Caledonia

Caledonia (do galo e britónico caled, que deu en kalet, "duro", en bretón) é o antigo nome latino de Escocia, que designaba a parte de Britania ao norte do muro de Hadrián, e despois do de Antonino.

Historia

Nunca foi conquistada polos romanos, nin sequera a expedición militar de Cneo Xulio Agrícola conseguiu someter a zona ao Imperio Romano. Segundo Tácito, unha frota romana circunnavegouna, verificando así o carácter insular de Britania.[1] Na actualidade designa unha comarca setentrional do Reino Unido, en Escocia, ao norte do istmo comprendido entre os esteiros do río Clyde e do Forth.

Os pictos ou caledonios habitaron o lugar até o século VII d. C, cando foron conquistados polos escotos, de onde provén Scotia, o nome de Escocia.

Notas

  1. Tácito. Vida de Agrícola
.nc

.nc é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Nova Caledonia.

O dominio .nc.us é usado no estado de Carolina do Norte, EUA e o dominio .nc.tr é usado na República Turca do Norte de Chipre.

Araucaria

Araucaria é un xénero de árbores coníferas da familia Araucariaceae. Existen 19 especies no xénero, cunha distribucións altamente espallada. En Galicia é común atopala en parques e xardíns urbanos e areas residenciais. Comunmente coñécense coma araucarias, aínda que moitas especies reciben en galego o nome de piñeiros, por séren coníferas, pero cómpre non confundilas cos verdadeiros piñeiros, árbores do xénero Pinus.

Moitas das poboacións actuais son relictas.

Atópanse en bosques e estepas, cunha afinidade para os sitios expostos. Estas árbores verticais son fósiles viventes, da idade Mesozoica. Os rexistros fósiles demostran que o xénero tamén estivo antes no hemisferio norte até o final do período Cretáceo.

A especie Araucaria araucana é a árbore nacional do Chile; os nativos mapuches de Chile central e do suroeste da Arxentina utilizan a semente da araucaria coma alimento. Moitas veces tense chamado á araucaria "piñeiro", malia que a súa relación cos piñeiros (Pinus) está moi afastada.

Arquidiocese católica latina de Nouméa

A arquidiocese de Nouméa (en latín: Archidioecesis Numeana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2013 tiña 141.204 bautizados sobre unha poboación total de 260.166 habitantes. O seu arcebispo é Michel-Marie-Bernard Calvet.

Australasia

Australasia ( pronunciación ) é unha rexión de Oceanía que comprende Australia, Nova Zelandia, a illa de Nova Guinea, e as illas próximas do Océano Pacífico. O termo foi ideado por Charles de Brosses na súa obra Histoire des navigations aux terres australes (1756). Deriva da palabra latina que indica o sur, austral, para identificar esta rexión ao "sur de Asia", diferenciándoa de Polinesia (ao leste) e de Micronesia (ao nordeste). Australasia, ao igual que India, descansa na placa indoaustraliana.

Australia

Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar da Tasmania, ao leste. A través destes mares, ten fronteira marítima coa Indonesia, Timor-Leste e Papúa-Nova Guinea, ao norte, e co territorio francés da Nova Caledonia, ao leste. A súa capital é Camberra.

Bandeira de Nova Caledonia

A bandeira de Nova Caledonia son oficialmente dúas: a bandeira de Francia e a bandeira local adoptada oficialmente no 2010.

Nova Caledonia, territorio francés dende 1853, utilizou oficialmente a Tricolore nas súas institucións. Porén, a comezos da década de 1980, propúxose unha bandeira local durante a celebración do primeiro congreso da Front de libération nationale kanak et socialiste (FLNKS). Esta bandeira, composta por tres franxas horizontais en azul, vermello e verde xunto a un símbolo tradicional, foi utilizada polos militantes pro-independentistas por máis de vinte anos.

No 2008, o goberno de Nova Caledonia iniciou o debate respecto á adopción dunha bandeira e un himno rexional, segundo o estipulado no Acordo de Numéa. A bandeira kanaka foi adoptada masivamente polo congreso local como bandeira rexional xunto coa bandeira francesa, coa que compartirá oficialidade por dous anos. O 17 de xullo de 2010 adoptouse oficialmente a bandeira kanaka nunha cerimonia en Noumea, á que asistiu o primeiro ministro francés François Fillon.Malia a súa aprobación maioritaria por parte do congreso local, a adopción da bandeira foi controvertida. Algúns neocaledonianos manifestaron os seus desexos dun novo deseño para a bandeira, que incopore elementos tanto franceses como kanakas, como forma de representar a coexistencia de ámbolos dous grupos étnicos.

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Britannia

Britannia é un termo antigo para identificar á Britania romana e tamén a personificación feminina da illa. O nome é latino, e deriva da forma grega Prettanike ou Brettaniai, que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo Albion ou Gran Britain; porén, no século-I Britannia converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o Imperio Romano comezou a conquista da illa, establecendo unha provincia que chamaron Britannia, que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a Caledonia (actual Escocia). Os habitantes nativos celtas da provincia son coñecidos como bretóns. No século II, a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio.

