Calcaria

A calcaria[1][2] (do latín calx, calcis , "cal") é unha rocha sedimentaria composta principalmente por carbonato cálcico (CaCO3), adoitando presentarse en forma de calcita, aínda que pode ser dolomita, aragonita. A súa natureza intrínseca xeralmente é heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio, así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area.

Elmkalkstein Hang
Afloramento de estratos de calcarias.

Características

Dependendo da súa composición vai ter unhas características diferentes, que modifican (ás veces sensibelmente) a cor e o grao de coherencia da rocha. Mais é practicamente unha rocha monomineral, que se comercializa case sempre como mármore (unha rocha metamórfica), tende estes maior pureza de CaCO3 (carbonato cálcico). A calcaria, a excepción do mármore, reacciona en presenza do ácido clorhídrico, ou doutros ácidos tamén, como o carbónico (CO2). A propia sedimentación da calcaria leva consigo un ambiente xeolóxico determinado, onde se achan cavidades enchidas con fósiles, petróleo; mais resiste ben á meteorización, sendo un material de construción como, por exemplo, as en pé pirámides exipcias; ou pódense ollar nas paveras estalactitas e estalagmitas. Hai paisaxes que reciben o nome de kársticas (do alemán Karst, que é unha xermanización do topónimo esloveno kras), como poder ser a irlandesa An Bhoireann, de específica estética. Na industria, a calcaria úsase para obter cemento, sendo un elemento esencial deste, actualmente sendo este o seu principal emprego, mais antigamente, cando o cemento (construción) non existía, utilizábase para fabricar morteiros de cal, co que se cobren as paredes. Ten máis usos á parte dos citados, como na industria farmacéutica, peleteira, metalurxia, fabricación de vidro, en Galiza para a corrección do pH do solo na agricultura, ou producir xiz.

Encóntrase dentro da clasificación de recursos naturais (RN) entre os recursos non renovábeis (minerais) e dentro desta clasificación, nos non metálicos, como o salitre, o xeso e o xofre.

Orixe

A calcita constitúe aproximadamente un 10% do volume total de tódalas rochas sedimentarias, sendo a principal fonte de calcita na rocha os organismos mariños (cunchas e arrecifes de coral), que abundan en mares cálidos pouco profundos de rexións tropicais.

A calcita pode ser ou disolta ou precipitada por auga subterránea, dependendo de varios factores incluíndo a temperatura da auga, o pH, e a concentración de ións disoltos.

A calcita amosa unha infrecuente característica chamada solubilidade retrógrada pola cal pasa a ser menos soluble en auga a medida que a temperatura aumenta.

Pódense distinguir, conxuntamente, dous tipos de calcarias segundo a súa orixe:

  • De orixe química: en lugares onde se atopen augas que encontren cargadas de CO2, vai precipitar facilmente o carbonato cálcico segundo a seguinte reacción:
Ca2+ + 2 (HCO3) = CaCO3 + H2O + CO2

Esa liberación de CO2 intervén, fundamentalmente, en dous tipos de ambientes: nas costas cando hai na superficie augas cargadas de CO2 e, sobre os continentes, cando as augas subterráneas chegan á superficie.

  • De orixe biolóxica: moitos seres vivos acumulan carbonato cálcico para construír o seu esqueleto mineral, que cando se xunta en mares e lagos unha porcentaxe de saturación de augas superficiais, é relativamente sinxela a súa precipitación, sendo este a principal orixe das calcarias existentes.

Usos da calcaria

É unha pedra importante como reservorio de petróleo, pola súa porosidade. Ten unha gran resistencia á meteorización; permitindo que moitas esculturas e edificios da antigüidade tallados en calcaria chegaran até hoxe. Non obstante, a acción da auga da chuvia e dos ríos (especialmente cando se encontra acidulada polo ácido carbónico) provoca a súa disolución, creando un tipo de meteorización característica denominada kárstica. Aínda así, algunhas calcarias utilízanse na construción de enrochamentos para obras marítimas e portuarias como crebaondas, espigóns, escolleiras entre outras estruturas de estabilización e protección.

A pedra calcaria é un compoñente importante do cemento gris usado nas construcións modernas e tamén pode ser usada como compoñente principal, xunto con áridos, para fabricar o morteiro de cal, pasta graxa para creación de estucos ou leitadas para as superficies. Emprégase na industria do vidro e da metalurxia.

Tamén ten outros usos, como na industria farmacéutica, peleteira, corrección do pH do solo na agricultura.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calcaria.
  2. "calcaria". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.