Caldo galego

O caldo galego é unha sopa ou caldo típico da gastronomía de Galicia.

Caldo galego
Caldo galego, Galiza
O repolo é un dos ingredientes do caldo galego.
NomeCaldo galego
Outros nomesCrème de marrons
TipoDoce
Lugar de orixeGalicia
IngredientesGrelos, verzas ou repolos, xunto con patacas, unto, fabas, e tamén pode levar chourizo, lacón ou touciño.
Unto
O unto é un compoñente típico do caldo galego

Ingredientes e elaboración

Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.

Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.

O caldo na cultura popular galega

Ditos

  • O que non quer caldo, sete cuncas!, Dise de aquel que estaba amargado por un contratempo ou unha desgraza e lle ocorren varios.
  • Tan honrado é o caldo com'as castañas - Tan malo é un coma outro[1].

Cantigas

  • Ei vén teu pai,

ei vén túa nai

ei vén teu avó,

que nunca foi bo

caldiño pouco

e verciñas catro

sabell-o pan

comá lingua dun gato.

  • Miña sogra morrèose onte

deixoume o caldo na ola,

vamonos comendo o caldo

quen se morreo, que se morra[2].

Refráns

  • Bebe dispois do caldo, e manda o médico ao diaño.
  • Bebe dispois do caldo, e rite do cirurxiano.
  • Caldo de galiña é p'ró enfermo a millor meiciña.
  • Caldo de tripas, moito repenicas.
  • Caldo e sacramentos, p'ra quen os pida.
  • Caldo sen graxa, pan sen tasa.
  • Caldo sen pan dáselle ao can.
  • Canto máis caldo, máis sopas.
  • Custa máis o caldo que as talladas.
  • De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño.
  • Do bo caldo, pouco; do malo, ningún.
  • Fixo a vella un caldo de grelos e chupouse os dedos.
  • O caldo, ben cocido e ben repousado.
  • O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas.
  • O caldo de galiña, a ninguén prexudica.
  • O caldo, engrolado, p'ros porcos é un bo bocado.
  • O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
  • O caldo quenta o corpo.
  • O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
  • O que no caldo bota viño, de vello faise mociño.
  • Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao cirurxiano.
  • Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao cirurxiano.
  • Se queres ter ao teu home gordiño dispois do caldo dalle un gotiño sempre que sexa de viño.
  • Todo sexa craro, menos o caldo[3][4].

Notas

  1. José María Pereda Álvarez (1953): Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega, en Douro Litoral (5ª série, VII-VIII, pp. 19-52)
  2. Juan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979)
  3. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  4. Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abadín

Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» .

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

As verzas na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada das verzas na cultura popular galega, recollida de textos etnográficos, dicionarios e enciclopedias.

Para cura-la tose das vacas, dáselles unto de porco envolto nunha folla de verza e crese que cura decontado.

Para as frieiras e as queimaduras da xente utilizábanse couselos fritidos en aceite, envoltos logo nunha folla de verza que se mete na borralla para que quente, e despois, ben quentes, póñense sobre as frieiras.

Aníbal Otero recolle a crenza de que se se refregan as espullas cunha verza encontrada de fertuna no camiño, curan axiña. Cómpre, logo, botar con ela nun lugar onde nunca máis se pase.

Borsch

O borsch (coñecido tamén como borshtch ou borshch, en ruso e ucraíno: борщ, /Borʃ/ ; en polaco: barszcz; en lituano: barščiai; en romanés: borș; en alemán: borschtsch) é unha sopa de verduras que inclúe xeralmente remolacha, que lle dá unha cor rubia intensa característica, e é tradicional en diversos países do Leste europeo como Ucraína, Polonia, Rusia, Romanía, entre outros.

O borsch consómese masivamente en Ucraína, de onde se admite que é orixinario, pero debe entenderse que este prato constitúe parte da herdanza culinaria de moitos dos países do Leste de Europa e Europa Central. Foi levada a Europa Occidental e a América principalmente por inmigrantes xudeus fuxidos da persecución nestas rexións; en yiddish, lingua falada por moitos destes inmigrantes, o prato chámase borsht (בורשט).

