Calcio

O calcio é un elemento químico, símbolo Ca, de número atómico 20 (20 protóns e 20 electróns) e masa atómica 40 u. É un metal do grupo dos alcalino-terrosos, pertencente ao grupo 2 da clasificación periódica dos elementos químicos.

É un elemento sólido na temperatura ambiente, maleábel, dúctil que reacciona violentamente coa auga.

É un elemento químico esencial ao ser humano. Unha persoa ten entre 1,5 e 2% de calcio en peso, do cal o 99% encóntrase nos ósos , dentes, no restante dos tecidos, e en fluídos corporais intervindo no metabolismo celular. É rico no leite, algúns vexetais, e en espiñas de peixes. Tamén, en cunchas e estalactitas.

O calcio encóntrase abundantemente na natureza, sempre na forma de minerais. Foi descuberto en 1808 por Humphry Davy, mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal.

Calcio
Die chemischen elemente ca
Mg
  Cubic, face-centered.png
 
20
Ca
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Ca
Sr
PotasioCalcioEscandio
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Calcio, Ca, 20
Serie química Metais
Grupo, período, bloque 2, 4, s
Densidade 1550 kg/m3
Aparencia Branco prateado
Propiedades atómicas
Masa atómica 40,078(4)[1] u
Raio atómico (calc) 180 pm
Raio covalente 174 pm
Configuración electrónica [Ar]4s2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 8, 2
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido
Punto de fusión 1115 K
Punto de ebulición 1757 K
Entalpía de vaporización 153,6 kJ/mol
Entalpía de fusión 8,54 kJ/mol
Presión de vapor 254
Volume molar 26,20×10-6 m3/mol
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,00
Calor específica 632 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 29,8×10-6 S/m
Condutividade térmica 201 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 589,8 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1145,4 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 4912,4 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
40Ca96,941%estable con 20 neutróns
41CaSint.103 ae-10,42141K
42Ca0,647%estable con 22 neutróns
43Ca0,135%estable con 23 neutróns
44Ca2,086%estable con 24 neutróns
46Ca0,004%estable con 26 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

O calcio é un metal alcalino-terroso, mol, maleábel e dúctil que arde con chama vermella formando óxido de calcio e nitruro. As superficies recentes son de coloración branco prateada que rapidamente se volven levemente amareladas expostas ao ar, finalmente con coloración cinzas ou brancas debido á formación de hidróxido ao reaccionar coa humidade ambiental. Reacciona violentamente coa auga para formar o hidróxido de calcio, Ca(OH)2 , con desprendemento de hidróxeno.

Papel biolóxico

O calcio actúa como mediador intracelular, cumprindo unha función de segundo mensaxeiro como, por exemplo, o ión Ca2+ intervén na contracción dos músculos. Tamén está implicado no control dalgunhas encimas quinases que realizan funcións de fosforilación como, por exemplo, na proteína quinase C (PKC). O calcio realiza funcións encimáticas de maneira similar ao magnesio en procesos de transferencia do fosfato como, por exemplo, a encima fosfolipase A2).

Shell On Sand
As cunchas son ricas en calcio

Algúns dos seus sales son bastante insolúbeis como, por exemplo, o sulfato de calcio (CaSO4), carbonato de calcio (CaCO3), oxalato etc., e o calcio forma parte de distintos biominerais. Así, no ser humano, está presente nos ósos como hidroxiapatita cálcica, Ca10(OH)2(PO4)6, nos dentes como fluorohidroxiapatita (algúns OH- sustitúense por F-), ou como carbonato de calcio no ouvido interno. Outros biominerais están presentes en exoesqueletos, en conchas e nas cascas de ovos de diferentes animais e na forma de diferentes sales.

Outra función do calcio está relacionada coa coagulación do sangue, a través da súa relación coa proteína protrombina. É o factor de coagulación IV.

