Caixa de Aforros Provincial de Ourense

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.

Paradadebus
Parada de bus en Casa do Vento (Parada de Sil), que conservaba en 2010 o logotipo de Caixa Ourense.

Historia

A entidade financeira constituíuse o 10 de marzo de 1932, sendo o seu primeiro presidente Luis Fábrega Coello. Para a súa posta en marcha seguíronse as directrices ditadas por Luciano Vidan xerente da Caixa de Aforros de Vigo[1]

En novembro de 1973 o Banco de España comeza unha inspección na Caixa e atopa prácticas incorrectas na concesión de créditos. Como consecuencia desa posible fraude, que se filtra a algúns xornais en marzo de 1974, dimite o alcalde de Ourense e asemade director xeral da Caixa de Aforros dende 1948, Ricardo Martín Esperanza de ambos os cargos, e é destituído o presidente da Deputación, Eduardo Olano Gurriarán, asemade presidente da entidade financeira. Martín Esperanza é substituído por Rafael Laguna Mendía como director da Caixa, e Olano Gurriarán éo por Luís Álvarez Rodríguez, tanto á fronte da Deputación como da Caixa.

O 3 de agosto de 1999 Caixa Ourense fusionouse coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880), dando lugar á entidade privada Caixa de Aforros de Vigo e Ourense. Esta última, o 17 de xullo de 2000, fusionouse coa Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra dando lugar a Caixanova. A parte de accións que lle corresponderon na nova caixa foi do 25%.

Presidentes da Caixa de Aforros

Durante boa parte da súa historia, o presidente da Deputación de Ourense era asemade o presidente da Caixa de Aforros. Iso non foi así durante a Guerra Civil e deixou de selo definitivamente a partir de 1978.

Directores xerais da Caixa de Aforros

O primeiro director xeral da Caixa foi Ricardo Martín Esperanza, nomeado para tal posto en 1948. Ao longo da súa historia, a caixa de aforros tivo cinco directores xerais.

Notas

  1. La Zarpa, 21 e 24 de maio de 1933.
Antonio Alés Reinlein

Antonio Alés Reinlein, marqués de Alta Gracia, nado en Madrid o 29 de decembro de 1905 e finado en Ourense en 1980, foi un arquitecto e político galego.

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra

A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Pontevedra. Constituíuse o 12 de xaneiro de 1930, sendo o seu primeiro presidente Daniel de la Sota e o seu primeiro director Alexandre Bóveda.

O 17 de xullo de 2000, fusionouse coa Caixa de Aforros de Vigo e Ourense (fusión da Caixa de Aforros Municipal de Vigo (fundada en 1880) e a Caixa de Aforros Provincial de Ourense (fundada en 1933)), dando lugar á entidade privada Caixanova. A parte de accións que lle corresponden na nova caixa é do 24%

Caixanova

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.

David Ferrer Garrido

David Ferrer Garrido, nado en Ourense en 1926 e finado en novembro de 1998, foi un político e dirixente ourensán.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Eduardo Olano Gurriarán

Eduardo Olano Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 16 de febreiro de 1933, é un político galego, empresario e enxeñeiro forestal.

José Lage Lage

José Lage Lage, nado en Foncuberta (Maceda) o 18 de xuño de 1938 e falecido o 9 de decembro de 2007, foi un político galego.

Luís Fábrega Coello

Luís Fábrega Coello, nado en Ourense o 5 de maio de 1874 e finado o 27 de decembro de 1960, foi un farmacéutico e político galego.

Luís Álvarez Rodríguez

Luís Álvarez Rodríguez, nado en Ourense o 29 de novembro de 1915, foi un avogado e político galego.

Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Ricardo Martín Esperanza

Ricardo Martín Esperanza, coñecido como Caíto, nado en Ourense o 29 de setembro de 1911 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1983, foi un político galego.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

Víctor Manuel López Quijada

Víctor Manuel López Quijada, nado en Ribadavia en 1928, é un político galego.

Xulio Fernández Gayoso

Julio Fernández Gayoso, nado en Vigo o de 8 de decembro de 1931, é un directivo financeiro galego, ex-director xeral e ex-presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixanova, e ex-copresidente de Novacaixagalicia.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.