Calendario celta

Calendario celta é o termo usado para referirse a unha variedade de calendarios usados polos pobos celtas en diferentes épocas da historia.

Calendario celta continental

Coligny
Vista da reconstrución do Calendario de Coligny

O calendario celta da Europa continental máis coñecido é o calendario galo de Coligny. Descuberto en Coligny, Francia, hoxe atópase exposto no museo do pazo das artes galo-romano de Lión (entón chamada Lugdunum) a uns 77 km. de Coligny. Data do século I BCE, cando o imperio romano impuxo o uso do Calendario xuliano na provincia romana da Gallia Lugdunensis. O calendario está gravado nunha placa de bronce, hoxe fragmentada (crese que foi obxecto de rotura ritual sagrada).

O calendario de Coligny é un intento de conciliar os ciclos da lúa e o sol, considera as fases da lúa como base de cálculo, e tódolos meses comezan coa mesma fase luar.

O calendario usa unha regra matemática para manter un calendario normal de 12 meses sincronizado co ciclo lunar, engadindo un mes extra cada 2 anos e medio. O calendario de Coligny rexistra un ciclo de 62 meses lunares de 5 anos (tamén chamado grande ano celta, cando se sincronizan de novo os ciclos do sol e a lúa), dividindo cada mes en 15 días de luz (medio ciclo lunar), e 15 días de escuridade (o outro medio ciclo lunar).

A data do inicio do seu uso é descoñecida, a súa correspondencia cos calendarios dos celtas insulares (Eire e Bretaña) suxire que algunhas das formas lingüísticas e os cálculos implícitos poden datar de tempos proto-celtas, aproximadamente do 800 a. C.. O calendario Coligny efectúa unha complexa sincronización dos ciclos solar e lunar, mantendo un alto grao de sofisticación.

Termos calendáricos nas linguas celtas

Moitos calendarios e termos de cálculo de tempo actuais manteñen termos utilizados nas linguas medievais e modernas celtas. Foron tomados prestados do latín e reflecten a influencia da cultura romana e do cristianismo sobre os celtas insulares (Eire, Bretaña, Illa de Man, Cornualles). As palabras prestadas inclúen os nomes dos meses Januarius (irlandés antigo Enáir, galés Ionawr), Februarius (irlandés antigo Febre, galés Chwerfror), Martius (irlandés antigo Mart, galés Mawrth), Aprilius (irlandés antigo Apréil, galés Ebril), Maius (galés mai), Augustus (irlandés antigo Auguist, galés AWST), os nomes dos días da semana, Dies Solis (Dies Dominica, o Domingo cristián), Dies Lunae, Dies Martis, Dies Mercurii, Dies Iovis, Dies Veneris, Dies Saturnis; os termos Septimania "semana" -de sete días- (bretón Sizun, córnico seithum), Kalendae "primeiro día do mes" (irlandés antigo callann, galés Calan, bretón kala), tempore "tempo" (galés tymor), Matutina "mañá" (córnico Metin), Véspera "noite", novena "mediodía" (galés nawn) e Ora "data" (galés AWR, bretón euros) [1][2]. Un certo número de termos Celtas nativos sobreviviu á adopción do calendario romano cristián, porén:

Termo Protocéltico Galo Irlandés antigo/Irlandés medio Gaélico escocés Manx Galés Córnico Bretón
Día / período de 24 horas *latįon lat (abreviatura, Coligny) la(i)the là, latha laa
Día *diį- (sin)diu = día (hoxe) dia dia je dydd dydh deiz
Noite *nokWt-, *ad-akWi-(?) (tri)nox "(3)-noites, (decam)noct- "(10)-noites-" nocht, adaig nochd, oidhche noght, oie noeth (comp.), nos neth (comp.), nos neiz (comp.), noz
Semana (oito noites/días) *oktu-nokWt- / *oktu-diį- wythnos "8-noites" eizhteiz "8-días"
Quincena *kWenkWe-decam-nokWt- cóicthiges "15 (días)" pythefnos "15 días" pemzektez
Mes *mīss- mid mìos mee mis mis miz
Ano *bl(e)id-anī- b[l]is (abreviatura, Coligny) bliadain bliadhna blein blwydd, blwyddyn bledhen bloavezh, bloaz
Estación, Período de Tempo *ammn, *ammn-stero-, *ratio-, *pritu- amman amm, aimser, ráithe àm, aimsir imbagh, emsher amser, pryd amser amzer
Inverno *gijamo giamo- gem, gemred geamhradh geurey gaeaf gwav goañv
Primavera *ers-āko "fin(do inverno)" (alt. *uesr-āko "[tempo de]primavera"), *ues-ant-ēn-, *ro-bertiā ("torrente, inundación") earrach earrach arragh gwanwyn gwainten reverzi (Bretón antigo: renacemento)[3][4]
Verán *samo samo- sam, samrad samhradh sourey haf hav hañv
Outono *uφo-gijam-r- "cara o inverno", *kintu-gijamo "comezo do inverno", *sito-[...] fogamur foghar fouyr cynhaeaf, hydref kydnyav/kynyav, hedra, here, diskar-amzer ("estación decaida")
Maio *kintu-samVn- (V=vogal sen determinar) "comezo do verán" Cétamain Cèitean Cyntefin
Xuño *medio-samVn- (V=vogal sen determinar) "medio-verán" Mithem(on) Mehefin Metheven Mezeven