É, por tanto, un importante compoñente da dieta. A cantidade diaria recomendada para os adultos oscila entre 800–1000 mg, cantidade que debe incrementarse durante o crecemento (9-18 anos), na gravidez, na lactación e, posteriormente, na menopausa até 1200–1300 mg. Os produtos comerciais especifican nos seus rótulos a cantidade de calcio que presentan, xeralmente en porcentaxe, para que o consumidor saiba se está inxerindo a cantidade diaria necesaria. Produtos ricos en calcio son o leite e os seus derivados, cuxo calcio é facilmente absorbido; en vexetais como feixón e espinaca; nas espiñas de peixes como sardiña e bocareo e, nos alimentos enriquecidos con calcio.

A competición que se estabelece con certos metais pode inhibir a absorción do calcio. O magnesio e o calcio compiten nos mesmos puntos de absorción, por tanto, persoas que inxiren suplementos de magnesio deben tomar especial coidado coa achega diaria de calcio.

A deficiencia de calcio pode provocar osteoporose e "hipocalcemía" ; o exceso provoca a "hipercalcemía".

Historia

O calcio (do latín "calx", "calcis", cal ) foi descuberto en 1808 por Humphry Davy mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal. Davy mesturou cal humedecida con óxido de mercurio que colocou sobre unha lámina de platina, o ánodo, e somerxeu unha parte de mercurio no interior da pasta funcionando como cátodo. Na electrólise obtivo unha amálgama que destilada orixinou un residuo sólido facilmente oxidábel. Davy non ficou convencido de que obtivera calcio puro. Posteriormente, Robert Bunsen en 1854 e Matthiessen en 1856 obtiveron o metal por electrólise do cloruro de calcio e, Henri Moissan obtivo o calcio cunha pureza do 99% por electrólise do ioduro de calcio. Entre tanto, até principios do século XX, o calcio só era obtido en laboratorio.

Abundancia e obtención

É o quinto elemento en abundancia na codia terrestre (3,6% en peso ). Non se encontra en estado nativo, porén formando compostos de grande interese industrial como carbonatos, (calcita, mármore, calcaria e dolomita) e sulfatos (xeso, alabastro) a partir dos cales se obtén o cal vivo , a escaiola, o cemento etc. Outros minerais que o conteñen son a fluorita (fluoruro), apatita (fosfato) e granito (silicato).

O metal íllase por electrólise do cloruro de calcio (subproduto do proceso Solvay) fundido:

Isótopos

O calcio ten seis isótopos estábeis, dos cales o Ca-40 é o máis abundante (97%). O Ca-40 e o Ar-40 son produtos da desintegración do K-40. O segundo úsase para a determinación da idade de rochas en xeoloxía pola datación radiométrica, porén, a prevalencia do isótopo Ca-40 na natureza ten impedido de facer o mesmo co calcio.

Diferentemente doutros isótopos cosmoxénicos producidos na atmosfera terrestre, o Ca-41 orixínase por activación neutrónica do Ca-40, formándose nas capas máis superficiais do solo, onde o bombardeo de neutróns é suficientemente intenso. Alén diso, o Ca-41 ten recibido unha atención dos científicos porque se desintegra en K-41, un indicador crítico das anomalías do sistema solar.

Notas

  1. CIAAW

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

A.C. Milan

O Associazione Calcio Milan, habitualmente chamado A.C. Milan, ou simplemente Milan, é un club de fútbol italiano da cidade de Milán, que participa na Serie A.

Xoga con listras vermellas e negras e calzón negro, gañando por iso o sobrenome de rossoneri ("vermello-negros"). É o segundo equipo con máis logros na historia do fútbol italiano, con 18 títulos da Serie A, 5 Copas de Italia e 7 Supercopas de Italia. Internacionalmente, é o terceiro equipo con máis títulos (18), só por detrás do Real Madrid e do Al-Ahly, e empatado co Boca Juniors. Nas súas vitrinas figuran 7 Ligas de Campións, 2 Recopas de Europa, 5 Supercopas de Europa, 3 Copas Intercontinentais e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA.Figura no cuarto posto da clasificación de mellores clubs do século XX, realizada pola IFFHS. O club foi fundado en 1899 como o Milan Football & Cricket Club por Alfred Edwards, un británico expatriado. En homenaxe ás súas orixes, o club mantén a forma inglesa de escrita do nome da cidade.

O Milan é agora propiedade do magnate chinés Li Yonghong.

