Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Caixa Galicia
Medalla de Galiza.svg
Caixas
Sucursais das dúas caixas antes da fusión.
TipoSociedade Anónima
Fundación1978, A Coruña
MatrizBanesco
LocalizaciónGalicia Galiza
IndustriaBanca
ProdutosServizos Financeiros

Historia e características

As caixas existentes nas cidades galegas comezaron un proceso de fusións e absorcións ata quedar no norte Caixa Galicia e no sur Caixanova. No ano 2006 Caixa Galicia conseguiu un beneficio atribuído de 443 millóns de euros, cun aumento do 76% respecto do ano 2005. Incrementou un 37% o volume de negocio xestionado e un 46% o volume de investimento crediticio, cun 58% de incremento en investimento a empresas. Deste xeito a entidade finalizou o primeiro exercicio do seu Plan Estratéxico 2006-2010 superando os obxectivos establecidos e consolidando a organización como unha gran plataforma comercial, con unidades especializadas no deseño de produtos pensados para o cliente e unha estrutura de canles de distribución dedicados á venda e o servizo de cualidade.

Directores xerais

CXG Corporación Caixagalicia

A actividade básica da sociedade Corporación CaixaGalicia consiste en agrupar as participacións empresariais da matriz en sectores económicos fundamentais para o desenvolvemento de Galiza. Entre as empresas que contan coa presenza de Caixa Galicia no seu accionariado están Pescanova, o Banco Etcheverría, Sacyr Vallehermoso, Galp, Astroc, Tecnocom ou Unión Fenosa. Ademais, posúe un grupo empresarial propio con importantes empresas en diversos sectores económicos. En total, 120 empresas de 20 sectores económicos.

Actividade sociocultural

No ano 2007 a entidade implicouse nunha intensa actividade sociocultural, á que contribuíu con 89,55 millóns de euros, na que a conservación ambiental ten un papel destacado, ao lado das liñas tradicionais do seu programa estratéxico, como a Cultura, a Arte, os Maiores, o voluntariado, a loita contra a exclusión dixital ou o programa de microcréditos. É a terceira maior contribución a actividades socioculturais entre as caixas españolas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

6 de xuño

O 6 de xuño é o 157º día do ano do calendario gregoriano e o 158º nos anos bisestos. Quedan 208 días para finalizar o ano.

Afundación

Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Cineuropa

Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya, integrado en 2004 no Grupo Lagardère.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Fundación Caixa Galicia

A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

José Luis Méndez López

José Luis Méndez López, nado na Coruña o 11 de setembro de 1945, é un banqueiro galego, director xeral de Caixa Galicia entre 1981 e 2010.

Laxeiro

Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, foi un pintor galego, un dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Premio Esquío de poesía

O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981. Até o ano 2007 foi apoiado economicamente pola Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que puidese ser convocado. A Sociedad de Cultura Valle-Inclán consegue, a finais dese mesmo ano, involucrar ao Concello de Ferrol, e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.

Premio Jules Verne

O Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil é un premio que concede Edicións Xerais desde 2006 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais e o Merlín. Por razóns de patrocinio coñeceuse ata o ano 2011 como Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Non se convocou nos anos 2012 e 2013, refundándose co seu actual nome no ano 2014. A súa dotación é de dez mil euros.

Premio Merlín

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais desde 1986 entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela, ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil, mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Xulia Minguillón

Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega de renome.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.