Caldeirada

A caldeirada de peixe (ou simplemente caldeirada) é un cocido tradicional da cociña portuguesa e galega elaborado con diferentes peixes cocidos xuntos nun caldeiro (de aquí o seu nome). É un prato que se serve quente e sinxelo de preparación, é típico alimento dos pescadores da zona costeira do Atlántico tanto de Portugal como de Galicia.

Caldeirada de raia, Galicia
Caldeirada de raia.
Caldeirada de raia
Caldeirada de raia.

Características

O ingrediente principal é unha variada oferta de peixes, xeralmente emprégase rodaballo, congro, pescada, raia etc é dicir peixes de rocha que aguantan ben unha cocción, e patacas cortadas en panadeira xunto con cebola, a cocción realízase nuns vinte minutos e adoita aromatizarse con follas de loureiro e pementa negra e un pouco vinagre. Antigamente os pescadores empregaban na caldeirada os peixes de menor valor, ou aqueles que rompían nas redes de pescar, ás veces para sazonar o peixe engadíaselle algo de auga do mar ao caldeiro.

Servir

A caldeirada pode ser máis ou menos líquida dependendo da cantidade de peixe empregada, nalgúns casos é unha sopa con gran sabor concentrado de peixe, noutros casos é un prato cheo de anacos de peixe cocido. En calquera caso sérvese sempre quente, as veces adoita acompañarse cuns anacos de pan torrado para poder aproveitar a sopa. Adóitase acompañar ben cun albariño ou un ribeiro.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ranchos de a bordo. Cocina de nuestros pescadores, Cristino Alvarez, 2ª Ed. 1995.

Outros artigos

  • Bouillabaisse, variante da cociña francesa.
Abadexo

O abadexo, badexo badeixo, Pollachius pollachius, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.A primeira descrición da especie foi feita por Carl von Linné en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae: Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp., data e obra que marcan o inicio da taxonomía e nomenclatura zoolóxica modernas, baixo o nome de Gadus pollachius en 1758.

Os exemplares novos (é dicir, os de tamaño pequeno ou mediano) denomínanse cerretas corbelos, corobinas[Cómpre referencia], curubelos, paleotas, sarretas, serretas, sarretos ou zarretas.

Agulla (peixe)

A agulla ou corcito (Belone belone Linnaeus 1761) é un peixe mariño da familia Belonidae, longo e estreito e coas mandíbulas moi afiadas, todo o que lle dá un aspecto de agulla.

Ríos Panisse (1977) recolleu para esta especie o nome de agulla e mailas variantes agulla de terra, peixe agulla, aghillón e aghulla en 46 dos 56 portos galegos nos que fixo a enquisa; tamén recolleu os nomes de alcrique, chandarme/chandarma e alpabarda (nomes que se aplican con máis frecuencia a outro peixe semellante, Scomberesox saurus) e, para os exemplares pequenos, os nomes de corcito/corsito, furón ou rato.

Ameixa (molusco)

O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscos bivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos do mar, malia que hai especies que viven en augas doces.

As ameixas pertencen a especies diferentes da familia Veneridae.

Carlos Castro

Carlos Castro Roig, nado na Coruña o 24 de maio de 1961, é un músico galego especializado en instrumentos de percusión.

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia de outros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

Congro

O congro, Conger conger (Linnaeus, 1758), é unha especie de peixe teleósteo da orde dos angüiliformes e familia dos cóngridos, común nas costas orientais do océano Atlántico norte, incluído o mar Báltico, desde Noruega até Senegal, así como en todo o Mediterráneo, até o mar Negro.O congro é unha especie pesqueira de grande importancia comercial en Europa, onde se capturaban anualmente na década de 1990 entre 10.000 e 15.000 toneladas.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Escacho

Co nome de escacho desígnase un peixe mariño da familia dos Tríglidos (Triglidae), da orde dos Escorpeniformes (Scorpaeniformes).

O nome científico da especie tipo é Chelidonichthys lucerna (Linnaeus 1758), que aínda se pode atopar nas guías de peixes cos sinónimos obsoletos de Trigla lucerna ou Trigla hirundo.

Tamén se designan con este mesmo nome, por veces con cualificativos diferenciadores, outras especies da mesma familia, moi similares morfoloxicamente, como Trigloporus lastoviza, Trigla lyra, Aspitrigla cuculus, Aspitrigla obscura, Eutrigla gurnardus, Lepidotrigla cavillone etc.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Gastronomía de Portugal

A gastronomía de Portugal mostra influencias mediterráneas (incluíndose na denominada dieta mediterránea) e atlánticas, destacando polo alto consumo de peixe.

Linguado

Solea solea (Linnaeus, 1758) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, coñecida en galego como linguado común, ou linguado propiamente dito.Adoita acadar até os 70 cm de lonxitude e até os 3 kg de peso, como máximo. A forma do seu corpo é ovoidal, alongada e aplanada por ambos os lados. Déitase nos fondos sobre o seu lado esquerdo. Durante a súa fase inicial de desenvolvemento, o seu ollo esquerdo comeza a virar cara ao seu lado dereito. Todo o seu corpo está protexido por pequenas escamas ctenoides, e é de cor marrón verdosa, aínda que poden alterar a súa cor para mimetizarse co leito onde se atopa a fin de cazar mellor. O lado esquerdo, que se atopa en contacto co fondo, é de cor branca.

A súa boca disponse en forma oblicua, con beizos protráctiles, e está provista de agudos dentes que concentran nun só dos bordos de ambos os maxilares. Cazador por excelencia, aliméntase de pequenos peixes, crustáceos e invertebrados bentónicos.

Reprodúcese durante a primavera. A femia deposita miles de óvulos no leito e o macho os fecunda. A femia pode pór entre dous e tres millóns de óvulos ao ano. Unha vez fecundado, o ovo, peláxico, flota na superficie, pero a medida que se van desenvolvendo os individuos, e despois da súa metamorfose para se coneverteren en peixes planos, migran cara ao fondo. As crías (larvas) nacen aos quince días da desova, e son peláxicas durante catro a seis semanas.

É un peixe de grande importacia comercial, sendo obxecto de activa pesca, e a súa carne é moi apreciada. Canda o rodaballo, é un dos peixes máis famosos na gastronomía de Galicia e doutras partes de Europa.

Malandrómeda

Malandrómeda é un grupo musical compostelán formado por Hevi e diferentes colaboradores.

Manuel María Puga Parga

Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e falecido na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un escritor, gastrónomo e político galego.

Merlo

O merlo, melro ou merliño (do latín merulu) é a designación común da especie Turdus merula de aves paseriformes pertencentes á familia Turdidae.

Os merlos presentan forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas. Os poliños teñen o ventre punteado. Esta ave europea paseriforme é omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29 cm.

Midway, Utah

Midway é unha cidade do condado de Wasatch, estado de Utah, Estados Unidos. Segundo o censo de 2000 a poboación era de 2.121 habitantes. Midway, como moitas cidades en Utah, está orgulloso da homoxeneidade dos seus fundadores, como tal, adoptou o requirimento de que as construcións teñan unha porcentaxe da súa arquitectura exterior de estilo suízo.

Polbo común

O polbo común (Octopus vulgaris, Cuvier 1797) é un molusco cefalópodo octópodo, da familia Octopodidae, de grande importancia pesqueira e moi apreciado na gastronomía.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.