Cali

Cali, oficialmente, Santiago de Cali[4], é a capital do departamento de Valle del Cauca,[4] e a terceira cidade máis poboada de Colombia. Está situada na rexión Sur del Valle del Cauca, entre a cordilleira occidental e a cordilleira central dos Andes. A cidade forma parte da Área Metropolitana de Cali, xunto cos concellos achegados a esta.[5] Foi fundada o 25 de xullo de 1536 por Sebastián de Belalcázar, o que a converte nunha das cidades máis antigas de América.

A cidade é un dos principais centros económicos e industriais de Colombia, ademais de ser o principal centro urbano, cultural, económico, industrial e agrario do suroccidente do país e o terceiro a nivel nacional. Como capital departamental, acolle as sedes da Gobernación del Valle del Cauca, a Asemblea Departamental, o Tribunal Departamental, a Fiscalía Xeral, Institucións e Organismos do Estado, tamén é a sede de empresas oficiais como a municipal EMCALI.

É o principal centro deportivo de Colombia, salientando a organización de importantes eventos deportivos como os Xogos Panamericanos de 1971 e os Xogos Mundiais de 2013. É coñecida como «a capital mundial da salsa».[6][7][8]

Coordenadas: 3°25′14″N 76°31′20″O / 3.42056, -76.52222

Cali
Flag of Santiago de Cali
Escudo de Santiago de Cali
Panoramica aleko
Vistas da cidade.
Localización
Cali en Colombia

Cali
Cali
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoValle del Cauca
SubrexiónSur
Xeografía
Altitude1 018 msnm
Superficie619[1] km²
Demografía
Poboación2 369 821 hab. (2015)[2][3]
XentilicioCaleño/a
Outros datos
AlcaldeRodrigo Guerrero (Independente)
Páxina oficial

Etimoloxía

A cidade ten un nome composto como case todas as fundacións españolas en América. Santiago (un dos nomes máis difundidos no continente grazas ás devocións de Santiago de Compostela en España), fai honra ó Apóstolo Santiago. Cali fundouse o 25 de xullo, día no que se celebra a data do Apóstolo Santiago. Por iso se lle deu este nome á cidade. O nome de Cali, en troques, ten varias lecturas: pode provir da lingua paez Caly (tecido sen agullas)[9] ou se cadra fai alusión a un dos pobos amerindios ou ó nome que daba á rexión e a un río ó sur da cidade, Lili (en paez, "húmido").[9] Tamén se cavilou sobre que foron indíxenas aztecas ó servizo dos conquistadores quen deron o nome a Cali, do náhuatl calli ("casa") ou posiblemente sexa unha verba de orixe quechua introducida polos indios Yanaconas que foron traídos polo fundador Sebastián de Belalcázar dende Ecuador, interpretación respaldada pola existencia dunha poboación indíxena de nome "Cali Cali" nas proximidades de Quito. A etimoloxía máis probable é a paez, xa que varios nomes de Valle del Cauca teñen o seu significado nesa lingua,[10] especialmente se se segue o antigo dicionario de Eugenio del Castillo y Orozco.[11]

Xeografía

Los Farallones
Panorámica Farallóns de Cali.

Localización

A cidade atópase no departamento de Valle del Cauca. Xeograficamente, Cali está no val do río Cauca, o segundo en importancia do país. Á altura de Cali, este val ten 35 quilómetros de ancho e a zona urbana está sobre a beira occidental do río. A parte occidental da cidade atópase custodiada polos Farallóns de Cali, que forman parte da cordilleira occidental dos Andes colombianos.

Clima

O clima é de sabana tropical. A cordilleira Occidental bloquea as frontes de aire húmido provenientes do océano Pacífico, aínda que é notable que a airexa mariña chega até a cidade. A cordilleira occidental ten 2 000 m de altitude no norte da cidade e acada os 4 000 m no sur. Isto fai que a rexión suroccidental sexa máis chuviosa que a noroccidental. As precipitacións anuais van dende os 900 mm nas zonas máis secas até os 1.800 mm nas zonas máis chuviosas, con 1.000 mm sobre a maior parte da área Metropolitana de Cali. A temperatura media é de 23.1 °C (73.6 °F) cunhas mínimas de 15 °C (66 °F) e unhas máximas de 32 °C (86 °F), cun máximo absoluto de 36 °C e mínimo absoluto de 13 °C. As estacións secas van de decembro a febreiro e de xullo a agosto, e a estación de chuvias de marzo a maio e de setembro a novembro.

A temperatura máis alta rexistrada en Cali foi de 39 °C o día 16 de agosto de 1979, e a máis baixa foi de 4 °C o 18 de xuño dese mesmo ano. Cali só rexistrou dúas veces acumulación de neve, nos anos 1979 e 1983.

