixinal é unha iniciativa do Museo J. Paul Getty en Malibú (California).

Robert Woodrow Wilson

Robert Woodrow Wilson, nado en Houston (Texas) o 10 de xaneiro de 1936, é un físico e astrónomo estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1978.

San Diego

San Diego é unha cidade situada no extremo suroeste do estado de California (Estados Unidos) e, polo tanto, ao extremo suroeste continental dos Estados Unidos. O condado fai fronteira con Tijuana, Baixa California, México. Capital do Condado de San Diego, a cidade ten fama polo seu clima tépedo e as súas numerosas praias. No censo de 2000 tiña unha poboación total de 1.223.400 habitantes. É a segunda cidade máis grande de California e a sétima do país.

San Diego acolle varias bases militares, incluíndo portos da armada estadounidense e bases de infantería de mariña. É ademais a sede da maior frota naval no mundo, incluíndo dous super-portaavións da armada, o USS Nimitz (CVN-68) e o USS Ronald Reagan (CVN-76), cinco naves de asalto anfibio, varios submarinos nucleares e moitas naves menores. Un dos dous centros de recrutamento da infantería de mariña sitúase aquí.

Como proba da súa vinculación histórica coa mariña estadounidense, varios buques desta chamáronse USS San Diego para honrar á cidade. A base naval de North Island tamén é coñecida como o Berce da Aviación Naval en Estados Unidos, aínda que a base naval de Pensacola, en Florida, tamén reivindica este título.

San Francisco

San Francisco é ao mesmo tempo unha cidade e un condado dos Estados Unidos de América, localizada no estado de California, famosa pola súa vida cultural e por ser centro do movemento polos dereitos dos homosexuais. É unha cidade global beta, a cuarta maior cidade do estado de California, posuíndo máis de 733 mil habitantes, e unha das maiores cidades da costa do pacífico dos Estados Unidos. Constitúe, con San José e Oakland, unha área metropolitana con preto de 7,2 millóns de habitantes.

San Francisco fundouse como un presidio español en 1776 co nome de Yerba Buena. Pertenceu a México ata 1846, cando foi ocupado pola mariña dos Estados Unidos, sendo entón bautizada co seu actual nome, San Francisco. Grazas á carreira do ouro no estado de California, en 1848, San Francisco comezou a crecer axiña.

A cidade localízase nunha rexión vulnerábel a terremotos. Grandes movementos sísmicos ocorreron ao longo da historia da cidade, sendo o máis coñecido e destrutivo o ocorrido en 1906. Con todo San Francisco reconstruíuse axiña dese desastre. A fénix deseñada na bandeira da cidade representa o renacemento da cidade da destrución causada por este terremoto.

San Francisco posúe varias atraccións turísticas mundialmente coñecidas, como a Ponte Golden Gate e a antiga prisión de Alcatraz.

Twitter

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, co filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdicción de Delaware dende o 2007.​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos de outros usuarios – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores,​ followers e as veces tweeps​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países.​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Universidade de California en Berkeley

A Universidade de California, Berkeley (tamén coñecida como Cal, University of California, UC Berkeley, UCB, ou simplemente Berkeley) é unha universidade pública mixta localizada en Berkeley (California) ó leste da baía de San Francisco. É a matriz e a máis antiga dos campus da Universidade de California, ademais de ser a máis prestixiosa. UC Berkeley non é só considerada líder en investigación, senón tamén unha das mellores universidades do mundo (segundo lugar en xeral segundo UK Times Higher Education Supplement Primeiro lugar en universidades publicas no mundo). Ademais, o seu campus é famoso pola vista que ten da ponte Golden Gate. Tódalas facultades que imparten formación de posgraduado (dende mestría ata doutoramento) figuran entre as dez mellores do país. Como outras grandes universidades estatais, Berkeley ten unha reputación lixeiramente inferior á de centros privados como a Universidade Harvard, a Universidade Yale, a Universidade de Princeton, e a Universidade Stanford.

Cada ano, máis de 8.500 estudantes reciben algún certificado, xa sexan 5.500 licenciaturas, 2.000 mestrías, 900 doutoramentos ou 200 doutoramentos en leis.

William Bradford Shockley

William Bradford Shockley, nado en Londres o 13 de febreiro de 1910 e finado en Stanford (California) o 12 de agosto de 1989, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.

Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados
Distrito Federal
Áreas insulares
Illas exteriores
Flag of California.svg Alcaldes das cidades con máis de 100 000 habitantes en California Flag of California.svg

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.