Caldas de Reis

Caldas de Reis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 9.834 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é caldense[5][6].

Coordenadas: 42°36′9.39″N 8°38′32.81″O / 42.6026083, -8.6424472

Caldas de Reis
Escudo de Caldas de Reis
Ayuntamiento 001. Caldas de Reyes
Casa do Concello de Caldas de Reis.
Situacion Caldas de Reis
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación9.860 hab. (2018)
Área68,2 km²
Densidade144,57 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloCaldas De Reis
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Manuel Rey Rey (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais en Caldas de Reis
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes51,71%
Na rede
http://www.caldasdereis.com/
caldasdereis@fegamp.es

Localización

Limita cos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Moraña, Portas e Vilanova de Arousa.

Está situado na depresión que cruza Galiza de norte a sur desde Santiago de Compostela até Tui, a 21 km de Pontevedra. Trátase dun concello densamente poboado que constitúe un dos centros comarcais de máis tradición e cuxa influencia se estende até Pontecesures, Cuntis e Campo Lameiro.

É cabeceira de Partido Xudicial desde 1988 (antes pertencía a Pontevedra). Pertence ao arciprestado de Moraña e á diocese de Santiago.

Poboación

A seguinte táboa describe o crecemento de poboación en Caldas de Reis:

Censo total 9.834 (2015)
Menores de 15 anos 1.340 (13.63 %)
Entre 15 e 64 anos 6.381 (64.89 %)
Maiores de 65 anos 2.113 (21.47 %)
Evolución da poboación de Caldas de Reis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.505 8.319 9.376 8.702 9.522 10.036 10.060 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Orografía e climatoloxía

O río Umia percórreo de norte a sur. Predominan os terreos de pendente escasa, a excepción dunha faixa de montañas no leste e o monte Xiabre (647 m), o que, en combinación coas elevadas precipitacións, ocasiona inundacións con certa frecuencia. A temperatura oscila entre os 12 °C e os 14 °C con máximas en xullo (20 °C) e mínimas en xaneiro (7 °C).

Historia

Os primeiros poboadores coñecidos foron os cilenos. Os romanos establecéronse atraídos polas fontes termais (de onde procede o nome da vila: Aquae Celenae. A vila aparece no itinerario de Antonino, dentro da vía XIX, que unía Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).

Caldas foi sede episcopal até 569, ano en que esta pasou a Iria. Durante este tempo viuse axitada polo priscilianismo e foi sede dun concilio de bispos galegos.

Caldas denomínase "de Reis" porque acolleu a Afonso VII (fillo de dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza).[Cómpre referencia] O castelo que a raíña tiña foi derrubado para, coas súas pedras, construír a igrexa de San Tomé. Esta igrexa disque se dedicou a San Tomé de Canterbury, que pasou pola vila facendo o Camiño de Santiago, que transcorre por ela desde Portugal.

Caldas de Reis foi declarada vila de reguengo por Filipe II.

Patrimonio histórico-artístico

O principal achado arqueolóxico no concello de Caldas está representado polo tesouro de Caldas, valiosísimo conxunto de pezas datadas entre o 1500 e 1600 a.C. e descubertas casualmente en 1940. Suponse que o tesouro estaba formado por un total de 25 kg de ouro, dos que só se conservan 14,9 kg, no Museo de Pontevedra, formado por un peite, tres vasos, 31 lingotes (28 curvos e 3 barras) e 6 anacos dunha lámina de tiras, todo o cal constitúe a maior acumulación de ouro de toda a Prehistoria europea. No Auditorio de Caldas de Reis consérvase unha reprodución. Museo de Pontevedra.

Hai varios castros (Santa María, Bemil, Follente, Outeiro e Castelo), pazos (O Monte, Casalnovo) e casas grandes (Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, Santo Andrés de Cesar, Santo Estevo de Saiar).

A ponte de Bermaña, no centro da capital municipal, é de orixe romana (62 a. C. - 409 d. C.) e reformada en época de medieval (século XVI). Está formada por tres arcos de medio punto, con dobre pendente, e posúe catro apartadoiros, nun dos cales levantouse posteriormente un cruceiro. Outras pontes medievais son as de Castaños e de Segade.

Caldas, ponte romana 01-01
Caldas, ponte romana 01-04

Economía

O concello mantén relacións económicas importantes coa ría de Arousa e Pontevedra e ten un crecemento demográfico positivo. Predominan as actividades agrarias, se ben o sector secundario ocupa á metade da poboación entre a industria (química básica, leite (CLESA), alimentación (CLAVO), metalurxia, moble etc.) e a construción. As augas termais atraen a bastantes turistas.