Notas

  1. "Información general de Cali". Alcaldía del municipio. Consultado o 1 de maio de 2015.
  2. Censo DANE 2005
  3. Estimacións da poboación dos concellos colombianos 2005 -2009 según DANE.
  4. 4,0 4,1 "Nuestra Historia:Santiago de Cali tiene 470 años". Alcaldia de Santiago de Cali. Consultado o 3 de maio de 2013.
  5. "Ciro Jaramillo Molina - Jackeline Murillo Hoyos: Análisis de accesibilidad vial para el Área Metropolitana de Cali" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2015.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2015.
  7. http://www.salsa.ch/news_view.php?idnews=178
  8. http://www.hsbnoticias.com/vernoticia.asp?WPLACA=14272
  9. 9,0 9,1 Slocum, Mariana C.; Gerdel Florence L., Yonda-Güejia Rogelio, Ocaña-Nache Porfirio (1983). Diccionario: Paez-Español / Español-Paez. Lomalinda: Townsend. ISBN 0883122774. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2015.
  10. Buga (ola de barro grande), Yumbo (asolagamento, beira do río, río grande), Sonso (ra), Dagua (especie de árbore), Petecué (ancián), Tuluá (horta), Chipichape (choclo cocido), Yotoco (aviva a chama), Quilichao (verte a chama), Changos (escoupro)
  11. Castillo y Orozco, Eugenio (1877). Vocabulario Paez-Castellano. París: Maisonneuve y Cía Libreros Editores.
  12. Instituto de Hidrologia Meteorologia y Estudios Ambientales (ed.). "Climate of Cali-Table of Values" (en castelán). Consultado o 4 de septembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abel Aguilar

Abel Enrique Aguilar Tapias, nado en Bogotá o 6 de xaneiro de 1985, é un futbolista colombiano. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Belenenses.

Aeroporto Internacional El Dorado

O Aeroporto Internacional El Dorado é un aeroporto colombiano, de rango internacional, considerado o aeroporto de Bogotá. Está situado ao sueste de Engativá, pero presta servizo, ademais de á capital do país, a Boyacá e a toda a zona centro do país. O seu código da IATA é BOG.

Aeroporto José María Córdova

O aeroporto internacional José María Córdova (IATA: MDE, OACI: SKRG) é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.

É o principal centro de conexións para a aeroliña de baixo custo Viva Colombia. Ten voos internacionais cara Estados Unidos, Panamá, Costa Rica, O Salvador, Venezuela, Ecuador, Perú, México, Curaçao e España. Opera ademais voos domésticos á meirande parte das grandes cidades colombianas, como Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartaxena, Santa Marta e a illa San Andrés. Tamén é un aeroporto importante para o tráfico de mercadorías, proporcionando transporte aéreo a moitos dos exportadores de flores do leste de Antioquia cara toda América e Europa.

Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu a abrir o seu tráfico reducíuse. Poreén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.

Aeroporto de Miami

O aeroporto internacional de Miami (IATA: MIA, OACI: KMIA), tamén coñecido como MIA e historicamente como aeródromo Wilcox, é o principal aeroporto que serve á área de Miami. O aeroporto é unha área non incorporada no condado de Miami-Dade County, e atópase a 13 km do centro da cidade de Miami. Opera voos de pasaxeiros e carga a cidades en América, Europa e Asia.

É o principal aeroporto do sur de Florida para voos internacionais de longo alcance e un centro de conexións no sueste dos Estados Unidos. Tamén é un dos oito únicos aeroportos do país con voos regulares operados con Airbus A380. O aeroporto é a principal porta de entrada de American Airlines a Latinoamérica, xunto cun centro de conexións doméstico para a súa afiliada rexional American Eagle.

Entre as aeroliñas de carga que operan en Maiami están Atlas Air, Centurion Air Cargo, FedEx Express, IBC Airways e UPS Airlines. Tamén hai varias aeroliñas chárter que serven Miami, como Eastern Air Lines, Miami Air e Xtra Airways. O aeroporto serve como cidade focal para Avianca e LATAM, tanto para operacións de pasaxeiros como de carga.

Miami é a principal porta de entrada entre os Estados Unidos e Latinoamérica, e é un dos principais centros de conexións do país debido á súa proximidade con lugares turísticos, ao crecemento da economía local, á grande cantidade de habitantes latinoamericanos e europeos, e á súa situación estratéxica para poder manexar o tráfico aéreo entre Norteamérica, Suramérica e Europa.

No ano 2010 foi o primeiro aeroporto estadounidense en porcentaxe de voos internacionais e o segundo en volume de pasaxeiros internacionais, despois do aeroporto JFK de Nova York. NO ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 44 350 247 pasaxeiros, converténdoo no 23º máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. Nos Estados Unidos é o 10º aeroporto máis concorrido e é o maior do estado de Florida.