ACF Fiorentina

A Associazione Calcio Firenze Fiorentina é un club de fútbol italiano, da cidade de Florencia, na rexión da Toscana. Foi fundado en 1926 e xoga na Serie A.

Cal

O cal, ou óxido de calcio, é unha substancia branca, pulverizada, obtida a través da calcinación de rochas calcarias, sometidas a altas temperaturas en fornos de cal.

O cal tamén é o termo xeral que inclúe formas físicas e químicas de diferentes variedades nas que pode presentarse o óxido e o hidróxido de calcio e magnesio.

Normalmente utilizado na industria da construción civil para elaboración das argamasas con que se erguen as paredes e muros e tamén na pintura, o cal tamén ten emprego na industria cerámica, siderúrxica (obtención do ferro) e farmacéutica como axente branqueador ou desodorizante.

Calcitriol

O calcitriol (DCI) ou 1,25-dihidroxicolecalciferol ou 1,25-dihidroxivitamina D3, é a forma hormonalmente activa da vitamina D. É unha molécula de natureza esteroide (secosteroide) que ten tres grupos hidroxilo e pode abreviarse como 1,25-(OH)2D3 ou 1,25(OH)2D). Como a molécula básica colecalciferol ten xa un grupo OH, só se especifican as posicións dos outros dous grupos OH do calcitriol, situados nas posicións 1 e 25 (por iso se chama tamén 1,25-dihidroxicolecalciferol). Actúa incrementando o nivel de calcio (Ca2+) no sangue de tres xeitos: (1) incrementa a captación de calcio no intestino para que pase ao sangue, (2) diminúe a transferencia de calcio do sangue á urina nos riles, e (3) incrementa a liberación de calcio dos ósos ao sangue.

Carbonato de calcio

O carbonato de calcio é un composto químico, de fórmula CaCO3. É unha substancia moi abundante na natureza, formando rochas, como compoñente principal, en todas partes do mundo, e é o principal compoñente de cunchas e esqueletos de moitos organismos (p.ex. moluscos, corais) ou das cascas de ovo. É a causa principal da auga dura. En medicina utilízase habitualmente como suplemento de calcio, como antiácido e axente adsorbente. É fundamental na produción de vidro e cemento, entre outros produtos.

É compoñente dos seguintes minerais e rochas:

Calcita

Aragonita

Calcaria

Travertino

Mármore

Cemento (construción)

O cemento (derivada do latín cæmentu) é un material cerámico que, en contacto coa auga, produce unha reacción exotérmica de cristalización de produtos hidratados, gañando así resistencia mecánica. É o principal material usado na construción como aglomerante. É unha das principais mercancías mundiais, servindo mesmo como indicador económico dun país.

Existen diversos tipos de cemento, diferentes pola súa composición, polas súas propiedades e polos seus usos. En xeral, desde un punto de vista químicos, trátanse todos de mesturas de silicatos e aluminatos de calcio.

Gránulo (bioloxía)

En bioloxía celular chámase gránulo a unha pequena partícula. Pode ser un gránulo calquera estrutura visible con microscopio óptico, pero o termo úsase principalmente para describir as vesículas secretoras que se encontran no citoplasma de moitas células.

Exemplos de células que teñen gránulos moi evidentes no seu citoplasma son os leucocitos granulocitos. Os gránulos dos leucocitos clasifícanse en azurófilos e específicos. O contido dos seus gránulos é encimático e xoga un papel importante na función lítica desas células, xa que o seu contido se libera en resposta a estímulos inmunitarios, proceso chamado desgranulación. As plaquetas tamén teñen gránulos, denominados gránulos densos e gránulos alfa, que conteñen ATP, calcio e diversos factores de crecemento.

Juventus F.C.

A Juventus Football Club S.p.A. é un club italiano de fútbol con sede en Turín. Fundouse o 1 de novembro de 1887 e compite na Lega Calcio Serie A. É tamén coñecida como "Juve" ou "La Vecchia Signora (A Vella Señora)". Os seus maiores rivais son: Torino FC, AS Roma, AC Milan e Inter de Milán.

Luis Suárez Miramontes

Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña, no barrio de Montealto, o 2 de maio de 1935, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán. Trátase do único Balón de Ouro galego e español, premio que acadou en 1960.