Gastronomía

Na gastronomía destacan as empanadas de lamprea e o pan. No municipio é moi popular un tipo de pan de trigo coñecido coma pan de manteiga porque se usa na súa preparación manteiga de vaca. O pan é de miolo moi compacto sen apenas buratos, codia suave e branda, e o sabor moi lixeiramente graxo. Cócese en forma de pezas dun quilo ou en pezas pequenas (moletes e cornechos). Tamén é peculiar o roscón, típico da Semana Santa, que ten unha curiosa forma antropomorfa.

Caldas de Reis na literatura popular

  • Saariño ten a sona/ de viños e de augardentes/ 'y de las muchachas guapas/ y de los hombres valientes' [7].
  • Viva Saar, Saariño,/ viva Saar anque morra,/ que Saar é boa terra/ eu quero que corra a sona [8].
  • Vexo Caldas, vexo Vigo,/ tamén vexo Pontevedra,/ vexo a ponte de Sampaio/ camiño da miña terra [9].

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Caldas de Reis
Muíños - Caldas de Reis 1

Muíños

Muíños - Caldas de Reis 2

No muíño

Muíños - Caldas de Reis 3

Caldas de Reis

Caldas de Reis. Encoro

Encoro do río Umia en Caldas de Reis

Caldas Escaldarte 2008 01-03

"Escaldarte", mural (5.07.2008)

Caldas Escaldarte 2008 01-05

"Escaldarte", detalle

Caldas 01-01

Memorial (Xavi Muñoz. 2007)

Caldas 01-03

Lugares de Caldas de Reis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Caldas de Reis vexa: Lugares de Caldas de Reis.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. /pontevedra/caldas-de-reis/ Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Caldas de Reis". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caldense.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Refírese a Saiar, unha parroquia de Caldas. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172.
  8. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203.
  9. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: San Paio.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres, distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento con respecto ao ano 2004 cando tiña 424 habitantes, malia que aínda por embaixo dos datos de 1999, con 469.

Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán. Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais. Actualmente é unha das 9 entidades locais menores de Galiza, recoñecida como tal por Decreto de 18 de xaneiro de 1946.

Bemil, Caldas de Reis

Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Ten tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.

Caldas de Reis (San Tomé e Santa María), Caldas de Reis

San Tomé e Santa María de Caldas de Reis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 4.501 habitantes (2.289 mulleres e 2.212 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un considerable aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 3.424 habitantes.

Caldas de Reis (Santa María), Caldas de Reis

Santa María de Caldas de Reis é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 436 habitantes (231 mulleres e 205 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 465 habitantes.

Carlos García Bayón

Carlos García Bayón, nado en Caldas de Reis o 1 de outubro de 1914 e finado en Xuño (Porto do Son) o 20 de xullo de 2003, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Carracedo, Caldas de Reis

Santa Mariña de Carracedo é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 799 habitantes (383 homes e 416 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 983 habitantes.

Está atravesada pola estrada N-550 e mais polo Camiño portugués.

En 2014 comezouse a editar o boletín parroquial de carácter semestral Carracedo Fala.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Edovius

Edovius é unha deidade acuática galega da cultura castrexa. Acredita a súa veneración unha inscrición de trazos prerromanos, aínda que en latín, atopada nos alicerces da arqueta das augas termais de Caldas de Reis dedicada a unha divindade indíxena por un asinante de onomástica indíxena.

Godos, Caldas de Reis

Santa María de Godos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o IGE en 2010 tiña 637 habitantes (325 mulleres e 312 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 690 habitantes.

Hipólito de Sa

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor e historiador galego. É coñecido tamén polas súas actividades de profesor, investigador e músico.

José Salgado Rodríguez

José Salgado Rodríguez, nado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) en 1852 e finado na vila de Caldas de Reis o 20 de maio de 1916, foi un avogado, empresario e político galego.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Saiar, Caldas de Reis

Santo Estevo de Saiar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 872 habitantes (440 mulleres e 432 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 990 habitantes.

San Clemente de Cesar, Caldas de Reis

San Clemente de Cesar é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 853 habitantes (456 mulleres e 397 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 943 habitantes.

Santo André de Cesar, Caldas de Reis

Santo André de Cesar é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Caldas de Reis. Segundo o IGE en 2011 tiña 667 habitantes (364 mulleres e 303 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes.

Valentín Villanueva Rivas

Valentín Villanueva Rivas, nado en Saiar, Caldas de Reis o 27 de outubro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1931, foi un sacerdote católico, profesor de ensino medio e escritor galego, epígono do rexurdimento, membro numerario da Real Academia Galega.

Xosé Fariña Jamardo

Xosé Fariña Jamardo, nado en Caldas de Reis o 26 de abril de 1919 e finado en Madrid o 19 de agosto de 2008, foi un escritor galego. Experto en Administración Local, exerceu como Secretario Xeral en varios concellos e na Deputación de Pontevedra. Publicou numerosos artigos sobre temas literarios e de administración local na prensa de Madrid e de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.