A sopa é normalmente preparada con remolacha, que lle dá unha forte coloración vermella. Outros ingredientes que se acostuman empregar son repolo, cenoria, cogombro, pataca, cebola, tomate, cogomelo e carne, as veces feixón.

O prato acostuma ser servido con nata (crema de leite) e patacas cocidas, ou kascha, unha papa de trigo sarraceno.

Broa

A broa ou boroa é un tipo de pan tradicional feito con millo (pan de millo) típico de Galiza, Portugal e o Brasil (co mesmo nome nos tres países). Faise cunha mestura de fariñas de millo e trigo, ou millo e centeo (como a broa de Avintes), e fermento.

No Brasil adóitase adubar con fiúncho, e varía un chisco da receita do cornbread típico do sur dos Estados Unidos, xa que leveda con fermento natural e non químico.

Este pan ten un sabor e textura rústicos o que o fai axeitado para acompañar sopas, especialmente o caldo galego e portugués de verduras feito con verzas, repolo, pataca e chourizo.

Bóveda

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bovedés ou bovedense.

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Caldo

Caldo é un termo da cociña que designa a substancia obtida ao cocer en auga un ou varios xéneros. Dependendo do xénero hai varios tipos de caldos:

Caldo de carne

Caldo de peixe

Caldo de verdurasE ademais hai unha serie de preparacións específicas:

Caldo curto

FumetEn Galiza emprégase decote en referencia ao caldo galego, prato que se compón xeralmente de verdura, patacas e carne, todo cocido con unto.

Hai moitos tipos de caldo:

Branco, feito con fabas e sen verdura.

Caldo de pucheiro, de galiña, caldo limpo, caldo pobre etc.

Caldo de castañas

O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza. É un prato moi típico dos días fríos de inverno.

Cocido

Un cocido é unha preparación gastronómica feita nunha ola con auga, na que se cocen conxuntamente carnes (de porco, tenreira, polo ou cordeiro), embutidos, verduras (como coles, verzas, nabizas, grelos ou repolo), patacas, legumes (garavanzos, fabas) e outros elementos que ás veces son engadidos no momento de servir.

Debido ás súas numerosas variantes territoriais, o nome adoita ir acompañado do xentilicio relativo á súa orixe xeográfica (madrileño, maragato, lebaniego, galego etc.)

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Grelo

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa). Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.

A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

Do nabo sal a nabiza,

Da nabiza sal o grelo,

son tres persoas distintas

e un solo Dios verdadeiro.No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Mourente, Pontevedra

Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 2107 habitantes.

Nabiza

A nabiza, tamén chamada rabiza, é a folla tenra do nabo (Brassica rapa L.) planta da familia das crucíferas ou brasicáceas.

As nabizas son as primeiras follas do nabo, antes de que esta planta entre en floración, xa que daquela denomínanse grelos, que teñen características organolépticas diferentes.

En Galicia é a verdura típica do outono para facer o caldo galego, e tamén se utiliza como ingrediente dos primeiros cocidos, e mesmo do Lacón con grelos.

A dicir de Eladio Rodríguez, as nabizas son as

E segundo Emilia Pardo Bazán, falando do caldo galego, di

Val de Fornela

O Val de Fornela (ou de Forniella na súa forma autóctona popular e como consta no arquivo municipal de Peranzais) é de orixe glaciar e está situado na bisbarra do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León (España). Encóntrase dentro da Reserva Nacional da Serra de Ancares (Lugo e León), lindeira cos concellos asturianos de Ibias e Degaña. O eixe principal do val é o río Cúa que percorre de norte a sur, encaixado entre altas montañas que acadan os 2000 m.

O acceso ao val pódese realizar cruzando Fabeiro e Bárcena de la Abadía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.