O nome latino Britannia sobreviviu á fin do dominio romano no século V, e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o Renacemento inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a Lei de Unión de 1707, que uniu os reinos de Inglaterra e Escocia, a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu re-deseño no 2008.

Colectividade de ultramar

As colectividades francesas de ultramar (francés: collectivité d'outre-mer ou COM), como as rexións francesas, son divisións administrativas de Francia de primeira orde. As COMs inclúen algúns ex territorios de ultramar franceses e outras entidades de ultramar francesas cun estatuto particular. Todas se converteron en COMs logo da reforma constitucional do 28 de marzo de 2003.

A 31 de marzo de 2011, había cinco COMs (colectividades de ultramar) :

Polinesia Francesa: converteuse nunha COM en 2003. A súa lei orgánica de 27 de febreiro de 2004 dálle a designación de país estranxeiro dentro da República (francés: pays d'outre-mer au sein da République ou POM), pero sen a modificación legal do seu estado. A Polinesia Francesa ten un alto grao de autonomía: dúas manifestacións simbólicas disto son o título do presidente da Polinesia Francesa (Le président da Polynésie française) e a súa designación adicional como pays d'outre-mer. Lexislatura: Asemblea da Polinesia Francesa.

San Bartolomé, unha illa das Antillas Menores.

Saint Martin, a parte norte da illa de San Martiño nas Antillas Menores. Saint Martin segue sendo parte da Unión Europea. Tanto el como San Bartolomé foron separados do departamento de ultramar de Guadalupe en 2007 e convertidas nas súas propias colectividades.

Saint-Pierre-et-Miquelon, un grupo de illas no Océano Atlántico da costa de Newfoundland, Canadá. Ten un consello territorial.

Wallis e Futuna, tres pequenas illas no Océano Pacífico e a única parte habitada de Francia que non se divide en comunas.Mayotte foi unha COM desde 1976 ata o 31 de marzo de 2011, cando se converteu nun departamento de ultramar.Nova Caledonia foi clasificada como un territorio de ultramar a partir de 1946, pero como resultado do Acordo de Nouméa de 1998, logrou un status especial (particulier statut ou statut original) en 1999. Estableceuse a cidadanía de Nova Caledonia, e iniciouse unha transferencia gradual do poder do Estado francés á propia Nova Caledonia, que durará de quince a vinte anos.

Departamentos e territorios de ultramar de Francia

Os Departamentos e territorios de ultramar de Francia (francés: departamentos et territoires d'outre-mer, coloquialmente coñecidos como o DOM-TOM [ dɔmtɔm ]) son todos os territorios franceses administrados fóra do continente europeo. Estes territorios teñen diferentes status legais e diferentes niveis de autonomía, aínda que todos (excepto os que non teñen habitantes permanentes) teñen representación no Parlamento de Francia, e en consecuencia o dereito a votar nas eleccións ao Parlamento Europeo. Os departamentos e territorios franceses inclúen territorios insulares nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, Güiana Francesa no continente suramericano e varias illas periantárticas, así como unha reclamación na Antártida.

2.691.000 persoas vivían nos departamentos e territorios franceses en xaneiro de 2013. Cunha superficie combinada de 119.394 km² e unha zona económica exclusiva (ZEE) de 9.821.231 km², os departamentos e territorios franceses (excluíndo Terra Adelia na Antártida, onde se suspendeu a soberanía desde a firma do Tratado Antártico en 1959) representan o 17´8% do territorio terrestre e o 96,7% da zona económica exclusiva da República Francesa.

Desde o punto de vista xurídico e administrativo, os departamentos son moi diferentes dos territorios. A Constitución francesa establece que, en xeral, as leis xerais francesas e regulamentos (Código Civil de Francia, código penal, dereito administrativo, leis sociais, leis fiscais, etc.) aplícanse aos departamentos franceses da mesma maneira que na Francia continental, pero pódense adaptar segundo sexa necesario para satisfacer as necesidades particulares dos departamentos. Nos territorios franceses, polo contrario, as leis non poden ser adaptadas. Nos chamados "estatutos de autonomía" de Francia, os departamentos están facultados para tomar as súas propias leis, excepto en certas áreas (como a defensa, as relacións internacionais, o comercio, a moeda, e o dereito xudicial e administrativo), onde os territorios están obrigados polas leis promulgadas polo goberno francés e por aqueles que Francia nomea para supervisar os territorios.

Cada territorio francés habitado, metropolitano ou no estranxeiro, está representado tanto na Asemblea Nacional de Francia e Senado de Francia (que en conxunto constitúen o parlamento francés). Os departamentos e territorios de ultramar réxense por asembleas locais electas e polo Parlamento francés e Goberno francés (onde un membro do gabinete, o Ministro de Ultramar, é o encargado das cuestións relacionadas cos departamentos e territorios de ultramar).

