Caixa de aforros

Unha caixa de aforros é unha institución financeira de carácter público que ten unha finalidade social aínda que actúa segundo criterios de mercado.

Historia e características

As caixas de aforros ofertan os mesmos produtos e servizos ca os bancos comerciais, a diferenza fundamental radica na súa estrutura de propiedade e no repartimento dos beneficios. As caixas de aforros son unhas fundacións de carácter especial que poden ser de orixe pública ou privada, non teñen uns accionistas cos que repartir os seus beneficios. Estes beneficios destínanse a reservas para garantir o futuro da entidade e a Obra Social que fai revertir o beneficio da entidade no resto da sociedade.

Caixas de aforros

  • Alemaña: Sparkassen
  • España: Caixas de aforros confederadas na Confederación Española de Cajas de Ahorros
  • Francia: Caixas de aforros agrupadas no Groupe Caisse d'épargne
Antonio Lorenzo

Antonio Lorenzo Pérez, nado en Leiro en 1914 e falecido o 25 de marzo de 2009 na Coruña foi un banqueiro galego.

Bilbao Bizkaia Kutxa

Bilbao Bizkaia Kutxa (BBK) é unha caixa de aforros do País Vasco, creada en 1990 coa fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya en 1990. O seu nome completo é Bilbao Bizkaia Kutxa, Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea (en galego, Caixa Bilbao Biscaia, Caixa de Aforros e Monte de Piedade) e a súa sede principal atópase en Bilbao. É a principal caixa en Biscaia e no País Vasco.

Desde o 1 de xaneiro de 2012 exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con Caja Vital e Kutxa.

Caixa Catalunya

Caixa Catalunya (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Catalunya) foi unha caixa de aforros de Cataluña fundada en 1926. Chegou a ser a quinta caixa de aforros de España, a segunda entidade financeira máis importante en Cataluña, e a primeira con respecto a entidades financeiras de propiedade parcialmente pública. En decembro de 2009 a entidade contaba con 1.155 oficinas, todas elas en España excepto unha situada en Perpiñán, Francia.O 1 de xullo de 2010 fusionouse con Caixa Tarragona e Caixa Manresa, adoptando o nome de CatalunyaCaixa.O 30 de setembro de 2011, CatalunyaCaixa foi nacionalizada polo Estado a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).

Caixa Manlleu

Caixa Manlleu, nome comercial da Caixa d'Estalvis Comarcal de Manlleu, foi unha caixa de aforros catalá fundada en 1896 na localidade de Manlleu, na provincia de Barcelona. En 2010 fusionouse con Caixa Sabadell e Caixa Terrassa creando a caixa de aforros Unnim Caixa.

Caixa Manresa

Caixa Manresa (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Manresa) foi unha caixa de aforros catalá con sede en Manresa.

Fundada en 1865, desapareceu en 2010 cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Tarragona, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.

O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña e a cuarta de España, só superada por La Caixa no seu territorio. Caixa Manresa achegou 6.595 millóns de euros no proceso de fusión, cunha participación do 20% na nova caixa.

Caixa Tarragona

Caixa Tarragona (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Tarragona) foi unha caixa de aforros catalá, con sede na cidade de Tarragona. Fundada en 1949, a súa desaparición produciuse en 2010, cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Manresa, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.

O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña en volume de activos, só superada por La Caixa, e a cuarta máis grande de España.CatalunyaCaixa recolleu o negocio bancario, rede de oficinas, activos e carteira de clientes, así como a obra social da extinta Caixa Tarragona, ata que en 2011 a nova caixa cedeu todo o seu negocio bancario a un banco da súa propiedade, Catalunya Banc. En 2011, debido aos problemas de liquidez e financiamento de CatalunyaCaixa, a caixa perdeu o control do banco que xestionaba cando o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria nacionalizou Catalunya Banc.

Caixa de Aforros Provincial de Ourense

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra

A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Pontevedra. Constituíuse o 12 de xaneiro de 1930, sendo o seu primeiro presidente Daniel de la Sota e o seu primeiro director Alexandre Bóveda.

O 17 de xullo de 2000, fusionouse coa Caixa de Aforros de Vigo e Ourense (fusión da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e a Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933)), dando lugar á entidade privada Caixanova. A parte de accións que lle corresponden na nova caixa é do 24%

Caixanova

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.

CatalunyaCaixa

CatalunyaCaixa, nome comercial da Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, foi unha caixa de aforros catalá xurdida en 2010 tras a fusión de Caixa Catalunya, Caixa Manresa e Caixa Tarragona.

En 2011, dentro do proceso de Reestruturación do sistema financeiro en España, CatalunyaCaixa creou un banco propio, chamado Catalunya Banc, no que transferiu o seu negocio financeiro, a súa carteira de clientes e a súa rede de oficinas. Para minimizar o impacto comercial do cambio nos clientes, Catalunya Banc decidiu seguir usando como enseña comercial na súa rede de oficinas e nas comunicacións cos seus clientes a marca "CatalunyaCaixa".