Barranquilla

Barranquilla é unha cidade de Colombia capital do departamento colombiano de Atlántico cunha poboación de 1 219 731 habitantes. A cidade fundouse en 1629. Atópase sobre a marxe occidental do río Magdalena a 7,5 km da súa desembocadura no mar Caribe. En 1993 foi organizada constitucionalmente en distrito especial, industrial e portuario. É o principal centro económico da Rexión Caribe de Colombia, entre as actividades económicas salientan o comercio e a industria.O estabelecemento da cidade data da terceira década do século XVII, cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola Coroa Española. Durante a época da Independencia, Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do século XIX adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do século XX. Dende finais do século XIX até os anos 1930, Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a radio comercial e a telefonía, así como de varios deportes.

A poboación de Barranquilla é de 1 228 621 persoas, o que a converte na cuarta cidade máis poboada do país detrás de Bogotá, Medellín e Cali. A cidade é o núcleo da Área Metropolitana de Barranquilla, a cal está constituída ademais polos concellos de Soledad, Malambo, Galapa e Puerto Colombia. O conglomerado alberga a 2 050 127 habitantes, e ocupa tamén a cuarta posición entre as conurbacións do país. Como capital departamental, Barranquilla é sé da Gobernación do Atlántico, da Asemblea Departamental e do Tribunal Superior do Atlántico, máximo órgano xudicial do departamento.

Barranquilla é sé dunha das festividades folclóricas e culturais máis salientables de Colombia, o carnaval de Barranquilla, declarado Patrimonio Cultural da Nación polo Congreso de Colombia en 2001 e Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2003. A cidade foi designada Capital Americana da Cultura en 2013.

Brayan Perea

Brayan Andrés Perea Vargas, alcumado El Coco, nado o 25 de febreiro de 1993 en Cali, é un futbolista profesional colombiano, que xoga como dianteiro na Società Sportiva Lazio da Serie A italiana. É internacional coas categorías inferiores da selección colombiana.

Carlos Gardel

Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

Carlos Valderrama

Carlos Alberto Valderrama Palacio, nado en Santa Marta o 2 de setembro de 1961, é un ex futbolista colombiano, alcumado "El Pibe".

Está considerado o máximo expoñente da máis importante xeración de futbolistas colombianos da historia, que se destacaron dende mediados dos anos 1980 a mediados dos '90, xeración da que formaron parte René Higuita, Leonel Álvarez, Freddy Rincón e Faustino Asprilla ou Andrés Escobar, entre outros importantes xogadores.

Categoría Primera A

A Categoría Primera A é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa en Colombia, organizada pola División Mayor del Fútbol Colombiano "Dimayor", que pertence á Federación Colombiana de Fútbol.

A primeira edición do campionato colombiano disputouse no ano 1948, composta por 12 equipos; con 2 equipos de Bogotá, 2 de Cali, 2 de Medellín, 2 de Manizales, 1 de Barranquilla e 1 de Pereira; resultando campión o Santa Fe CD de Bogotá. Dende 1948 ate 2011 14 clubs teñen acadado polo menos 1 título de campión, sendo os máis laureados o Millonarios FC de Bogotá e o Atlético Nacional de Medellín, con 14 títulos cada un. O actual campión é o CPD Junior de Barranquilla.

Dende 2002 dispútanse dous torneos por tempada, Apertura e Finalización, saindo dous equipos campións cada ano. Cada torneo componse por unha tempada regular de 18 xornadas, nas que cada equipo enfróntase unha vez cos outros 17, mais un encontro extra de rivalidade rexional. Trala tempada regular os 8 primeiros equipos da táboa clasificatoria dispútanse o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias polo título parten da rolda de cuartos de final, e son a ida e volta, incluída a propia final.

Os equipos campións do torneo Apertura e do torneo Finalización, así como o restante equipo que mais puntos acada na suma dos 2 torneos, teñen dereito a disputar a Copa Libertadores no ano seguinte.

A representación dos equipos da liga colombiana na máxima competición continental ó longo da historia foi pouco salientable. Dende 1960 ate 2011 houbo 9 finais da Copa Libertadores con presenza de equipos desta liga, das cales só 2 remataron coa vitoria colombiana, en 1989 (CDC Atlético Nacional) e 2004 (CD Once Caldas).

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Copa Libertadores

A Copa Libertadores ou CONMEBOL Libertadores é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Sudamérica, organizada pola Confederación Sudamericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Sudamérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.

O equipo con mais títulos da Copa Libertadores é o CA Independiente con 7. O actual campión é o River Plate da Arxentina que gañou ó Boca Juniors, tamén de Buenos Aires, na última final en 2018. O partido de volta de dita final xogouse no estadio Santiago Bernabéu de Madrid, despois de que fora suspendido o encontro no Estadio Monumental polos incidentes violentos ocorridos antes do inicio, nos que algúns afeccionados de River chegaron a atacar o autobús de Boca.