Lingua francesa

O francés (français) é a terceira das linguas románicas en número de falantes, despois do castelán e do portugués. En 1999, o francés era a 11a lingua máis falada no mundo, con uns 77 millóns de falantes como lingua materna (chamados francófonos) e uns 128 millóns no total, incluíndo os que a usan como segunda lingua.É unha lingua administrativa ou oficial en moitas comunidades e organizacións (como a Unión Europea, ONU, Unión Postal Universal, Unión Africana etc). Antes da Segunda Guerra Mundial o francés era considerado a lingua internacional por excelencia, particularmente na diplomacia, e unha lingua franca no comercio, navegación e transporte.

Lista de reis dos pictos

A lista de reis dos pictos está baseada nas listas de reis da crónica picta. Estes son documentos tardíos e non rexistran as datas nas que reinaron os reis. As diversas listas sobreviventes discrepan nos sitios e nos nomes dos reis, así como a duración dos seus reinados. Unha porción grande das listas, non reproducidas aquí, pertencen á mitoloxía mitoloxía caledonia ou irlandesa. As últimas partes das listas poden ser reconciliadas en gran parte con outras fontes.

Melanesia

Nome co que se coñece a unha parte de Oceanía. Melanesia (procedente do grego μέλας melas (negro), e νῆσος nesos (illa)) é unha rexión que se estende desde Papúa Nova Guinea no ecuador ata Nova Caledonia no trópico, comprende os arquipélagos de Bismarck, Salomón, Novas Hébridas e Fidxi. Habitan a rexión máis de 2 millóns de persoas.

Nouméa

Nouméa é a principal cidade e capital administrativa do territorio de ultramar francés de Nova Caledonia. Atópase nunha península no sur da illa principal de Nova Caledonia, Grande Terre, e é o fogar da maioría da poboación europea da illa, polinesios ( Wallisiáns, Futuniáns, tahitianos), indonesios, e vietnamitas, tamén de moitos melanesios, Ni-Vanuatu e Kanakas que traballan nunha das cidades máis industrializada do Pacífico Sur. A cidade atópase nun porto protexido de augas profundas que serve como porto principal para Nova Caledonia.

No censo de agosto de 2014, había 179.509 habitantes na área metropolitana da Gran Nouméa (francés: agglomération du Grand Nouméa), dos que 99.926 vivían na cidade ( comuna) de Nouméa propiamente. O 66,8% da poboación de Nova Caledonia reside en Gran Nouméa, que abarca as comunas de Nouméa, Le Mont-Dore, Dumbéa e Païta.

Nova Caledonia

Nova Caledonia (en francés: Nouvelle-Calédonie), é un país de ultramar en Oceanía que forma parte da República Francesa, e xa que logo da Unión Europea (UE).

O territorio, situado no suroeste do Océano Pacífico, está composto dunha illa principal e varias illas máis pequenas ao seu redor. A capital é Noumea.

Oceanía

Oceanía ( pronunciación ) é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australia, as grandes illas de Papúa-Nova Guinea e Nova Zelandia, así como por unha cantidade enorme de illas máis pequenas, normalmente coralinas e volcánicas, distribuídas polo océano Pacífico.

Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia) e ó leste con América. Ó norte co océano Glaciar Ártico e ó sur coa Antártida.

Pobo kanaka

Os kanakas son os indíxenas melanesios de Nova Caledonia. Segundo datos do 2009, a súa poboación ascende a 99.078 persoas e constitúen o 40.3% da poboación total de Nova Caledonia.

RMS Majestic (1914)

O SS Bismarck foi orixinalmente un transatlántico alemán encargado pola navieira Hamburg America Line (HAPAG) e construído nos estaleiros Blohm & Voss entre 1913 e 1914. Foi o terceiro da clase Imperator e tivo como buques irmáns ao SS Vaterland e ao SS Imperator.

Unha vez botado en 1914, non chegou a ser completado totalmente debido á entrada de Alemaña na Primeira Guerra Mundial, permanecendo inacabado. Como consecuencia do Tratado de Versalles foi entregado ao Reino Unido en compensación polo afundimento do buque hospital HMHS Britannic. Remodelado, completado e renomeado como RMS Majestic a partir de 1922 foi catalogado como o buque máis grande do mundo. O Majestic serviu para a empresa White Star Line.

Máis tarde, no 1936, a White Star vendeu o buque á Royal Navy que o renomeou como HMS Caledonia destinándoo a buque de adestramento de novos cadetes, ata que un incendio o destruíu parcialmente en setembro de 1939, afundindo preto das costas de Escocia. Finalmente, os seus restos foron desmantelados en 1943.

Vanuatu

A República de Vanuatu é un país localizado no Océano Pacífico Sur. O arquipélago está localizado a uns 1.750 km ao leste de Australia, 500 km ao nordés de Nova Caledonia, ao oeste de Fidxi e ao sur das Illas Salomón. O seu nome colonial era Novas Hébridas; este nome só é usado para referencias históricas.

Wallis e Futuna

Wallis e Futuna é unha colectividade de ultramar francesa, situada no hemisferio sur, no Océano Pacífico e pertencente a Oceanía.

A capital é Mata-Utu, tamén capital da illa Wallis. Composto de tres illas, Wallis, Futuna e Alofi, o arquipelago atopase entre Nova Caledonia e Tahití.

Estas illas de relevo volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.

As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.

A moeda é o franco CFP.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.