Notas

  1. Loth, Joseph. Les mots latins dans les langues brittoniques, E. Bouillon, 1892, p. 44 (et al.).
  2. Dicionario electrónico de lingua irlandesa, Royal Irish Academy, 1983. Online
  3. Jackson, Kenneth Hurlstone. A historical phonology of Breton, Dublin Institute for Advanced Studies, 1967, p. 296, p. 248.
  4. Hamp, Eric. "The Indo-European Roots *bher- in the Light of Celtic and Albanian", in Zeitschrift für celtische Philologie, Volume 39, 1982, pp. 205-218.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abeleira

A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.

Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.

A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.

Calendario

Un calendario é un sistema de medida para longos períodos de tempo. Os calendarios xeralmente definen unidades de espazo en termos de días, con unidades maiores para múltiplos días. Esas unidades reciben nomes ou números para facilitar a lembranza de eventos ou acontecementos históricos e planear eventos futuros.

Herbas de san Xoán

As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite.

Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Samaín

O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh. Historicamente, foi amplamente celebrado en Irlanda, Escocia e a Illa de Man. Festividades semellantes celébranse na mesma época do ano noutros territorios celtas, como as britónicas Calan Gaeaf (en Gales), Kalan Gwav (en Cornualles) e Kalan Goañv (na Bretaña), sendo estas dúas pólas da festividade igual de antigas. En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990, que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas.Crese que o Samaín ten a súa orixe no politeísmo celta e existen evidencias de que foi unha data de importancia dende a antigüidade. Algunhas tumbas de andadeiro neolíticas de Irlanda están aliñadas co amencer na época do Samaín. É mencionado nalgúns textos irlandeses antigos e moitos eventos importantes da mitoloxía irlandesa ocorren ou comezan no Samaín. Era o momento no que o gando baixaba dos pasteiros de verán e era sacrificado durante o inverno. Ó igual que no Beltane, acendíanse fogueiras especiais. Isto era considerado como formas de protección e limpeza e había rituais específicos que implicaban as fogueiras. Coma no Beltane, o Samaín era considerado como un tempo liminal, cando os límites entre este mundo e o Outro mundo podían cruzarse máis facilmente. Isto significaba que os Aos Sí, os 'espíritos' ou 'fadas', podían chegar máis facilmente ó noso mundo. Moitos estudosos consideran os Aos Sí como restos dos deuses pagáns e espíritos da natureza. No Samaín, críase que os Aos Sí tiñan que ser propicios para asegurar que as persoas e o gando sobrevivisen o inverno. As ofrendas de comida e bebida deixábanse no exterior para eles. Tamén se pensaba que as almas dos mortos volvían para visitar os seus fogares buscando hospitalidade. Celebrábanse banquetes, nos cales as almas dos familiares mortos eran convidadas a asistir e tiñan un lugar na mesa para eles. As carautas e disfraces formaban parte do festival, e implicaba que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida. Os disfraces podían ser un xeito de imitar ou asemellarse ós Aos Sí. Os rituais de adiviñación e os xogos formaban unha parte importante do festival e requirían noces e mazás. A finais do século XIX, John Rhys e James George Frazer suxeriron que era como un "Aninovo celta", e este punto de vista foi repetido por outros estudosos.No século IX, a igrexa cristiá cambiou a data do Día de Tódolos Santos dende o mes de maio até o 1 de novembro, ó tempo que o 2 de novembro se converteu no Día dos Fieis Defuntos. Co tempo, o Samaín e o Día de Tódolos Santos fusionáronse para crear a moderna festa do Halloween. Os historiadores empregaron o termo 'Samaín' para referirse ós costumes celtas do 'Halloween' até o século XIX.Dende finais do século XX, os neopagáns celtas e a Wicca consideran o Samaín, ou algo baseado nel, como unha festividade relixiosa.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.