O 17 de decembro de 2012, o FROB nacionalizou o 100% de Catalunya Banc, polo que a Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa perdeu o control sobre o seu banco. Posteriomente o banco foi poxado e adxudicado a BBVA. O 28 de decembro de 2012, para poder manter a obra social, a que era caixa de aforros transformouse nunha fundación especial baixo o protectorado da Generalitat de Cataluña, a Fundació Catalunya-La Pedrera, con sede na Casa Milà.

Club de Rugby Ciencias

O Club de Rugby Ciencias, Ciencias Rugby Sevilla ou, como se lle coñece actualmente, Cajasol Rugby Ciencias debido ao seu patrocinador principal (a caixa de aforros andaluza Cajasol), é un club de rugby da cidade andaluza de Sevilla, que xoga na máxima categoría do rugby en España, a División de Honra.

Nos últimos anos, grazas ao proceso de semiprofesionalización do equipo, acadou grandes éxitos no terreo deportivo, gañando o ascenso á División de Honra dende a División de Honra B e, conseguindo no seu primeiro ano na categoría o segundo posto nunha liga regular de dez equipos.

Na tempada 2008-09, o club mudouse por razóns alleas ao club dende o Estadio Olímpico de La Cartuja ao Campo de San Pablo.

Fundación Montemadrid

A Fundación Montemadrid, marca baixo a que se presenta a Fundación Obra Social y Monte de Piedad de Madrid, é unha fundación española con sede en Madrid que ten como obxectivo o desenvolvemento da obra social e a xestión do patrimonio cultural que posúe, así como a operación de varios montes de piedade nalgunhas cidades españolas.

A fundación é herdeira da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid, comercialmente coñecida como Caja Madrid, a máis antiga das caixas de aforros españolas, fundada o 3 de decembro de 1702 como Monte de Piedad por Francisco Piquer, sacerdote aragonés. É a segunda empresa máis antiga de España despois de Codorníu (fundada en 1551). A caixa de aforros deixou de existir o 14 de decembro de 2012, cando se transformou en fundación de carácter especial.

Kutxa

A Gipuzkoa eta Donostiako Aurrezki Kutxa (que significaría en éuscaro Caixa de Aforros e Monte da Piedade de Guipúscoa e Donostia) ou, simplemente Kutxa, como é máis coñecida e se define nos seus estabelecementos, é unha caixa de aforros de ámbito guipuscoano. Kutxa (que significa caixa en éuscaro). É a principal caixa de aforros en Guipúscoa e a segunda de Euskadi en número de clientes. No territorio nacional de Euskadi, só opera en Guipuzkoa. O seu equivalente en Biscaia é a caixa BBK, e en Áraba, a Vital Kutxa.

Desde o 1 de xaneiro de 2012, exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con BBK e Caja Vital.

La Caixa

La Caixa, nome comercial da Caixa d'Estalvis i Pensions de Barcelona (en galego: Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona), foi a caixa de aforros máis importante de Europa, España e Cataluña, cunha rede de máis de 5.500 oficinas, máis de 8.100 caixeiros automáticos, un persoal de máis de 27.000 empregados e máis de 10,7 millóns de clientes.

Desde 2010, no contexto da reestruturación das entidades de crédito españolas, la Caixa non ten actividade financeira nin bancaria, xa que segregou todos os seus activos comerciais nunha filial, denominada CaixaBank, da que é propietaria aproximadamente nun 65 %. Malia que a caixa de aforros xa non ten actividade bancaria, CaixaBank continúa usando o pseudónimo de "La Caixa" nas súas oficinas e na súa comunicación cos seus clientes, deixando a marca "CaixaBank" só para uso institucional.

O Grupo La Caixa xestiona un volume total de negocio bancario que ascende a máis de 411.522 millóns de euros (setembro de 2008), cuns recursos totais de clientes de máis de 238.404 millóns de euros.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia

O proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, habitualmente coñecido como a fusión das caixas galegas, por seren estas dúas as principais caixas de aforros do país, foi un proceso que culminou o 18 de outubro de 2010, cando as asembleas de Caixanova e Caixa Galicia, reunidas en candansúa sede (Vigo e A Coruña respectivamente), acordaron e ratificaron o proxecto co que se constitutía unha caixa de aforros única. O resultado desa fusión foi unha caixa de aforros denominada Novacaixagalicia, valorada en 78.076 millóns en activos.A entidade resultante pasou a chamarse Novacaixagalicia, e posteriormente sufriu unha serie de mudanzas, nacionalizacións e reconversións até se converter na entidade denominada ABANCA.

Telecable

TeleCable é unha operadora de cable con sede no Principado de Asturias. É a marca utilizada por TeleCable de Asturias, S.A.U., empresa participada integramente pola Sociedade Promotora das Telecomunicacións en Asturias S.A., que á súa vez está controlada pola Caixa de Aforros de Asturias ao posuír o 91,90% das súas accións.

Xulio Fernández Gayoso

Julio Fernández Gayoso, nado en Vigo o de 8 de decembro de 1931, é un directivo financeiro galego, ex-director xeral e ex-presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixanova, e ex-copresidente de Novacaixagalicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.