Caixanova

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.

Vigocaixanova
Sede de Caixanova en Vigo.

Historia

Constituíuse o 17 de xullo do ano 2000, en virtude dun acordo de fusión alcanzado polas súas respectivas Asembleas Xerais no mes de xuño do mesmo ano das caixas seguintes: Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933) e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (fundada en 1930).

A fusión realizouse en dous tramos, o primeiro coa fusión entre a Caixa de Vigo e a de Ourense, dando lugar a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, que posteriormente fusionouse coa de Pontevedra para dar lugar a Caixanova.

Caixanovapo
Sede de Caixanova en Pontevedra.

Caixanova conforma co Banco Gallego, do que posúe o 50% do seu capital social, a primeira plataforma financeira de Galicia integrada por unha caixa e un banco, e que conta con 676 oficinas operativas -a maior rede de Galicia- e 3.660 empregados, (datos do 31 de decembro de 2006). Mercede ó ambicioso plan de expansión que está levando a cabo, xa está presente en case toda España e en países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Estados Unidos, México, Venezuela ou Brasil.

O investimento crediticio do grupo superaba no exercicio 2005 os 12.000 millóns de euros.

O volume de negocio que xestiona aproximábase, ó peche do exercicio 2006, ós 41.000 millóns de euros, ano en que acadou un resultado positivo (antes de impostos) de 200,8 millóns de euros.

No ano 2010 fusionouse con Caixa Galicia, dando lugar a Novacaixagalicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

8 de febreiro

O 8 de febreiro é o 39º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 326 días para finalizar o ano, 327 nos anos bisestos.

Afundación

Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.

Aida Valiño

Aida Valiño, nada en Castroverde o 23 de xuño de 1987, é unha triatleta galega.

Integrou a primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril, en 2006. Conformaban o equipo Alberte Trillo, Xavier Gómez Noya e Saleta Castro. Tamén participou na Copa de Europa de Alexandrúpoli (Grecia), con estes triatletas e ademais Antón Ruanova.

En tríatlon milita no club Fluvial de Lugo, como nadadora no Portamiña e como ciclista, no Spol Caixanova. Tamén venceu a travesía a nado da Ría de Vigo, na súa edición de 2006.

Banco Gallego

Banco Gallego é unha entidade financeira de ámbito principalmente galego, aínda que unha parte das 181 sucursais (2007) que posúe están espalladas por toda España.

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Caixa de Aforros Provincial de Ourense

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.

Centro Social Afundación Vigo

O Centro Social Afundación Vigo (anteriormente Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Vigo e antes Centro Social Caixanova de Vigo) é un edificio multifuncional inaugurado o 23 de xuño de 2003, no que se realizan exposicións ou eventos de entidades tanto públicas coma privadas, así como organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do Centro. O CSC aposta pola asistencia social, o apoio aos sectores produtivos, a difusión da tecnoloxía, a extensión da sociedade do coñecemento, o desenvolvemento económico, a formación, a conservación e protección do ambiente, a cultura e o fomento do emprego.

Colección Afundación

A Colección Afundación, anteriormente Colección Novacaixagalicia e antes Colección Caixanova, é unha colección artística de Afundación, obra social de Abanca, a mellor colección privada de arte galega.

Fundación Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é unha entidade con obxectivos culturais de promover a cultura galega e a obra de Carlos Casares.

José Luis Pego

José Luis Pego Alonso, nado en Ferrol en 1957, é un economista galego que ocupou o cargo de Director Xeral de Caixanova.

Laxeiro

Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, foi un pintor galego, un dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos.

María do Cebreiro

María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976, é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Premio de poesía Afundación

O Premio de Poesía Afundación antigo Premio de Poesía Novacaixagalicia e denominado ata 2009 Premio de Poesía Caixanova, foi instituído en 2002 pola entidade financeira do mesmo nome en colaboración co PEN Clube de Galicia. En 2010 pasou a denominarse Novacaixagalicia logo da fusión da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. Dende o 2013 sumouse a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como patrocinadora do premio.

Premios Mestre Mateo 2004

Os Premios Mestre Mateo 2004 galardoaron ás producións de Galicia de 2004 e celebrouse o 20 de marzo de 2005. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 26 categorías. A cerimonia celebrouse no Teatro Sala de Concertos de Caixanova en Vigo. O presentador foi Moncho Borrajo e o tema central da gala foron os espectáculos clásicos.

Proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia

O proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, habitualmente coñecido como a fusión das caixas galegas, por seren estas dúas as principais caixas de aforros do país, foi un proceso que culminou o 18 de outubro de 2010, cando as asembleas de Caixanova e Caixa Galicia, reunidas en candansúa sede (Vigo e A Coruña respectivamente), acordaron e ratificaron o proxecto co que se constitutía unha caixa de aforros única. O resultado desa fusión foi unha caixa de aforros denominada Novacaixagalicia, valorada en 78.076 millóns en activos.A entidade resultante pasou a chamarse Novacaixagalicia, e posteriormente sufriu unha serie de mudanzas, nacionalizacións e reconversións até se converter na entidade denominada ABANCA.

Sergio Portela

Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo do tamén arquitecto César Portela.

Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova) Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento al Capitán Nemo), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.

Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.

Teatro García Barbón

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Xulio Fernández Gayoso

Julio Fernández Gayoso, nado en Vigo o de 8 de decembro de 1931, é un directivo financeiro galego, ex-director xeral e ex-presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixanova, e ex-copresidente de Novacaixagalicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.