O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Sudamericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Departamentos de Colombia

Colombia consta de 32 departamentos.

Guahaioque

Guahaioque era unha deidade menor na relixión dos muiscas. Era o deus do mal, dos roubos, das mentiras e da morte.

Juana Acosta

Juana Acosta Restrepo, nada en Cali o 28 de novembro de 1976, é unha actriz e modelo colombiana. Actualmente reside en España, onde transcorreu gran parte da súa carreira interpretativa.

A súa parella é o tamén actor Ernesto Alterio, co que ten unha filla chamada Lola e nada en 2006. A súa irmá é a tamén actriz Valentina Acosta. É cuñada de Malena Alterio e nora de Héctor Alterio.

Piper Pimienta

Edulfamid Molina Díaz, chamado Piper Pimienta, nado en Cauca o 4 de agosto de 1939 e falecido en Cali o 4 de xuño de 1998, foi un cantautor colombiano de música tropical e salsa. Ademais de vocalista, tamén acadou certa sona grazas á súa habilidade para o baile.

Salsa (xénero musical)

A salsa é o nome co que se coñece a mestura de ritmos musicais afrocaribeños tal que o son montuno, o guaguancó, o mambo ou a rumba, orixinarios todos eles de Cuba, coa bomba ou a plena portorriqueñas, entre tantos outros.

Selección de fútbol de Panamá

A selección de fútbol de Panamá é o equipo representativo do país e que controla a Federación Panameña de Fútbol (FEPAFUT), nas competicións oficiais organizadas pola Federación Internacional de Fútbol (FIFA).

O seu primeiro partido internacional foi contra a Selección Xalisco, que representaba a México, o 28 de xullo de 1937 en Santiago de Cali, Colombia.Clasificouse por primeira vez na súa historia ó Mundial en Rusia 2018. Na Copa Ouro da CONCACAF alcanzou o subcampionato en dúas oportunidades: 2005 e 2013, derrotado en ambas as ocasións polos Estados Unidos. En Copa Centroamericana, Panamá foi campión no 2009 e subcampión no 2007 e 2017. Panamá tamén ostenta un título da extinta Copa CCCF, en 1951.

Valle del Cauca

Valle del Cauca é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase na rexión natural do Pacífico e componse por 42 concellos. Limita polo norte con Chocó e Risaralda, polo sur con Cauca, polo leste con Quindío e Tolima. Polo ten o océano Pacífico, estando baixo a súa xurisdicción a Illa de Malpelo. A capital do departamento é Cali.

Datos climáticos para {{{location}}}
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F 97,9 93 96,4 93,9 97,2 94,3 90,3 90,7 89,8 92,8 97,2 95,5 97,9
Media máxima en °F 88 88 86 82,4 83,3 86,9 89,4 91,4 86,9 82,4 83,3 87,8 88,97
Media diaria en °F 75 75 75,6 74,8 74,5 74,8 75 75 74,8 73,8 73,8 74,1 73,6
Media mínima en °F 68,9 68 66 62,4 64,8 66,2 68 68,9 67,1 61,5 65,7 68,9 66,37
Temperatura mínima en °F 61 59 63 57 61 57 59 61 59 57 59 63 52
Precipitación media polgadas 1 894 2 398 4 067 4 835 3 827 2 154 1 102 1 819 2 717 4 512 3 882 2 563 35,77
Temperatura máxima en °C 36,6 33,9 35,8 34,4 36,2 34,6 32,4 32,6 32,1 33,8 36,2 35,3 36,6
Media máxima en °C 31,1 31,1 30,0 28,0 28,5 30,5 31,9 33,0 30,5 28,0 28,5 31,0 31,65
Media diaria en °C 23,9 23,9 24,2 23,8 23,6 23,8 23,9 24 23,8 23,2 23,2 23,4 23,1
Media mínima en °C 20,5 20,0 19 16,9 18,2 19,0 20,0 20,5 19,5 16,4 18,7 20,5 19,1
Temperatura mínima en °C 16 15 17 14 16 14 15 16 15 14 15 17 11
Precipitación mm 48,1 60,9 103,3 122,8 97,2 54,7 28,0 46,2 69,0 114,6 98,6 65,1 908,5
Media de días con precipitacións 9 10 12 15 15 10 8 9 11 17 14 11 141
Media de horas de sol mensuais 183,0 155,8 166,5 139,0 147,1 153,1 189,9 175,1 157,4 151,1 153,8 170,1 1 941,9
Fonte: Instituto de Hidrologia Meteorología y Estudios Ambientales[12]
Concellos do Departamento de Valle del Cauca

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.