Mitocondria

As mitocondrias (etimoloxía: do grego μίτος, mítos: fío, e κόνδρος, kóndros: gránulo) son orgánulos citoplasmáticos provistos de dobre membrana que se encontran na maioría das células eucariotas. Só carecen delas algúns eucariotas anaerobios, que no seu lugar teñen hidroxenosomas ou mitosomas, orgánulos á súa vez derivados de mitocondrias. O conxunto de mitocondrias da célula denomínase condrioma. O seu tamaño varía entre 0,5–10 micrómetros (μm) de lonxitude. As mitocondrias descríbense en ocasións como "xeradoras de enerxía" das células, debido a que producen a maior parte da subministración de adenosín trifosfato (ATP) por fosforilación oxidativa, o cal se utiliza como fonte de enerxía química. Esta expresión ("xeradora de enerxía") é, porén, unha simplificación, xa que as súas funcións son máis amplas. A mitocondria cumpre un papel central no fluxo enerxético da célula debido a que realiza unha función metabólica consistente en transferir ou transformar a enerxía química potencial almacenada nos enlaces covalentes de certas moléculas como a glicosa ou ácidos graxos en enerxía química almacenada nos enlaces covalentes entre fosfatos do ATP (enlaces anhidro). Esta última forma de enerxía química potencial é doadamente utilizable pola célula e foi seleccionada ao longo da evolución filoxenética como o mecanismo por medio do cal todos os procesos celulares que requiren o uso de enerxía dispoñen con facilidade da mesma.

Ademais de proporcionar enerxía á célula, as mitocondrias están implicadas noutros procesos, como a sinalización celular, diferenciación celular, almacenamento de calcio, morte celular programada, e control do ciclo celular e do crecemento celular. A mitocondría está involucrada, directa ou indirectamente, en todos os procesos fisicoquímicos que requiren o uso de enerxía para a súa execución, é dicir, todos aqueles procesos que, desde o punto de vista termodinámico, non se realizan espontaneamente.

Algunhas características fan únicas ás mitocondrias. O seu número varía amplamente segundo o tipo de organismo ou tecido. Algunhas células carecen de mitocondrias ou posúen só unha, entanto que outras poden conter varios miles. Este orgánulo componse de compartimentos que levan a cabo funcións especializadas. Entre estes se encontran a membrana mitocondrial externa, o espazo intermembranoso, a membrana mitocondrial interna, as cristas e a matriz mitocondrial. As proteínas mitocondriais varían dependendo do tecido e das especies: en humanos identificáronse 615 tipos de proteínas distintas en mitocondrias de músculo cardíaco; e en ratas publicáronse 940 proteínas codificadas por distintos xenes. Pénsase que o proteoma mitocondrial está suxeito a regulación dinámica. Aínda que a maior parte do ADN da célula está no núcleo celular, a mitocondria ten o seu propio xenoma, que mostra moitas semellanzas cos xenomas bacterianos.Existen varias enfermidades de orixe mitocondrial, algunhas das cales producen disfunción cardíaca, e moi probablemente participa no proceso de envellecemento.

Músculo liso

O músculo liso é un músculo involuntario non estriado. É un dos tres grandes tipos de tecido muscular; os outros dous son o músculo esquelético e o músculo cardíaco. Hai dous tipos de músculo liso segundo a forma como se produce a contracción: o músculo liso dunha soa unidade (unitario) e o de multiunidades. No músculo liso unitario o feixe muscular ou lámina muscular completa contráese como un sincitio fisiolóxico (é dicir, as células están individualizadas pero conectadas por unións comunicantes, polo que se contraen todas á vez). O tecido muscular liso de multiunidades está formado por células inervadas individualmente, o que permite o control fino e as respostas graduais, de xeito similar á unidade motora de recrutamento do músculo esquelético.

O músculo liso encóntrase nas paredes dos vasos sanguíneos (nese caso denomínase músculo liso vascular) na túnica media da parede de arterias grandes como a aorta e en pequenas arterias, arteriolas e veas. Tamén hai músculo liso na parede dos vasos linfáticos, da vexiga urinaria, útero (músculo liso uterino), nos tractos reprodutores masculino e feminino, no tracto gastrointestinal, tracto respiratorio, músculo erector dos pelos da pel, no músculo ciliar do ollo, e no iris do ollo. A estrutura e funcionamento é basicamente o mesmo en todas as células musculares lisas de diferentes órganos, pero os estímulos indutores da contracción difiren substancialmente, para así realizar efectos determinados no corpo en momentos determinados. Por último, os glomérulos dos riles conteñen células similares ás do músculo liso chamadas células mesanxiais.

Números E

Esta lista contén todos os aditivos para os alimentos permitidos pola UE. Dentro da lista menciónase o número E que os identifica.

Parathormona

A parathormona (PTH) ou hormona paratiroide é unha hormona peptídica de 84 aminoácidos segregada polas células principais da glándula paratiroide, que actúa incrementando a concentración de calcio (Ca2+) no sangue (efecto oposto ao da hormona calcitonina da tiroide, que fai decrecer a concentración de calcio).

A PTH incrementa a concentración de calcio sanguínea actuando sobre o receptor da hormona paratiroide 1 (abundante no óso e riles) e sobre o receptor da hormona paratiroide 2 (abundante no sistema nervioso central, páncreas, testículos, e placenta). A vida media da PTH no organismo é de aproximadamente 4 minutos. Ten unha masa molecular de 9,4 kDa.

Paratiroide

A glándula paratiroide ou paratiroide está formada por un conxunto de pequenas glándulas endócrinas situadas na zona do pescozo, que producen a hormona paratiroide (PTH). Os seres humanos normalmente teñen catro glándulas paratiroides, localizadas na superficie posterior da glándula tiroide. As hormonas producidas por esta glándula controlan a cantidade de calcio presente no sangue e ósos.

Serie A

A Serie A, tamén chamada Serie A TIM debido ao patrocinio de Telecom Italia, é a máxima competición de liga de fútbol profesional en Italia, iniciada na tempada 1929–30. Foi organizada pola Lega Calcio até 2010, pero a nova liga, a Lega Serie A, foi creada para a tempada 2010–11.

O campionato iniciouse en 1898 baixo o nome de Campionato Federale, e en 1929, coa profesionalización do fútbol italiano, cambiou o seu nome polo de Serie A.

A Serie A é a quinta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).

Silicato

Os minerais silicatados ou simplemente silicatos constitúen a maior e mais importante clase de minerais constituíntes das rochas, como é o granito, a area ou a arxila. Representan o 75 % da codia terrestre. Tamén é empregado para a fabricación de vidro.

Están formados por silicio e máis osíxeno (SixOy). Tamén poden ter cantidades doutros minerais como aluminio, ferro, magnesio ou calcio.

Os minerais compostos de silicatos caracterízanse pola forma tetraédrica (SiO44) dos seus cristais. Os tetraedros poden formar cadeas, cadeas dobres, follas ou estruturas.

A unidade SiO44 ten cargas negativas, polo que son compensadas xeralmente pola presenza de ións de metais alcalino ou alcalinotérreos, así como outros metais tipo aluminio.

Se todos os átomos de osíxeno están compartidos, é dicir, a carga está neutralizada, obtense unha rede tridimensional denominada sílice ou dióxido de silicio, SiO2.

Nos aluminosilicatos un átomo de silicio é substituído por un de aluminio.

Transdución de sinais

Non confundir coa transdución xenética bacteriana.

En bioloxía, a transdución de sinais ten lugar nas células cando unha molécula de sinalización extracelular activa un receptor da superficie celular, o cal á súa vez altera algunhas moléculas intracelulares orixinando unha resposta. Este proceso comprende dúas fases:

Unha molécula sinalizadora activa unha proteína receptora específica na membrana celular.

Un segundo mensaxeiro transmite os sinais dentro da célula, causando unha resposta fisiolóxica.En cada un destes pasos, o sinal pode ser amplificado. Así, unha molécula sinalizadora pode causar moitas respostas.

Udinese Calcio

O Udinese Calcio é un club de fútbol italiano da cidade de Udine, en Friúl-Venecia Xulia. Fundouse en 1896 e compite na Serie A.

Xeso

O xeso é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.